Construción dunha pirámide. Web do IGE
A páxina web do IGE (www.ige.gal) permite elaborar pirámides de poboación a partir das táboas de poboación dispoñibles na web.
Cómpre resaltar, non obstante, que as pirámides que se constrúen con esta aplicación son en números absolutos, non en porcentaxes.
Paso 1
Seleccionamos na páxina web a táboa cos datos da poboación que nos interesa. A táboa debe ter en filas a variable sexo (sen incluír o total) e en columnas os grupos quinquenais de idade (sen incluír o total).
No seguinte formulario podes consultar os datos da poboación por sexo e grupos quinquenais de idade do ano 2013 para os concellos galegos:
| Provincia da Coruña | |
| Provincia de Lugo | |
| Provincia de Ourense | |
| Provincia de Pontevedra |
Paso 2
Seleccionar "Ver gráfico" na parte superior táboa. Por defecto móstrase o gráfico de barras.
Paso 3
Na marxe esquerda da páxina web podemos seleccionar o tipo de gráfico que queremos visualizar. Neste caso escollemos "PIRÁMIDE".
Paso 4
A gráfica resultante podémola gardar como imaxe premendo sobre ela co botón dereito do rato e seleccionando a opción "Gardar imaxe como ..."