Os salarios por idade. Porcentaxes
Caso práctico
As diferenzas salariais entre homes e mulleres son iguais en todas as idades?
A idade é unha das variables que determinan o nivel salarial de forma positiva, é dicir, que a maior idade dos traballadores maior salario bruto. Como podemos ver no gráfico do salario bruto anual segundo a idade en Galicia, no ano 2010, esta relación preséntase tanto no salario dos homes como das mulleres
Pero, que ocorre coas diferenzas? O primeiro que temos que facer é calcular canto é o salario das mulleres como porcentaxe do salario dos homes para cada grupo de idade, que no caso dos menores de 25 anos sería:
Porcentaxe Mulleres/Homes= Salario das mulleres menores de 25 anos / Salario dos homes menores de 25 anos * 100= 10.470,8 / 15.328,3 *100= 68,31%
Euros e porcentaxes
Actividade
Podes avaliar o que ocorría no ano 2006 cos datos que encontrarás na seguinte ligazón e empregando a folla de cálculo