Nacementos, defuncións e saldo vexetativo
O movemento natural da poboación defínese como a variación no número de habitantes debido á natalidade e á mortalidade. A diferenza entre as dúas magnitudes chámase crecemento vexetativo, e para o seu cálculo necesítanse dous factores: os nacementos e as defuncións. O crecemento vexetativo será positivo se os nacementos superan ás defuncións e negativo no caso contrario.
O criterio xeográfico que se segue no IGE para clasificar os nacementos é o concello de residencia da nai. Deste xeito, se unha muller residente en Teo tivo un fillo noutro municipio de Galicia ou mesmo noutra comunidade autónoma, contabilízase como un nacemento no concello de Teo.
De igual xeito, para as defuncións, considérase o concello de residencia do falecido.
Na seguinte ligazón dispós dun mapa de Galicia no cal podes consultar o número de nacementos, defuncións e saldo vexetativo premendo riba de cada concello.
Para analizar a evolución dos principais fenómenos demográficos nos últimos anos para cada concello, utiliza o seguinte formulario:
Escolla múltiple
Solución
Actividade
A partir dos datos de evolución de nacementos e defuncións do formulario calcula a taxa de variación interanual do número de nacementos e defuncións do teu concello nos últimos dez anos.