Estrutura da poboación
Un dos principais problemas demográficos de sofre Galicia é o envellecemento da súa poboación, debido a que a taxa de natalidade é moi baixa e a esperanza de vida alta. Enténdese por envellecemento demográfico o aumento da idade media da poboación, de forma que aumenta a proporción de vellos e se reduce a de xente moza.
Existen múltiples xeitos de medir o grao de avellantamento dunha poboación: pirámides de poboación, idade media, índice de envellecemento, porcentaxe de poboación maior de 65 anos, etc.
Tal como se indicou no tema 1, o índice de envellecemento defínese como o cociente da poboación maior de 64 anos entre a poboación menor de 20 anos, multiplicado por cen. Canto maior sexa o índice de envellecemento dun municipio máis envellecida está a súa poboación.
Para calcular o índice de envellecemento necesitamos coñecer a poboación segundo a idade: