Saltar navegación

Idade media da poboación

Outra forma de medir o envellecemento dunha poboación é calculando a idade media (media aritmética das idades dos individuos que compoñen unha poboación).

Nalgúns casos, pode ocorrer que non dispoñamos das idades de todos os individuos que compoñen a poboación, senón que teñamos agrupada a poboación por grupos de idade. Neste caso teremos que botar man de técnicas de estatística descritiva para calcular medias a partir de datos agrupados. 

O procedemento para calcular a idade media é moi sinxelo:

  • Para cada intervalo calculamos a marca de clase (punto medio do intervalo).
  • A continuación multiplicamos a frecuencia absoluta do intervalo pola correspondente marca de clase. Neste caso a frecuencia absoluta do intervalo é o número de persoas con idade nese intervalo.
  • Finalmente a idade media obtense como a suma da columna anterior entre a poboación total.

Vexamos un exemplo cos datos de Galicia do ano 2013:

Frecuencia  (Poboación)

Marca de clase Frecuencias*Marca de clase
[0-5) 110.497 2,5 276.242,5
[5-10) 112.024 7,5 840.180,0
[10-15) 105.116 12,5 1.313.950,0
[15-20) 107.366 17,5 1.878.905,0
[20-25) 127.787 22,5 2.875.207,5
[25-30) 156.055 27,5 4.291.512,5
[30-35) 205.954 32,5 6.693.505,0
[35-40) 228.494 37,5 8.568.525,0
[40-45) 217.331 42,5 9.236.567,5
[45-50) 206.630 47,5 9.814.925,0
[50-55) 198.286 52,5 10.410.015,0
[55-60) 179.775 57,5 10.337.062,5
[60-65) 170.362 62,5 10.647.625,0
[65-70) 164.142 67,5 11.079.585,0
[70-75) 125.859 72,5 9.124.777,5
[75-80) 139.704 77,5 10.827.060,0
[80-85) 110.646 82,5 9.128.295,0
[85,110) 99.912 97,5 9.741.420,0
2.765.940 127.085.360

Polo tanto, unha aproximación á idade media da poboación Galega é:  127.085.360 / 2.765.940 = 45,9 anos 

Se tes algunha dúbida podes consultar a información sobre estatística descritiva dispoñible no Portal Educativo do IGE