Superficie e densidade. Ano 2021
Fonte: IGN. Información subministrada directamente. IGE. Cifras poboacionais de referencia.
Superficie e densidade
A superficie total da comunidade autónoma de Galicia é de 29.577 quilómetros cadrados e a densidade de poboación en 2021 foi de 91,2 persoas por quilómetro cadrado. Por provincias, Pontevedra, con 209,9 habitantes por quilómetro cadrado foi a que presentou unha maior densidade de poboación. No outro extremo atópase Lugo, con 33,1 persoas por quilómetro cadrado.
Entidades de poboación. Ano 2021
Fonte:INE. Padrón. Explotación estadística y Nomenclátor a 1 de enero
Entidades de poboación
A partir dos datos de España, obtense que o 49,1% das entidades singulares de España e o 76,8% das parroquias de España pertencen a Galicia. Por outra banda, o 41,7% dos diseminados de Galicia atópanse na provincia de Lugo.
Investimentos en infraestruturas
No ano 2019 investíronse en Galicia 108,8 millóns de euros na rede de estradas dependentes do Estado, 156,8 millóns na dependente da Comunidade Autónoma e 44,8 millóns de euros na dependente das deputacións. O investimento en ferrocarril acadou os 231,5 millóns de euros, en aeroportos e navegación aérea 17,6 millóns de euros e en portos e costas investíronse 103 millóns de euros.
Liquidación orzamentaria dos investimentos en infraestruturas. Galicia. Miles de euros
Fonte: Ministerio de Fomento. Anuario estadístico Nota: Os datos do ano 2015 son provisionais e os datos de concesións de autoestradas e aeroportos e navegación aérea do ano 2014 son provisionais. Nos investimentos realizados na rede de estradas non se inclúen os investimentos realizados polas sociedades concesionarias de autoestradas. No total estatal de investimentos en estradas das deputacións están incluídos os cabidos insulares. Os investimentos en obras hidráulicas, son os realizados polo Ministerio de Agricultura,Alimentación y Medio Ambiente. Nos investimentos nos portos e costas non se inclúen os realizados en transporte marítimo por portos menores.
Catastro inmobiliario rústico e urbano. Ano 2021
Fonte: Ministerio de Economía y Hacienda. Direccion General del Catastro.
Superficie rústica e urbana
No ano 2021 a superficie rústica de Galicia era de 2.829.036 ha, repartidas en 11.027.946 parcelas. O valor catastral destas parcelas supera os 5.099 millóns de euros.
O número de parcelas urbanas ascendeu a 1.722.291 cunha superficie total de 115.312 hectáreas. O valor catastral total acadou os 106.386 millóns de euros, dos cales 69.962 millóns correspondían ao valor catastral dos bens inmobles de uso residencial.
Prezos da madeira
No 2020 o prezo da madeira aumentou en todos os tipos.
Evolución dos prezos da madeira. Galicia. Euros/metro cúbico
Fonte: Consellería de Medio Rural e do Mar. Prezos agrarios
|
|
Poboación segundo o tamaño do núcleo de residencia. Galicia. Ano 2021
Fonte: INE. Padrón. Explotación estadística y Nomenclátor a 1 de enero
No ano 2021 o 43,5% dos galegos residía en núcleos de poboación de máis de 10.000 habitantes. Estes núcleos (21) representan o 0,2% dos núcleos de Galicia.
Por outra banda, máis da metade dos núcleos de Galicia ten menos de 50 habitantes pero a poboación que reside nestes núcleos é o 6,6% da poboación galega.
Núcleos segundo o tamaño. Galicia. Ano 2021
Fonte: INE. Padrón. Explotación estadística y Nomenclátor a 1 de enero
Rede de estradas. Galicia. Ano 2019 Quilómetros
Fonte: Ministerio de Fomento. Anuario Estadístico
Evolución do número de lumes. Galicia. Número de lumes
Fonte: Consellería do Medio Rural. Información subministrada directamente.
En 2020 rexistráronse 1.527 lumes forestais en Galicia que queimaron 14.823,92 hectáreas, das cales 12.864,58 (86,8%) correspondían a superficie rasa e as 1.959,06 restantes (13,2%) a superficie arbolada.
Evolución de la superficie queimada nos lumes forestais. Galicia. Hectáreas
Fonte: Consellería do Medio Rural. Información subministrada directamente.
|