Censo de poboación e vivendas. Poboación
Definicións
Censo de poboación e vivendas. Poboación
Censo de poboación
|
É o conxunto de operacións que consisten en recompilar, resumir, valorar, analizar e publicar todos os datos de carácter demográfico, cultural, económico e social de todos os habitantes do país e das súas divisións político-administrativas, referidos a un momento ou período dado e a todas as persoas que residen en vivendas, xa sexan familiares ou colectivas.
|
|
Densidade de poboación
|
É o cociente entre a poboación dun territorio e a súa extensión superficial, é dicir, o número de habitantes por cada quilómetro cadrado de superficie.
|
|
Familia
|
É o grupo de persoas que, residindo na mesma vivenda familiar (polo tanto formando parte dun fogar), comparten algúns gastos comúns e están vinculadas por lazos de parentesco, xa sexan de sangue ou políticos, e independentemente do seu grao. As diferenzas entre fogar e familia son que o fogar pode ser unipersoal e que os membros dun fogar multipersoal non teñen necesariamente que estar emparentados. Nos Censos de Poboación de 2001 exclúese a condición de compartir algúns gastos en común.
|
|
Fogar
|
É o conxunto de persoas que, residindo na mesma vivenda, comparten gastos comúns ocasionados pola utilización da vivenda e/ou gastos de alimentación. Nos Censos de 2001 exclúese a condición de que compartan gastos comúns.
|
|
Residente
|
Considérase residente a toda persoa física que ten a súa residencia habitual nun dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia
|
|
Vivenda
|
É o recinto estruturalmente separado e independente que, pola forma en que foi construído, reconstruído, transformado ou adaptado, está concibido para ser habitado por persoas e está dotado de acceso desde a vía pública ou desde recintos comúns privados. Hai dous tipos de vivendas: vivendas colectivas e vivendas familiares. No Censo de poboación e vivendas considéranse tamén vivendas aqueles recintos que aínda que non estivesen concibidos para ser habitados por persoas constitúen a residencia habitual de alguén no momento censual. Non se consideran vivendas os recintos que, a pesar de estar concibidos inicialmente para a habitación humana, no momento censual están dedicados totalmente a outros fins.
|
|
Vivenda colectiva
|
É a vivenda destinada a ser habitada por un colectivo, é dicir, por un grupo de persoas sometidas a unha autoridade ou réxime común non baseados en lazos familiares nin de convivencia, como por exemplo: residencias de persoas maiores, cuarteis, conventos, institucións para persoas con discapacidade, cárceres, etc. Pode ocupar só parcialmente un edificio, ou máis frecuentemente, a totalidade do mesmo.
|
|
Vivenda familiar
|
É a vivenda destinada a ser habitada por unha ou varias persoas, xeral pero non necesariamente unidas por parentesco, e que non constitúen un colectivo. A pesar de non cumprir estritamente a definición, tamén se consideran vivendas familiares os aloxamentos.
As vivendas familiares inclúense no Censo de Vivendas, con independencia de que estean ocupadas ou non no momento censual.
|
|
|