En Confianza empresarial defínese como o conxunto de todos os bens e servizos creados por unha unidade económica durante un período de tempo utilizando para isto man de obra, capital e materias primas.
Nas Contas económicas anuais, Contas económicas trimestrais, no Marco input-output e no Seguimento e análise da construción defínese como unha actividade realizada baixo o control e a responsabilidade dunha unidade institucional que utiliza man de obra, capital e bens e servizos para producir outros bens e servizos (SEC-2010, 3.07 e seguintes).
A produción inclúe, independentemente de que sexan actividades ilegais ou ocultas, os seguintes casos:
- A produción de todos os bens e servizos individuais ou colectivos subministrados a unidades distintas dos seus produtores
- A produción por conta propia daqueles bens que son consumidos polos propios produtores dos bens ou que incrementan os seus activos (por exemplo, a construción de vivendas por conta propia)
- A produción por conta propia de servizos de aluguer das vivendas ocupadas polos seus propietarios
- Os servizos domésticos e persoais producidos polo persoal doméstico remunerado
- As actividades de voluntariado (non remuneradas) que producen bens.
- a produción de mercado realizada por empresas non constituídas en sociedade
- a produción voluntaria de bens realizada polos fogares e a produción de bens para uso final propio (produción agrícola para autoconsumo, a construción da vivenda propia, os servizos de alugamento de vivendas ocupadas polos seus propietarios, etc.)
- a limpeza, decoración e mantemento da vivenda
- a limpeza, mantemento e reparación dos bens duradeiros do fogar
- a preparación e o servizo de comidas
- o coidado, a formación e a educación dos nenos
- o coidado de enfermos, impedidos ou anciáns
- o transporte de membros do fogar ou dos seus bens