Construción dunha pirámide. Folla de cálculo OpenOffice Calc
- Paso 1: abrir a folla de cálculo de OpenOffice onde teñamos os datos da poboación por sexo e grupos de idade.
- Paso 2: cambiar o signo da poboación masculina.
- Paso 3: calcular o total e as porcentaxes de cada grupo de idade e sexo sobre o total.
- Paso 4: seleccionar o rango de datos e inserir un gráfico de barras.
- Paso 5: cambiar o eixe vertical á esquerda do gráfico.
- Paso 6: formatar as barras e o eixe horizontal para que aparezan as porcentaxes en positivo tanto para homes como para mulleres.