A través desta aplicación pódese obter a seguinte información das parroquias de Galicia derivada do Censo de Poboación e Vivendas do ano 2001:
-
1. Estrutura
- Poboación segundo sexo
- Poboación segundo grandes grupos de idade (en porcentaxe)
-
2. Estudos
- Taxa de analfabetismo
- Porcentaxe de poboación con estudos superiores
-
3. Actividade
- Taxas de actividade, ocupación e paro
- Porcentaxe de poboación ocupada por sectores de actividade
-
4. Porcentaxe de vivendas baleiras
-
5. Porcentaxe de edificios destinados principalmente a vivenda segundo ano de construción < 1950, 1951-1980, 1981-2001
As parroquias son unidades intermedias entre as entidades singulares e os municipios, constituídas por agrupacións de entidades singulares e que gozan de personalidade propia e dunha orixe marcadamente histórica.
Co fin de proporcionar información para todo o territorio, inclúense con código de parroquia 00, aquelas entidades singulares (que polo xeral dan nome a unha zona urbana do concello), que non están integradas en ningunha parroquia.
|