Definicións. Enquisa de ciberseguridade


Accesos non autorizados

Intrusión en sistemas para obter información sen permiso.

Ataque de denegación de servizo

Sobrecarga de sistemas para interromper o servizo ou facelo inaccesible.

Ataques de phishing

Intentos de obter información confidencial suplantando a identidade dun terceiro.

Ciberseguridade

Segundo o Instituto Nacional de Ciberseguridade, a ciberseguridade defínese como o conxunto de mecanismos e prácticas destinadas a protexer os sistemas de información, as redes, os dispositivos e os datos da exposición na Rede ante ataques mal intencionados, o acceso non autorizado e a destrución ou alteración dos mesmos.

Enxeñaría social

Manipulación psicolóxica de empregados para obter información ou acceso.

Explotación de vulnerabilidades en IoT

Ataques a dispositivos conectados a internet para comprometer a súa funcionalidade.

Fraude interno

Actividades fraudulentas relacionadas coa seguridade TIC cometidas por empregados dentro da organización.

Infección por virus informático

Introdución de virus que alteran ou destrúen datos e sistemas.

Infiltración en redes internas

Acceso ilegal á rede interna da empresa para espionaxe ou sabotaxe.

Instalación de malware

Software malicioso que se infiltra para danar sistemas ou datos.

Instalación de Ransomware

Secuestro de datos mediante cifrado.

Perda ou roubo de dispositivos

Dispositivos corporativos extraviados ou roubados.

Suplantación de identidade

Facerse pasar por un empregado para enganar e obteren acceso a información confidencial.

Uso indebido de credenciais

Emprego non autorizado de contas corporativas por persoas alleas.

 

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo