Resumo de resultados


Enquisa de poboación activa (EPA)


Introdución

A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida aos fogares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza dende 1964. No ano 2008 asinouse un convenio de colaboración entre o INE e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a duplicación da mostra no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. O obxectivo da ampliación da mostra é permitir a análise da poboación galega en relación coa actividade económica cunha maior desagregación do que se viña facendo ata o momento. Como resultado deste convenio, a partir do terceiro trimestre de 2009 incorpórase á operación a mostra adicional recollida polo IGE, utilizando idéntica metodoloxía e o mesmo sistema de traballo de campo que o INE.

A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo ao seu compoñente humano. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (poboación ocupada, parada, activa e inactiva) e a obter clasificacións destas categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais homoxéneas de resultados.

A EPA incorporou as cifras do Censo de poboación e vivendas do INE de 2021 ás súas estimacións dos anos 2021 en diante. Para máis información consultar a seguinte ligazón.


Poboación activa


No primeiro trimestre de 2025 a poboación galega de 16 ou máis anos acada a cifra de 2.381.000 persoas, das que 1.261.100 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 53%. Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos e de activas diminúe en 1.600 persoas e a taxa de actividade diminúe 0,1 puntos.


Poboación de 16 ou máis anos segundo a relación coa actividade económica. Galicia. Primeiro trimestre de 2025
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 2.381,0 2,5 0,1 13,0 0,5
Activos 1.261,1 -1,6 -0,1 1,8 0,1
Poboación ocupada 1.150,1 -3,2 -0,3 22,4 2,0
Poboación parada 111,0 1,6 1,5 -20,6 -15,7
Inactivos 1.119,9 4,1 0,4 11,2 1,0
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Con respecto ao mesmo trimestre de 2024, o número de persoas activas aumenta en 1.800 persoas mentres que a taxa de actividade diminúe 0,2 puntos.


Taxas de actividade segundo o sexo. Galicia. Primeiro trimestre de 2025
Unidade: Tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado
Total 53,0 -0,1 -0,2
Homes 56,2 -0,5 -1,3
Mulleres 50,0 0,3 0,7
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Por sexo, a taxa de actividade masculina diminúe 0,5 puntos respecto á cifra rexistrada hai 3 meses, situándose no 56,2%. A taxa de actividade feminina, pola súa banda, rexistra unha variación positiva, cifrada neste caso en 0,3 puntos, ata acadar o 50%.


Poboación activa segundo o sexo. Galicia. Primeiro trimestre de 2025
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 1.261,1 -1,6 -0,1 1,8 0,1
Homes 639,3 -4,8 -0,7 -8,4 -1,3
Mulleres 621,8 3,2 0,5 10,2 1,7
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Poboación ocupada


A ocupación ocupada diminúe en 3.200 persoas no primeiro trimestre de 2025 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.150.100 persoas. A taxa de ocupación tamén diminúe con respecto ao trimestre pasado e sitúase no 48,3%.

Nos últimos doce meses o número de ocupados e de ocupadas aumentou en 22.400 persoas, o que supón un incremento do 2% en termos relativos.


Taxas de ocupación segundo o sexo. Galicia. Primeiro trimestre de 2025
Unidade: Tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado
Total 48,3 -0,2 0,7
Homes 51,6 -0,9 -0,1
Mulleres 45,3 0,4 1,4
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Por sexo, neste trimestre diminúe a ocupación masculina en 8.800 persoas respecto ao cuarto trimestre do ano 2024, mentres que a ocupación das mulleres rexista un incremento de 5.700 persoas. En termos de taxas, isto tradúcese nunha baixada da taxa de ocupación masculina de 0,9 puntos e un aumento de 0,4 puntos da taxa feminina.

Con respecto ao primeiro trimestre do ano 2024, o número de homes ocupados aumenta en 3.600 persoas (un 0,6%) e o de mulleres ocupadas en 18.800 (un 3,5%).


Poboación ocupada segundo o sexo. Galicia. Primeiro trimestre de 2025
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 1.150,1 -3,2 -0,3 22,4 2,0
Homes 586,5 -8,8 -1,5 3,6 0,6
Mulleres 563,6 5,7 1,0 18,8 3,5
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE-2009), o número de persoas ocupadas neste trimestre diminúe no sector primario, na construción e nos servizos e aumenta na industria. No sector primario a diminución da poboación ocupada cífrase en 4.300 traballadores e traballadoras menos que hai tres meses, na construción en 2.700 e no sector servizos en 1.100. Na industria o incremento foi de 5.100 persoas.


Con respecto ao mesmo trimestre de 2024, a ocupación diminúe no sector primario (13%) e na construcción (-1%). Na industria e no sector servizos a ocupación aumenta con respesto ao mesmo trimestre de 2024 (12,1% e 1,5%, respectivamente).


Poboación ocupada segundo sectores de actividade. Galicia. Primeiro trimestre de 2025
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 1.150,1 -3,2 -0,3 22,4 2,0
Agricultura e pesca 65,2 -4,3 -6,2 -9,7 -13,0
Industria 194,9 5,1 2,7 21,1 12,1
Construción 79,6 -2,7 -3,3 -0,8 -1,0
Servizos 810,5 -1,1 -0,1 11,8 1,5
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Poboación asalariada


En Galicia contabilízanse 940.100 persoas asalariadas no primeiro trimestre de 2025, 811.300 con contrato indefinido e os 128.800 restantes con contrato temporal. Con respecto ao trimestre anterior rexístranse 13.900 asalariados e asalariadas máis con contrato indefinido. O número de persoas suxeitas a un contrato temporal diminúe en 22.000 efectivos (o que supón, en termos relativos, un descenso do 14,6% con respecto ao cuarto trimestre de 2024). No que respecta á variación interanual, a cifra de persoas con contrato indefinido aumenta un 4,2%, e as persoas con contrato temporal diminúen, pola contra, un 8,3%.

A taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de persoas con contrato temporal sobre o total de asalariados e asalariadas, sitúase no 13,7%.


Poboación asalariada segundo o tipo de contrato. Galicia. Primeiro trimestre de 2025
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 940,1 -8,1 -0,9 20,9 2,3
De duración indefinida 811,3 13,9 1,7 32,6 4,2
Temporal 128,8 -22,0 -14,6 -11,7 -8,3
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Poboación parada


No primeiro trimestre de 2025 en Galicia hai 111.000 persoas en paro, 1.600 máis que no trimestre anterior. A taxa de paro aumenta 0,1 puntos e sitúase no 8,8%.

Con respecto ao primeiro trimestre do ano 2024, o número de parados e paradas diminúe en 20.600 persoas (un 15,7%) e a taxa de paro, a súa vez, baixa 1,7 puntos en termos interanuais.


Taxas de paro segundo o sexo. Galicia. Primeiro trimestre de 2025
Unidade: Tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado
Total 8,8 0,1 -1,7
Homes 8,2 0,6 -1,8
Mulleres 9,4 -0,4 -1,5
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, aumenta o paro masculino mentres que diminúe o feminino. O número total de homes parados é de 52.700 (4.000 máis que hai tres meses) e o de mulleres é de 58.200 (2.500 mulleres paradas menos). A taxa de paro masculina sitúase no 8,2% e a feminina no 9,4%.

No tocante á variación interanual, o número de parados entre o sexo masculino diminúe en 12.100 persoas (un 18,7% menos), e o volume de paradas en 8.600 persoas (un 12,9% menos que hai un ano).


Poboación parada segundo o sexo. Galicia. Primeiro trimestre de 2025
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 111,0 1,6 1,5 -20,6 -15,7
Homes 52,7 4,0 8,2 -12,1 -18,7
Mulleres 58,2 -2,5 -4,1 -8,6 -12,9
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Fogares


No primeiro trimestre de 2025, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro aumenta en 1.400 unidades e sitúase en 42.400 fogares. Respecto ao primeiro trimestre de 2024, esta tipoloxía de fogares diminúe un 15%.

Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados diminúe en 1.500 unidades. O número de fogares nesta situación é de 666.600. En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai 17.200 fogares máis nesta situación, o que supón un incremento do 2,6% en termos relativos.


Fogares segundo a tipoloxía de actividade. Galicia. Primeiro trimestre de 2025
Unidade: Miles de fogares, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 1.132,2 4,5 0,4 5,1 0,5
Fogares con polo menos un activo 766,6 1,8 0,2 -2,4 -0,3
Todos os activos son ocupados 666,6 -1,5 -0,2 17,2 2,6
Todos os activos son parados 42,4 1,4 3,4 -7,5 -15,0
Con ocupados e parados 57,7 2,0 3,6 -12,0 -17,2
Fogares nos que non hai ningún activo 365,6 2,7 0,7 7,5 2,1
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Poboación xuvenil


Dos 336.700 mozos e mozas galegas de entre 16 e 29 anos, 129.000 (o 38,3%) están ocupados/as, 28.900 (o 8,6%) parados/as e os 178.800 (o 53,1%) restantes son inactivos/as.


Poboación de 16 a 29 anos segundo a relación coa actividade económica. Galicia. Primeiro trimestre de 2025
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 336,7 1,6 0,5 6,8 2,1
Activos 157,9 -7,8 -4,7 -1,3 -0,8
Poboación ocupada 129,0 -6,8 -5,0 5,3 4,3
Poboación parada 28,9 -1,1 -3,7 -6,6 -18,6
Parados que buscan primeiro emprego 6,6 -0,7 -9,6 -3,4 -34,0
Parados que xa traballaron 22,3 -0,4 -1,8 -3,2 -12,5
Inactivos 178,8 9,4 5,5 8,1 4,7
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


A taxa de ocupación deste colectivo sitúase no 38,3% no primeiro trimestre de 2025. Con respecto ao trimestre anterior diminúe 2,2 puntos e con respecto ao mesmo trimestre do ano 2024 aumenta 0,8 puntos.

A taxa de paro xuvenil sitúase no 18,3% neste trimestre; aumenta 0,2 puntos respecto ao trimestre anterior. En comparación co primeiro trimestre de 2024, diminúe 4 puntos.


Taxas de actividade, ocupación e paro da poboación de 16 a 29 anos. Galicia. Primeiro trimestre de 2025
Unidade: Tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado
Taxa de actividade 46,9 -2,6 -1,4
Taxa de ocupación 38,3 -2,2 0,8
Taxa de paro 18,3 0,2 -4,0
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


No primeiro trimestre de 2025, o 73,6% dos ocupados e das ocupadas de entre 16 e 29 anos traballa a xornada completa, o que supón unha diminución do 3,3% con respecto ao cuarto trimestre de 2024. Tamén diminúe a cifra de mozos e mozas ocupadas a xornada parcial; en concreto, baixa en 3.600 persoas. Con respecto ao primeiro trimestre de 2024, increméntase a ocupación xuvenil, tanto a que traballa a xornada completa (en 4.400 persoas), como a xornada parcial (en 900 persoas).


Poboación ocupada de 16 a 29 anos segundo o tipo de xornada. Galicia. Primeiro trimestre de 2025
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 129 -6,8 -5,0 5,3 4,3
Completa 95 -3,2 -3,3 4,4 4,9
Parcial 34 -3,6 -9,6 0,9 2,7
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Dos 119.100 asalariados e asalariadas existentes neste trimestre de entre 16 e 29 anos, o 73,6% está vinculado á empresa por medio dun contrato indefinido. O número de mozos e mozas con contrato indefinido rexistra un incremento do 1,5% respecto ao trimestre anterior e do 12,7% respecto ao mesmo trimestre de 2024. A contratación temporal diminúe neste grupo de idade (un 23% respecto ao trimestre pasado e un 12,8% respecto ao primeiro trimestre de 2024).

A taxa de temporalidade para o colectivo dos mozos e mozas de entre 16 e 29 anos sitúase no 26,4%.


Poboación asalariada de 16 a 29 anos segundo a duración do contrato. Galicia. Primeiro trimestre de 2025
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 119,1 -8,1 -6,4 5,4 4,7
De duración indefinida 87,7 1,3 1,5 9,9 12,7
Temporal 31,4 -9,4 -23,0 -4,6 -12,8
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)



Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

INE-IGE. Enquisa de poboación activa (EPA)

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo