Outras aplicacións das pirámides: o paro rexistrado
Paro rexistrado
O número de parados rexistrados está constituído polo total de demandas en alta existentes a fin de mes nas oficinas públicas de emprego. Estes datos son facilitados mensualmente polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).
Na páxina web do IGE, na seguinte ligazón, podemos atopar os datos do paro rexistrado ata o nivel de desagregación municipal.
Os datos do paro rexistrado proporciónanse, entre outras variables, por sexo e grupos quinquenais de idade, o que nos vai permitir representalos nunha pirámide.
Neste exemplo empregaremos os datos anuais que se obteñen como medias dos datos mensuais.
Na seguinte táboa aparecen os datos de parados rexistrados en Galicia por sexo e grupos quinquenais de idade correspondentes ao último ano dispoñible, que podes descargar tamén na seguinte ligazón:

Podemos representar estos datos nunha pirámide empregando a aplicación dispoñible na páxina web do IGE, para o que teriamos que ter unha táboa como a que aparece na seguinte ligazón.
Estudo de caso
A partir dos datos anteriores constrúe nunha folla de cálculo a pirámide dos parados rexistrados en Galicia correspondentes ao último ano dispoñible e trata de responder ás seguintes preguntas:
-
A quen corresponde unha maior porcentaxe de parados? Aos homes ou ás mulleres?
-
Que grupos de idade representan unha porcentaxe maior sobre o total de parados: os novos ou os maiores?
Cal é a pirámide dos parados rexistrados no teu concello?
No seguinte formulario podes consultar os datos dos parados rexistrados por sexo e grupos quinquenais no último ano dispoñible para os concellos galegos: