Datos Básicos. Estrutura da poboación e movementos migratorios

Poboación o día 1 de xaneiro de 2021 segundo o sexo
Persoas


INE. Padrón municipal de habitantes

Durante o ano 2020 o número de empadroados en Galicia diminuíu en 6.174 persoas

O día 1 de xaneiro de 2021 residían en Galicia 2.695.645 persoas, segundo a cifra oficial de poboación facilitada polo Padrón municipal de habitantes. No último ano o número de residentes en Galicia reduciuse en 6.174 persoas, o que supón unha diminución interanual en termos relativos do 0,23%.


Comparación das pirámides de poboación de Galicia e España. Ano 2021
Tanto por cento


Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes

En Galicia residen 160 maiores de 64 anos por cada 100 menores de 20 anos

O índice de envellecemento, calculado coma o cociente das persoas de 65 ou máis anos entre os mozos menores de 20 anos, amosa a grao de envellecemento que sofre a poboación dunha rexión. No ano 2020 en Galicia este índice acadou o valor de 160,40, é dicir, por cada 100 mozos menores de 20 anos residían en Galicia máis de 160 maiores de 64 anos. Pola súa banda, na pirámide de poboación de Galicia apréciase que a galega é unha poboación envellecida, cunha base estreita, o que indica que nacen poucos nenos e nenas. Por contra, a parte central e superior da pirámide son anchas, sintomático dunha estrutura poboacional con predominancia da xente de avanzada idade.


Poboación de nacionalidade estranxeira. Ano 2021
Persoas


INE. Padrón municipal de habitantes
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de 2021

O 4,2% da poboación residente en Galicia ten nacionalidade estranxeira

O día 1 de xaneiro de 2021 tiñan fixada a súa residencia habitual en Galicia 114.534 persoas de nacionalidade estranxeira, o que supón o 4,2% do total da poboación galega.

O 29,0% dos estranxeiros e das estranxeiras residentes en Galicia pertencen á UE-27. Dentro destes, os grupos máis numerosos son o dos portugueses (14.809) e dos romaneses (7.774). Entre os estranxeiros extracomunitarios, os cidadáns de América do Sur suman 43.631 persoas. Destacan os grupos de venezolanos (13.206), brasileiros (9.086) e colombianos (9.001). Tamén é numeroso na nosa Comunidade Autónoma o colectivo de persoas de nacionalidade marroquí, con 8.447 persoas inscritas no Padrón Municipal de Habitantes de Galicia.


Comparación das pirámides de poboación segundo a nacionalidade
Galicia. Ano 2021
Tanto por cento


Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de 2021

A poboación de nacionalidade española está máis envellecida que a de nacionalidade estranxeira

En 2021 a poboación de nacionalidade estranxeira aumentou un 1,7% con respecto ao ano 2020. Por países sobresae a evolución da emigración procedente de Perú, cun incremento de residentes do 9,2% entre ambos períodos. En conxunto, o número de residentes procedentes de Sudamérica aumentou un 3,4%, axudado sobre todo pola evolución de Perú, pero tamén de Colombia e Venezuela (con incrementos do 9,1 e 4,4% respectivamente). O número de estranxeiros procedente da UE-27 diminuíu lixeiramente entre 2020 e 2021; esta diminución debeuse principalmente á emigración procedente de Portugal e Romanía, dúas das tres principais nacionalidades europeas presentes en Galicia, e que diminuiron o seu número de residentes un 1,5% e un 3,8% respectivamente entre 2020 e 2021.

A comparación das pirámides de poboación por nacionalidades amosa que a poboación española está máis envellecida que a de nacionalidade estranxeira. Así, o 26,6% da poboación residente nunha das catro provincias galegas, de nacionalidade española, ten 65 ou máis anos. Esta porcentaxe, no caso da poboación de nacionalidade estranxeira é moito máis baixa, do 6,6%.


Movementos migratorios externos. Ano 2020
Persoas


INE. Estadística de variaciones residenciales. Elaboración propia a partir dos ficheiros proporcionados polo INE
Nota: na emigración ao estranxeiro inclúense as baixas por caducidade

En 2020 aumentaron as emigracións a outra Comunidade Autónoma e diminuíron as dirixidas cara o estranxeiro

Durante o ano 2020 marcharon de Galicia 21.001 persoas e chegaron 35.617 procedentes do resto de España ou do estranxeiro, o que sitúa o saldo migratorio externo en 14.616 persoas. Neste ano chegaron a Galicia 10.983 inmigrantes menos que en 2019. As entradas procedentes do estranxeiro diminuíron arredor dun 45,99%; as procedentes doutra comunidade autónoma aumentaron un 7,13%. Un total de 14.862 galegos e galegas marcharon de Galicia con destino a outra comunidade autónoma (un 24,86% menos que en 2019) e 6.139 fixérono ao estranxeiro (un 32,35% menos que en 2019).


Poboación de nacionalidade española residente no estranxeiro e inscrita nalgunha provincia de Galicia. Distribución segundo o sexo e os grupos de idade. Ano 2021
Persoas


INE. Padrón de españoles residentes en el extranjero
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de 2022

Arxentina e Brasil son os países estranxeiros onde viven máis galegos e galegas

O día 1 de xaneiro de 2022 residían no estranxeiro un total de 529.038 persoas de nacionalidade española e inscritas nalgunha provincia galega no Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE). O 34,5% destas persoas residía en Arxentina, que é o país do estranxeiro onde viven máis galegos e galegas. A continuación atópase Brasil, con 49.970 galegos e galegas.

Segundo a idade, o 9,4% das persoas inscritas no PERE teñen menos de 16 anos, o 59,1% entre 16 e 64 anos e o 31,5% restante 65 ou máis anos.

Poboación residente en Galicia segundo o lugar de nacemento. Ano 2021
Porcentaxe


Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de 2021

Poboación residente nos sete grandes concellos galegos. Ano 2021
Persoas


Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de 2021

Vigo, con 293.837 habitantes, é o concello máis poboado de Galicia. A continuación atópanse A Coruña con 245.468 veciños e veciñas e Ourense con 104.596 persoas. Entre os sete grandes concellos suman 987.271 habitantes, o 36,6% do total da poboación residente en Galicia.


Índice de envellecemento. Ano 2020
Tanto por cento


Fonte: IGE. Indicadores demográficos

Evolución da porcentaxe de poboación de nacionalidade estranxeira
Tanto por cento


INE. Padrón municipal de habitantes
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de cada ano

Poboación estranxeira en Galicia segundo as principais nacionalidades
Persoas


Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes

Variación interanual da poboación de nacionalidade estranxeira en Galicia
Porcentaxe


Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de cada ano

Poboación de nacionalidade española residente no estranxeiro e inscrita nalgunha provincia de Galicia. Ano 2022
Persoas


Fonte: INE. Padrón de españoles residentes en el extranjero
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de 2022

O Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE) obtense dos datos existentes nos rexistros de matrícula de cada oficina ou sección consular. Están obrigados a inscribirse:

  • Os españois que residan habitualmente no estranxeiro e os que trasladen alí a súa residencia habitual.
  • Os seus fillos menores de idade suxeitos á patria potestade, se están na súa compaña.


Definicións e máis información

Definicións

Descarga de datos


Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.
Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies
     De acordo
   Compartir: