Saltar navegación

As entidades de poboación

No nomenclátor recóllese unha relación detallada das entidades e núcleos de poboación de Galicia xunto coa súa poboación.

  • A poboación dos concellos está distribuída nas diferentes entidades singulares, entidades que á súa vez se poden agrupar ou non en entidades colectivas (parroquias).
  • Nalgúns concellos hai entidades singulares (que polo xeral dan nome á zona urbana do concello) que non están agrupadas en parroquias. Por exemplo, o concello de Vigo está constituído por dúas entidades singulares de poboación (Cies e Vigo) e por 18 entidades colectivas que agrupan a súa vez ao resto de entidades singulares do concello.
  • Cada entidade singular pode estar constituída por ningún, un ou máis núcleos de poboación. A poboación da entidade singular que non está incluída en ningún núcleo considérase en diseminado