Definicións. Enerxía


Biomasa

É a materia orgánica orixinada nun proceso biolóxico que se pode utilizar como fonte de enerxía.

Produción bruta de enerxía eléctrica

Este termo fai referencia á enerxía producida medida en bornes dos xeradores.

Produción dispoñible de enerxía eléctrica

De acordo coa terminoloxía internacional a produción neta inclúe a enerxía xerada con auga previamente bombeada sen desconto da enerxía absorbida polo bombeo, polo tanto defínese como "produción dispoñible" a diferenza entre a produción neta e o consumo de enerxía para o bombeo.

Produción neta de enerxía eléctrica

É o resultado de deducir da produción bruta os consumos en servizos auxiliares das centrais e as perdas en transformación principal. A produción neta, o mesmo que a bruta, inclúe a enerxía producida polas centrais de bombeo sen dedución da enerxía eléctrica consumida no bombeo.

 

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo