Licenzas municipais de obra. Variación neta do parque de vivendas. Galicia
Fonte: IGE, Ministerio de Fomento.
Nota: Variación neta do parque de vivendas= vivendas que se van a crear de nova planta + vivendas que se van a crear en rehabilitación - vivendas que se van a demoler No ano 2021 concedéronse en Galicia licenzas para a construción de 2.943 vivendas de nova plantaSegundo os datos da Estatística de construción de edificios no ano 2021 concedéronse licenzas para a construción de 2.943 vivendas de nova planta, un 2,22% màis que no ano 2020. Por outra banda tamén se concederon 539 licenzas para a rehabilitación de vivendas (un 8,02% menos que en 2020) e 271 para a súa demolición.
Evolución do prezo da vivenda libre e protexida. Galicia
|
No ano 2021, segundo a "Estadística de transmisiones de derechos de la propiedad" elaborada polo INE, en Galicia transmitíronse 19.053 vivendas libres en concepto de compravenda, un 30,42% máis que no ano 2020. As transmisións en concepto de compravenda das vivendas protexidas aumentaron un 25,74% respecto ao ano 2020.
Segundo o Ministerio de Fomento, en Galicia, no ano 2021, rematáronse un total de 2.445 vivendas, 2.290 delas libres. Por outra parte, no ano 2021 termináronse 155 vivendas protexidas en Galicia.
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies