Resumo de resultados


 Enquisa de poboación activa (EPA)


Introdución

A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida aos fogares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza dende 1964. En xullo de 2008 firmouse un convenio de colaboración entre o INE e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a duplicación da mostra no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. O obxectivo da ampliación da mostra é permitir a análise da poboación galega en relación coa actividade económica cunha maior desagregación do que se viña facendo ata o momento. Como resultado deste convenio, a partir do terceiro trimestre de 2009 incorpórase á operación a mostra adicional recollida polo IGE, utilizando idéntica metodoloxía e o mesmo sistema de traballo de campo que o INE.

A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo ao seu compoñente humano. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (poboación ocupada, parada, activa e inactiva) e a obter clasificacións destas categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais homoxéneas de resultados.

A EPA incorporou as cifras do Censo de poboación e vivendas do INE de 2021 ás súas estimacións dos anos 2021 en diante. Para máis información consultar a seguinte ligazón.


Poboación activa


No segundo trimestre de 2024 a poboación galega de 16 ou máis anos situouse en 2.368.100 persoas, das cales 1.255.400 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 53%. Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos e de activas diminúe en 3.900 persoas e a taxa de actividade diminúe 0,2 puntos respecto ao primeiro trimestre de 2024.


Poboación de 16 ou máis anos segundo a relación coa actividade económica. Galicia. Segundo trimestre de 2024
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 2.368,1 0,1 0,0 11,5 0,5
Activos 1.255,4 -3,9 -0,3 6,5 0,5
Poboación ocupada 1.135,6 7,9 0,7 3,9 0,3
Poboación parada 119,8 -11,8 -9,0 2,6 2,2
Inactivos 1.112,7 4,0 0,4 5,0 0,5
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Con respecto ao mesmo trimestre de 2023, o número de persoas activas aumenta en 6.500 persoas e a taxa de actividade non varía.


Taxas de actividade segundo o sexo. Galicia. Segundo trimestre de 2024
Unidade: Tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado
Total 53,0 -0,2 0,0
Homes 57,5 0,0 0,4
Mulleres 48,9 -0,4 -0,4
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Por sexo, a taxa de actividade masculina non varía respecto á cifra rexistrada hai 3 meses, situándose no 57,5%. A taxa de actividade feminina, pola súa banda, rexistra unha variación negativa cifrada en 0,4 puntos, ata situarse no 48,9%.


Poboación activa segundo o sexo. Galicia. Segundo trimestre de 2024
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 1.255,4 -3,9 -0,3 6,5 0,5
Homes 649,0 1,3 0,2 7,5 1,2
Mulleres 606,4 -5,2 -0,9 -0,9 -0,1
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)

Poboación ocupada


A ocupación aumenta en 7.900 persoas no segundo trimestre de 2024 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.135.600 persoas ocupadas. A taxa de ocupación tamén aumenta con respecto ao trimestre pasado e sitúase no 48%.

Nos últimos doce meses o número de ocupados e de ocupadas aumentou en 3.900 persoas, o que supón un incremento do 0,3% en termos relativos.


Taxas de ocupación segundo o sexo. Galicia. Segundo trimestre de 2024
Unidade: Tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado
Total 48,0 0,4 0,0
Homes 52,3 0,6 0,2
Mulleres 43,9 0,0 -0,4
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Por sexo, neste trimestre aumentou a ocupación masculina: o número de ocupados varóns aummenta en 8.100 persoas respecto ao primeiro trimestre do ano 2024; a ocupación das mulleres, pola súa banda, rexistrou unha diminución de 200 persoas. En termos de taxas, isto tradúcese nun aumento da taxa de ocupación masculina de 0,6 puntos mentres que a taxa feminina non varía respecto ao trimestre pasado.

Con respecto ao segundo trimestre do ano 2023, o número de homes ocupados aumenta en 5.700 persoas (un 1%), mentres que o de mulleres ocupadas diminuíu nun 0,3%.


Poboación ocupada segundo o sexo. Galicia. Segundo trimestre de 2024
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 1.135,6 7,9 0,7 3,9 0,3
Homes 591,0 8,1 1,4 5,7 1,0
Mulleres 544,6 -0,2 0,0 -1,8 -0,3
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE-2009), o número de persoas ocupadas neste trimestre diminuíu no sector primario, pero aumentou na industria, na construción e no sector servizos. Na agricultura e pesca, a diminución da poboación ocupada cifrouse en 3.400 traballadores e traballadoras menos que hai 3 meses. Na industria a ocupación aumentou en 5.000 persoas respecto ao trimestre anterior. Na construción a ocupación aumenta en 3.100 persoas.No sector servizos o incremento foi de 3.000 persoas.


Con respecto ao mesmo trimestre de 2023, a ocupación diminuíu no sector primario, un -5,8% e no sector servizos, un -1,3%. Na industria e na construción a ocupación aumentou con respesto ao mesmo trimestre de 2023: na industria un 6,2% e na construción, 10,6%.


Poboación ocupada segundo sectores de actividade. Galicia. Segundo trimestre de 2024
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 1.135,6 7,9 0,7 3,9 0,3
Agricultura e pesca 71,5 -3,4 -4,5 -4,4 -5,8
Industria 178,8 5,0 2,9 10,4 6,2
Construción 83,5 3,1 3,9 8,0 10,6
Servizos 801,7 3,0 0,4 -10,2 -1,3
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Poboación asalariada


En Galicia había 923.000 persoas asalariadas no segundo trimestre de 2024, 782.900 con contrato indefinido e os 140.000 restantes con contrato temporal. Con respecto ao trimestre anterior rexístranse 4.200 asalariados e asalariadas máis con contrato indefinido. O número de persoas suxeitas a un contrato temporal diminúe, pola contra, en 500 efectivos (o que supón, en termos relativos, unha baixada do 0,4% con respecto ao primeiro trimestre de 2024). No que respecta á variación interanual, a cifra de persoas con contrato indefinido aumentou un 0,8%, e as persoas con contrato temporal diminuíron, pola contra, un 4,4%.

A taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de persoas con contrato temporal sobre o total de asalariados e asalariadas, sitúase no 15,2%.


Poboación asalariada segundo o tipo de contrato. Galicia. Segundo trimestre de 2024
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 923,0 3,8 0,4 0,1 0,0
De duración indefinida 782,9 4,2 0,5 6,4 0,8
Temporal 140,0 -0,5 -0,4 -6,4 -4,4
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Poboación parada


No segundo trimestre de 2024 en Galicia había 119.800 persoas en paro, 11.800 menos que no trimestre anterior. A taxa de paro diminuíu 1 punto e sitúase no 9,5%.

Con respecto ao segundo trimestre do ano 2023, o número de parados e paradas aumenta en 2.600 persoas (un 2,2%) e a taxa de paro, a súa vez, crece 0,1 puntos en termos interanuais.


Taxas de paro segundo o sexo. Galicia. Segundo trimestre de 2024
Unidade: Tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado
Total 9,5 -1,0 0,1
Homes 8,9 -1,1 0,1
Mulleres 10,2 -0,7 0,2
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, diminúe tanto o paro masculino coma o feminino: o número total de homes parados sitúase en 58.000 persoas (6.800 menos que hai tres meses) e o de mulleres é de 61.800 persoas (5.000 mulleres paradas menos). Ambas as dúas taxas de paro, tanto a masculina como a feminina, reducíronse, situándose a primeira no 8,9% e a segunda no 10,2%.

No tocante á variación interanual, o número de parados entre o sexo masculino aumenta en 1.800 persoas (un 3,2% máis), mentres que o volume de paradas aumenta en 800 persoas (un 1,3% máis que hai un ano).


Poboación parada segundo o sexo. Galicia. Segundo trimestre de 2024
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 119,8 -11,8 -9,0 2,6 2,2
Homes 58,0 -6,8 -10,5 1,8 3,2
Mulleres 61,8 -5,0 -7,5 0,8 1,3
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Fogares


No segundo trimestre de 2024, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro diminúe en 6.600 unidades e sitúase en 43.300 fogares. Respecto ao segundo trimestre de 2023, esta tipoloxía de fogares diminúe un 7,7%.

Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados aumenta en 8.200 unidades. O número de fogares nesta situación é de 657.600. En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai 9.000 fogares máis nesta situación, o que supón un incremento do 1,4% en termos relativos.


Fogares segundo a tipoloxía de actividade. Galicia. Segundo trimestre de 2024
Unidade: Miles de fogares, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 1.125,9 -1,2 -0,1 8,4 0,8
Fogares con polo menos un activo 764,4 -4,6 -0,6 4,9 0,6
Todos os activos son ocupados 657,6 8,2 1,3 9,0 1,4
Todos os activos son parados 43,3 -6,6 -13,2 -3,6 -7,7
Con ocupados e parados 63,5 -6,2 -8,9 -0,6 -0,9
Fogares nos que non hai ningún activo 361,5 3,4 0,9 3,5 1,0
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Poboación xuvenil


Dos 330.100 mozos e mozas galegas de entre 16 e 29 anos, 127.100 (o 38,5%) están ocupados/as, 33.400 (o 10,1%) parados/as e os 169.500 (o 51,3%) restantes son inactivos.


Poboación de 16 a 29 anos segundo a relación coa actividade económica. Galicia. Segundo trimestre de 2024
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 330,1 0,2 0,1 5,4 1,7
Activos 160,6 1,4 0,9 4,4 2,8
Poboación ocupada 127,1 3,4 2,7 -1,8 -1,4
Poboación parada 33,4 -2,1 -5,9 6,1 22,3
Parados que buscan primeiro emprego 10,5 0,5 5,0 3,0 40,0
Parados que xa traballaron 23,0 -2,5 -9,8 3,2 16,2
Inactivos 169,5 -1,2 -0,7 1,0 0,6
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


A taxa de ocupación deste colectivo sitúase no 38,5% no segundo trimestre de 2024. Con respecto ao trimestre anterior aumenta 1 punto; con respecto ao mesmo trimestre do ano 2023 diminúe 1,2 puntos.

A taxa de paro xuvenil sitúase no 20,8% neste trimestre; diminúe 1,5 puntos respecto ao trimestre anterior. En comparación co segundo trimestre de 2023, aumenta 3,3 puntos.


Taxas de actividade, ocupación e paro da poboación de 16 a 29 anos. Galicia. Segundo trimestre de 2024
Unidade: Tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado
Taxa de actividade 48,6 0,3 0,5
Taxa de ocupación 38,5 1,0 -1,2
Taxa de paro 20,8 -1,5 3,3
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


No segundo trimestre de 2024, o 75,3% dos ocupados e das ocupadas de entre 16 e 29 anos traballa a xornada completa. Con respecto ao primeiro trimestre de 2024, a cifra de ocupados a xornada completa sube un 5,6%. A cifra de mozos e mozas ocupadas a xornada parcial diminúe neste trimestre; en concreto, baixa en 1.700 persoas. Con respecto ao segundo trimestre de 2023, diminúe tanto a ocupación xuvenil que traballa a xornada completa (en 700 persoas), como a ocupación a xornada parcial (en 1.100 persoas).


Poboación ocupada de 16 a 29 anos segundo o tipo de xornada. Galicia. Segundo trimestre de 2024
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 127,1 3,4 2,7 -1,8 -1,4
Completa 95,7 5,1 5,6 -0,7 -0,7
Parcial 31,4 -1,7 -5,1 -1,1 -3,4
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Dos 118.100 asalariados e asalariadas existentes neste trimestre de entre 16 e 29 anos, o 66,7% está vinculado á empresa por medio dun contrato indefinido. O número de mozos e mozas con contrato indefinido aumenta un 1,3% respecto ao trimestre anterior; rexistra un incremento tamén, neste caso do 5,3%, respecto ao mesmo trimestre de 2023. O número de mozos e mozas asalariadas con contrato temporal aumenta un 9,4% respecto ao trimestre pasado, e rexistra unha diminución do 9,2% respecto ao segundo trimestre de 2023.

A taxa de temporalidade para o colectivo dos mozos e mozas de entre 16 e 29 anos sitúase no 33,4%.


Poboación asalariada de 16 a 29 anos segundo a duración do contrato. Galicia. Segundo trimestre de 2024
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 118,1 4,4 3,9 -0,1 -0,1
De duración indefinida 78,8 1,0 1,3 4,0 5,3
Temporal 39,4 3,4 9,4 -4,0 -9,2
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Grandes concellos


Se comparamos os datos dos sete grandes concellos galegos (aqueles que superan os 50.000 habitantes), observamos que Lugo e Pontevedra son os que presentaron as maiores taxas de ocupación (56,5% e 54,4% respectivamente) no segundo trimestre de 2024. Ferrol é o concello coa menor taxa de ocupación (44,2%). No referido ás taxas de paro, este trimestre Santiago de Compostela é o concello de entre os sete grandes con menor valor (4,4%) e Ferrol e Vigo os que presentan a taxa de paro máis elevada (12,1%).


Poboación segundo a relación coa actividade económica. Grandes concellos galegos. Segundo trimestre de 2024
Unidade: Miles de persoas
Total Activos Poboación ocupada Poboación parada Poboación inactiva
A Coruña 213,7 112,5 103,4 9,0 101,3
Lugo 90,1 55,2 50,9 4,3 34,9
Ourense 92,4 55,0 50,0 5,1 37,4
Pontevedra 70,6 41,3 38,4 2,9 29,3
Santiago de Compostela 89,3 48,5 46,4 2,1 40,7
Vigo 256,8 151,0 132,8 18,2 105,9
Ferrol 56,7 28,5 25,1 3,4 28,2
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)

Nota: os resultados dos sete grandes concellos deben tomarse con cautela porque poden estar afectados por elevados erros de mostraxe.


Taxas de actividade, ocupación e paro. Grandes concellos galegos. Segundo trimestre de 2024
Unidade: Tanto por cento
Taxa actividade Taxa ocupación Taxa paro
A Coruña 52,6 48,4 8,0
Lugo 61,2 56,5 7,7
Ourense 59,5 54,0 9,3
Pontevedra 58,6 54,4 7,0
Santiago de Compostela 54,4 52,0 4,4
Vigo 58,8 51,7 12,1
Ferrol 50,3 44,2 12,1
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)

Nota: os resultados dos sete grandes concellos deben tomarse con cautela porque poden estar afectados por elevados erros de mostraxe.


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

INE-IGE. Enquisa de poboación activa (EPA)

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo