Saltar la navegación

Conceptos teóricos

  Empezaremos cuns poucos conceptos teóricos que imos empregar neste módulo:

  • Proporcións e porcentaxes

Unha proporción ou porcentaxe é a forma de representar canto é unha cantidade con respecto a outra de referencia. Por exemplo, segundo a Enquisa de condicións de vida das familias, o 20% das vivendas que hai en Galicia tiñan no ano 2005 consola de xogos. Isto quere dicir que de cada cen vivendas que hai en Galicia, vinte teñen consola.

Exemplos

Vídeo

  • Taxas 

Unha taxa é un cociente entre dúas cantidades. Estas taxas soen vir expresadas en tanto por cento ou en tanto por mil. Por exemplo, a taxa de ocupación, que se define como o número de ocupados entre a poboación en idade laboral sóese expresar en tanto por cen, polo que para calculala cóllese o número de ocupados, divídese entre a poboación total en idade laboral e o resultado multiplícase por cen.

Exemplos

Vídeo

  • Variacións absolutas 

Unha variación absoluta dunha variable entre dous períodos de tempo é a diferenza entre o valor final e o seu valor inicial. A variación absoluta ven dada nas mesmas unidades ca serie orixinal. Se a variación absoluta ten signo positivo (+) quere dicir que a variable presenta unha evolución crecente, mentres que se é negativo (-) a evolución é decrecente.

Exemplos
  • Variación relativas

Unha variación relativa (ou taxa de variación relativa) indica o que se incrementou unha variable en porcentaxe nun intervalo de tempo. Para calcular a variación relativa dunha variable hai que calcular a diferenza entre o valor final da variable menos o valor inicial e dividir este resultado entre o valor inicial. Para expresar o resultado en forma de porcentaxe, multiplicamos este cociente por cen.

Exemplos

Vídeo