Saltar la navegación

Interpretación dunha pirámide

Para poder interpretar unha pirámide de poboación cómpre primeiro fixarse na  forma ou perfil da pirámide. É polo tanto necesario coñecer os distintos tipos de pirámides segundo o perfil que presenten:

Expansiva, progresiva ou de crecemento rápido (forma de pagode, triangular ou de parasol)



As pirámides deste tipo presentan base ampla, o que representa a unha poboación nova con altas taxas de natalidade.


Por outra banda, a poboación diminúe rapidamente cara ao cume debido a taxas de mortalidade elevadas e á baixa esperanza de vida.

É o modelo típico dos países subdesenvolvidos.

Pirámide de poboación. Galicia. Ano 1900

Pirámide de poboación de Galicia 1900

Estacionaria ou de crecemento lento (forma de campá ou oxiva)



Este tipo de pirámides teñen a base e a zona central practicamente do mesmo tamaño, o que indica que hai un número de persoas aproximadamente igual nos grupos de idade nova e adulta.

Corresponde aos países en vías de desenvolvemento.

Pirámide de poboación. Galicia. Ano 1970

Pirámide de poboación de Galicia 1970

Constritiva, regresiva ou de crecemento nulo (forma de tonel ou urna)



Estas pirámides presentan unha base máis estreita que os chanzos centrais.


Representan un rápido descenso na fecundidade ou unha inmigración masiva de persoas adultas por motivos principalmente laborais, ...
 
É o modelo característico dos países desenvolvidos.

Pirámide de poboación. Galicia. Ano 2013

Pirámide de poboación de Galicia 2013

¿Que tipo de información se debe analizar nunha pirámide de poboación?

  • Ancho da base: estado da natalidade, proporción de poboación nova
  • Cúspide: esperanza de vida (cando a forma é apuntada e existe pouca poboación con máis de 65 anos a esperanza de vida é reducida, e o contrario cando a forma é redondeada)
  • Grandes grupos de idade: nivel de envellecemento, poboación en idade laboral.
  • Anomalías nos perfís: os entrantes indican perdas de poboación (guerras, epidemias, catástrofes, emigración,...) e os salientes indican recuperación da poboación (aumento da natalidade, inmigración,...)
  • Relación entre sexos: se nacen máis homes ou mulleres, diferenzas na esperanza de vida por sexos