Licenzas municipais de obra. Variación neta do parque de vivendas. Galicia
Fonte: IGE, Ministerio de Fomento. Nota: Variación neta do parque de vivendas= vivendas que se van a crear de nova planta + vivendas que se van a crear en rehabilitación - vivendas que se van a demoler
No ano 2020 concedéronse en Galicia licenzas para a construción de 2.894 vivendas de nova planta
Segundo os datos da Estatística de construción de edificios no ano 202 0concedéronse licenzas para a construción de 2.894 vivendas de nova planta, un 27,83% màis que no ano 2019. Por outra banda tamén se concederon 577 licenzas para a rehabilitación de vivendas (un 34,19% máis que en 2019) e 238 para a súa demolición.
No ano 2020 o prezo medio do metro cadrado da vivenda libre situouse en 1.197,8 euros, un 0,11% menos que no ano 2019.
Por outra banda, o número de vivendas transmitidas, recollida da "Estadística de transmisiones de derechos de la propiedad" do INE, amosa unha diminución do 18,42% para Galicia no ano 2020. A compravenda de vivendas diminuíu un 12,87%.
Evolución do prezo da vivenda libre e protexida. Galicia Euros/m2
Fonte: Ministerio de Fomento. Extraído de: http://www.fomento.gob.es Nota: a gráfica elaborouse con datos trimestrais.
Vivendas transmitidas segundo o título de adquisición. Galicia
Fonte: INE. Estadística de transmisiones de derechos de la propiedad
No 2020, a compravenda de vivendas libre en Galicia diminuíu nun 12,4%
No ano 2020, segundo a "Estadística de transmisiones de derechos de la propiedad" elaborada polo INE, en Galicia transmitíronse 14.318 vivendas libres en concepto de compravenda, un 12,41% menos que no ano 2019. As transmisións en concepto de compravenda das vivendas protexidas diminuíron un 22,70% respecto ao ano 2019.
Compravenda de vivendas segundo o réxime
Fonte: INE. Estadística de transmisiones de derechos de la propiedad
No 2020 termináronse en Galicia un 2.726 vivendas
Segundo o Ministerio de Fomento, en Galicia, no ano 2020, rematáronse un total de 2.726 vivendas, 2.413 delas libres. Por outra parte, no ano 2020 termináronse 313 vivendas protexidas en Galicia.
Número de vivendas terminadas
Fonte: Ministerio de Fomento. Extraído de http://www.mfom.es Nota: As vivendas protexidas inclúen as vivendas protexidas suxeitas a distintos réximes de protección e vivendas de promoción pública. O número de vivendas libres terminadas é estimado a partir dos proxectos visados polos colexios de arquitectos. Datos provisionais.
|
|
Número de edificios que se van construír de nova planta, en rehabilitación e en demolición Galicia
Fonte: IGE, Ministerio de Fomento. Estatística de construción de edificios
Prezo medio do metro cadrado da vivenda libre nos concellos maiores de 25.000 habitantes. Euros/m2
Fonte: Ministerio de Fomento. Extraído de http://www.mfom.es Nota: Os datos anuais calcúlanse como media dos catro trimestres. (..) Dato non dispoñible
Compravenda de vivendas segundo réxime. Galicia. Ano 2020 Porcentaxes
Fonte: INE. Estadística de transmisiones de derechos de la propiedad
|