Saltar navegación

Coñecementos previos

Precoñecemento

Para realizar este módulo é recomendable que o alumno esté familiarizado coa folla de calculo. Ademais deberá saber como elaborar gráficas de liñas, de sectores e pirámides de poboación.

Por outra banda, para a resolución da actividade final do módulo, é necesario saber utilizar un editor de textos como o Microsoft Word ou o Open Office Writer. 

Antes de comezar a traballar cos datos municipais é preciso aclarar que os institutos de estatística para identificar os municipios utilizan os códigos INE. Estes códigos son asignadaos polo Instituto Nacional de Estadísica e compóñense de cinco díxitos: os dous primeiros corresponden a provincia e os restantes identifican o municipio dentro de cada provincia. Os concellos da provincia de Coruña comezarán todos por 15, os de Lugo por 27, os de Ourense por 32 e os de Pontevedra por 36. Podes consultar estes códigos nesta ligazón. Hai que ter en conta que este código non coincide co código postal.