Saltar la navegación

Construción dunha pirámide. Aspectos xerais

Regras básicas e universais á hora de representar pirámides de poboación:

  • No eixe Y obsérvanse as idades da poboación, agrupadas normalmente en grupos quinquenais de idade.
  • No eixe X obsérvase a poboación, normalmente en tantos por cento, aínda que pode aparecer en tantos por un ou en cifras absolutas.
  • Na parte dereita do eixe X represéntase a poboación feminina e na parte esquerda a masculina.

Esquema pirámide de poboación

Aínda que se poden facer pirámides tanto de números absolutos como de porcentaxes, as segundas son as que permiten realmente ver diferenzas na estrutura por xénero e idades de dous ou máis poboacións. Se queremos comparar simplemente as cifras de poboación, non precisariamos facer unha pirámide!

Paso 1

Calcular a porcentaxe que a poboación de cada sexo e grupo de idade representa sobre o total. Hai que ter coidado de non cometer o frecuente erro de dividir polo total do sexo. De este segundo xeito os dous lados da pirámide, correspondentes a cada sexo, terían a mesma superficie e enmascararían as diferenzas que case sempre se producen pola maior supervivencia feminina.

Na seguinte táboa aparecen os datos da poboación de Galicia por sexo e grupos quinquenais de idade no ano 2013, que podes descargar tamén na seguinte ligazón:

Poboación segundo sexo e grupos quinquenais de idade. Galicia. Ano 2013

Poboación segundo sexo e grupos quinquenais de idade. Galicia. Ano 2013

Calculamos as porcentaxes que a poboación de cada sexo e grupo de idade representan sobre o total da poboación galega.

Paso 2

Debuxar o gráfico

No eixo vertical situariamos unha escala numérica que representa os grupos de idade e nos eixes horizontais as escalas numéricas que representan os efectivos de poboación en porcentaxe (o espazo da esquerda para os datos dos homes e o da dereita para os datos de mulleres).
Trasladamos os datos porcentuais da táboa a cada un dos eixes e debuxamos unha barra en cada grupo de idade para cada un dos sexos.