Superficie e densidade. Ano 2022
Fonte: IGN. Información subministrada directamente. IGE. Cifras poboacionais de referencia.
Superficie e densidadeA superficie total da comunidade autónoma de Galicia é de 29.577 quilómetros cadrados e a densidade de poboación en 2022 foi de 91 persoas por quilómetro cadrado. Por provincias, Pontevedra, con 209,8 habitantes por quilómetro cadrado foi a que presentou unha maior densidade de poboación. No outro extremo atópase Lugo, con 32,9 persoas por quilómetro cadrado. Entidades de poboación. Ano 2022
Fonte:INE. Padrón. Explotación estadística y Nomenclátor a 1 de enero
Entidades de poboaciónA partir dos datos de España, obtense que o 49,1% das entidades singulares de España e o 76,9% das parroquias de España pertencen a Galicia. Por outra banda, o 41,7% dos diseminados de Galicia atópanse na provincia de Lugo. Investimentos en infraestruturasNo ano 2019 investíronse en Galicia 108,8 millóns de euros na rede de estradas dependentes do Estado, 156,8 millóns na dependente da Comunidade Autónoma e 44,8 millóns de euros na dependente das deputacións. O investimento en ferrocarril acadou os 231,5 millóns de euros, en aeroportos e navegación aérea 17,6 millóns de euros e en portos e costas investíronse 103 millóns de euros. Liquidación orzamentaria dos investimentos en infraestruturas. Galicia.
|
No ano 2022 a superficie rústica de Galicia era de 2.822.672 ha, repartidas en 10.960.442 parcelas. O valor catastral destas parcelas supera os 5.110 millóns de euros.
O número de parcelas urbanas ascendeu a 1.747.884 cunha superficie total de 118.961 hectáreas. O valor catastral total acadou os 107.311 millóns de euros, dos cales 70.583 millóns correspondían ao valor catastral dos bens inmobles de uso residencial.
No 2020 o prezo da madeira aumentou en todos os tipos.
No ano 2022 o 43,3% dos galegos residía en núcleos de poboación de máis de 10.000 habitantes. Estes núcleos (21) representan o 0,2% dos núcleos de Galicia.
Por outra banda, máis da metade dos núcleos de Galicia ten menos de 50 habitantes pero a poboación que reside nestes núcleos é o 6,6% da poboación galega.
En 2020 rexistráronse 1.527 lumes forestais en Galicia que queimaron 14.823,92 hectáreas, das cales 12.864,58 (86,8%) correspondían a superficie rasa e as 1.959,06 restantes (13,2%) a superficie arbolada.
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies