Saltar la navegación

A Poboación de Galicia. Taxas

Caso práctico

Cantos nenos nacen nas provincias de Galicia? como as podemos comparar en termos de natalidade?

Na seguinte táboa podes ver a evolución do número de nacementos nas provincias galegas e a evolución da súa poboación. Como podemos saber cal das provincias ten unha maior natalidade se teñen diferente poboación?. Para facer esta comparación empregaremos unha das taxas máis empregadas en demografía: a taxa de natalidade. Esta taxa calcúlase como o Número de nacementos/ Poboación a metade do ano *1000 tal e como se pode ver no vídeo que se espuxo nos conceptos teóricos

Vídeo

Empregando a folla de cálculo e os datos das táboas calcula as taxas de natalidade para as provincias galegas. Recordade que para calcular a taxa de natalidade do ano 2009 é necesario empregar a poboación a metade de ano. Como a poboación a temos a 1 de xaneiro de cada ano, a poboación a metade de ano para o ano 2009 é a (Poboación a 1/1/2009+ Poboación a 1/1/2010)/2

A estes datos tamén podes acceder nas seguintes ligazóns:

Nacementos

Poboación a 1 de xaneiro de cada ano