Saltar navegación

Mercado laboral

Clasificación da poboación en relación coa actividade económica

Sempre que se fala da clasificación da poboación en relación coa actividade económica faise referencia á poboación de 16 ou máis anos, xa que é a idade legal mínima para incorporarse ao mercado laboral en España. 

Activos: persoas de 16 ou máis anos que subministran man de obra para a produción de bens e servizos económicos ou que están dispoñibles e fan xestións para incorporarse á produción (ocupados + parados).

Inactivos: comprende todas aquelas persoas de 16 ou máis anos non clasificadas como ocupadas ou como paradas. Distínguense as seguintes categorías: 

  • persoas que se ocupan do seu fogar 
  • estudantes
  • xubilados ou retirados
  • persoas que reciben unha pensión distinta da xubilación e prexubilación
  • persoas que realizan sen remuneración traballos sociais, actividades de tipo benéfico, etc

Ocupados: persoas de 16 ou máis anos que teñen un traballo por conta allea; é dicir, que traballan para outra persoa ou empresa (asalariados), ou exercen unha actividade por conta propia.

Parados: segundo a Organización Internacional do Traballo (OIT) defínese a poboación parada como todas aquelas persoas de 16 ou máis anos que están sen traballo, dispoñibles para traballar e buscando activamente emprego.