A poboación de Galicia. Indicadores
Caso práctico
Como cres que é a poboación galega: moza ou vella?
Para coñecer a estrutura e composición da poboación existen unha serie de indicadores. Nesta actividade trataremos de explicar como calcular e interpretar algúns dos máis importantes.
O índice de envellecemento mide a relación existente entre a poboación de 65 ou máis anos e a poboación menor de 20. É dicir: índice de envellecemento = Poboación de 65 ou máis / Poboación menor de 20 * 100. Un valor do índice superior a 100 indica que hai máis persoas de 65 ou máis anos que mozos menores de 20. Polo tanto, canto maior é este índice máis envellecida está a poboación.
A partir da táboa anterior podemos calcular o índice de envellecemento para Galicia no ano 2013
Actividade
Cos datos da táboa anterior que podes descargar desta ligazón calcula o índice de envellecemento para os homes e para as mulleres