O nomenclátor
Premendo na seguinte ligazón podes consultar as entidades de poboación do teu concello e a súa poboación.
-
Selecciona o ano para o cal queres consultar o nomenclátor.
-
Preme na ligazón "Árbore de clasificación xerárquica".
-
Selecciona a provincia á que pertence o teu municipio.
-
Preme riba do teu concello (cor azul).
-
En cor morado aparecerán as parroquias do concello seleccionado xunto coa súa poboación.
-
Premendo riba de cada parroquia mostraranse as entidades singulares en cor verde.
-
Finalmente, pulsando riba de cada entidade singular, o programa ensinará os núcleos de poboación e diseminados que compoñen a entidade singular.
O nomencláctor tamén permite facer buscas máis avanzadas e seleccionar as diferentes entidades de Galicia, dunha provincia ou dun concello por tipo de entidade, por poboación e/ou por nome. Para iso debes premer na opción búqueda por entidades, unha vez que está seleccionado o ano.