O teu concello
Introdución
Obxectivos
Neste módulo traballaremos con datos estatísticos que permitan coñecer a a realidade socioeconómica dos municipios galegos. Máis concretamente, abordaremos os seguintes puntos:
- Coñecer como está dividida territorialmente a nosa comunidade autónoma.
- Analizar a situación demográfica dos concellos mediante o estudo da evolución dos principais fenómenos demográficos: nacementos e defuncións.
- Pescudar información relativa ao mercado laboral. ¿Cantos parados hai en cada municipio? ¿Que sector de actividade ocupa a máis traballadores? ...
- Estudar o tecido empresarial dos concellos. ¿Cantas empresas operan en cada concello? ¿Que actividade realizan? ¿Cal é o seu tamaño? ...