A economía. Porcentaxes
Caso práctico
Tes idea do que se produce na túa comarca?
Na seguinte táboa amósase a estrutura produtiva, isto é, o Valor Engadido Bruto (VEB) (produción menos consumos intermedios) desagregado por ramas de actividade para Galicia e para a comarca de Vigo, en miles de euros e para o ano 2012.
- O sector primario pesa máis en Galicia que en Vigo?
- E a industria, a produción do sector industrial pesa máis en Galicia que en Vigo?
- Canto supón en Vigo a actividade "Fabricación de material de transporte e grandes reparacións industrias"? máis que en Galicia?
- E que lle ocorre á túa comarca?
Actividade
E que hai da túa comarca? Realiza unha análise similar á anterior sobre a estrutura produtiva da túa comarca cos datos que encontrarás nesta ligazón. Emprega a folla de cálculo.