Resumo de resultados


Datos Básicos. Sociedade da información

Número de empresas do sector TIC con actividade en Galicia segundo a súa sede social
Ano 2021

Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais
Nota: o sector TIC comprende as seguintes CNAE-09: 26.1, 26.2, 26.3,
26.4, 26.8, 46.5, 58.2, 61.1, 61.2, 61.3, 61.9, 62.0, 63.1, 95.1

3.020 empresas e 20.485 traballadores no sector TIC

En 2021 había 3.020 empresas con actividade en Galicia dedicadas ao sector das TIC, o que supón o 1,2% do total das empresas con actividade nesta Comunidade Autónoma. Destas, 200 tiñan a súa sede fóra de Galicia. No que respecta ao número de traballadores, no ano 2021 contáronse 20.485 afiliacións á Seguridade Social no sector das TIC, ao redor dun 5,9% máis que no ano anterior.


Emprego do sector TIC de Galicia. Anos 2012-2020. Galicia
Número de afiliacións á Seguridade Social

Fonte: Elaboración propia a partir dos ficheiros de afiliacións e contas de cotización facilitados pola Seguridade Social
Nota: o sector TIC comprende as seguintes CNAE-09: 26.1, 26.2, 26.3, 26.4, 26.8, 46.5, 58.2, 61.1, 61.2, 61.3, 61.9, 62.0, 63.1,95.1. Para os anos 2009 e 2010 emprégase a media de afiliacións a 30 de xuño e a 31 de decembro. Para o ano 2011 emprégase a media de afiliacións a día 6 para os meses de abril, xullo e outubro e a día 31 para decembro. Desde o ano 2012 emprégase a media de afiliacións a último día dos meses de marzo, xuño, setembro e decembro.

Equipamento dos fogares en determinados dispositivos electrónicos

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
Nota: a incidencia calcúlase, como a porcentaxe de fogares que dispoñen dese dispositivo electrónico sobre o total de fogares de Galicia

O 82,7% dos fogares galegos dispoñen de conexión a Internet

En 2021, o 84,6% dos fogares galegos ten contratada conexión a internet (903.733 fogares). Esta porcentaxe varía en función da área xeográfica. Así, na área de Pontevedra é do 89,3%, mentres que na área de Ourense sur esta porcentaxe se sitúa no 69,6%.


Porcentaxe de fogares que dispoñen de conexión a internet. Galicia. Ano 2021

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
Nota: Porcentaxe sobre o total de fogares

O 97,6% das empresas galegas de 10 ou máis asalariados dispoñen de conexión a Internet

No primeiro trimestre de 2022, o 97,6% das empresas de 10 ou máis asalariados con sede social en Galicia conta con conexión a Internet. Destas, o 95,7% accede á rede mediante unha conexión de banda larga fixa e o 76,1% dispón de sitio/páxina web.

Uso de TIC nas empresas segundo o seu tamaño. Primerio trimestre de 2022
Porcentaxes

Fonte: INE. Encuesta de uso de TIC y Comercio Electrónico (CE) en las empresas
Nota:(1) As porcentaxes están calculadas sobre o total de empresas con conexión a Internet.

Número de empresas do sector TIC con actividade en Galicia por estrato de asalariados. Ano 2021

Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais
Nota: o sector TIC comprende as seguintes CNAE-09: 26.1, 26.2, 26.3,
26.4, 26.8, 46.5, 58.2, 61.1, 61.2, 61.3, 61.9, 62.0, 63.1, 95.1

En 2021, o 81% das empresas con actividade en Galicia do sector TIC tiñan entre 0 e 2 asalariados e só 31 empresas tiñan 100 ou máis asalariados.







Porcentaxe de persoas que usaron internet nos últimos 3 meses. Galicia
Porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos. A porcentaxe foi calculada sobre o total da poboación de 5 ou máis anos cumpridos de Galicia

En 2021, o 79,2% da poboación galega de 5 ou máis anos manifestou conectarse a internet ao menos unha vez ao longo dos tres meses anteriores, e o 38,7% da poboación galega de 16 ou máis anos realizara algunha compra por internet.


Persoas de 16 ou máis anos que compraron por internet nos últimos 3 meses.
Galicia. Ano 2021

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares






Porcentaxe de empresas con páxina web para realizar pedidos ou reservas online e seguimento online de pedidos. Galicia
Porcentaxes

Fonte: INE. Encuesta de uso de TIC y comercio electrónico en las empresas
Nota: Porcentaxes sobre o total de empresas de 10 ou máis asalariados con conexión a Internet e páxina web.




O 97,5% das empresas de 10 ou máis asalariados con sede social en Galicia, interactuaron a través de internet coas Administracións Públicas durante o primeiro trimestre do 2020. Os principais obxectivos foron obter información e conseguir e devolver impresos.


Empresas de 10 ou máis asalariados que durante o primeiro trimestre de 2020 interactuaron coas administracións públicas mediante a Internet segundo o motivo da interacción. Galicia
Porcentaxes

Fonte: INE. Encuesta de uso de TIC y comercio electrónico en las empresas
Nota:(1) As porcentaxes están calculadas sobre o total de empresas con conexión a Internet.

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies

De acuerdo