Ano Internacional da Estatística 2013


2013: Ano Internacional da Estatistica

O Instituto Galego de Estatística (IGE) está a participar no Ano Internacional de Estatística 2013, unha celebración mundial das contribucións da estatística ao avance da nosa sociedade global.

Máis de 1.700 organizacións-universidades, institutos de investigación, institutos, asociacións profesionais, organismos gobernamentais e empresas-en preto de 100 países únense para celebrar e promover a importancia da estatística na comunidade científica, as empresas, os gobernos, os medios de comunicación, os políticos, os empresarios, estudantes e público en xeral.

Durante este ano de celebración, o IGE e centos doutras organizacións participantes de todo o mundo intentarán:

  • Aumentar a conciencia pública sobre o poder e o impacto das estatísticas sobre todos os aspectos da nosa sociedade
  • Promover a estatística como unha profesión, especialmente entre os estudantes de secundaria e da universidade
  • Fomentar a creatividade e o desenvolvemento da Probabilidade e a Estatística
  • The International Year of Statistics (Statistics2013)
    Actividades que realizará o IGE no 2013
    Curso de "Aproveitamento da información estatística dispoñible no IGE: Introdución ao SPSS"
    • Datas: 15 a 30 Abril de 2013 de 16.45 a 19.45 h.
    • Destinatarios: persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia que teña interese na estatística
    • Máis información
    • Título: Aportes da estatística pública á sociedade galega, que temos e que podemos mellorar?
    • Participantes: IGE, Consellería de Sanidade, Confederación de Empresarios de Galicia e La Voz de Galicia
    • Día: 24 de outubro de 2013
    Participación no Seminario do Proxecto Symbios
    • Data: Outubro 2013

    Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

    De acordo