O principal obxectivo desta operación estatística é coñecer o número de traballadores afiliados á Seguridade Social en alta laboral segundo o concello de residencia, así como a distribución segundo o sexo, a idade e a nacionalidade. Tamén se analizan as afiliacións en alta laboral segundo o concello de residencia do afiliado, os sectores de actividade e os réximes de afiliación. Para obter o concello de residencia crúzase o ficheiro de afiliacións da Seguridade Social co Padrón municipal continuo do Instituto Nacional de Estadística (INE). Para un mesmo traballador poden figurar varias afiliacións en alta laboral, por exemplo, se ten varias actividades laborais nun mesmo réxime ou en varios. Cando se fala de afiliacións á Seguridade Social, cada traballador contabilízase tantas veces como situacións de cotización teña. Porén, para as táboas de afiliados, cada traballador contabilízase unha única vez. |
En marzo de 2022 rexistráronse 1.027.358 afiliacións á Seguridade Social en Galicia, un 0,5% máis que hai tres meses, en decembro de 2021. Destas, 1.008.766 (o 98,2%) corresponden a persoas cuxa residencia se atopa nun dos concellos de Galicia. Como se expuxo na introdución, un mesmo traballador ou traballadora pode figurar varias veces no sistema da Seguridade Social, tantas como actividades laborais distintas desempeñe; máis correctamente, tantas como situacións de cotización distintas teña. Por exemplo, se un traballador desempeña un traballo remunerado por conta allea nunha empresa e, ao mesmo tempo, traballa por conta propia noutra empresa da que é propietario, figurará ao menos dúas veces no sistema: unha no réxime xeral e outra no réxime de autónomos. Así, se contabilizamos, non o número de afiliacións, senón o de persoas afiliadas, a cifra baixa ás 972.454 persoas afiliadas en alta laboral ao sistema da Seguridade Social en marzo de 2022, un 0,6% máis que hai tres meses. |
Afiliacións totais á Seguridade Social, afiliacións de residentes e persoas afiliadas con concello de residencia en Galicia. Marzo de 2022 Fonte: IGE (descarga da táboa: afiliacións totais, afiliacións de residentes, afiliados) |
Pada medir a estrutura da poboación afiliada á Seguridade Social en alta laboral pódese construír o seguinte indicador de estrutura: a poboación afiliada de 40 ou máis anos, divida entre a poboación afiliada de 16 a 39 anos, multiplicado por cen. En marzo de 2022, por cada 100 afiliados e afiliadas á Seguridade Social en alta laboral menores de 40 anos, residían en Galicia 217 traballadores/as maiores desta idade. Os sete grandes concellos galegos, a excepción da Coruña e Ourense, presentaban, para este indicador, valores superiores á media galega, que variaban dende 221,7 no concello de Vigo ata 236,5 en Ferrol. Nos concellos da Coruña e Ourense o indicador atópase por debaixo da media galega, xa que toma un valor de 210,5 no primeiro caso e 211,8 no segundo en marzo/2022. |
||
Persoas afiliadas á Seguridade Social en alta laboral. Galicia e sete grandes concellos. Marzo de 2022 Fonte: IGE (descarga da táboa) |
Índice de estrutura e taxa de substitución da poboación afiliada. Galicia e sete grandes concellos. Marzo de 2022 Fonte: IGE (descarga da táboa) |
|
Outro indicador tomado das estatísticas demográficas é o de taxa de substitución da poboación activa. Aplicado ao tema que nos ocupa, definiríase como o cociente entre a poboación afiliada menor de 25 anos e a poboación afiliada maior de 55 anos, multiplicado por 100. Este indicador utilízase para comparar a poboación que acaba de ingresar como cotizantes ao sistema da Seguridade Social coa que está próxima a abandonalo e pasar á situación de pensionista. En Galicia, por cada 100 persoas que están en idade de abandonar o mercado laboral contabilízanse 17 persoas que ingresan ao sistema da Seguridade Social. A continuación amósase a variación interanual do número de traballadores e traballadoras afiliados/as á Seguridade Social nos sete grandes municipios galegos. Nos últimos doce meses (de marzo de 2021 a marzo de 2022) o número de persoas afiliadas aumentou nos sete grandes concellos galegos. O maior incremento experimentouno o concello de Santiago de Compostela, onde o número de persoas afiliadas á Seguridade Social aumentou en marzo case un 4% respecto ao mesmo mes do ano anterior. |
||
Persoas afiliadas á Seguridade Social en alta laboral segundo sexo e grupos de idade. Marzo de 2022 |
Variación interanual do número de persoas afiliadas |
|
A Coruña |
||
Fonte: IGE (descarga da táboa) |
||
Ferrol |
||
Fonte: IGE (descarga da táboa) |
||
Santiago de Compostela |
||
Fonte: IGE (descarga da táboa) |
||
Lugo |
||
Fonte: IGE (descarga da táboa) |
||
Ourense |
||
Fonte: IGE (descarga da táboa) |
||
Pontevedra |
||
Fonte: IGE (descarga da táboa) |
||
Vigo |
||
Fonte: IGE (descarga da táboa) |
En marzo de 2022 o 4,3% das persoas afiliadas á Seguridade Social en alta laboral residentes en Galicia tiña nacionalidade estranxeira. Aínda que os municipios con maior número de persoas afiliadas de nacionalidade distinta á española eran os correspondentes ás sete grandes cidades, en termos relativos, destacaban algúns concellos próximos á Rexión norte de Portugal, a Comarca de Valdeorras e a Mariña Lucense. |
|||||
|
O 5,5% das afiliacións en alta laboral de persoas que residen en Galicia corresponden a actividades relacionadas coa agricultura e a pesca; o 14% rexístranse no sector industrial; o 7,5% na construción e o 72,6% corresponden a actividades do sector servizos. Hai unha pequena porcentaxe das afiliacións (o 0,4%) que non foi posible asignar a ningún sector ante a falta de información ao respecto. Nos seguintes mapas amósase a distribución das afiliacións en alta laboral segundo os sectores de actividade e o concello de residencia do traballador, existentes a finais de marzo de 2022. Por sectores de actividade, os concellos cunha maior porcentaxe de traballadores e traballadoras afiliadas no sector primario atópanse no interior de Lugo (a excepción da capital de provincia, Rábade e Monforte de Lemos), nas comarcas coruñesas de Xallas, Terra de Melide e Arzúa, e na comarca do Deza (Pontevedra). Debido ás afiliacións no réxime especial do mar, municipios como a Illa de Arousa, Camariñas ou Muxía presentan altas porcentaxes de afiliacións no sector primario. |
Afiliacións en alta laboral de residentes en Galicia por sectores de actividade. Marzo de 2022 Fonte: IGE (descarga da táboa) |
||||
|
|||||
A industria ten maior peso nos municipios do sur da provincia de Pontevedra, na comarca de Valdeorras, Barbanza, Caldas e O Sar. |
|||||
|
|||||
No que respecta á construción, sobresaen os municipios da zona da costa da morte (excepto Corcubión e Fisterra) que, en marzo de 2022, presentaban porcentaxes de afiliacións na construción superiores á media galega (7,5%); en Cabana de Bergantiños, por exemplo, esta porcentaxe acada o 19,3%. Por outra banda, na meirande parte dos municipios do sur de Ourense e algúns do oeste da provincia o peso da construción tamén é superior á media galega; de feito, Gomesende é o concello de Galicia con maior porcentaxe de afiliacións no sector da construción, cun 21,3% das afiliacións totais rexistradas en marzo de 2022. |
|||||
|
|||||
Para rematar, o sector servizos amosa un maior peso nos sete grandes concellos e nos seus municipios limítrofes. Cabe destacar os concellos de Santiago de Compostela e da Coruña, onde máis do 85% das afiliacións existentes a finais de marzo de 2022 correspondían ao sector servizos. |
|||||
|
No apartado anterior analizamos o peso de cada sector de actividade en Galicia e nos concellos que a conforman. Na meirande parte destes, o sector servizos é o que aglutina a maior parte dos traballadores e das traballadoras afiliadas á Seguridade Social. Agora ben, e aínda que o sector servizos sexa preponderante, no apartado anterior comprobamos que a estrutura porcentual varía dun concello a outro e difire da galega: hai concellos onde o sector primario ten máis peso que na media galega; outros nos que é o sector industrial o que presenta porcentaxes máis altas, a construción ou o sector servizos. No caso das comarcas repítese esta idiosincrasia: a estrutura por sectores da comarca difire da galega. Tomando como referencia o Índice de especialización produtiva calculado no marco da operación Produto Interior Bruto municipal, elaborouse un índice de especialización laboral partindo da información das afiliacións á Seguridade Social por ramas de actividade e comarca de residencia. Este indicador resulta de dividir o peso de cada rama na afiliación total da comarca entre o peso desa mesma rama na afiliación total de Galicia. A rama de especialización laboral da comarca será aquela na que se rexistre o indicador máis elevado. Como se observa no mapa de abaixo, no que aparece representado o índice de especialización laboral de cada comarca no mes de marzo, boa parte da provincia de Lugo, a Costa da Morte, o interior da provincia da Coruña e algunhas comarcas de Ourense están especializadas no sector primario. As comarcas onde se localizan os sete grandes concellos galegos, a excepción de Vigo, Ferrol e Ourense, están especializadas no sector servizos, ao igual que as comarcas da Baixa Limia e Verín. As comarcas de Ferrol e Vigo están especializadas, pola súa parte, na rama da fabricación de material de transporte e grandes reparacións industriais. Tamén esta é a rama de especialización laboral das comarcas da Paradanta e O Morrazo. Hai tres comarcas con especialización produtiva na rama da enerxía, subministración de auga e xestión de residuos (Terra de Trives, Ordes e o Eume); tres están especializadas na industria agroalimentaria (O Salnés, O Ribeiro e O Barbanza). A industria da madeira, papel e mobles sobresae nas comarcas de Betanzos, Tabeirós-Terra de Montes, Terra de Celanova e O Carballiño; as industrias extractivas e fabricación doutros produtos minerais non metálicos dán traballo a unha parte importante da poboación ocupada residente nas comarcas de Ortegal, Quiroga, Valdeorras, O Baixo Miño e O Condado. A especialización laboral das comarcas ten moito que ver coa súa estrutura produtiva. De feito, se se compara o mapa de abaixo co que amosa a especialización produtiva comarcal en termos de Valor Engadido Bruto (VEB), obsérvanse as similitudes entre ambos. Con todo, tamén aparecen diferenzas que poden ter que ver con... Especialización laboral por comarca de residencia. Marzo de 2022 Fonte: IGE |
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies