Fonte: Elaboración propia a partir dos ficheiros de afiliacións e contas de cotización facilitados pola Seguridade Social
Nota: o sector TIC comprende as seguintes CNAE-09: 26.1, 26.2, 26.3, 26.4, 26.8, 46.5, 58.2, 61.1, 61.2, 61.3, 61.9, 62.0, 63.1,95.1. Para os anos 2009 e 2010 emprégase a media de afiliacións a 30 de xuño e a 31 de decembro. Para o ano 2011 emprégase a media de afiliacións a día 6 para os meses de abril, xullo e outubro e a día 31 para decembro. Desde o ano 2012 emprégase a media de afiliacións a último día dos meses de marzo, xuño, setembro e decembro. Equipamento dos fogares en determinados dispositivos electrónicos
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
Nota: a incidencia calcúlase, como a porcentaxe de fogares que dispoñen dese dispositivo electrónico sobre o total de fogares de Galicia O 82,7% dos fogares galegos dispoñen de conexión a InternetEn 2020, o 82,7% dos fogares galegos ten contratada conexión a internet (883.630 fogares). Esta porcentaxe varía en función da área xeográfica. Así, na área de Santiago é do 88,4%, mentres que na área de Ourense sur esta porcentaxe se sitúa no 68,9%. Porcentaxe de fogares que dispoñen de conexión a internet. Galicia. Ano 2020
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
Nota: Porcentaxe sobre o total de fogares O 98,0% das empresas galegas de 10 ou máis asalariados dispoñen de conexión a InternetNo primeiro trimestre de 2020, o 98,0% das empresas de 10 ou máis asalariados con sede social en Galicia conta con conexión a Internet. Destas, o 94,4% accede á rede mediante unha conexión de banda larga fixa e o 80,9% dispón de sitio/páxina web. Uso de TIC nas empresas segundo o seu tamaño. Primerio trimestre de 2020
|
En 2020, o 81% das empresas con actividade en Galicia do sector TIC tiñan entre 0 e 2 asalariados e só 30 empresas tiñan 100 ou máis asalariados.
En 2020, o 77,7% da poboación galega de 5 ou máis anos manifestou conectarse a internet ao menos unha vez ao longo dos tres meses anteriores, e o 40,3% da poboación galega de 16 ou máis anos realizara algunha compra por internet.
O 97,5% das empresas de 10 ou máis asalariados con sede social en Galicia, interactuaron a través de internet coas Administracións Públicas durante o primeiro trimestre do 2020. Os principais obxectivos foron obter información e conseguir e devolver impresos.