Cantidades percibidas dos usuarios en concepto de participación no custo da actividade propia da entidade
Persoa á que outra persoa debe cartos. A relación de acredor normalmente xorde como consecuencia dun préstamo de diñeiro, pero pode xurdir tamén por outros motivos. Tamén se denomina prestamista. Persoa física ou xurídica que ten dereito a esixir o pago dunha débeda. Subministrador de bens ou servizos que non ten a condición estrita de provedor. Persoa natural ou xurídica que ten dereito a pedir o pago dunha débeda ou o cumprimento dunha obriga.
É a creación de valor engadido mediante a produción de bens e servizos, intervindo o traballo, o capital e as materias primas
É aquela que xera maior valor engadido. Se non se dispón desta información, considérase aquela que proporcione o maior valor de produción, ou no seu defecto, a que empregue un maior número de persoas ocupadas.
Compóñeno as partidas do activo con maior grao de liquidez. Concretamente está formado por existencias, debedores, tesourería e outro activo circulante.
Nome xenérico que se lle dá ás inversións en títulos valores (accións), certos dereitos sobre inmobles realizables de inmediato ou ben documentos expresivos de créditos, cupóns de subscrición preferente, etc.
Bens, dereitos e outros recursos controlados economicamente pola empresa, resultantes de sucesos pasados, dos que se espera que a empresa obteña beneficios ou rendementos económicos no futuro.
É unha operación societaria que consiste no aumento dos fondos propios da sociedade.
Están constituídos polo consumo de mercadorías, consumo de materias primas e outras materias consumibles e traballos realizados por outras empresas.
Nas operacións do Sistema de contas económicas son todas as persoas que, mediante un acordo, traballan para outras unidades institucionais residentes e reciben unha remuneración.
Na información procedente das fontes tributarias defínese coma o número de persoas que reciben unha contraprestación pecuniaria en concepto de rendemento do traballo, contadas de forma única independentemente de que traballasen para unha ou varias empresas ou entidades. Este colectivo está formado polas persoas que reciben percepcións declaradas na clave A do Modelo 190 da "Declaración anual de retencións sobre as rendas de traballo" (empregados por conta allea en xeral).
Na Enquisa aos demandantes de emprego comprende a todas as persoas que na semana de referencia estiveran traballando para un empresario privado ou público a cambio dun soldo, salario, comisión, pagos segundo resultado, gratificación ou calquera outra forma de remuneración en metálico ou en especie. As persoas que traballan na empresa dun familiar percibindo unha remuneración regulamentada deben incluírse nesta categoría. Inclúense tamén como asalariados os socios ou traballadores das sociedades anónimas laborais que teñan unha situación laboral e legal de asalariados. As persoas que cumpran os requisitos para ser asalariados non perden a dita condición aínda no caso de que paguen directamente os impostos por rendemento do traballo persoal e/ou as cotizacións á Seguridade Social. Os xestores, directores ou outros empregados asalariados que non son donos da empresa na que traballan, clasifícanse como traballadores por conta allea, aínda que exerzan as mesmas funcións que os empresarios coma, por exemplo, a contratación ou o despido, en nome das empresas, doutros traballadores.
Como regra xeral, pódese dicir que un asalariado é unha persoa remunerada directa ou indirectamente, en diñeiro ou en especie, en función da cantidade de traballo que realiza (incluído o pago a comisión), con independencia do valor da produción ou da rendibilidade do proceso produtivo. Pode ocorrer que por razóns legais un asalariado teña contrato de autónomo. Neste caso consideraremos á persoa coma asalariada se cumpre as condicións antes descritas. Polo contrario, un traballador independente recibe unha renda que está en función do valor da produción do proceso produtivo do que é responsable, sexa moito ou pouco o traballo aportado.
Na Enquisa de poboación activa os asalariados son persoas con traballo por conta allea ou asalariados todas as que entren nas seguintes categorías:
Persoas que traballan sen remuneración regulamentaria na empresa dun familiar co que conviven
Bens utilizados como medios de produción no proceso produtivo de bens e servizos.
Son bens que se consideran propios do consumo das familias. Poden ser alimentarios ou non alimentarios.
Son bens destinados a formar parte do consumo intermedio no proceso de produción de bens e servizos. Distínguese entre bens intermedios enerxéticos e non enerxéticos.
Os efectos englobados dentro deste compoñente obedecen á discrepancia existente entre a dinámica temporal intrínseca dun determinado fenómeno e a que resulta da súa agregación ou mostraxe temporal (efecto alias do ciclo semanal). Por outra parte, determinados fenómenos económicos réxense por un calendario diferente do utilizado como patrón de medida. Así, o caso máis notable é o da Pascua que, ao seguir o calendario lunar, posúe unha ubicación móbil no calendario gregoriano. Consideraranse como efectos de calendario aqueles asociados co ciclo semanal e coa Pascua móbil.
Esta ratio define as unidades monetarias de valor engadido (VEB) xeradas por cada unidade monetaria de produción. Será tanto maior cantos menos consumos intermedios se utilicen no proceso de produción, polo que se aproxima ao concepto de eficiencia produtiva. Hai que ter presente que esta ratio non analiza a eficiencia do factor traballo, senón só a utilización de insumos (materias primas e servizos) no proceso produtivo. Exprésase en porcentaxe.
É o importe do capital subscrito efectivamente desembolsado.
O capital social determínase na escritura de constitución da sociedade, sendo necesaria a súa achega como garantía real para os acredores. No momento da inscrición da sociedade debe estar a cifra de capital social determinada nos estatutos da sociedade, sendo como mínimo o establecido pola Lei para determinadas sociedades.
É o capital social que figura na escritura de constitución da sociedade mercantil.
Ingresos futuros en base aos contratos feitos cos clientes ata unha data determinada.
Os establecementos hoteleiros na Enquisa do gasto dos non residentes clasifícanse en 1 e 2 estrelas, 3 estrelas, 4 estrelas e 5 estrelas. Para unha descrición pormenorizada dos criterios utilizados na asignación do número de estrelas aos establecementos hoteleiros, pode consultar o Decreto 267/1999, do 30 de setembro, polo que se establece a ordenación dos establecementos hoteleiros de Galicia (DOG nº 201).
Está caracterizado por oscilacións de duración situada entre os dous e os oito anos. É un compoñente de baixa frecuencia, igual que a tendencia, pero orixinada por factores diferentes, entre os que predominan os aspectos de curto prazo ou axuste cara a sendas de crecemento tendenciais.
Comprende os importes facturados pola empresa durante o ano/mes de referencia en concepto de venda de bens e prestación de servizos que son obxecto do tráfico da empresa, tanto no exercicio da súa actividade principal, como de calquera actividade secundaria que realice a empresa. As vendas contabilízanse sen incluír o IVE repercutido ao cliente, e en termos netos, deducindo as devolucións de vendas, así como os rappels sobre as vendas. Non se deducen os descontos de caixa nin os descontos sobre as vendas por pronto pago. Comprende todos os importes facturados pola empresa durante o período de referencia, o que comprende todas as vendas comerciais de bens e servizos subministrados a terceiros que son obxecto de tráfico da empresa.
Na Enquisa estrutural ás empresas este concepto fai referencia ao financiamento solicitado para atender o pago das operacións correntes da empresa, tales como a compra de existencias, o pago das nóminas, etc.
É a Clasificación Nacional de Actividades Económicas resultante do proceso internacional de revisión denominado Operación 2007. Foi elaborada segundo as condicións recollidas no Regulamento de aprobación da NACE Rev.2. O obxectivo desta clasificación é establecer un conxunto xerarquizado de actividades económicas que poida ser empregado para:
É a Clasificación Nacional de Actividades Económicas elaborada segundo as condicións recollidas no Regulamento de implantación da NACE Rev. 1.1. O obxectivo desta clasificación é establecer un conxunto xerarquizado de actividades económicas que poida ser empregado para:
Comprende as relacións comerciais da Comunidade Autónoma de Galicia con todos aqueles países que non pertencen á UE. As relacións comerciais de intercambio denominaranse "importacións" para as adquisicións e "exportacións" para as entregas. Para a recollida de información estatística, mantense a obriga de presentar a correspondente declaración DUA ante Aduanas.
Comprende as operacións comerciais entre a Comunidade Autónoma de Galicia e os países membros da Unión Europea (excluíndo o resto de España). As adquisicións intracomunitarias chamaranse "introducións" e as entregas intracomunitarias "expedicións". A recollida de información estatística réxese polo Sistema Intrastat.
Situación na que os axentes económicos (empresas e consumidores) teñen unha efectiva liberdade, tanto de ofrecer bens e servizos como de elixir a quen e en que condicións adquírenos.
É unha asociación de persoas naturais que son titulares dun dereito ou dun ben común que lles serve de obxecto para realizar un traballo. O número mínimo de persoas é de dúas, que serán copropietarias, debendo aportar cada unha o seu traballo e capital de forma mancomunada.
Denomínase desta maneira ao procedemento legal que se orixina cando unha persoa física ou xurídica se atopa nunha situación de insolvencia na que non pode facer fronte á totalidade dos pagos que adebeda. Trátase, fundamentalmente, de organizar as finanzas do concursado para conseguir que o maior número de acredores cobre o máximo posible.
Acordo, decisión ou recomendación colectiva, ou práctica concertada ou conscientemente paralela, que produza ou poida producir o efecto de impedir, restrinxir ou falsear a competencia dun mercado.
Comprende os bens e servizos adquiridos por unidades institucionais residentes para a satisfacción directa das necesidades humanas, xa sexan estas individuais ou colectivas. Os bens e servizos para consumo individual son adquiridos por un fogar e utilizados para satisfacer as necesidades e carencias dos membros do mesmo. Os servizos para consumo colectivo préstanse de forma simultánea a todos os membros da comunidade ou dunha parte específica desta.
Todo o gasto en consumo final dos fogares é individual. Todos os bens e servizos subministrados polas Institucións sen fin de lucro ao servizo dos fogares (ISFLSF) considéranse individuais.
Representan o valor dos bens e servizos consumidos como insumos nun proceso de produción (SEC-2010, 3.88 e seguintes). Non se inclúen os activos fixos, cuxo consumo debe rexistrarse como consumo de capital fixo.
Representan o valor dos bens e servizos consumidos como insumos nun proceso de produción (SEC-95, 3.69). Esta é a definición empregada nas Contas Económicas Anuais e Trimestrais, así como no Marco Input-Output de Galicia. Agora ben, na Conta Satélite de Produción Doméstica (CSPD) a función produtiva dos fogares amplíase, o que dá orixe a que parte do consumo final deste sector se reclasifique en consumo intermedio ou formación bruta de capital. Por exemplo, na CSPD o pan, os cereais, a carne ou o peixe son considerados consumos intermedios na elaboración doutros produtos, a diferenza do que acontece nas restantes operacións da Contabilidade Nacional, nas que se consideran gasto en consumo final dos fogares. Máis información na metodoloxía da operación.
Esta conta trata as unidades residentes como perceptores de renda primaria e non como produtores que xeren a dita renda primaria. No caso do sector fogares os recursos son o excedente de explotación bruto, a renda mixta, a remuneración dos asalariados e as rendas da propiedade que son un recurso para os fogares (por exemplo, os intereses cobrados polos depósitos bancarios). Nos empregos só temos a renda da propiedade (por exemplo, os intereses pagados polos fogares polos créditos hipotecarios). O saldo da conta é o saldo de rendas primarias.
Ten por obxecto amosar, por grupos de produtos ou para o total da economía, como se utilizan os bens e servizos dispoñibles. Presenta, no lado dos recursos, a produción e as importacións, e no dos empregos, os consumos intermedios, o consumo final, a formación bruta de capital e as exportacións de bens e servizos. Esta conta debe estar equilibrada por definición. Polo tanto, e dado que a produción se valora a prezos básicos e os empregos a prezos de adquisición, haberá que incluír nos recursos os impostos menos as subvencións sobre os produtos para que o saldo da conta sexa nulo.
A conta de distribución secundaria da renda mostra cómo se asigna o saldo das rendas primarias dos fogares por medio da redistribución, é dicir, mediante os impostos correntes sobre a renda, o patrimonio, etc., as cotizacións e prestacións sociais en efectivo e as outras transferencias correntes. Nesta conta rexístranse as operacións que para os fogares residentes, constitúen unha redistribución da renda en efectivo, tanto en recursos (prestacións sociais, indemnizacións de seguros non vida,
) coma en empregos (impostos correntes, cotizacións sociais, primas netas de seguro
).
O saldo da conta é a renda dispoñible, que reflicte as operacións correntes e que exclúe, explicitamente, as transferencias de capital, as ganancias e perdas de posesión reais e as consecuencias de sucesos como as catástrofes naturais.
Presenta aos sectores institucionais como produtores ou xeradores das rendas primarias (na conta de asignación da renda primaria os sectores institucionais son tratados coma perceptores de rendas primarias). Esta conta analiza en que medida o valor engadido pode cubrir a remuneración dos asalariados e os outros impostos menos as subvencións sobre a produción; tamén permite obter, como saldo contable, o excedente de explotación bruto ou renda mixta (no caso das empresas non constituídas en sociedade pertencentes ao sector dos fogares).
Amosa as operacións relativas ao proceso de produción. Nos recursos inclúe a produción e nos empregos os consumos intermedios. O saldo da conta corresponde ao Valor Engadido Bruto (VEB) valorado a prezos básicos; é dicir, sen tomar en consideración os impostos menos as subvencións sobre os produtos. Na conta de produción do total da economía, esta partida inclúese entre os recursos, o que permite obter o Produto Interior Bruto (PIB) a prezos de mercado.
Comprende un conxunto de táboas e de indicadores que permiten afondar no coñecemento dun determinado aspecto da economía dun territorio, ampliando a información proporcionada polo sistema de contas económicas. As contas satélite poden presentar algunha das seguintes características:
Consiste nunha participación activa con outras empresas ou institucións, unindo ou compartindo parte das súas capacidades e/ou recursos, co obxecto de incrementar as súas vantaxes competitivas. Non é necesario que as dúas partes obteñan un beneficio comercial. Exclúese a mera subcontratación de traballos sen cooperación activa; tamén se exclúe a cooperación con outras empresas do mesmo grupo.
É unha sociedade con capital variable e con estrutura e xestión democráticas que asocia, en réxime de libre adhesión e baixa voluntaria, a persoas con intereses e necesidades socioeconómicas comúns. Esta sociedade desenvolve actividades profesionais ao servizo da comunidade para satisfacer estes intereses e necesidades comúns, imputándose aos socios,unha vez atendidos os fondos comunitarios, os resultados económicos en función da actividade cooperativizada.
É a porcentaxe das exportacións dun país (ou rexión) con destino a outro país ou grupo de países sobre o total das importacións efectuadas polo país ou grupo de países de destino (incluíndo as importacións entre os países do grupo).
Cantidades de carácter periódico e contía determinada, percibidas por cotas de persoas afiliadas ou asociadas á entidade
As cotizacións sociais poden dividirse en cotizacións efectivas a pagar aos sistemas de seguridade social e as cotizacións imputadas rexistradas polos sistemas privados non baseados en fondos especiais.
As cotizacións sociais efectivas comprenden:
Son as cotizacións efectivas ou imputadas que pagan os fogares aos sistemas de seguros sociais co fin de asegurar o pago de prestacións sociais. Comprenden:
Este cociente mide a cota que representan as cotizacións sociais a cargo dos empregadores no conxunto da remuneración que pagan aos seus asalariados. Exprésase en porcentaxe.
Son as siglas da Clasificación Uniforme para o Comercio Internacional. A versión da CUCI utilizada na elaboración dos índices de valor unitario encadeados con anterioridade ao ano 2010 correspóndese coa terceira revisión da mesma (CUCI Rev. 3) e, a partir de xaneiro dese ano, a CUCI Rev. 4. A dita clasificación reagrupa en categorías a clasificación TARIC (coa que se clasifican orixinariamente os datos de comercio exterior e intracomunitario), atendendo aos materiais empregados, a etapa de elaboración e ao seu uso final.
Este indicador compara a remuneración por asalariado coa produtividade do traballo. Obtense dividindo a remuneración por asalariado entre a produtividade aparente real. A taxa de variación anual toma un valor positivo se o crecemento da remuneración por asalariado supera o crecemento da produtividade.
Variación anual do custo laboral unitario. Este indicador compara a evolución da remuneración por asalariado coa evolución da produtividade do traballo e dos prezos. De modo que toma un valor positivo se o crecemento da remuneración por asalariado supera o crecemento da produtividade e dos prezos
Este indicador compara a remuneración por asalariado coa produtividade do traballo e dos prezos. Obtense dividindo a remuneración por asalariado entre a produtividade aparente nominal. A taxa de variación anual toma un valor positivo se o crecemento da remuneración por asalariado supera o crecemento da produtividade e dos prezos.
Denomínase Centro de Procesamento de Datos (CPD), ou simplemente centro de datos (cuxo equivalente en inglés é data center), á localización onde se concentran os recursos necesarios para o procesamento da información nunha empresa. Os ditos recursos consisten esencialmente nunhas dependencias debidamente acondicionadas, computadoras e redes de comunicacións.
Inclúe as débedas que a empresa ten contraídas con terceiros e cuxo prazo de esixibilidade é inferior ao ano.
Toda débeda derivada dunha operación comercial ou mercantil.
É a suma das débedas a longo prazo e as débedas a curto prazo.
Recolle o saldo das obrigas de terceiros coa empresa. Dentro desta partida inclúense a conta de clientes e a de outros debedores.
Conxunto de actuacións levadas a cabo polas autoridades da competencia co fin de perseguir as condutas restritivas da competencia e restablecer a libre competencia nos mercados.
É o cociente entre o PIB nominal (a prezos correntes do ano considerado) e o PIB real (a prezos constantes dun ano base), expresado en forma de índice, é dicir, multiplicado por 100. Utilízase como índice de prezos alternativo ao IPC (índice de prezos de consumo), xa que mide as variacións de prezos experimentadas por todos os bens e servizos producidos nunha economía durante un período de referencia.
Cantidade dun determinado servizo que os clientes solicitan para cada nivel de prezos do mesmo.
As empresas clasifícanse en tres apartados:
É un tipo de operación financeira que consiste nun contrato por medio do cal unha entidade financeira anticipa á empresa o importe das facturas que ten pendentes de cobro. A dita entidade encárgase de realizar as xestións pertinentes para o seu cobro e desconta do importe anticipado á empresa o montante correspondente aos gastos e xuros xerados pola operación.
Defínese coma o momento inicial do período extintivo da sociedade; produce como efecto inmediato que a sociedade entre en período de liquidación como paso previo e necesario para proceder a súa extinción, que ten lugar coa cancelación dos seus asentos no Rexistro Mercantil.
É o crédito que ostenta a sociedade mercantil fronte aos socios que non desembolsaron a totalidade do valor do capital subscrito no momento da constitución ou ampliación de capital. Na lexislación española esta posibilidade só está contemplada para as sociedades anónimas. Mentres subsiste a falta de pagamento dos dividendos pasivos no prazo establecido, o accionista está privado do dereito ao voto nas xuntas da compañía, a percibir dividendos e do dereito á subscrición preferente de novas accións.
Este concepto fai referencia ás vantaxes en termos de custos que unha empresa obtén grazas ao aumento do tamaño da planta, debido á existencia de factores que fan que o custo medio por unidade de produto caía a medida que a escala da produción aumenta.
En Confianza empresarial defínese coma o conxunto de persoas que mediante contrato traballan para a empresa a cambio dunha remuneración.
Nas Contas económicas anuais e nas Contas económicas trimestrais comprende todas as persoas, tanto asalariados como traballadores autónomos, que realizan unha actividade produtiva incluída dentro da fronteira da produción do sistema. Este concepto de emprego definido no SEC difire basicamente do utilizado nas estatísticas de forza de traballo en que inclúe o emprego dos non residentes que traballan en Galicia e exclúe o emprego dos residentes en Galicia que traballan fóra.
Para determinar o emprego medio anual considéranse todas as persoas empregadas durante o exercicio contable, promediado segundo o tempo durante o cal prestasen os seus servizos na entidade. Enténdese por persoal asalariado o conxunto de persoas que traballan ou realizan tarefas para unha empresa a cambio dunha determinada remuneración ou salario (non se inclúen aquelas persoas contratadas a través dunha empresa de traballo temporal). O persoal non asalariado comprende aquelas persoas que dirixen ou participan activamente nas tarefas da empresa sen recibir unha remuneración fixa ou un salario, distinguindo a súa vez entre: a) traballadores por conta propia, propietarios e socios activos, axudas familiares; e b) outras persoas non remuneradas (voluntarios, etc.)
É a unidade xurídica que proporciona cobertura legal ás actividades que se realizan nun ou varios locais. As unidades xurídicas poden ser persoas físicas ou persoas xurídicas con existencia legal independente da dos seus propietarios
Combinación máis pequena de unidades xurídicas que constitúe unha unidade organizativa de produción de bens e servizos e que goza dunha certa autonomía de decisión.
Nesta categoría inclúense as empresas, as institucións sen fins de lucro e as persoas físicas cuxa actividade principal se clasifica nas divisións 87 (asistencia en establecementos residenciais) e 88 (actividades de servizos sociais sen aloxamento) da CNAE-2009.
É unha operación cuxa finalidade é, polo xeral, a contraria á pretendida coa fusión: mentres que esta persegue a concentración de empresas, a escisión tende a súa disgregación.
Empresa ou parte dunha empresa sita nun lugar delimitado topograficamente, no que se realizan unha ou varias actividades económicas ás que dedican o seu traballo unha ou varias persoas por conta dunha mesma empresa. Se polas propias características da actividade esta non se realiza nun lugar fixo, o establecemento é o lugar dende o que se organiza ou coordina tal actividade. Non se contabilizan como establecementos os almacéns e as sedes sociais ou os domicilios legais dos titulares das empresas no caso de que existan unicamente como soporte xurídico das actividades.
Son establecementos hoteleiros aqueles establecementos que prestan servizos de aloxamento colectivo mediante prezo con ou sen outros servizos complementarios (hotel, hotel-apartamento ou apartahotel, motel, hostal, pensión, etc.).
Trátase dun movemento periódico ou cuasiperiódico de duración inferior ou igual ao ano. Ven determinado, principamente, por factores institucionais, climáticos e técnicos que evolucionan de forma suave, desde unha perspectiva a longo prazo.
A estratificación da mostra das explotacións gandeiras determínase polo tamaño das mesmas, medido pola cota láctea que posúan. Entre os anos 2007 e 2009 a estratificación empregada foi a seguinte:
Siglas de Empresa de Traballo Temporal; trátase dunha empresa cuxa actividade consiste en pór a disposición doutra (empresa usuaria), con carácter temporal, traballadores por ela contratados.
Corresponde á renda que obteñen as unidades da utilización dos seus propios activos de produción. É o saldo da conta de explotación. No caso das empresas non constituídas en sociedades correspondentes ao sector fogares fálase de renda mixta.
Este cociente mide a cota de valor engadido (VEB) utilizada para remunerar o factor capital. O valor engadido, pola vía das rendas, é o resultado da suma de remuneración dos asalariados, excedente de explotación bruto e impostos netos sobre a produción e as importacións. Na medida en que a ratio excedente de explotación sobre VEB sexa alta significa que a parte de valor xerado destinado a pagar o factor capital será elevada e, polo tanto, a parte que remunera o factor traballo e os impostos será menor. Hai que ter en conta que o excedente de explotación inclúe a remuneración do traballo non asalariado, baixo a denominación de rendas mixtas. Exprésase en porcentaxe.
Nesta partida recóllese o valor dos produtos que a empresa ten almacenados en calquera fase do proceso produtivo.
Comprenden todas aquelas operacións a través das cales un produto con orixe en Galicia é vendido aos países da UE, excluíndo o resto de España.
Consisten nas operacións mediante as que os residentes subministran bens e servizos aos non residentes.
Comprenden todas aquelas operacións a través das cales un produto con orixe en Galicia é vendido a países que non forman parte da UE.
Consiste na contratación dun provedor externo para realizar (total ou parcialmente) unha actividade da empresa. Considérase provedor externo a calquera empresa externa á contratante, independentemente de onde estea localizada. Exclúense as contratacións con outras empresas do mesmo grupo.
Operación mediante a cal se procede á cancelación dos asentos da sociedade, e a depositar no Rexistro Mercantil os libros de comercio e documentos relativos ao seu tráfico, quedando extinguida a personalidade xurídica da sociedade dende o mesmo momento da cancelación.
A factura electrónica ou e-factura é a versión electrónica das facturas tradicionais en soporte papel. Defínese como un documento electrónico que cumpre cos requisitos legais e reglamentariamente esixibles ás facturas tradicionais garantindo, entre outras cousas, a autenticidade da súa orixe e a integridade do seu contido.
Consiste nun método criptográfico que asocia a identidade dunha persoa ou dun equipo informático a unha mensaxe ou documento dixital. A sinatura dixital ofrece ao destinatario a seguridade de que a mensaxe foi creada polo remitente e que non foi alterada durante a transmisión. Ao igual que a sinatura en papel pode utilizarse para identificar o autor da mensaxe, para sinalar a conformidade ou disconformidade co contido da mensaxe, para indicar que se leu, etc.
Inclúe todos aqueles recursos da empresa que non teñen prazo de esixibilidade e que foron aportados polos socios ou xerados pola propia empresa. Está formado polas partidas: capital subscrito, reservas, resultado de exercicios anteriores, perdas e ganancias e outros fondos propios.
Comprende as adquisicións menos as cesións de activos fixos realizadas polos produtores residentes (formación bruta de capital fixo) e o valor das entradas en existencias, menos o valor das saídas e o valor de calquera perda corrente dos bens mantidos en existencias (variación de existencias).
Comprende a formación bruta de capital fixo, a variación de existencias e as adquisicións menos cesións de obxectos valiosos (SEC-95, 3.100 e seguintes). Esta é a definición empregada nas Contas Económicas Anuais e Trimestrais, así como no Marco Input-Output de Galicia. Agora ben, na Conta Satélite de Produción Doméstica (CSPD) a función produtiva dos fogares amplíase, o que dá orixe a que parte do consumo final deste sector se reclasifique en consumo intermedio ou formación bruta de capital. Por exemplo, na CSPD os mobles e demais artigos de amoblamento entran dentro da formación bruta de capital, a diferenza do que acontece nas restantes operacións da Contabilidade Nacional, nas que se clasifican como gasto en consumo final dos fogares. Máis información na metodoloxía da operación.
É un procedemento en virtude do cal dúas ou máis sociedades, previa extinción sen liquidación dalgunhas ou de todas elas, confunden os seus patrimonios e agrupan aos seus respectivos socios nunha soa sociedade.
Nas operacións do Sistema de contas económicas consiste no gasto realizado polas unidades institucionais residentes en bens e servizos que se utilizan para satisfacer directamente as necesidades individuais, ou as necesidades colectivas dos membros da comunidade. Este gasto pode realizarse no territorio económico ou no resto do mundo (SEC-2010, 3.94 e seguintes).
Na Conta Satélite de Produción Doméstica a función produtiva dos fogares amplíase, o que dá orixe a que parte do consumo final deste sector se reclasifique en consumo intermedio ou formación bruta de capital. Deste xeito, a partida incluída nesta operación como consumo final do sector fogares non se corresponde necesariamente coa incluídas nas restantes operacións do Sistema de contas de Galicia. Máis información na metodoloxía da operación.
Na Enquisa de orzamentos familiares, o gasto en consumo final dos fogares corresponde ao gasto efectuado polos fogares co fin de consumir bens e servizos. Comprende:
Nesta partida recóllese a totalidade dos gastos que supón o persoal da empresa, que será a suma de soldos e salarios, cargas sociais e provisións.
Este concepto recolle o importe total agregado dos pagos efectuados pola empresa durante o ano de referencia en concepto de soldos e salarios, indemnizacións, seguridade social e outros gastos de persoal.
Inclúense nesta partida todo tipo de gastos nos que incorre a empresa cando solicita fondos a terceiros para o seu financiamento.
Os artigos da cesta de consumo utilizada no cálculo do IPC agrúpanse en subclases, estas en clases, posteriormente en subgrupos e, finalmente, os subgrupos agréganse en grupos. A dita clasificación adáptase por completo á clasificación internacional do consumo COICOP (siglas en inglés de Classification of Individual Consumption according to Purpose), elaborada pola División Estatística das Nacións Unidas.
Na construción dos Índices de competitividade exterior establecéronse unhas determinadas agrupacións de países, tendo en conta o grao de relación comercial de Galicia cos ditos países e a dispoñibilidade de indicadores desexables de prezos e custos. As agrupacións de países resultantes son as seguintes:
É un contrato mediante o cal se consegue un crédito co garante dun ben, cuxo valor responde do risco do impago. As inscripcións de hipotecas expresan o importe da obrigación asegurada e dos intereses, se se houbiesen estipulado.
Representa a cifra global de horas efectivamente traballadas durante o período contable, no ámbito das actividades produtivas que se inclúen dentro da fronteira da produción. As horas efectivamente traballadas inclúen as horas extraordinarias, os períodos dedicados ao mantemento, reparación, preparación e limpeza, o tempo en situación de espera por motivos de falta de traballo e o correspondente a períodos breves de descanso no lugar de traballo. Exclúense de ditas horas as remuneradas pero non traballadas, por vacacións, enfermidade, os días festivos, as pausas para as comidas e os tempos de viaxe entre o fogar e o traballo.
Son as horas efectivamente traballadas como asalariado ou traballador autónomo durante o período contable ou o ano de referencia. Comprende as horas realmente traballadas (normais e extraordinarias) durante os períodos de traballo; o tempo dedicado no lugar de traballo á preparación de ferramentas, elaboración de fichas de control, etc.; a duración de tempos mortos no lugar de traballo producidos por falta ocasional de traballo; así como o tempo correspondente a breves períodos de descanso no lugar de traballo (almorzo, etc.). Deben excluírse as horas pactadas pero non traballadas por motivos de enfermidades, folgas, vacacións, etc., as interrupcións para as comidas e as horas empregadas no camiño do domicilio ao lugar de traballo.
Esta ratio indica o peso das horas traballadas dos asalariados no total de horas traballadas. Por tanto, depende tanto do ratio de asalarización como das xornadas medias dos asalariados. Exprésase en porcentaxe.
Consisten en operacións mediante as que os non residentes subministran bens e servizos aos residentes.
Comprenden todas aquelas operacións nas que unha mercancía elaborada ou orixinal de países que non forman parte da UE é comprada para ser consumida ou transformada en Galicia.
Son os impostos que gravan a produción e as importacións de bens e servizos menos as subvencións.
Son os impostos a pagar por cada unidade producida ou distribuída dun determinado ben ou servizo menos as subvencións. Inclúen o IVE, os impostos e dereitos sobre a importación e os outros impostos sobre os produtos.
Son pagamentos obrigatorios sen contrapartida, recadados polas administracións públicas, que gravan a produción e as importacións de bens e servizos, a utilización de man de obra, a propiedade ou o uso da terra, edificios e outros activos utilizados na produción. Divídense en:
Comprenden todos os pagos obrigatorios sen contrapartida, en efectivo ou en especie, recadados periodicamente polas administracións públicas e polo resto do mundo sobre a renda e o patrimonio das unidades institucionais, así como algúns impostos periódicos que non se esixen nin sobre a renda nin sobre o patrimonio (SEC 4.77).
Os impostos correntes sobre a renda, o patrimonio, etc., divídense en:
Impostos que hai que pagar por cada unidade producida ou distribuída dun determinado ben ou servizo.
Este índice compara os prezos de Galicia cos prezos dun grupo de referencia de países; en realidade trátase de tipos de cambio efectivo real con respecto a grupos de países. No seu cálculo utilízanse medias xeométricas ponderadas de índices de prezos relativos (compoñente prezos) e índices de tipos de cambio efectivo nominal (compoñente nominal). Os indicadores de prezos utilizados son os seguintes: o índice de prezos de consumo (IPC), o índice de prezos industriais de manufacturas (IPRI), o índice de custos laborais unitarios (ICLU), o deflactor do PIB e os índices de valor unitario do comercio exterior (IVU). En función do indicador de prezos utilizado obtéñense distintos indicadores de competitividade exterior:
É unha medida estatística da evolución do conxunto de prezos dos bens e servizos que consume a poboación residente en vivendas familiares. Ven sendo elaborado polo INE dende 1936 con periodicidade mensual. Para o seu cálculo, selecciónase unha cesta representativa dos bens e servizos máis consumidos en España e multiplícanse os seus prezos por unhas ponderacións que miden o peso de cada grupo de produtos no consumo total dos fogares españois.
En 2001 introduciuse un cambio de base no IPC, o que supuxo importantes novidades metodolóxicas entre as que cabe destacar:
En 2016 produciuse un cuarto cambio de base; coa implantación da nova base, mellórase a representatividade deste indicador mediante cambios na composición da cesta da compra e a actualización da estrutura de ponderacións. Ademais, o IPC base 2016 incorpora a nova clasificación europea de consumo, denominada ECOICOP (European Classification of Individual Consumption by Purpose). Esta clasificación ofrece unha maior desagregación das parcelas de gasto en que se estrutura a información que se difunde habitualmente.
De novo, en 2021, produciuse un quinto cambio de base. Este é un procedemento que se realiza cada cinco anos, co obxectivo de renovar o IPC mediante a súa adaptación aos cambios nas pautas de consumo dos fogares e a incorporación de melloras metodolóxicas. Polo tanto, dúas das operacións máis relevantes que se realizan en cada cambio de base son a revisión da cesta da compra e a actualización da estrutura de ponderacións.
O Índice Galego de Confianza Empresarial (IGACE) é un indicador resumo da situación conxuntural das empresas con actividade en Galicia. O dito indicador oscila entre os valores 100 e -100. Os resultados positivos indican optimismo por parte dos empresarios respecto a súa situación persoal actual e no trimestre seguinte e respecto á situación xeral na Comunidade Autónoma galega; o positivismo será maior canto máis se aproxime a 100. Os resultados negativos indican a situación contraria, pesimismo por parte dos empresarios, que será maior canto máis se aproxime a -100.
Constrúese un indicador deste tipo para cada sector de actividade, a partir das respostas proporcionadas polos empresarios ás distintas preguntas do cuestionario. A partir dos IGACE de cada sector extráese un indicador para o total de Galicia ponderando cada índice polo Valor Engadido Bruto (VEB) do sector respectivo. Para máis información respecto ao cálculo dos indicadores sectoriais consultar a metodoloxía dispoñible na páxina web.
Son números índices que serven de indicadores dos prezos do comercio exterior. Non son os verdadeiros índices de prezos do comercio exterior de bens da Comunidade Autónoma de Galicia, posto que os prezos aos que fan referencia non son bens singulares perfectamente diferenciados, senón conxuntos ou clases de bens máis ou menos homoxéneos.
Fai referencia ao software e equipo informático desenvolvidos como sistema de apoio na xestión das relacións cos clientes (Customer Relationship Management (CRM)) e provedores (Supply Chain Management (SCM)) nunha empresa.
Trátase do software e equipo informático desenvolvido para axudar ás empresas na xestión dos distintos departamentos que a compoñen; en particular, permite, a grandes trazos, controlar e aglutinar a información que se xera en cada nivel da empresa nunha base de datos centralizada (Enterprise Resource Planning (ERP)).
Inclúen os ingresos por concertos ou similar coas administracións públicas, os ingresos por xestión delegada de centros ou servizos das administracións públicas, as cotas satisfeitas polos usuarios e polas usuarias derivado da prestación de servizos, os ingresos por prestación de servizos non incluídos nas categorías anteriores e os ingresos por vendas de produtos ou mercadorías.
É o importe total resultado de agregar os diferentes ingresos obtidos pola entidade durante o ano de referencia. Esta variable está adaptada ao Plan de Contabilidade das entidades sen fins de lucro:
Na actividade estatística Indicadores do sector empresarial defínese como as vendas efectuadas nun período como consecuencia da actividade típica da empresa.
Ingresos derivados de campañas para a captación de recursos nas súas diferentes modalidades, e tamén cantidades percibidas dos patrocinadores e colaboracións empresariais co obxecto de contribuír á realización dos fins da actividade propia da entidade
Nesta partida inclúense as cotas de socios/as e persoas afiliadas, os ingresos de doazóns, promocións, patrocinadores e colaboradores, as subvencións correntes das administracións públicas, as subvencións de capital traspasadas ao exercicio e outras subvencións correntes privadas.
Activos, de natureza financeira pura, que posúe unha empresa que non son utilizados de maneira directa no proceso produtivo. O seu obxectivo é o de manter o control sobre as filiais ou unha participación estable noutras empresas mediante a posesión de accións, obrigacións, créditos, bonos, etc.
Parte do activo dunha empresa constituído por elementos patrimoniais, tanto mobles como inmobles, utilizados para o desenrolo permanente das súas actividades produtivas. Son contabilizados segundo o seu prezo de adquisición máis os gastos de posta en funcionamento, e están suxeitos a amortización debido á perda de valor que sofren no proceso produtivo. Segundo o plan xeral de contabilidade está formado por terreos e bens naturais (que non se amortizan), construcións, maquinaria, ferramenta, instalacións, elementos de transporte, mobiliario, equipos para procesos de información e outro inmobilizado material.
Asociacións e fundacións, independentemente dos seus obxectivos fundacionais, sempre e cando teñan carácter privado e que o seu obxectivo fundacional non sexa a actividade económica.
Fundacións, asociacións ou organizacións que non teñen como obxectivo o lucro económico
É unha rede de ordenadores privados que utiliza protocolos de Internet para compartir, dentro dunha organización, parte dos seus sistemas de información e sistemas operacionais. O termo Intranet utilízase en oposición a Internet, unha rede entre organizacións, para referirse a unha rede comprendida no ámbito dunha organización.
Comprenden todas aquelas operacións nas que unha mercancía elaborada ou orixinal dun país membro da UE (excluíndo o resto de España) é comprada para ser consumida ou transformada en Galicia.
Todas as mercadorías que unha empresa ten preparadas para a venda aos seus clientes.
Defínese coma o conxunto de traballos creativos que se emprenden de modo sistemático co fin de aumentar o volume de coñecementos, incluído o coñecemento do home, a cultura e a sociedade, así como a utilización desa suma de coñecementos para concibir novas aplicacións.
Comprende as adquisicións a terceiros, melloras ou produción propia de activos materiais (terreos, construcións, instalacións, maquinaria e equipo e outros activos materiais).
Valóranse a prezos de adquisición si se compran a terceiros, e a custe de produción si se producen pola propia empresa, incluídos en todo caso os gastos de instalación e tódolos dereitos e canons de aplicación, pero excluído o IVE soportado e deducible, así como os gastos de financiamento.
Nas estatísticas relacionadas co medio ambiente defínense coma os recursos de capital adquiridos para ser utilizados no proceso produtivo durante máis dun ano. Dentro deste concepto, hai que distinguir os incrementos reais de activos (compras de bens de equipo ou de activos inmateriais) e as diminucións de activos (ventas ou cesións de equipos ou activos inmateriais) realizados pola empresa no ano de referencia.
En Confianza empresarial este concepto comprende a adquisición de activos fixos por parte dunha unidade produtiva para ser utilizados na produción por un período de tempo superior a un ano.
Refírese á superficie actualmente cuberta por cultivos herbáceos en regadío.
Refírese á superficie actualmente cuberta por cultivos herbáceos en secaño.
Unha vez disolta a sociedade, abrirase o período de liquidación, excepto nos supostos de fusión ou escisión total ou calquera outro de cesión global do activo e do pasivo, conservando a sociedade durante ese tempo a súa personalidade xurídica e engadindo ao seu nome a frase "en liquidación".
A República Arxentina, a República Federativa do Brasil, a República do Paraguai e a República Oriental do Uruguai subscribiron o 26 de marzo de 1991 o Tratado de Asunción, creando o Mercado Común do Sur, MERCOSUR, que constitúe o proxecto internacional máis relevante no que se atopan comprometidos estes países. Así, o obxectivo primordial do Tratado de Asunción é a integración dos catro Estados partes, a través da libre circulación de bens, servizos e factores produtivos, o establecemento dun arancel externo común e a adopción dunha política comercial común, a coordinación de políticas macroeconómicas e sectoriais e a harmonización de lexislacións nas áreas pertinentes, para lograr o fortalecemento do proceso de integración. En 2006 tres dos Estados partes (Arxentina, Brasil e Uruguai) subscribiron o protocolo de adhesión de Venezuela ao MERCOSUR, a formalización veuse demorada ata 2012 pola oposición de Paraguai á entrada de Venezuela. En xuño de 2012 decretouse a suspensión de Paraguai e en agosto de 2012 ingresa Venezuela. En decembro de 2013 Paraguai reincorporouse ao bloque. A partir de 2014 Arxentina, Brasil, Venezuela, Uruguai e Paraguai. A partir de 2018 Arxentina, Brasil, Uruguai e Paraguai. A partir de 2024 Arxentina, Brasil, Uruguai, Paraguai e Bolivia.
Son as siglas da Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económico, a cuxa convención inaugural asistiron vinte países o 14 de decembro de 1960. Dende aquela dez países máis convertéronse en membros da organización. Os países participantes da mesma son Australia, Austria, Bélxica, Canadá, República Checa, Dinamarca, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Xapón, Corea do Sur, Luxemburgo, México, Holanda, Nova Zelanda, Noruega, Polonia, Portugal, Eslovaquia, Turquía, España, Suiza, Suecia, Reino Unido e Estados Unidos. No ano 2010 incorpórase Chile e no ano 2011 incorpóranse Eslovenia, Israel e Estonia. No ano 2017 incorpórase Letonia. No ano 2019 incorpórase ao grupo Lituania. No ano 2021 incorpórase ao grupo Colombia e no ano 2022 incorpórase Costa Rica.
A Organización de Países Exportadores de Petróleo (OPEP) é unha organización permanente e intergubernamental creada na Conferencia de Bagdag en setembro de 1960 por Irak, Irán, Kuwait, Arabia Saudita e Venezuela. Aos 5 países fundadores uníronselles posteriormente 8 países máis: Qatar (1961), Indonesia (1962), Libia (1962), Emiratos Árabes Unidos (1967), Alxeria (1969), Nixeria (1971), Ecuador (1973) e Gabón (1975), aínda que estes dous últimos deixaron a organización en 1992 e 1994 respectivamente. No ano 2007 incorpórase Angola, no ano 2008 incorpórase de novo Ecuador e no ano 2009 deixa a organización Indonesia. O obxectivo da OPEP é coordinar e unificar as políticas petrolíferas dos seus países membros para asegurar uns prezos estables e xustos para os produtores de petróleo, unha oferta de petróleo eficiente, económica e regular ás nacións consumidoras e un retorno xusto do capital investido nesta industria. En 2016 incorpórase Indonesia. No ano 2017 entra no grupo Gabón e novamente deixa de formar parte do grupo Indonesia. No ano 2018 entra no grupo Guinea Ecuatorial. No ano 2019 sae do grupo Qatar e incorpórase o Congo. No ano 2021 sae do grupo Ecuador. No ano 2024 sae do grupo Angola.
Líbano, Siria, Iraq, Irán, Israel, Cisxordania/Franxa de Gaza, Xordania, Arabia Saudí, Kuwait, Bahrein, Qatar, Emiratos Árabes Unidos, Omán, Iemen.
Comprenden as subvencións, distintas das subvencións aos produtos, que poden recibir as unidades de produción residentes como consecuencia da súa participación na produción.
Esta partida comprende as transferencias correntes que afectan aos fogares residentes non incluídas nos apartados anteriores (impostos sobre a renda, prestacións sociais, cotizacións sociais, rendas da propiedade). No que atinxe ao sector fogares, estamos a falar de:
No caso do sector fogares comprende:
Impostos que soportan as empresas como resultado da súa participación na produción, independentemente da cantidade ou do valor dos bens e servizos producidos ou vendidos.
Son os traballos realizados pola empresa para o seu activo e outros ingresos de xestión.
Obrigacións actuais xurdidas como consecuencia de sucesos pasados, para cuxa extinción a empresa espera desprenderse de recursos que poidan producir beneficios ou rendementos económicos no futuro. Para estes efectos, enténdense incluídas as provisións.
Refírese á superficie tradicionalmente de monte con cobertura de arbustos e/ou pasteiro sen cobertura arbórea densa que pode ter un aproveitamento agrario.
É un concepto xurídico atribuíble a todo membro da especie humana susceptible de adquirir dereitos e contraer obrigas. No caso que nos ocupa fai referencia ás empresas cuxa titularidade corresponde a un só individuo, o cal exerce de forma individual e por conta propia unha actividade comercial, industrial ou profesional.
Na Enquisa industrial de empresas considéranse persoas ocupadas o conxunto de persoas (fixas e eventuais) que no período de referencia se encontraban exercendo un labor, remunerado ou non, para a empresa, e que pertencen e son pagadas por ela. Inclúense as persoas con licenzas de enfermidade, vacacións remuneradas e licenzas ocasionais sen soldo etc., e os traballadores a tempo parcial (se traballan máis dun terzo da xornada laboral completa). Non se inclúen os traballadores postos á disposición da empresa por outras empresas ou axencias e que son retribuídos por estas últimas; as persoas que estean efectuando traballos de mantemento ou reparación nalgún dos locais ou establecementos da empresa e que son remuneradas por conta doutras empresas; así como as persoas en situación de excedencia, licenza ilimitada ou xubilados. Tampouco se inclúen os membros do consello de administración que estean remunerados exclusivamente pola súa asistencia a estes consellos nin os socios ou outras persoas que traballen menos dun terzo da xornada laboral.
Esta ratio amosa a relación entre as persoas empregadas e os postos de traballo.
O concepto de posto de traballo difire do concepto de emprego, nos seguintes aspectos:
Indica que parte do valor engadido xerado por unha economía serve para remunerar o factor traballo
Situación na que unha empresa ten a posibilidade de desenvolver un comportamento relativamente independente que lle permita actuar no mercado sen ter en conta aos provedores, clientes ou consumidores ou aos competidores.
Defínese como un contrato explícito ou implícito entre unha persoa e unha unidade institucional residente, para realizar un traballo a cambio dunha remuneración (inclúe a renda mixta dos traballadores autónomos) durante un período definido ou indefinido de tempo.
O concepto de posto de traballo difire do concepto de emprego, nos seguintes aspectos:
Defínese como o total de horas traballadas dividido pola media anual das horas traballadas en postos de traballo a tempo completo no territorio económico.
Esta ratio amosa a relación entre os postos de traballo equivalentes a tempo completo e os postos de traballo. Esta relación é indicativa da distintas xornadas medias dos traballadores a tempo completo e a tempo parcial. Exprésase en porcentaxe.
Refírese á superficie actualmente cuberta por prados en regadío. Tamén inclúe aquela cunha cobertura de matogueira pero cunha clara aptitude agraria.
Refírese á superficie actualmente cuberta por prados en secaño. Tamén inclúe aquela cunha cobertura de matogueira pero cunha clara aptitude agraria.
Recolle o importe total dos ingresos obtidos pola entidade durante o ano de referencia en concepto de contrapartida polos servizos prestados a outras empresas, persoas e entidades
Son transferencias aos fogares destinadas a cubrir unha serie de riscos ou necesidades de carácter social. Estas transferencias poden estar organizados colectivamente por unidades das administracións públicas. En particular, as prestacións sociais inclúen:
Comprende as seguintes partidas:
Refírese ao prezo mensual percibido, sen incluír as primas que poida percibir o produtor pola calidade do leite vendido (contido en nutrientes tales como a graxa, as proteínas, os hidratos de carbono, vitaminas e minerais) nin as minoracións no prezo final derivadas do contido en células somáticas, xermes ou existencia de antibióticos e demais inhibidores no leite.
Importe monetario final asignado pola empresa a cada produto para que este sexa adquirido polos clientes.
Calcúlanse como a media ponderada dos prezos agrarios mensuais polas cantidades mensuais comercializadas nun ano base.
Calcúlanse multiplicando os prezos percibidos polos agricultores seleccionados para responder á enquisa por unhas ponderacións que reflicten o peso das súas vendas no total provincial nun ano base.
É o prezo que os produtores reciben dos compradores por cada unidade dun ben ou servizo producido, restando calquera imposto a pagar e engadindo calquera subvención a recibir pola produción ou venda da unidade de produción (SEC-2010, 3.44).
A valoración a prezos constantes significa valorar os fluxos e stocks nun período contable aos prezos vixentes nun período anterior. Permite eliminar o efecto que as eventuais subas ou baixadas de prezos producen na magnitude analizada.
É o prezo que paga o comprador polos bens e servizos, incluídos os impostos menos as subvencións sobre os produtos e os custos de transporte pagados por separado polo comprador.
En Confianza empresarial defínese como o conxunto de todos os bens e servizos creados por unha unidade económica durante un período de tempo utilizando para isto man de obra, capital e materias primas.
Nas Contas económicas anuais, Contas económicas trimestrais, no Marco input-output e no Seguimento e análise da construción defínese como unha actividade realizada baixo o control e a responsabilidade dunha unidade institucional que utiliza man de obra, capital e bens e servizos para producir outros bens e servizos (SEC-2010, 3.07 e seguintes).
A produción inclúe, independentemente de que sexan actividades ilegais ou ocultas, os seguintes casos:
O concepto de produción doméstica utilízase para referirse aos servizos producidos dentro dos fogares polos seus membros, combinando o seu traballo non remunerado con compras de bens duradeiros e non duradeiros. As actividades da produción doméstica , destinadas a autoconsumo dos propios ou doutros fogares, agrúpanse en cinco categorías segundo a súa funcionalidade:
É unha medida dos resultados dun proceso de produción, expresada por unidade de insumo. Calcúlase como cociente entre o produción en termos correntes e as horas traballadas. Exprésase en euros.
É unha medida dos resultados dun proceso de produción, expresada por unidade de insumo. Calcúlase como cociente entre a produción en termos correntes e os postos de traballo. Exprésase en euros.
É unha medida dos resultados dun proceso de produción, expresada por unidade de insumo. A produtividade do traballo mídese como o valor engadido bruto (ou PIB para o global da economía) por hora traballada (ou por posto de traballo). É unha medida do peso relativo do factor traballo na actividade.
Produtividade aparente nominal: Calcúlase como cociente entre o valor engadido bruto (ou produto interior bruto no caso do total da economía) en termos correntes e os postos de traballo ou as horas traballadas.
Produtividade aparente real: Calcúlase como cociente entre o produto interior bruto en termos de índice de volume e os postos de traballo ou as horas traballadas.
É o resultado da actividade produtiva das unidades de produción residentes.Nas contas económicas estímase por tres vías: oferta, demanda e rendas.
Provisións cuxo obxectivo é cubrir gastos, orixinados no mesmo exercicio ou noutro anterior, ou perdas ou débedas, que estean claramente especificadas en canto a súa natureza, pero que na data de peche do balance sexan probables ou certas, ou estean indeterminadas no que respecta ao seu importe ou á data na que se producirán.
Porcentaxe de emprego asalariado sobre emprego total. Pode calcularse utilizando os postos de traballo ou os postos de traballo equivalentes a tempo completo.
É o cociente entre o total das importacións dun país ou rexión e a súa demanda interna.
Pasivos ou débedas cuxo vencemento se sitúa entre os 18 e os 36 meses. Tamén débedas ou esixible a medio e longo prazo.
É unha rede de comunicación cableada entre ordenadores situados no mesmo edificio ou en edificios próximos, de forma que permite aos seus usuarios o intercambio de datos e a compartición dos recursos.
É unha operación societaria que consiste na diminución dos fondos propios da sociedade. Existen dúas causas principais polas que se realizan este tipo de operacións:
Este cociente mide a cota de valor engadido (VEB) utilizada para remunerar o factor traballo asalariado. O valor engadido, pola vía das rendas, é o resultado da suma de remuneración dos asalariados, excedente de explotación bruto e impostos netos sobre a produción e as importacións. Na medida en que a ratio remuneración de asalariados sobre VEB sexa alta significa que a parte de valor xerado destinado a pagar salarios será elevada e, polo tanto, a parte que remunera o factor capital (excedente de explotación bruto) e os impostos será menor. Hai que ter en conta que o excedente de explotación inclúe a remuneración do traballo non asalariado, baixo a denominación de rendas mixtas. Exprésase en porcentaxe.
Comprende toda a remuneración en efectivo e en especie a pagar polos empregadores aos seus asalariados como contrapartida do traballo realizado por estes durante o período contable. A remuneración dos asalariados desagrégase en:
Proporciona a remuneración media dos asalariados. Calcúlase por posto de traballo, por posto de traballo equivalente a tempo completo e por hora traballada.
É o saldo da conta de distribución secundaria da renda. Obtense a partir do saldo de rendas primarias sumando as prestacións sociais e as transferencias correntes que son un recurso para os fogares; e restando os impostos sobre a renda, as cotizacións socias e as transferencias correntes que son un emprego para os fogares.
As rendas da propiedade (D.4) son as rendas que recibe o propietario dun activo financeiro ou dun activo material non producido a cambio de proporcionar fondos ou de poñer o activo material non producido a disposición doutra unidade institucional (SEC 4.42). Inclúen intereses, rendas distribuídas das sociedades, rendas da propiedade atribuídas aos asegurados e as rendas da terra.
As rendas da propiedade aparecen como empregos e como recursos na conta de asignación primaria da renda do sector fogares.
Xéranse cando os propietarios de activos financeiros e de recursos naturais os poñen a disposición doutras unidades institucionais. No caso do sector fogares poden ser:
Calcúlase sumando ao resultado económico neto de explotación as amortizacións.
É o resultado final da actividade da empresa, é dicir, despois dos impostos. Calcúlase como diferenza entre todos os ingresos e todos os gastos da empresa.
Resultado ordinario do exercicio ao que se lle suman os resultados extraordinarios.
É o resultado que xera a actividade financeira da empresa. Calcúlase como diferenza entre os ingresos financeiros e os gastos financeiros.
Diferenza entre ingresos e gastos (unha vez considerados os impostos) orixinados polo desenvolvemento da actividade que constitúe o obxecto principal da empresa, e aquelas outras que se realizan regularmente, de modo secundario ou accesorio a aquela.
Este saldo é a suma do excedente de explotación bruto, a renda mixta, a remuneración dos asalariados e o saldo das rendas da propiedade (que poden constituír un recurso ou un emprego para o sector fogares), isto é, o saldo da conta de asignación primaria . As rendas primarias son as rendas que perciben as unidades residentes pola súa participación no proceso de produción (excedente de explotación bruto, renda mixta e remuneración de asalariados) e a renda a cobrar (ou pagar) polo propietario dun activo financeiro ou dun activa material non producido por poñelo a disposición de outra unidade institucional (rendas da propiedade). . A renda primaria é un indicador da capacidade dos fogares residentes dunha rexión de xerar renda como empresarios, asalariados ou perceptores de rendas da propiedade. Indica a capacidade para xerar renda antes da intervención do Estado no proceso de distribución de renda.
O sector das Administracións Públicas (SEC-95, 2.68) inclúe todas as unidades institucionais que son outros produtores non de mercado, cuxa produción se destina ao consumo individual ou colectivo, que se financian principalmente mediante pagos obrigatorios efectuados por unidades pertencentes a outros sectores e/ou que efectúan operacións de redistribución da renda e da riqueza nacional.
O sector fogares (SEC 2.75) comprende os individuos ou grupos de individuos, tanto na súa condición de consumidores coma, eventualmente, na de empresarios que producen bens ou servizos financeiros ou non financeiros de mercado (produtores de mercado). Ademais, comprende os individuos ou grupos de individuos que producen bens e servizos non financeiros exclusivamente para uso final propio.
Na súa condición de consumidores, os fogares poden definirse coma pequenos grupos de persoas que comparten un mesmo aloxamento e poñen en común unha parte ou a totalidade das súas rendas e patrimonio, e que consumen colectivamente determinados bens e servizos, principalmente o aloxamento e a alimentación. Esta definición pode completarse co criterio da existencia de vínculos familiares ou afectivos.
Os recursos principais destas unidades proceden da remuneración dos asalariados, rendas da propiedade, transferencias efectuadas por outros sectores, ingresos procedentes da disposición de bens e servizos de mercado, ou ingresos imputados pola produción de bens e servizos para consumo final propio.
O sector das Institucións Sen Fins de Lucro ao Servizo dos Fogares (ISFLSF) (SEC-95, 2.87) está formado polas institucións sen fins de lucro dotadas de personalidade xurídica que serven aos fogares e que son outros produtores non de mercado privados. Os seus recursos principais proceden de contribucións voluntarias en efectivo ou en especie efectuadas polos fogares na súa calidade de consumidores, de pagos das administracións públicas e de rendas da propiedade.
Son os servizos prestados polos intermediarios financeiros que non cobran de maneira explícita aos seus clientes, senón que o cobro do servizo está incluído nos intereses que obteñen e que pagan, de xeito que os tipos de interese que pagan aos seus acredores son máis baixos dos que cobran aos prestatarios (SEC-2010, capítulo 14).
Este concepto comprende o importe total do conxunto de gastos de explotación de natureza diversa realizados pola empresa durante o ano de referencia, tales como gastos en I+D, arrendamentos e canons, reparacións e conservación, servizos de profesionais independentes, transportes, primas de seguros, servizos bancarios e similares, publicidade, propaganda e relacións públicas, subministracións, e outros servizos.
O software de código aberto é aquel cuxo código fonte e outros dereitos que normalmente son exclusivos das persoas que posúen os dereitos de autor, son publicados baixo unha licenza de software compatible coa Open Source Definition ou que forman parte do dominio público. Isto permite aos usuarios utilizar, cambiar e mellorar o dito software, e redistribuílo, xa sexa na súa forma orixinal ou modificada. É frecuente o seu desenvolvemento de maneira pública e en colaboración. LINUX é un dos exemplos máis coñecidos de sistema operativo de código aberto.
Neste tipo de sociedade, o capital, que está dividido en accións, intégrase polas achegas dos socios, os cales non responden persoalmente das débedas sociais. O capital social non pode ser inferior a 60.101 euros.
É o contrato polo que dúas ou máis persoas se agrupan, obrigándose a aportar bens, cartos ou traballo nunha actividade económica lucrativa, para repartir entre si as ganancias.
É unha sociedade na que os socios, en nome colectivo e baixo unha razón social, comprométense a participar, na proporción que establezan, dos mesmos dereitos e obrigas, respondendo subsidiaria, persoal, solidaria e ilimitadamente con todos os seus bens das resultas das operacións sociais. Para a súa constitución é preciso a escritura pública, inscrición no Rexistro Mercantil, declaración censual e obtención do CIF. Con respecto ao capital non existe nin máximo nin mínimo legal.
É unha sociedade formada por dúas clases de socios: colectivos e comanditarios. Os socios comanditarios responden limitadamente nas débedas sociais só co importe que puxeron na sociedade; os socios colectivos responden, persoal e ilimitadamente, co seu propio patrimonio fronte ás débedas sociais.
Neste tipo de sociedade, o capital, que está dividido en participacións sociais, intégrase polas achegas de todos os socios, os cales non responden persoalmente das débedas sociais. O capital non poderá ser inferior a 3.005 euros e dende a súa orixe está totalmente desembolsado.
Poderán obter a cualificación de sociedade laboral as sociedades anónimas ou de responsabilidade limitada nas que a maioría do capital social sexa propiedade de traballadores que presten nelas servizos retribuídos en forma persoal e directa, na que a relación laboral sexa por tempo indefinido, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos na Lei 4/1997 do 24 de marzo.
O contrato de compañía, polo cal dúas ou máis persoas se obrigan a poñer en fondo común bens ou industria para obter lucro, será mercantil, calquera que fose a súa clase, sempre que se constituíse segundo as disposicións do Código de Comercio. Unha vez constituída a compañía mercantil, terá personalidade xurídica en todos os seus actos. Por norma xeral as sociedades mercantís constitúense adoptando algunha das formas seguintes:
Considérase sociedades constituídas a aquelas inscritas nos rexistros mercantís, no mes de referencia da información, independentemente da data na que comezaron a realizar operacións comerciais.
Proporciona os soldos e salarios medios por cada hora efectiva traballada polos asalariados. Exprésase en euros.
Bens que están listos para a súa venda ou expedición por parte do produtor.
Son pagamentos correntes sen contrapartida que as administracións públicas ou as institucións da Unión Europea efectúan aos produtores residentes coa finalidade de influír nos seus niveis de produción, nos seus prezos, ou na remuneración dos factores de produción. Divídense en subvencións aos produtos (subvencións que hai que pagar por unidade dun ben ou servizo producido ou importado) e outras subvencións á produción (comprenden as subvencións, distintas das anteriores, que poden recibir as unidades de produción residentes como consecuencia da súa participación na produción).
Subvencións que hai que pagar por unidade dun ben ou servizo producido ou importado
Recolle os importes que deben ser imputados ao resultado do exercicio por subvencións, doazóns e legados
Este indicador mide o tamaño medio das empresas activas no concello. O número de asalariados máis os autónomos entre o número de empresas.
É a clasificación que se utiliza a nivel nacional para clasificar cada produto no contexto do comercio intracomunitario e con terceiros países. Esta clasificación coincide a 8 díxitos coa Nomenclatura Combinada que é a clasificación utilizada a nivel europeo.
Porcentaxe de empresas que desaparecen durante o período por cada mil empresas respecto ao o número de empresas totais que existen ao principio do período. Se considera que unha empresa desaparece cando deixa de ter actividade no total das provincias da comunidade.
Porcentaxe de empresas nacidas no ano t por cada mil empresas, respecto ao total de empresas a principio dese ano. Se considera que unha empresa nace ou se da de alta cando non existía antes en ningunha das provincias da comunidade (non se teñen en conta os cambios de sede social dentro da mesma comunidade)
O indicador mide a porcentaxe de poboación involucrada en iniciativas emprendedoras de menos de 42 meses de actividade, respecto da poboación activa. A poboación involucrada en iniciativas emprendedoras aproxímase pola suma das persoas asalariadas máis as empresas con titularidade persoa física (autónomos). A poboación activa de referencia para cada ano t calcúlase como a media da poboación activa da EPA do 4º trimestre do ano t-1 e o primeiro trimestre do ano t.
É a suma das exportacións e as importacións dun país ou rexión dividido polo seu PIB.
É a diferenza entre as exportacións e as importacións dun país ou rexión dividido polo seu PIB.
Porcentaxe entre a variación neta de empresas (diferencia entres as altas e baixas) no ano t con respecto ao total de empresas ao principio dese ano.
Este indicador mide a supervivencia a medio prazo (4 anos) das novas empresas creadas.
Porcentaxes de nacementos, mortes e crecemento total de empresas segundo o seu tamaño e segundo os tres grandes sectores económicos (industria, construción e servizos). Para o tamaño das empresas definidos segundo o número de asalariados, establécense os seguintes estratos:
Mide a supervivencia do total das empresas creadas cada ano. Este indicador é o único que se elabora dende o ano 2000.
Baixo esta rúbrica intégrase o conxunto de ferramentas, habitualmente de natureza electrónica, utilizadas para a recollida, almacenamento, tratamento, difusión e transmisión de información. Considéranse tecnoloxías da información e das comunicación tanto os dispositivos físicos (equipos informáticos, redes de telecomunicacións, terminais, etc.), coma o software ou aplicacións informáticas que funcionan sobre estes equipos.
Esta denominación utilízase para englobar a todos aqueles empregados que regularmente traballan fóra dos locais da empresa (ao menos media xornada semanal), e utilizan redes telemáticas para conectarse cos sistemas TIC da empresa.
Está asociada coas baixas frecuencias, isto é, movementos de larga duración cun período superior aos 32 trimestres (oito anos). Este compoñente asóciase cos determinantes de crecemento económico: progreso técnico acumulado; evolución do stock de capital físico; nivel, composición e cualificación (capital humano) da forza de traballo.
É o importe total obtido como resultado de agregar os diferentes gastos ligados á explotación realizados pola empresa durante o ano de referencia:
Refírese ás cantidades percibidas, a maiores do prezo base, ou ben, ás cantidades negativas que deberán restarse ao prezo base percibido polos produtores en función da materia graxa, proteínica, bacterioloxía, células somáticas e outros aspectos que afectan á calidade do leite vendido.
Defínense como os propietarios ou copropietarios das empresas non constituídas en sociedades na que traballan.
Consiste no cambio dun tipo social a outro dos recoñecidos pola Lei sen que se produza unha alteración na personalidade xurídica da sociedade transformada, que continúa subsistindo baixa a nova forma social adoptada. Polo tanto, para que exista transformación é necesario que o cambio producido afecte ao tipo social, sen que isto supoña a súa disolución e a constitución doutra sociedade de distinta forma.
Está composta polo seguinte listado de países: Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, España, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Países Baixos, Portugal, Reino Unido e Suecia.
Componse dos países da UE-15, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta, Polonia e República Checa.
Intégrana os países da UE25, Bulgaria e Romanía.
Intégrana os países da UE25, Bulgaria e Romanía.
Intégrana os países da UE28 sen Reino Unido.
Intégrana os países da UE25, Bulgaria e Romanía e Croacia
Empresa ou parte dela (taller, fábrica, oficina, mina, depósito, etc.) emprazada nun lugar no que se realizan actividades económicas baixo a responsabilidade do seu titular. A unidade local pode agrupar actividades auxiliares exclusivamente. Polo tanto, as sedes sociais ou os domicilios legais dos titulares das empresas serían unidades locais, aínda no caso de que existan unicamente como soporte xurídico das actividades. A unidade local así definida non coincide coa clásica de "establecemento". O establecemento sería unha unidade local na que estarían vinculados de modo inequívoco actividade e territorio. Poderíase entender un establecemento como unidade local "con local", fronte á unidade local "sen local" propia das actividades de profesionais ou colectivos con forte presenza de minifundismo empresarial, actividades que non se exercen nun lugar fixo e que en moitos casos teñen o domicilio particular como único referente estable para a organización da produción.
A Unión Europea (UE) é unha organización internacional que xorde en 1951 como a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro, pola que se creou un mercado común limitado á industria do carbón e do aceiro; a esta institución, precursora da actual UE, pertencían Francia, Alemaña Occidental, Italia, Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo. Este mercado común inténtase ampliar a outras materias económicas e ao sector da enerxía nuclear e así se constitúen a Comunidade Económica Europea e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica en 1957. En 1973 únense a estes países Reino Unido, Dinamarca e Irlanda; en 1981 Grecia e en 1986 España e Portugal. En 1992, segundo o Tratado de Maastricht, conságrase a Unión Europea, conferíndolle novos poderes e responsabilidades ás institucións comunitarias e introducindo novas formas de cooperación entre os gobernos dos Estados Membros. En 1995 creouse a Europa dos 15 coa incorporación de Austria, Finlandia e Suecia e en maio de 2004 incorporáronse Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta, Polonia e a República Checa, conformando a Europa dos 25. A partir de xaneiro de 2007, coas novas incorporacións de Bulgaria e Romanía, a UE consta de 27 membros. En xullo de 2013 Croacia convértese no país número 28 da UE. O 31 de xaneiro de 2020 o Reino Unido saíu da Unión Europea
Refírese a un posto remunerado creado recentemente ou non ocupado, ou que está a punto de quedar libre, para o que o empregador:
Para cada unidade dedicada a unha actividade produtiva, é a diferenza entre a produción e os consumos intermedios. A suma dos valores engadidos brutos, máis os impostos netos de subvencións sobre os produtos, dan como resultado o Produto Interior Bruto polo lado da oferta.
Son as siglas en inglés de Cost, Insurance and Freight (custo, seguro e frete). Trátase dun mecanismo de valoración das mercadorías que exceden as fronteiras dun país. O valor CIF corresponde ao prezo dun ben entregado na fronteira do país importador ou o prezo dun servizo prestado a un residente, antes do pago dos dereitos de importación ou outros impostos sobre as importacións, ou das marxes comerciais e de transporte dentro do país importador. Coma indica o seu nome, este prezo comprende:
Son as siglas en inglés de Free On Board (franco a bordo). Trátase dun mecanismo de valoración das mercadorías que exceden as fronteiras dun país. O valor FOB comprende os seguintes conceptos:
Para cada unidade dedicada a unha actividade produtiva, calcúlase como a diferenza entre a produción e os consumos intermedios. Esta é a definición empregada nas Contas Económicas Anuais e Trimestrais, así como no Marco Input-Output de Galicia. No seo destas operacións, os prezos de mercado son a referencia básica para a valoración da produción (sen considerar os impostos menos as subvencións sobre os produtos, dado que o VEB se valora a prezos básicos). Agora ben, na Conta Satélite de Produción Doméstica o concepto de produción amplíase para considerar aquela que queda á marxe das transaccións de mercado, polo que non pode empregarse o dito método na súa valoración. Neste caso, o VEB aproxímase a partir da estimación dos custos de produción:
Valor Engadido Bruto (VEB)=Valor do traballo (horas*salario/hora)-Outros impostos netos sobre a produción+Consumo de capital fixo
Máis información na metodoloxía da operación.
Refírese á superficie actualmente cuberta por viñedo en secaño. Tamén inclúe aquela cunha cobertura de matogueira pero cunha clara aptitude vitícola.
Proporciona unha media das horas traballadas na semana. Calcúlase como cociente das horas efectivas e dos postos de traballo (considerando semanas de 7 días). Exprésase en horas.
En 1992 a UE decidiu embarcarse nunha unión económica e monetaria (UEM) que suporía a introdución dunha moeda europea única xestionada por un Banco Central Europeo. A moeda única (o euro) fíxose realidade o 1 de xaneiro de 2002, cando os billetes e moedas substituíron ás moedas nacionais en 12 dos 15 países da Unión (Bélxica, Alemaña, Grecia, España, Francia, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Países Baixos, Austria, Portugal e Finlandia). En xaneiro de 2007 incorpórase Eslovenia á zona Euro; en xaneiro de 2008 incorpóranse Chipre e Malta; en xaneiro de 2009 incorpórase Eslovaquia; en xaneiro de 2011 Estonia; en xaneiro de 2014 Letonia e en xaneiro 2015 Lituania.
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies