Ficheiros de traballo
- Entidades colectivas ampliadas (Nomenclátor INE)
Neste ficheiro inclúense todas as entidades colectivas (EC) do Nomenclátor do ano 2009 do INE, máis as entidades singulares non incluídas en ningunha EC. Fíxose unha dobre codificación para evitar dificultades na comparación con outros ficheiros. Nunha columna inclúense as entidades singulares con código 99 e noutra con código 00. - Parroquias mapa
Neste ficheiro inclúese a relación parroquias a partir da cal se elabora o mapa. Inclúese nunha folla a listaxe de parroquias e noutra as incidencias que se atoparon. - Áreas locais. Neste ficheiro realizouse un cruzamento dos ficheiros de Entidades colectivas ampliadas e de Parroquias mapa, obténdose así a relación de unidades que se considerarán de aquí en diante áreas locais.
- Zonas Parroquias Eurostat Fase I. Neste ficheiro inclúese o resultado obtido ao crear as zonas ZDP, ZIP e ZPP considerando como área local a parroquia. Para facer as zonas empregouse en primeiro lugar a definción estrita de Eurostat e logo realizaronse as seguintes excepcións: Zona Vilagarcía , Zona Ribeira, Zona Padrón e Zona Carballo.
- Zonas Parroquias Eurostat Fase II. Neste ficheiro inclúese o resultado obtido ao crear as subzonas dentro das ZDP, ZIP e ZPP anteriores (con excepcións). Inclúese tamén a composición das distintas subzonas cos totais poboacionais.
- Concellos Fase II. A partir da subclasificación anterior calculouse, a nivel de concellos a poboación en cada unha das sete categorías, á que se lle xuntou as clasificacións que xa tiñamos, a do INE (2001) e a do IGE (2009) (estas dúas últimas empregando os concellos como áreas locais): ResultadosPorConcello. Inclúese tamén a subclasificación obtida para os concellos.
Documentos de traballo
- Metodoloxía
Neste documento explícase o procedemento de determinación do grao de urbanización das parroquias e dos concellos galegos.
Resultados
- Resultados
No seguinte ficheiro recóllese en formato Excel a clasificación e subclasificación obtida para os concellos.