Afiliacións á Seguridade Social
Un traballador afíliase cando comeza a súa vida laboral e dáse de alta nalgún dos réximes do Sistema da Seguridade Social: réxime xeral, réxime especial de autónomos, réxime especial de traballadores do mar (conta allea e propia) e minería do carbón. Isto denomínase alta inicial. Se deixa de traballar será dado de baixa, aínda que seguirá afiliado á Seguridade Social en situación de baixa laboral. Se retoma a actividade volverá a estar en alta laboral aínda que non terá que afiliarse novamente, xa que a afiliación é única para toda a vida do traballador. Non todos os traballadores están afiliados á Seguridade Social, xa que existen outros réximes de protección social (MUFACE, ISFAS, MUGEJU, ...).
A continuación atoparás o número de afiliacións de traballadores á Seguridade Social segundo o sector de actividade (agricultura e pesca, industria, construción e servizos) para cada un dos concellos galegos.
Escolla múltiple
Actividade
Debuxa un gráfico de sectores (tema 2) onde se mostre a distribución das afiliacións do teu concello segundo os sectores de actividade.