Volume interior dos espazos pechados do barco, expresado en arqueo bruto de Gross Tonnage.
Terras que permaneceron en descanso durante o curso da campaña, sen ningún cultivo, pero que recibiron algunhas labores
Dous ou máis cultivos están asociados cando ocupan simultánea e uniformemente unha mesma superficie
Constituídos por aquelas plantas cuxa parte aérea ten consistencia herbácea (cereais, leguminosas, pataca, algodón, remolacha, forraxeiras, hortalizas, etc.).
Son terras aradas ou cultivadas con regularidade, normalmente polo sistema de rotación de cultivos.
Os cultivos herbáceos inclúen: cereais, leguminosas, pataca, cultivos industriais, cultivos forraxeiros, hortalizas, flores e plantas ornamentais, sementes e plántulas destinadas á venta e outros cultivos herbáceos.
Constituídos por aquelas plantas cuxa parte aérea ten consistencia leñosa. Son cultivos non incluídos no réxime de rotación, distintos das pradarías permanentes, que ocupan as terras durante largos períodos que non necesitan ser transplantados despois de cada colleita. Non se inclúen as superficies forestais.
Os cultivos leñosos son: froiteiras, olivar, viñedo, viveiros de cultivos leñosos non forestais, cultivos leñosos en invernadoiro e outros cultivos permanentes.
Considéranse cultivos sucesivos os cultivos que se suceden nunha mesma superficie no curso da campaña agrícola
Son as solicitudes de postos de traballo rexistradas nas oficinas públicas de emprego realizadas polos traballadores en idade laboral que desexan traballar por conta allea. Inclúen as de traballadores que non teñen emprego, tanto daqueles que non traballaron anteriormente e buscan emprego por primeira vez como as dos que tiveron un emprego anterior, e as de traballadores ocupados que buscan emprego para substituír ou complementar o que teñen.
Inclúense nesta modalidade as superficies cubertas de especies arbóreas forestais, que non son empregadas principalmente con fins agrícolas ou con outros fins distintos dos forestais. Están incluídas as choupeiras no interior ou no exterior dos bosques, os montes de castiñeiros e nogueiras destinadas principalmente á produción de madeira, as plantacións de árbores de Nadal e os viveiros forestais que se atopen en bosques e se destinen ás necesidades propias da poboación.
Unidade técnico-económica da que se obteñen produtos agrarios baixo a responsabilidade dun titular. Esta unidade técnico-económica caracterízase pola utilización dos mesmos medios de produción: man de obra, maquinaria, etc.
Superficies destinadas ao cultivo de produtos agrarios da horta e froiteiros (incluída a pataca), cuxa produción se dedica principalmente ao autoconsumo na explotación. A súa superficie ten que ser inferior a 5 áreas (500 metros cadrados).
Organismo público encargado de xestionar o Réxime Especial da Seguridade Social dos Funcionarios Civís do Estado.
Toda extensión de terra que está baixo unha soa linde, é dicir, rodeada de terreo, edificios ou augas que non pertenzan á explotación.
Este concepto, establecido na Orden ministerial do 11 de marzo de 1985, está constituído polo total de demandas en alta existentes a fin de mes, excluíndo, entre outras, as que correspondan ás seguintes situacións:
A posta en marcha do novo Sistema de Información dos Servizos Públicos de Emprego (SISPE) en maio de 2005 produce unha ruptura da serie de paro rexistrado que se viña publicando ata o momento. A implantación deste novo sistema afecta a estimación do paro rexistrado, non porque cambie a definición, senón pola actualización e xestión automatizada da información e porque se corrixiron os erros que se viñan cometendo con certos colectivos.
Son prestacións económicas e de duración indefinida, aínda que non sempre, nas que a concesión está xeralmente supeditada a unha previa relación xurídica coa Seguridade Social (acreditar un período mínimo de cotización en determinados casos, ...), sempre que se cumpran os demais requisitos esixidos. A súa contía determínase en función das achegas efectuadas polo traballador e o empresario, se se trata de traballadores por conta allea, durante o período considerado para os efectos da base reguladora da pensión de que se trate.
As clases de pensións son:
A afiliación ao Sistema da Seguridade Social é obrigatoria para todas as persoas incluídas no campo de aplicación da Seguridade Social e única para toda a vida do traballador ou da traballadora e para todo o sistema, sen prexuízo das baixas, altas e demais variacións que con posterioridade á afiliación poidan producirse. É dicir, o traballador ou a traballadora afíliase cando comeza a súa vida laboral e se dá de alta nalgún dos rexímenes do Sistema da Seguridade Social. Esta situación denomínase alta inicial. Se cesa na súa actividade será dado ou dada de baixa pero seguirá afiliado ou afiliada en situación de baixa laboral. Se retoma a actividade producirase unha alta denominada alta sucesiva a efectos estatísticos, pero non terá que afiliarse novamente, dado que, como xa se indicou, a afiliación é única para toda a vida do traballador.
No Censo agrario e na Enquisa sobre a estrutura das explotacións agrícolas considéranse as seguintes categorías de personalidade ou condición xurídica para o titular da explotación:
Considérase residente a toda persoa física que ten a súa residencia habitual nun dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia
No Censo agrario e na Enquisa sobre a estrutura das explotacións agrícolas refírese á forma xurídica baixo a cal actúa o titular da explotación:
Enténdese como traballador e traballadora por conta propia ou autónomo/a, aquela persoa que realiza de xeito habitual, persoal e directa unha actividade económica a título lucrativo, sen suxeición por ela a un contrato de traballo e aínda que utilice o servizo remunerado doutras persoas, sexa ou non titular dunha empresa individual ou familiar. Presuporase, salvo proba do contrario, que a persoa afiliada é un traballador ou traballadora por conta propia ou autónomo/a se ostenta a titularidade dun establecemento aberto ao público como propietaria, arrendataria, usufrutuaria ou outro concepto análogo. Estarán incluídos neste réxime especial, entre outras, as seguintes categorías de traballadores e traballadoras:
No réxime especial do mar están incluídos:
É o réxime que conta con maior número de persoas afiliadas dentro da estrutura do Sistema da Seguridade Social. Estarán incluídos no Réxime Xeral, entre outras, as seguintes categorías de traballadores e traballadoras:
Deberán incluírse no rexistro de buques pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia as embarcacións pesqueiras e auxiliares das listas terceira e cuarta do Rexistro de matrícula de buques con porto base en Galicia, que estean operativas.
Un buque operativo é aquel que, estando matriculado nas listas terceira e cuarta do Rexistro de matrícula de buques e no Rexistro mercantil, fose despachado para labores de pesca marítima ou para labores auxiliares de pesca marítima ou explotacións de acuicultura, como mínimo unha vez nos últimos vinte e catro meses e que manteña ademais a capacidade de permanecer en servizo.
O Rexistro de gando bovino obtense a partir da base de datos SITRAN (Sistema Integrado de Trazabilidade Animal). A clasificación de vacas en muxidura e non muxidura faise atendendo ao criterio de aptitude na explotación (leite/carne), independentemente do tipo de explotación. O tipo de explotación establécese segundo o gando dominante na explotación, distinguindo entre explotacións de muxidura, non muxidura e ceba segundo a seguinte clasificación:
O Rexistro de matrícula levarase en varios libros foliados denominados listas nos cales se rexistran os buques, embarcacións e artefactos navais atendendo a súa procedencia e actividade:
É un conxunto de réximes a través dos cales o Estado garante ás persoas comprendidas no seu campo de aplicación, por realizar unha actividade profesional ou por cumprir os requisitos esixidos na modalidade non contributiva, así como aos familiares ou asimilados que tivesen ao seu cargo, a protección adecuada nas continxencias e situacións que a lei define.
O Sistema Integral de trazabilidade Animal, ou SITRAN, consiste nunha base de datos heteroxénea e distribuída que comunica os rexistros existentes nas comunidades autónomas con un rexistro centralizado mediante mecanismos de intercambio de información. SITRAN componse de tres módulos principais, que están relacionados entre si:
Conxunto da superficie de terras labradas e terras para pastos permanentes
A superficie total da explotación está constituída pola superficie de todas as parcelas que a integra: a superficie propiedade do titular, a arrendada de outros para a súa explotación e a superficie explotada conforme a outras formas de tenza. Exclúense as superficies propiedade do titular pero cedidas a terceiras persoas.
A superficie todas da explotación comprende as terras labradas, terras para pastos permanentes e outras terras. Deben incluírse:
Son as que reciben coidados culturais con arado, aixada, grade, cultivador, etc. Non se contan aquí os prados, aínda que neles se estenda fertilizante, se fagan cortas, resementeiras, etc. As terras labradas están constituídas polos cultivos herbáceos, barbeitos, hortas familiares e cultivos leñosos.
Son terras non incluídas na rotación de cultivos, dedicadas de forma permanente (por un período de cinco anos ou máis) á produción de herba
Persoa física ou xurídica que, actuando con liberdade e con autonomía, asume o risco dunha explotación agrícola, dirixíndoa por si ou mediante outra persoa
Unha UTA equivale ao traballo que realiza unha persoa a tempo completo ao longo dun ano. Unha xornada parcial compútase como a metade dunha completa
Obtéñense aplicando un coeficiente a cada especie e tipo, para agregar nunha unidade común diferentes especies. Os coeficientes empregados son:
Vacas leiteiras | 1 |
Outras vacas | 0,8 |
Bovinos machos de 24 meses e máis | 1 |
Bovinos femias de 24 meses e máis | 0,8 |
Bovinos de 12 a menos de 24 meses | 0,7 |
Bovinos de menos de 12 meses | 0,4 |
Ovinos | 0,1 |
Caprinos | 0,1 |
Porcas nais | 0,5 |
Porcas para reposición | 0,5 |
Leitóns | 0,027 |
Outros porcinos | 0,3 |
Equinos | 0,8 |
Galiñas | 0,014 |
Poliñas destinadas á posta | 0,014 |
Polos de carne e galos | 0,007 |
Pavos, patos, ocas e pintadas | 0,03 |
Outras aves | 0,03 |
Coellas nais | 0,02 |
É a persoa responsable da xestión corrente e cotiá da explotación agrícola.
Nas explotacións cuxo titular é unha persoa física, o xefe da explotación coincide normalmente co titular. No caso de non coincidir, o xefe da explotación pode ser un membro da familia do titular ou outra persoa asalariada.
Se o titular é unha persoa xurídica o xefe de explotación ten que ser necesariamente unha persoa asalariada.
Toda explotación terá unicamente unha persoa como xefe da explotación. Será aquela que aporte a maior contribución á xestión da explotación. Se esta contribución se distribuíse de igual maneira, considerarase que o xefe da explotación é a persoa de maior idade.
A Consellería de Medio Rural e do Mar clasifica os concellos onde se realiza produción ou extracción de marisco atendendo ao seguinte listado:
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies