Ademais da información estatística dispoñible na nosa páxina web ou nas diferentes publicacións, o Instituto Galego de Estatística pode realizar explotacións a medida onde se facilitan cruces de variables máis específicos.
A petición ten que ser realizada por escrito (correo postal) ou a través do
formulario. Na petición debe especificarse o nome e apelidos do peticionario así como un enderezo postal para poder enviarlle a resposta. A petición non é vinculante, polo que se o prezo ou as condicións da petición non fora do agrado do usuario, este non tería ningún compromiso co Instituto.
Unha vez recibida a petición elabórase un orzamento onde se recolle o custo que suporía a explotación solicitada. O tempo que se tarda en elaborar este orzamento depende da complexidade da petición pero por termo medio o Instituto respóndea en dúas semanas. Os prezos das explotacións a medida están regulados
na orde do 17 de marzo de 2004. Este orzamento enviase ao peticionario xunto coa folla autoliquidativa e cunha carta onde se especificarían as limitacións da información, se as tivese, o tempo de dispoñibilidade da información e as instrucións de cómo proceder se está de acordo co orzamento.
1. Utilizando os impresos autoliquidativos en calquera entidade financeira colaboradora
Unha vez efectuado o pagamento, debe enviarnos o exemplar correspondente
Para a Administración.
2. Pago por Internet a través das entidades financeiras actualmente autorizadas. Para iso, deberá acceder á páxina web da Consellería de Facenda:
https://www.conselleriadefacenda.es
.
No apartado “Trámites on-line” deberá seleccionar a opción
“tributaria” e acceder aos servizos de acceso libre.
A partir desa páxina entrará na “oficina virtual” e poderá realizar
o pagamento telemático da taxa premendo no enlace
“taxas, prezos, multas e sancións” no menú da marxe esquerda.
Para efectuar o pago por Internet, deberá introducir os seguintes códigos:
| Concepto |
Código |
| Consellería: Consellería de Facenda |
05 |
| Delegación: Servizos centrais |
13 |
| Servizos: Instituto Galego de Estatística |
002 |
| Cód./clave taxa: Explotación de datos estatísticos. IGE |
363700 |
Unha vez realizado o pagamento correspondente, deberá imprimir o xustificante
do aboamento e envialo por correo.
Unha vez o IGE reciba o xustificante correspondente procederase a elaborar a explotación e enviaráselle o resultado da mesma ao peticionario, xeralmente por correo electrónico. O tempo de entrega da información é inmediato a non ser que se especificase outra cousa no orzamento.