Información municipal
A nivel municipal, a información dispoñible sobre o mercado laboral é máis limitada que para provincias e comunidades autónomas. Unha das principais fontes de información relacionada co mercado laboral é a Enquisa de poboación activa que realiza o Instituto Nacional de Estadística e na que colabora o IGE para os datos de Galicia.
Esta enquisa só facilita información para o total de España, comunidades autónomas e provincias. Ademais, para Galicia, tamén proporciona información para os sete grandes concellos. Porén, non se pode obter información para os restantes municipios por falta de tamaño de mostra.
Por este motivo, é preciso botar man doutras fontes de información como, por exemplo, os rexistros administrativos:
Ademais, os censos de poboación tamén facilitan información sobre actividade, ocupación e paro a nivel municipal, pero teñen a desvantaxe de que se realizan cada 10 anos. O último dispoñible é o de 2011.