Saltar la navegación

Como será a poboación galega no 2024?

O IGE publica na súa páxina web datos das proxeccións de poboación para Galicia e as súas comarcas. As últimas dispoñibles chegan ata o ano 2024.

Que son as proxeccións de poboación?

Son estimacións do tamaño e da estrutura da poboación que residerá nun territorio nos próximos anos. Estas estimacións baséanse na estrutura demográfica actual e na evolución dos nacementos, defuncións e movementos migratorios (emigracións e inmigracións) observados.

A continuación móstranse as pirámides de poboación de Galicia do ano 2014 e do ano 2024:

Pirámide de poboación. Galicia. Ano 2014

Pirámide de poboación. Galicia. Ano 2024

¡Nas pirámides, cada barra representa a poboación dun grupo de idade e xénero sobre o total. Están expresadas en tanto por un, non en tanto por cen!

Escolla múltiple

Pregunta

No ano 2024, a natalidade en Galicia, con respecto ao ano 2014:

Respuestas

Aumenta

Diminúe

Permanece igual que no ano 2014

Retroalimentación

Pregunta Verdadeiro-Falso

Pregunta 1

A pirámide de poboación de Galicia do ano 2014 reflicte un maior envellecemento da poboación que a do ano 2024:

Que pirámide de poboación terá a túa comarca no 2024?

Nos seguintes formularios podes obter a táboa de datos da web do IGE correspondente á poboación do ano 2024 e elaborar a pirámide da túa comarca.

Podes descargar os datos a unha folla de cálculo e facer a pirámide con esta última ou ben, realizar a pirámide empregando a ferramenta gráfica da web do IGE.