ÍNDICE


Economía / Produto interior bruto municipal

Introdución

O obxectivo desta operación estatística é obter estimacións municipais do Produto Interior Bruto (PIB) coherentes coa estimación do resto de operacións estatísticas do Sistema de Contas Económicas do IGE.

O PIB é unha macromagnitude económica que resume o volume de actividade produtiva nun espazo económico nun período de tempo determinado. É o resultado dos procesos de produción de diversos axentes que operan en cada concello (empresas, fogares, administracións públicas, etc.) producindo bens e servizos finais. O PIB vai depender do emprazamento das unidades produtivas nun concello pero o desenvolvemento das actividades produtivas pode non ter reflexo claro na renda dos fogares.

O punto de partida é a información dispoñible nas Contas Económicas Anuais, nas que se estiman as contas de produción e explotación para 72 ramas de actividade.

Esta publicación achega datos de actividade económica nos concellos e comarcas de Galicia para o ano 2020, inclúe o paso a definitivos das estimacións de 2018 (que tiñan carácter provisional na anterior publicación) e completa a serie iniciada en 2010.

Para cada concello publícase o seu Produto interior bruto (PIB) e naqueles cuxa poboación supere os 10.000 habitantes ofrécese ao usuario unha desagregación en catro sectores de actividade. No caso das comarcas e as provincias, sempre que se garde o segredo estatístico, difúndense datos a 12 ramas de actividade.

Na difusión de resultados inclúense, así mesmo, datos PIB por habitante. A poboación utilizada neste cálculo é a poboación a 1 de xullo de cada ano t, estimada, para períodos anteriores a 2020, como promedio da poboación a 1 de xaneiro do ano t e a 1 de xaneiro do ano t+1, a partir das Cifras poboacionais de referencia que elabora o IGE. O dato da poboación a 1 de xullo de 2020 está incluído na mencionada operación estatística.

Nota: Os datos de 2020 son provisionais.

Datos por concello

Distribución do Produto Interior Bruto total

Os sete grandes concellos concentran o 44,7% do Produto Interior Bruto de Galicia

Vigo é o concello con maior nivel de actividade produtiva, cun PIB de 7.759 millóns de euros, seguido do concello da Coruña que xerou 6.786 millóns de euros en 2020. Entre ambos concellos achegan o 24,8% do PIB de Galicia.

O terceiro concello en xeración de valor engadido é Santiago de Compostela, que en 2020 xerou 3.593 millóns de euros. Tras Santiago sitúase Ourense con 2.300 millóns de euros, e a continuación os concellos de Lugo, Pontevedra, Arteixo e Ferrol.

Os concellos do Porriño e Oleiros completan a táboa dos dez primeiros concellos por volume de actividade económica.

Os dez concellos de Galicia con maior Produto Interior Bruto (PIB) municipal no ano 2020.
Unidade: miles de euros
concello 2020 Achega ao PIB de Galicia
Vigo 7.759.222 13,2
A Coruña 6.786.388 11,6
Santiago de Compostela 3.592.641 6,1
Ourense 2.300.095 3,9
Lugo 2.286.524 3,9
Pontevedra 2.052.064 3,5
Arteixo 2.040.203 3,5
Ferrol 1.466.515 2,5
O Porriño 955.129 1,6
Oleiros 768.542 1,3
Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa)

 

Produto Interior Bruto por habitante

O indicador PIB por habitante en espazos reducidos, como os concellos, debe tomarse con cautela, xa que en moitos casos a xeración de valor no concello non ten porque estar relacionada cos habitantes que residen nel, sexa pola estrutura produtiva do concello (especializado en actividades con pouca forza de traballo) ou porque os traballadores que xeran valor no concello non residan nel.

Muras é o concello con maior PIB por habitante no ano 2020

Os concellos con maior PIB por habitante caracterízanse por ter uns niveis de actividade moi relevantes no seu concello pero non se atopan entre os máis poboados de Galicia. Só Arteixo supera os 30.000 habitantes entre os primeiros concellos en PIB por habitante.

Algunhas das características dos concellos cun maior nivel de PIB por habitante son:

Os quince concellos de Galicia con maior Produto Interior Bruto (PIB) por habitante. Ano 2020.
Unidade: euros por persoa, persoa
concello PIB por habitante Poboacion
27033 Muras 88.338 690
32017 Carballeda de Valdeorras 84.201 1.548
32092 Vilariño de Conso 67.904 690
32075 San Cibrao das Viñas 63.175 5.478
15005 Arteixo 61.671 33.105
15081 As Somozas 58.016 1.123
32044 Manzaneda 57.723 870
27056 Rábade 54.572 1.595
36039 O Porriño 51.145 18.831
15008 Bergondo 49.749 6.810
32052 Nogueira de Ramuín 45.232 2.033
15065 Padrón 41.670 8.434
27013 Cervo 41.095 4.227
27038 Ourol 39.620 1.043
15032 Curtis 38.410 4.104
Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa)