Saltar navegación

Actividade empresarial

Unha empresa é unha unidade que se dedica á produción de bens e servizos para satisfacer as necesidades do mercado a partir da utilización de factores produtivos como as materias primas, o persoal ou a maquinaria.

Unha empresa pode ter varios establecementos ou locais comerciais, como as oficinas bancarias que están presentes en diferentes municipios pero pertencen á mesma empresa. Non obstante, existen algunhas empresas que non teñen ningún establecemento, como por exemplo os taxistas. Neste caso emprégase o concepto de unidade local, de tal xeito que as unidades locais inclúen os establecementos e as empresas que exercen a súa actividade sen establecemento.

As empresas pódense clasificar segundo diferentes criterios: polo tamaño, pola actividade, pola condición xurídica, ...