Panorama rural-urbano

Introdución

O Instituto Galego de Estatística publicou en xaneiro de 2017 unha actualización da clasificación do grao de urbanización dos concellos galegos (GU 2016), baseada nun estándar europeo. No panorama rural-urbano recóllense os principais indicadores demográficos, sociolaborais e económicos para Galicia e as súas provincias segundo o grao e o subgrao de urbanización. Este conxunto de indicadores permite discernir as diferenzas e similitudes entre as distintas zonas de Galicia e caracterizar o que habitualmente se denomina urbano ou rural.

  • Grao de urbanización: é o tipo de localidade na que reside un individuo segundo o seu carácter urbano ou rural e establécense tres categorías: Zonas Densamente Poboadas (ZDP), Zonas Intermedias (ZIP), Zonas Pouco Poboadas (ZPP).
  • Subgrao de urbanización: é unha subdivisión das zonas de urbanización (ZDP, ZIP, ZPP) en subzonas co fin de diferenciar núcleos de características diferentes. Esta subclasificación desagrega a ZIP en dúas subzonas (alta, baixa) e a ZPP en tres subzonas (alta, intermedia e baixa).

A clasificación en seis subzonas de urbanización trata de reflectir as peculiaridades do asentamento poboacional en Galicia non recollidas coa clasificación en tres zonas.

Información por temas:

 

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.
Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies
     De acordo
   Compartir: