Saltar la navegación

Construción dunha pirámide. Folla de cálculo Excel

Paso 1

Abrir a folla de cálculo de Excel onde teñamos os datos da poboación por sexo e grupos de idade, por exemplo o libro ExemploPiramide_Santiago_datos.xls que contén a poboación do concello de Santiago de Compostela no ano 2013.

Paso 2

Cambiar o signo da poboación masculina e calcular o total e as porcentaxes (en tanto por un) de cada grupo de idade e sexo sobre o total. Recorda que para calcular as porcentaxes de cada grupo de idade e sexo sobre o total hai que dividir pola poboación total, non pola poboación de cada sexo!

Paso 3

Seleccionar o rango de datos e inserir un gráfico de barras.

Paso 4

Cambiar o eixe vertical á esquerda do gráfico: pulsar co botón dereito do rato no eixe e seleccionar en "Dar formato al eje" -> "Opciones de eje" -> Etiquetas de eje: Bajo

Paso 5

Formatar as barras: pulsar co botón dereito do rato nunha das barras do gráfico e elixir "Formato de serie de datos"-> Opciones Superposición=100 e Ancho de rango=0

Paso 6

Para que os datos do eixe de abscisas saian en números positivos pinchar co botón dereito do rato no eixe e a continuación elixir en "Formato de Ejes"-> Número: Categoría=Personalizada e Tipo=0%;0%