Resumo de resultados


Índices de valor unitario para o comercio exterior. Referencia 2010


Principais resultados

  • Os prezos dos bens exportados diminuíron un 2,0% no mes de marzo con respecto ao mesmo mes do ano anterior. Os prezos dos bens importados aumentaron un 3,4% en termos interanuais.

  • Atendendo á clasificación por destino económico, os prezos dos bens de consumo exportados diminuíron un 2,3% e os prezos dos bens de capital baixaron un 7,7%. En senso contrario, os prezos dos bens intermedios aumentaron un 1,4% respecto ao mes de marzo de 2024.

  • Nas importacións, os prezos dos bens de consumo aumentaron un 9,1% e os dos bens de capital medraron un 15,7% respecto ao mes de marzo do ano anterior. Os prezos dos bens intermedios rexistraron unha diminución interanual do 0,4%.

Notas metodolóxicas

Índices de valor unitario para o comercio exterior é unha operación estatística que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) con periodicidade mensual.

O obxectivo desta operación estatística é obter unha aproximación aos índices de prezos das operacións de exportación e importación de mercadorías con orixe ou destino en Galicia, excluíndo o comercio co resto de España.

As principais utilidades destes índices son as seguintes: permiten aproximar a evolución dos prezos das exportacións e importacións; úsanse como deflactores para seguir a evolución en volume do comercio exterior; serven para construír indicadores como a relación real de intercambio ou os índices de competitividade.


Evolución

No mes de marzo, os prezos dos bens exportados na Comunidade Autónoma de Galicia diminuíron un 2,0% con respecto a marzo de 2024, mentres que os prezos dos bens importados aumentaron un 3,4%.

     Índices de valor unitario. Galicia. Taxas de variación interanuais (%)

Fonte: IGE (descarga da táboa)


Clasificación por destino económico dos bens

Segundo a clasificación por destino económico, no mes de marzo produciuse unha diminución interanual do 2,3% nos prezos das exportacións de bens de consumo; os bens de capital baixaron un 7,7%. Pola contra, os prezos dos bens intermedios aumentaron un 1,4% respecto ao mesmo mes de 2024.

En canto as importacións, os prezos dos bens de consumo creceron un 9,1% e os dos bens de capital aumentaron un 15,7%, en comparación con marzo de 2024. En senso contrario, os prezos dos bens intermedios experimentaron unha diminución interanual do 0,4%.


Índices de valor unitario. Índice xeral e clasificación por destino económico dos bens. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2024/Marzo 2025/Marzo Variación interanual 2024/Marzo 2025/Marzo Variación interanual
BENS DE CONSUMO 136,65 133,48 -2,3 133,02 145,17 9,1
BENS INTERMEDIOS 135,89 137,76 1,4 147,27 146,64 -0,4
BENS DE CAPITAL 155,16 143,15 -7,7 89,88 103,99 15,7
NON ENERXÉTICO 135,68 133,36 -1,7 128,35 131,56 2,5
IVU TOTAL 139,21 136,46 -2,0 140,62 145,34 3,4
Fonte: IGE (descarga da táboa)


Clasificación por orixe/destino xeográfico

En marzo, por destino xeográfico, os prezos dos bens exportados aos países da Unión Económica e Monetaria diminuíron un 0,1% en termos interanuais; os das exportacións ao conxunto da Unión Europea medraron un 0,3%. As exportacións dirixidas a países da OCDE diminuíron un 2,4% mentres que os prezos dos bens destinados ao resto do mundo aumentaron un 1,8%.

En canto á orixe xeográfica das importacións, os prezos dos bens procedentes da Unión Económica e Monetaria subiron un 10,3% respecto a marzo de 2024 e os procedentes da Unión Europea, aumentaron un 9,8%. As importacións de bens desde países da OCDE rexistraron un alza do 19,6%, mentres que os prezos dos bens importados do resto do mundo baixaron un 13,1%.

Índices de valor unitario. Clasificación por orixe/destino xeográfico. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2024/Marzo 2025/Marzo Variación interanual 2024/Marzo 2025/Marzo Variación interanual
UEM 135,65 135,55 -0,1 106,71 117,66 10,3
UE 134,71 135,14 0,3 110,61 121,49 9,8
OCDE 140,02 136,59 -2,4 115,01 137,50 19,6
Resto do Mundo 129,25 131,56 1,8 192,73 167,56 -13,1
Fonte: IGE (descarga da táboa)


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior. Referencia 2010.

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo