Definicións. Poboación e condicións sociais


Idade media ao matrimonio

Media das idades ás que se contrae matrimonio (de 14 a 60 anos) ponderada polas tasas específicas de nupcialidade por idade.

Idade media ao primeiro matrimonio

Media das idades ás que os solteiros contraen matrimonio (de 14 a 60 anos) ponderada polas taxas específicas de nupcialidade dos solteiros por idade.

Porcentaxe de nacementos de nai non casada

Relación entre os nacementos de nai non casada e o total de nacementos.

Abandono educativo temperán

Poboación entre 18 e 24 anos (ambos inclusive) que non completou o nivel de educación de secundaria segunda etapa e non segue ningún tipo de formación (regrada ou non regrada). As categorías incluídas no cálculo do indicador son: analfabetos, educación primaria, formación e inserción laboral que non precisa título de primeira etapa de secundaria, primeira etapa de educación secundaria, formación e inserción laboral que precisa título de primeira etapa de secundaria e garantía social/iniciación profesional

Abstención

Está formada polo conxunto de individuos incluídos no censo electoral que o día da votación non fixeron efectivo o seu dereito a sufraxio. É a diferenza entre o censo en escrutinio e o número de votantes.

Accidente

Acontecemento fortuíto e imprevisto que sobrevén ao individuo e prodúcelle un dano corporal identificable. Inclúense as caídas, queimaduras, golpes, accidentes de tráfico (tanto como condutor, pasaxeiro ou peón), intoxicacións, envelenamento e feridas provocadas por animais ou insectos. Exclúese a auto-lesión.

Accidente laboral

O concepto de accidente laboral axústase ao da definición dada polas estatísticas europeas de accidentes laborais para garantir a comparabilidade, e inclúe:

  • Os accidentes durante a xornada laboral: aqueles que se producen durante a xornada laboral, é dicir, no traballo ou no transcurso do traballo.
  • Os accidentes “in itinere”: aqueles que teñen lugar nalgún dos desprazamentos que se realizan entre o domicilio e o posto de traballo, ou entre o lugar habitual de comida e o posto de traballo

Accidentes laborais

Considéranse os accidentes de traballo con baixa na xornada de traballo, incluídos os accidentes de tráfico e os orixinados por causas naturais, sempre que se produzan durante a xornada de traballo.

Acoso ou intimidación

Refírese a un comportamento intencionado en contra dunha persoa ou grupo de persoas que teña como consecuencia un dano físico, mental, moral ou consecuencias negativas no comportamento social da persoa. A violencia psicolóxica debe ser considerada nesta categoría; este cobre todas as formas de comportamento abusivo, condutas sistemáticas ou repetitivas contra unha persoa, palabras, actos, xestos ou escritos que puidesen afectar negativamente na personalidade, a dignidade ou benestar da persoa.

Acoso sexual

Refírese a unha conduta non desexada de carácter sexual, ou a outra conduta en relación ao sexo, afectando á dignidade do home ou da muller no traballo. Inclúe a ofensa verbal.

Actividade física intensa

Esta categoría agrupa actividades que requiren moito esforzo físico e que fan que as persoas respiren máis forte do normal, realizadas ben o traballo, no fogar, ou no tempo de ocio. Entre elas encóntranse as seguintes: cargar pesos pesados, cavar, cortar madeira, facer aeróbic, correr, nadar rápido, montar en bicicleta a gran velocidade, xogar ao fútbol, etc.

Actividade física lixeira

Esta categoría agrupa actividades que non requiren esforzo físico, como camiñar polo menos durante 10 minutos seguidos a paso tranquilo.

Actividade física moderada

Esta categoría agrupa actividades que requiren un esforzo físico moderado e fan que as persoas respiren de forma máis axitada do normal, pero non demasiado forte; as devanditas actividades poden levarse a cabo no traballo, na casa ou durante o tempo de ocio. Exemplos de actividades físicas moderadas son as seguintes: cargar con pesos lixeiros, ir en bicicleta a velocidade normal, fregar a casa ou limpar o xardín, etc.

Actividades Básicas da Vida Diaria (ABVD)

Son as actividades de autocoidado que unha persoa realiza diariamente. Inclúe as seguintes:

  • Alimentarse: comer e beber
  • Levantase e deitarse da cama
  • Levantarse e sentarse nunha cadeira
  • Vestirse e espirse
  • Ir ao servizo
  • Ducharse ou lavarse todo o corpo

Actividades habituais do fogar

Refírese a tarefas domésticas, tales como:

  • Preparación de comidas
  • Utilización do teléfono
  • Realizar compras
  • Subministro de medicamentos propios
  • Realizar tarefas domésticas lixeiras, como cociñar, fregar a louza, pasar o ferro, coidar os nenos, etc.
  • Realizar tarefas domésticas pesadas, como mover mobles pesados, fregar pisos cun cepillo, limpar ventás, etc.
  • Administrar o seu propio diñeiro
Acupuntor

Especialista que trata as doenzas inserindo agullas en distintas partes do corpo do paciente en función dos órganos afectados pola enfermidade.

Admisión/ingreso nun hospital de día

Refírese ás admisións a unha cama hospitalaria para diagnóstico e/ou tratamento programado, nas que se recibe a alta antes de media noite do mesmo día. Inclúe os ingresos en cama ou cadeira de brazos cama. Non inclúe estanzas en urxencias nin en observación.

Adulto

Na Enquisa estrutural a fogares (EEF) considéranse adultas as persoas de 25 ou máis anos e aquelas de 18 a 24 que percibiron ingresos de traballo ou prestacións no ano natural anterior á realización da enquisa ou non conviven con ningún dos seus pais.

Afiliación principal

Trátase da afiliación que se vai empregar para asignar as características da relación laboral (tipo de contrato, tipo de xornada, actividade económica e grupo de cotización) á persoa cotizante, na estatística Bases de cotización no Réxime Xeral da Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada. Para determinar cal é a afiliación principal, utilízanse os seguintes criterios:

  • En primeiro lugar, a de maior duración no mes de referencia.
  • No caso de empate en duración en dúas ou máis afiliacións, selecciónase aquela coa base de cotización de maior importe no mes de referencia.
  • No caso de empate nos dous criterios anteriores, isto é, que a persoa conte con dúas ou máis afiliacións de igual duración e igual base de cotización no mes de referencia, selecciónase a afiliación na que o código de conta de cotización teña un valor numérico superior.

Aforro en alimentos

Refírese ao aforro que tivo o fogar en alimentos xa que os produciu o propio fogar ou ben llos regalou algún familiar ou amigo e, polo tanto, lle evitou ao fogar a súa compra.

Aforro en reparacións

Refírese a que algún membro do fogar, familiar ou amigo realizou tarefas tales como pintar, reparar avarías, facer ou montar mobles... que supuxeron para o fogar un aforro de máis de 500 euros.

Agrupacións de cámara

Trátase de agrupacións españolas públicas e privadas, de profesionais e afeccionados, de mozos e especializadas en música antiga ou música contemporánea. Nestas agrupacións contémplase as de corda, metal, vento, vocal/instrumental e outro tipo de formación non tan comercial.

Agrupacións líricas

Trátase de agrupacións españolas públicas e privadas, de profesionais e afeccionados e/ou de mozos. Estas agrupacións comprenden a grupos dedicados á zarzuela e/ou ópera, a maior parte deles de carácter afeccionado.

Aloxamento

É a vivenda familiar que presenta a particularidade de ser móbil, semipermanente ou improvisada, ou ben que non foi concibida nun principio con fins residenciais pero, non obstante, constitúe a residencia dunha ou máis persoas. Os aloxamentos non están situados en edificios polo que non forman parte dos inmobles.

Alta hospitalaria

Procedemento polo que un paciente ingresado nun centro ou establecemento sanitario deixa de ocupar unha capa de hospitalización por curación, melloría, falecemento, traslado ou alta voluntaria.

Altas

Considérase que un asalariado xera alta no ano t se nese ano forma parte do mercado de traballo como asalariado, pero no ano t-1 non formaba parte do mercado de traballo como tal.

Altas de demandantes de emprego

Defírense a todos os movementos de cambio de situación a alta anotados no rexistro de demandantes que solicitan emprego.
As altas de demanda poden ser novas inscricións que se inscriben por primeira vez nun rexistro público de emprego, reactivación dunha demanda xa inscrita que se encontraba en baixa ou por traslado dun servizo público de emprego a outro. Non se inclúen como altas as reactivacións das demandas suspendidas temporalmente ou o paso de demandantes sen dispoñibiliade a demandante de emprego.

Aluguer imputado

Considérase como tal o aluguer que sería pagado polo fogar por unha vivenda como a que ocupa, se fose inquilino da mesma. Esta valoración imputada do consumo da vivenda afecta tanto á vivenda familiar habitada polo fogar propietario, como ao uso da vivenda cedida gratuíta ou semigratuitamente ao fogar, por outros fogares, organismos ou institucións.

Ámbito/Campo de estudo

Clasificación estatística propia do Sistema Integrado de Información Universitaria (SIIU) que agrupa os estudos oficiais, elaborada a partir da Clasificación Internacional Normalizada de Educación CINE-F 2013

Ambulatorio / Centro de especialidades

Centros nos que presta asistencia de atención especializada a beneficiarios da Seguridade Social. Na súa modalidade ambulatoria comprende todas as especialidades médicas e cirúrxicas legalmente recoñecidas. O acceso do paciente realízase, con carácter xeral, por indicación do médico de atención primaria para a asistencia ambulatoria.

Analfabeto

Considérase que unha persoa é analfabeta cando non sabe ler ou escribir en ningún idioma

Áreas (Enquisa estrutural a fogares)

As áreas definidas a partir da edición 2008 da Enquisa estrutural a fogares son:

  • Provincia da Coruña
    • Ferrol-Eume-Ortegal: comprende as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.
    • Área da Coruña: comprende as comarcas da Coruña e Betanzos.
    • Área da Costa da morte: comprende as comarcas de Bergantiños, Fisterra, Muros, Terra de Soneira e Xallas.
    • A Coruña suroriental: comprende as comarcas de Arzúa, Ordes e Terra de Melide.
    • Área de Santiago: comprende as comarcas da Barcala, O Sar e Santiago.
    • A Barbanza-Noia: comprende as comarcas da Barbanza e Noia.
  • Provincia de Lugo
    • Lugo oriental: comprende as comarcas da Fonsagrada, Os Ancares e Sarria.
    • Lugo sur: comprende as comarcas de Chantada, Quiroga e Terra de Lemos.
    • Lugo central: comprende as comarcas da Ulloa, Lugo, Meira e A Terra Chá.
    • A Mariña: comprende as comarcas da Mariña Central, A Mariña Oriental e A Mariña Occidental.
  • Provincia de Ourense
    • O Carballiño-O Ribeiro: comprende as comarcas do Carballiño e O Ribeiro.
    • Ourense central: comprende as comarcas de Allariz e Maceda, Terra de Caldelas, Terra de Trives e Valdeorras.
    • Ourense sur: comprende as comarcas da Limia, Baixa Limia, Terra de Celanova, Verín e Viana.
    • Área de Ourense: comprende a comarca de Ourense.
  • Provincia de Pontevedra
    • Pontevedra nororiental: comprende as comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes.
    • Pontevedra sur: comprende as comarcas da Paradanta, O Baixo Miño e O Condado.
    • Área de Pontevedra: comprende a comarca de Pontevedra.
    • Caldas-O Salnés: comprende as comarcas de Caldas e O Salnés.
    • Área de Vigo: comprende a comarca de Vigo.
    • O Morrazo: comprende a comarca do Morrazo.

Asalariados

Nas operacións do Sistema de contas económicas son todas as persoas que, mediante un acordo, traballan para outras unidades institucionais residentes e reciben unha remuneración.

Na información procedente das fontes tributarias defínese coma o número de persoas que reciben unha contraprestación pecuniaria en concepto de rendemento do traballo, contadas de forma única independentemente de que traballasen para unha ou varias empresas ou entidades. Este colectivo está formado polas persoas que reciben percepcións declaradas na clave A do Modelo 190 da "Declaración anual de retencións sobre as rendas de traballo" (empregados por conta allea en xeral).

Na Enquisa aos demandantes de emprego comprende a todas as persoas que na semana de referencia estiveran traballando para un empresario privado ou público a cambio dun soldo, salario, comisión, pagos segundo resultado, gratificación ou calquera outra forma de remuneración en metálico ou en especie. As persoas que traballan na empresa dun familiar percibindo unha remuneración regulamentada deben incluírse nesta categoría. Inclúense tamén como asalariados os socios ou traballadores das sociedades anónimas laborais que teñan unha situación laboral e legal de asalariados. As persoas que cumpran os requisitos para ser asalariados non perden a dita condición aínda no caso de que paguen directamente os impostos por rendemento do traballo persoal e/ou as cotizacións á Seguridade Social. Os xestores, directores ou outros empregados asalariados que non son donos da empresa na que traballan, clasifícanse como traballadores por conta allea, aínda que exerzan as mesmas funcións que os empresarios coma, por exemplo, a contratación ou o despido, en nome das empresas, doutros traballadores.
Como regra xeral, pódese dicir que un asalariado é unha persoa remunerada directa ou indirectamente, en diñeiro ou en especie, en función da cantidade de traballo que realiza (incluído o pago a comisión), con independencia do valor da produción ou da rendibilidade do proceso produtivo. Pode ocorrer que por razóns legais un asalariado teña contrato de autónomo. Neste caso consideraremos á persoa coma asalariada se cumpre as condicións antes descritas. Polo contrario, un traballador independente recibe unha renda que está en función do valor da produción do proceso produtivo do que é responsable, sexa moito ou pouco o traballo aportado.

Na Enquisa de poboación activa os asalariados son persoas con traballo por conta allea ou asalariados todas as que entren nas seguintes categorías:

  • Traballando: persoas que durante a semana de referencia traballaron, incluso de forma esporádica ou ocasional, polo menos unha hora a cambio dun soldo, salario ou outra forma de retribución conexa, en metálico ou en especie.
  • Con emprego pero sen traballar: persoas que, xa tendo traballado no seu emprego actual, estean ausentes do mesmo durante a semana de referencia (por causa de enfermidade, accidente, conflito laboral, suspensión disciplinaria de emprego e soldo, vacacións, licenza de estudos,...) e manteñan un estreito vínculo co emprego. A forza deste vínculo determinase de acordo coa crenza do entrevistado de reincorporarse ou non á empresa e na percepción ou non dalgún tipo de remuneración.
Os membros activos das forzas armadas figuran tamén entre a poboación asalariada. Non se consideran asalariados:
  • Os empresarios e os traballadores independentes, aínda que estiveran contratados como asalariados na súa propia empresa.
  • Os traballadores familiares non remunerados (axudas familiares) e os membros de cooperativas que traballan nelas.
  • As persoas ausentes do seu traballo, con licenza ou suspendidas que estean debilmente vinculadas ao seu emprego.
  • Os traballadores estacionais, ocasionais ou descontinuos por conta allea na época de menor actividade que non estivesen traballando na semana de referencia.
Considérase que os asalariados teñen un contrato ou relación laboral temporal cando o seu remate queda fixado por condicións obxectivas, tales como a expiración dun prazo, a realización dunha tarefa de terminada, etc. Noutro caso, considérase que o contrato, ou relación laboral, é indefinido.

Os asalariados subdivídense en: asalariados do sector público e asalariados do sector privado. Entre os primeiros están incluídos tanto os funcionarios como os contratados laborais, independentemente de que traballen con carácter fixo ou temporal.

Asistencia persoal

Axuda recibida por outra persoa.

Atención domiciliaria

Fai referencia á atención tanto médica coma non médica a persoas con algún tipo de enfermidade física ou mental, con algún tipo de minusvalidez ou a persoas que pola súa avanzada idade non poden realizar actividades de coidado persoal ou tarefas do fogar. Inclúe servizos a domicilio proporcionados por un enfermeiro ou matrona dun hospital, por axencias, asociacións ou por voluntarios.

Atención especializada

É a asistencia que se realiza en hospitais e centros de especialidades dependentes funcionalmente daqueles, prestándose atención aos problemas de saúde de maior complexidade e desenvolvéndose as demais funcións propias dos hospitais

Atención primaria

É a atención asistencial prestada nas seguintes dependencias: centros de saúde, ambulatorios, consultorios municipais e consultorios parroquiais. Esta prestación asistencial non ten como única finalidade a resolución da demanda dos cidadáns fronte á enfermidade, cando esta se presentase, senón que tamén realiza actividades de prevención de enfermidades, promoción de saúde e educación sanitaria da poboación

Autoconsumo

Por autoconsumo enténdense os bens (principalmente alimenticios) producidos na propia explotación agraria, fábrica ou taller, por algún dos membros do fogar, que son consumidos ou regalados polo fogar. Valóranse a prezos de mercado local polo miúdo (prezos de adquisición).

Automatizadores

Son dispositivos que funcionan como difusores de auga.

Autosuministración

Comprende os bens retirados (sen abono do seu importe) do propio comercio por algún dos membros do fogar propietario, que os consume no período de referencia. Valóranse a prezos de mercado local polo miúdo (prezos de adquisición).

Axuda domiciliaria para as tarefas domésticas

Este servizo inclúe tarefas tales como limpar a casa, preparar a comida, facer a coada, pasar o ferro, dar ou recordar a medicación, axudar con tarefas económicas ou financeiras do fogar, facer compras, etc. Estes servizos son ofrecidos polos concellos, asociacións privadas, ONG´s, etc., co fin de permitir a aquelas persoas con necesidades seguir vivindo nos seus propios domicilios.

Axuda familiar

Persoas que traballan sen remuneración regulamentaria na empresa dun familiar co que conviven

Axudas de emerxencia social (AES)

Son prestacións económicas, non contributivas, de carácter extraordinario e pagamento único, destinadas a paliar situacións de emerxencia de persoas con fogares independentes afectados por un estado de necesidade. Considéranse situacións de emerxencia social aquelas que orixinen gastos extraordinarios para cubrir necesidades específicas de carácter básico e urxente, tales como: gastos imprescindibles para o uso da vivenda habitual ou para o mantemento da habitabilidade ou accesibilidade da vivenda habitual, equipamento mobiliario básico e necesidades primarias (alimentación, vestido, atención sanitaria, etc.)

Axudas técnicas e adaptacións no fogar

Inclúe cadeiras de rodas, bastóns, baños ou cociñas adaptadas, corredores anchos, etc.

Bacharelato

Forma parte da Educación Secundaria postobrigatoria, e polo tanto, ten carácter voluntario. Comprende dous cursos académicos, que se realizarán ordinariamente entre os 16 e 18 anos de idade. Dende o curso 2015-2016 as modalidades de Bacharelato que poderán ofrecer as administracións educativos serán: Ciencias, Humanidades e Ciencias Sociais e Artes.

Baixa intensidade laboral (estratexia Europa 2030)

Unha persoa vive nun fogar con baixa intensidade laboral cando o número de días que as persoas de 18 a 64 anos dese fogar (excluíndo as persoas estudantes de 18 a 24 anos, as persoas retiradas ou xubiladas e as persoas de 60 a 64 anos inactivas que viven nun fogar cuxo ingreso principal son as pensións) tiveron ingresos por traballo, prestacións por ERTE ou prestacións por cese de actividade debidas á pandemia supón ata o 20% do número total de días que poderían telos durante o ano natural anterior á realización da enquisa.
Este indicador só se aplica ás persoas de 0 a 64 anos.

Baixas

Considérase que un asalariado é unha permanencia no ano t se forma parte da poboación asalariada no ano de referencia t e no inmediatamente anterior (t-1).

Baixas de demandantes de emprego

Son os cambios de situación dunha demanda de emprego a baixa por ter o demandante unha colocación, non facer a renovación da demanda no período establecido ou por outras causas (baixa a petición do demandante, rexeitamento de ofertas, ...)

Baixos niveis educativos

O indicador de persoas con baixos niveis educativos calcúlase como a Porcentaxe de adultos de entre 25 e 64 anos que acadaron un nivel educativo igual ou menor ao primeiro ciclo de ensinanza secundaria. As categorías incluídas para a obtención deste indicador son: analfabetos, educación primaria, formación e inserción laboral que non precisa título de primeira etapa de secundaria, primeira etapa de educación secundaria, formación e inserción laboral que precisa título de primeira etapa de secundaria e garantía social/iniciación profesional.

Bandas

Abarca as agrupacións de banda españolas tanto públicas como privadas, civís, militares (bandas e músicas) e das forzas e corpos de seguridade do estado (policías e garda civil), de formación clásica (só instrumentos de vento) e sinfónicas (con sección de corda) e compostas tanto por afeccionados como por profesionais. Ademais se inclúen as bandas de cornetas e tambores e as coblas (formación típica catalá).

Base de cotización para continxencias comúns por conta allea

A base de cotización para as diversas continxencias e situacións amparadas pola acción protectora da Seguridade Social está constituída pola remuneración total, calquera que sexa a súa forma ou denominación, que con carácter mensual teña dereito a percibir a persoa traballadora ou asimilada, ou a que efectivamente perciba de ser esta superior. As percepcións de vencemento superior ao mensual distribuiranse ao longo dos doce meses do ano.
Considérase remuneración á totalidade das percepcións económicas, sexan en diñeiro ou en especie. Así mesmo, hai que ter en conta que as bases de cotización ao Sistema da Seguridade Social non poden ser superiores ao límite máximo fixado para cada exercicio económico na correspondente Lei de Orzamentos Xerais do Estado. Nalgúns réximes de cotización, como é o caso do Réxime Xeral, tamén se fixan uns límites mínimos de cotización, en función do grupo de cotización da persoa. Se a base non se atopa comprendida entre a contía mínima e máxima correspondente ao grupo de cotización do traballador ou da traballadora, esta cotizará pola base mínima (se a cantidade resultante é menor) ou máxima (se é maior).

Base de cotización por continxencias comúns por conta propia

A base de cotización para as diversas continxencias e situacións amparadas pola acción protectora do Sistema da Seguridade Social está constituída pola remuneración total, calquera que sexa a súa forma ou denominación, que con carácter mensual teña dereito a percibir a persoa traballadora ou asimilada, ou a que efectivamente perciba de ser esta superior, por razón do traballo que realice. Esta denominación aplícase a case todos os réximes que integran o Sistema da Seguridade Social. Non obstante, para as persoas que cotizan ao Réxime Especial de Autónomos/as non depende estritamente da remuneración real que perciban polo desempeño das súas actividades, senón que o Sistema lles ofrece a posibilidade de escoller o importe mensual polo que van cotizar, dentro duns límites mínimo e máximo. Os ditos valores son fixados cada ano polo Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones.

Biblioteca pública

Unha biblioteca é pública cando cumpra os seguintes criterios:

  • Dispón dunha colección de fondos de carácter xeral, ofrece servizos informativos de tipo cultural, educativo, recreativo e social e é accesible a todos os cidadáns.
  • Ofrece os servizos de préstamo e consulta de documentos de forma libre e gratuíta.
  • Os fondos das bibliotecas públicas son de libre acceso e susceptibles de ser deixados en préstamo. Non obstante, cando é necesario por razóns de seguridade e conservación, poden limitar o acceso a unha parte destes fondos.

Billa monomando

Enténdese por billa monomando a que ten un só mando para regular o fluxo, a cantidade e a temperatura de auga.

Billa termostática

Unha billa termostática é a que dispón dun selector de temperatura que mantén a calor desexada. A elección faise cunha escala en graos que veñen no mando da billa.

Calefacción

Considérase que unha vivenda ten calefacción, cando dispón dalgunha instalación ou sistema que permite elevar a temperatura en toda ela ou na maior parte da mesma. Inclúense os sistemas de alimentación de aire quente ou por auga quente.

Calefacción colectiva

Unha vivenda ten calefacción colectiva (calefacción central) , cando a xeración de calor se produce dende un sistema de alimentación común para o edificio ou conxunto de edificios.

Calefacción individual

Unha vivenda ten calefacción individual, cando a xeración do sistema de calor se produce dende un sistema de alimentación situado na vivenda propiamente dita.

Cama en funcionamento (establecementos sanitarios)

É aquela cama que está efectivamente en servizo. Non se inclúen as camas habilitadas

Cama instalada (establecementos sanitarios)

Aquela considerada como dotación fixa do centro, que estea en condicións de funcionar, aínda que non o faga por non contar co persoal e equipamento necesario

Carencia material

Unha persoa vive nun fogar con carencia material cando ten carencia polo menos en tres conceptos dos seguintes:

  • Non pode permitirse ir de vacacións polo menos unha semana ao ano
  • Non pode permitirse unha comida de carne, polo ou pescado polo menos cada dous días
  • Non pode permitirse manter a vivenda cunha temperatura adecuada
  • Non ten capacidade para facer fronte a gastos imprevistos
  • Tivo retrasos no pagamento de gastos relacionados coa vivenda principal (hipoteca ou aluguer, gas, comunidade, etc.)
  • Non pode permitirse dispoñer de coche
  • Non pode permitirse dispoñer de ordenador persoal

Carencia material e social severa (estratexia Europa 2030)

Unha persoa está en situación de carencia material e social severa cando ten carencia, polo menos, en sete conceptos dos seguintes:
A nivel de fogar:

  • Non se pode permitir ir de vacacións polo menos unha semana ao ano.
  • Non se pode permitir unha comida de carne, polo ou pescado polo menos cada dous días.
  • Non se pode permitir manter a vivenda cunha temperatura adecuada.
  • Non ten capacidade para facer fronte a gastos imprevistos.
  • Tivo atrasos no pagamento de gastos relacionados coa vivenda principal (hipoteca ou alugueiro, gas, comunidade...).
  • Non se pode permitir dispoñer de coche.
  • Non se pode permitir substituír os mobles deteriorados ou vellos.
A nivel de persoa:
  • Non se pode permitir substituír as roupas deterioradas por outras novas.
  • Non se pode permitir ter dous pares de zapatos.
  • Non se pode permitir reunirse con amizades e/ou familiares para comer ou tomar algo ao menos unha vez ao mes.
  • Non se pode permitir participar regularmente en actividades de ocio.
  • Non se pode permitir gastar unha pequena cantidade de diñeiro en si mesmo cada semana.
  • Non se pode permitir dispoñer de conexión a internet para uso persoal no fogar.

Carencia material severa

Unha persoa vive nun fogar con carencia material severa cando ten carencia polo menos en catro conceptos dos seguintes:

  • Non pode permitirse ir de vacacións polo menos unha semana ao ano
  • Non pode permitirse unha comida de carne, polo ou pescado polo menos cada dous días
  • Non pode permitirse manter a vivenda cunha temperatura adecuada
  • Non ten capacidade para facer fronte a gastos imprevistos
  • Tivo retrasos no pagamento de gastos relacionados coa vivenda principal (hipoteca ou aluguer, gas, comunidade, etc.)
  • Non pode permitirse dispoñer de coche
  • Non pode permitirse dispoñer de teléfono (fixo ou móbil)
  • Non pode permitirse dispoñer de televisor en color
  • Non pode permitirse dispoñer de lavadora

Carga de poboación

Representa o número medio de persoas equivalentes a tempo completo que realmente soporta un concello; obtense a partir da poboación residente, sumándolle o saldo poboacional entre os non residentes presentes (poboación de entrada) e os residentes ausentes (poboación de saída)

Carga de poboación diúrna

Representa o número medio de persoas equivalentes a tempo completo que pasan o día no concello; obtense a partir da poboación residente, sumándolle o saldo poboacional entre os non residentes que pasan o día (poboación de entrada) e os residentes que non pasan o día (poboación de saída)

Carga de poboación que pernoita

Representa o número medio de persoas equivalentes a tempo completo que pasan a noite no concello; obtense a partir da poboación residente, sumándolle o saldo poboacional entre os non residentes que pasan a noite (poboación de entrada) e os residentes que non pasan a noite (poboación de saída)

Causa de defunción

Enfermidade ou lesión que iniciou a cadea de acontecementos patolóxicos que conduciron directamente á morte. Cando a causa é unha lesión traumática, considérase causa básica as circunstancias do accidente ou violencia que produciu a lesión fatal. A causa de morte clasifícase segundo a Clasificación Internacional de Enfermidades (CIE) 10ª revisión

Censo de electores residentes (CER)

Tamén se chama censo ordinario e engloba a todos los electores españois residentes no territorio nacional. Son inscritos de oficio pola Oficina de Censo Electoral nas listas das seccións electorais do seu lugar de residencia.

Censo de escrutinio

É aquel que se obtén do censo electoral tralas reclamacións presentadas na propia mesa electoral o día da celebración das eleccións.

Censo de persoas con discapacidade

O censo de persoas con discapacidade de Galicia refírese ao conxunto de persoas que teñen recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%.

Censo de poboación

É o conxunto de operacións que consisten en recompilar, resumir, valorar, analizar e publicar todos os datos de carácter demográfico, cultural, económico e social de todos os habitantes do país e das súas divisións político-administrativas, referidos a un momento ou período dado e a todas as persoas que residen en vivendas, xa sexan familiares ou colectivas.

Censo electoral

Contén a inscrición das persoas que reúnan os requisitos para ser elector e non estean privadas, definitiva ou temporalmente, do dereito de sufraxio. É a suma de todos os censos electorais previstos para cada proceso electoral:

  • Eleccións xerais: CER + CERA (desde as eleccións xerais de 1986, unha vez aprobada a LOREG en 1985).
  • Eleccións municipais: CER + CERA (desde as eleccións municipais de 1987 ata as municipais de 2007) + CERE (desde 1995). Dende as Eleccións Municipais de 2011: CER+CERE
  • Eleccións ao Parlamento Europeo: CER + CERA + CERE (só electores da UE).
  • Referéndum: CER + CERA.

Censo electoral de residentes ausentes (CERA)

Figuran os cidadáns de nacionalidade española ausentes do territorio nacional que están oficialmente residindo nun país estranxeiro (para o cal teñen que estar inscritos nun rexistro consular).

Censo electoral de residentes estranxeiros (CERE)

Neste censo figuran inscritos os cidadáns estranxeiros residentes oficialmente en España, pertencentes aos estados membros da Unión Europea ou tamén, os cidadáns de outros Estados que teñan subscrito con España acordos (tratados) de reciprocidade.

Centro de saúde/consultorio

Centros nos que se presta asistencia de atención primaria a beneficiarios da Seguridade Social. A asistencia é prestada por médicos de medicina xeral, pediatras e persoal de enfermaría. Ademais existen unha serie de servizos de apoio: unidades de planificación familiar, saúde mental, fisioterapia, saúde buco-dental, e nas que se integran outros profesionais (tocoxinecólogos, odontólogos, psiquiatras, psicólogos e farmacéuticos) que manexan problemas relacionados co súa formación específica.

Certificado de discapacidade

É o recoñecemento administrativo da discapacidade. O seu obxectivo é compensar as desvantaxes sociais que a discapacidade implica, proporcionando acceso a dereitos e prestacións de distinto tipo, con vistas a equiparar oportunidades.
Para a concesión deste certificado é preciso que a valoración do grao de discapacidade outorgada sexa superior ou igual ao 33%. A clasificación do grao de discapacidade responde a criterios técnicos unificados e serán obxecto de valoración tanto as discapacidades que presente a persoa como, no seu caso, os factores sociais que dificulten a súa integración social.

Ciclos formativos de formación profesional

Son ensinanzas que teñen unha estrutura modular. Inclúen un módulo de formación en centros de traballo (FCT), que se desenvolve nunha empresa. Aos ciclos de grao medio accédese co título de graduado en educación secundaria ou mediante unha proba regulamentada polas administracións educativas e aos ciclos de grao superior accédese co título de bacharelato ou a través dunha proba regulamentada polas administracións educativas.

Cine

Conxunto de salas de proxección de películas situadas nun mesmo domicilio cun sistema único de xestión de despachos, que permite o control da programación e venta das distintas salas.

Citoloxía vaxinal

Consiste na toma dunha mostra de células que son analizadas no laboratorio. É un medio de diagnóstico de cancro de colo de útero e vaxinal e de determinadas infeccións. Permite tamén coñecer a actividade hormonal da muller.

Clasificación de bens e servizos (COICOP)

  • GRUPO 01: ALIMENTOS E BEBIDAS NON ALCOHÓLICAS
    • 01.1 PRODUTOS ALIMENTICIOS
        01.1.1 Pan e cereais.
      • 01.1.2 Carne.
      • 01.1.3 Peixe.
      • 01.1.4 Leite, queixo e ovos.
      • 01.1.5 Aceites e graxas.
      • 01.1.6 Froitas.
      • 01.1.7 Hortalizas incluíndo patacas e outros tubérculos.
      • 01.1.8 Azucre, confeituras, mel, chocolate e confeitaría.
      • 01.1.9 Produtos alimenticios non comprendidos anteriormente.
    • 01.2 BEBIDAS NON ALCOHÓLICAS.
      • 01.2.1 Café, té, cacao.
      • 01.2.2 Augas minerais, bebidas gasosas e zumes.
    • 01.3 GRANDE COMPRA.
      • 01.3.1 Grande compra.
    • 01.4 GASTOS NON SEPARABLES EN ALIMENTOS, E BEBIDAS NON ALCOHÓLICAS.
      • 01.4.1 Gastos non separables en alimentos, e bebidas non alcohólicas.
  • GRUPO 2: BEBIDAS ALCOHÓLICAS, TABACO E NARCÓTICOS
    • 02.1 BEBIDAS ALCOHÓLICAS.
      • 02.1.1 Espirituosos e licores.
      • 02.1.2 Viños.
      • 02.1.3 Cervexa.
      • 02.2 TABACO.
        • 02.2.1 Tabaco.
      • 02.3 NARCÓTICOS.
        • 02.3.1 Narcóticos.
      • 02.4 GASTOS NON SEPARABLES EN BEBIDAS ALCOHÓLICAS, TABACO E NARCÓTICOS.
        • 02.4.1 Gastos non separables en bebidas alcohólicas, tabaco e narcóticos.
    • GRUPO 03: ARTIGOS DE VESTIR E CALZADO
      • 03.1 ARTIGOS DE VESTIR.
        • 03.1.1 Telas.
        • 03.1.2 Prendas de vestir.
        • 03.1.3 Outros artigos e accesorios de vestir.
        • 03.1.4 Reparación e aluguer de roupa.
      • 03.2 CALZADO.
        • 03.2.1 Zapatos e outro tipo de calzado.
        • 03.2.2 Reparación e aluguer de calzado.
      • 03.3 GASTOS NON SEPARABLES EN VESTIDO E CALZADO.
        • 03.3.1 Gastos non separables en vestido e calzado.
    • GRUPO 04: VIVENDA, AUGA, ELECTRICIDADE, GAS E OUTROS COMBUSTIBLES
      • 04.1 ALUGUEIROS REAIS.
        • 04.1.1 Alugueiros reais.
        • 04.1.2 Alugueiro o realuguer (vivenda secundaria).
        • 04.1.3 Outros alugueiros.
      • 04.2 ALUGUEIROS IMPUTADOS.
        • 04.2.1 Alugueiros imputados á vivenda en propiedade.
        • 04.2.2 Outros alugueiros imputados.
      • 04.3 GASTOS CORRENTES DE MANTEMENTO E REPARACIÓN DA VIVENDA.
        • 04.3.1 Materiais para o mantemento e as reparacións correntes da vivenda cando a reparación realízaa o propio fogar.
        • 04.3.2 Servizos de mantemento e reparacións correntes da vivenda.
      • 04.4 OUTROS SERVIZOS RELACIONADOS COA VIVENDA.
        • 04.4.1 Servizos de recollida de lixo.
        • 04.4.2 Servizos da rede de sumidoiros.
        • 04.4.3 Distribución de auga.
        • 04.4.4 Outros servizos relativos á vivenda non incluídos anteriormente.
      • 04.5 ELECTRICIDADE, GAS E OUTROS COMBUSTIBLES.
        • 04.5.1 Electricidade.
        • 04.5.2 Gas.
        • 04.5.3 Combustibles líquidos.
        • 04.5.4 Combustibles sólidos.
        • 04.5.5 Calefacción, auga quente central, vapor e xeo.
      • 04.6 GASTOS NON SEPARABLES EN VIVENDA, AUGA, ELECTRICIDADE, GAS E OUTROS COMBUSTIBLES.
        • 04.6.1 Gastos non separables en vivenda, auga, electricidade, gas e outros combustibles.
    • GRUPO 05: MOBILIARIO, EQUIPAMENTO DO FOGAR E GASTOS CORRENTES DE CONSERVACIÓN DA VIVENDA
      • 05.1 MOBLES, ARTIGOS DE AMOBLAMENTO, ALFOMBRAS E OUTROS REVESTIMENTOS PARA CHANS E AS SÚAS REPARACIÓNS.
        • 05.1.1 Mobles, artigos de amoblamento.
        • 05.1.2 Alfombras e outros revestimentos de chans.
        • 05.1.3 Reparación de mobles, artigos de amoblamento e revestimento de chan.
      • 05.2 ARTIGOS TÉXTILES PARA O FOGAR E REPARACIÓNS.
        • 05.2.1 Artigos téxtiles para o fogar e as súas reparacións.
      • 05.3 APARATOS DE CALEFACCIÓN E DE COCIÑA, NEVEIRAS, LAVADORAS E OUTROS GRANDES ELECTRODOMÉSTICOS, ACCESORIOS E AS SÚAS REPARACIÓNS.
        • 05.3.1 Grandes electrodomésticos eléctricos ou non.
        • 05.3.2 Pequenos aparatos electrodomésticos.
        • 05.3.3 Reparación e accesorios de todos os aparatos do fogar.
      • 05.4 CRISTALERÍA, VAIXELA, UTENSILIOS DO FOGAR E REPARACIÓNS.
        • 05.4.1 Cristalería, vaixela, utensilios do fogar e reparacións.
      • 05.5 FERRAMENTAS PARA CASA E XARDÍN.
        • 05.5.1 Grandes ferramentas e as súas reparacións.
        • 05.5.2 Pequenas ferramentas e accesorios diversos e as súas reparacións.
      • 05.6 BENS E SERVIZOS PARA O MANTEMENTO CORRENTE DO FOGAR
        • 05.6.1 Artigos non duradeiros para o fogar.
        • 05.6.2 Servizos domésticos e outros servizos para a vivenda.
      • 05.7 GASTOS NON SEPARABLES EN MOBILIARIO, EQUIPAMENTO DO FOGAR E GASTOS CORRENTES DE CONSERVACIÓN DA VIVENDA.
        • 05.7.1 Gastos non separables en mobiliario, equipamento do fogar e gastos correntes de conservación da vivenda.
    • GRUPO 06: SAÚDE
      • 06.1 MEDICAMENTOS E OUTROS PRODUTOS FARMACÉUTICOS, APARELLOS E MATERIAL TERAPÉUTICO.
        • 06.1.1 Produtos, aparello e equipos médicos.
      • 06.2 SERVIZOS MÉDICOS E PARAMÉDICOS EXTRA-HOSPITALARIOS.
        • 06.2.1 Servizos médicos.
        • 06.2.2 Servizos de dentistas.
        • 06.2.3 Servizos paramédicos non hospitalarios.
      • 06.3 SERVIZOS HOSPITALARIOS.
        • 06.3.1 Servizos hospitalarios.
      • 06.4 GASTOS NON SEPARABLES EN SAÚDE.
        • 06.4.1 Gastos non separables en saúde.
    • GRUPO 07: TRANSPORTES
      • 07.1 COMPRA DE VEHÍCULOS.
        • 07.1.1 Automóbiles.
        • 07.1.2 Motos.
        • 07.1.3 Bicicletas.
      • 07.2 UTILIZACIÓN DE VEHÍCULOS PERSOAIS.
        • 07.2.1 Compra de pezas de reposto e accesorios de vehículos persoais para reparacións realizadas polos membros do fogar.
        • 07.2.2 Carburantes y lubricantes.
        • 07.2.3 Mantemento e reparacións.
        • 07.2.4 Outros servizos relativos aos vehículos persoais.
      • 07.3 SERVIZO DE TRANSPORTE.
        • 07.3.1 Transportes por ferrocarril (tren, metro, tranvía,... urbano, interurbano e de larga distancia).
        • 07.3.2 Transportes por estrada (local e longa distancia).
        • 07.3.3 Transporte aéreo.
        • 07.3.4 Transporte de viaxeiros por mar e vías navegables interiores.
        • 07.3.5 Outros servizos de transporte.
      • 07.4 GASTOS NON SEPARABLES EN TRANSPORTES.
        • 07.4.1 Gastos non separables en transportes.
    • GRUPO 08: COMUNICACIÓNS
      • 08.1 COMUNICACIÓNS.
        • 08.1.1 Servizos postais.
        • 08.1.2 Equipos de teléfono e fax.
        • 08.1.3 Servizos de teléfono, telégrafo e fax.
      • 08.2 GASTOS NON SEPARABLES EN COMUNICACIÓNS.
        • 08.2.1 Gastos non separables en comunicacións.
    • GRUPO 09: OCIO, ESPECTÁCULOS E CULTURA
      • 09.1 EQUIPOS E ACCESORIOS AUDIO-VISUAIS, FOTOGRÁFICOS E DE PROCESAMENTO DE INFORMACIÓN, INCLUÍNDO AS SÚAS REPARACIÓNS.
        • 09.1.1 Aparellos receptores, rexistradores e reprodutores de son e de imaxe.
        • 09.1.2 Equipo fotográfico e cinematográfico, instrumentos ópticos.
        • 09.1.3 Material de tratamento da información.
        • 09.1.4 Soporte para o rexistro de imaxe e son.
        • 09.1.5 Reparación de equipos y accesorios audiovisuais, fotográficos e de procesamento da información.
      • 09.2 OUTROS BENS DURADEIROS IMPORTANTES PARA O OCIO E A CULTURA.
        • 09.2.1 Outros bens duradeiros importantes para o ocio e a cultura.
        • 09.2.2 Reparación de outros bens duradeiros importantes para o ocio e la cultura.
      • 09.3 OUTROS ARTIGOS E EQUIPAMENTO RECREATIVOS; FLORES, XARDINERÍA E MASCOTAS.
        • 09.3.1 Xogos, xoguetes e afeccións, equipo para deporte e entretemento ao aire libre.
        • 09.3.2 Xardinería e flores.
        • 09.3.3 Animais domésticos.
      • 09.4 SERVIZOS RECREATIVOS E CULTURAIS.
        • 09.4.1 Servizos recreativos e deportivos.
        • 09.4.2 Servizos culturais.
        • 09.4.3 Xogos de azar.
      • 09.5 PRENSA, LIBRERÍA E PAPELERÍA.
        • 09.5.1 Libros.
        • 09.5.2 Prensa.
        • 09.5.3 Impresos diversos.
        • 09.5.4 Materiais de papelería e pintura.
      • 09.6 VACACIÓNS TODO INCLUÍDO.
        • 09.6.1 Vacacións todo incluído.
      • 09.7 GASTOS NON SEPARABLES EN OCIO, ESPECTÁCULOS E CULTURA.
        • 09.7.1 Gastos non separables en ocio, espectáculos e cultura.
    • GRUPO 10: ENSINO
      • 10.1 SERVIZOS DE ENSINO.
        • 10.1.1 Educación infantil, educación preescolar e educación primaria.
        • 10.1.2 Ensino secundario.
        • 10.1.3 Ensino superior.
        • 10.1.4 Ensino non definido polo grao.
      • 10.2 GASTOS NON SEPARABLES EN ENSINO.
        • 10.2.1 Gastos non separables por ensino.
    • GRUPO 11: HOTEIS, CAFÉS E RESTAURANTES
      • 11.1 RESTAURANTES E COMIDAS FÓRA DO FOGAR.
        • 11.1.1 Restaurantes e cafés.
        • 11.1.2 Cantinas e comedores.
      • 11.2 SERVIZOS DE ALOXAMENTO.
        • 11.2.1 Servizos de aloxamento.
      • 11.3 GASTOS NON SEPARABLES EN HOTEIS, CAFÉS E RESTAURANTES.
        • 11.3.1 Gastos non separables en hoteis, cafés e restaurantes.
    • GRUPO 12: OUTROS BENS E SERVIZOS
      • 12.1 COIDADOS PERSOAIS.
        • 12.1.1 Perruquería e estética persoal.
        • 12.1.2 Aparellos, artigos e produtos para os coidados persoais.
        • 12.1.3 Outros servizos para os coidados persoais n.c.o.p.
      • 12.2 EFECTOS PERSOAIS NON DECLARADOS ANTERIORMENTE.
        • 12.2.1 Xoiaría, bixutería e reloxería.
        • 12.2.2 Outros efectos persoais.
      • 12.3 PROTECCIÓN SOCIAL.
        • 12.3.1 Servizos de protección social.
      • 12.4 SERVIZOS DE SEGURO.
        • 12.4.2 Seguros ligados á vivenda.
        • 12.4.3 Seguros ligados á sanidade. Seguros de enfermidade e accidente.
        • 12.4.4 Seguros ligados ao transporte.
        • 12.4.5 Outros seguros.
      • 12.5 SERVIZOS FINANCEIROS NON DECLARADOS EN OUTRA PARTE.
        • 12.5.1 Servizos financeiros non declarados en outra parte.
      • 12.6 OUTROS SERVIZOS NON DECLARADOS ANTERIORMENTE.
        • 12.6.1 Outros servizos non declarados anteriormente.
      • 12.7 CARTOS DE PETO A MENORES RESIDENTES NO FOGAR.
        • 12.7.1 Cartos de peto a menores residentes no fogar.
      • 12.8 REMESAS A MEMBROS DO FOGAR NON RESIDENTES NA VIVENDA.
        • 12.8.1 Remesas a membros do fogar non residentes na vivenda.
      • 12.9 GASTOS NON SEPARABLES NOUTROS BENS E SERVIZOS.
        • 12.9.1 Gastos non separables noutros bens e servizos.

CNAE-09 (Clasificación Nacional de Actividades Económicas)

É a Clasificación Nacional de Actividades Económicas resultante do proceso internacional de revisión denominado Operación 2007. Foi elaborada segundo as condicións recollidas no Regulamento de aprobación da NACE Rev.2. O obxectivo desta clasificación é establecer un conxunto xerarquizado de actividades económicas que poida ser empregado para:

  • Favorecer a implementación de estatísticas nacionais que poidan ser diferenciadas de acordo coas actividades establecidas
  • Clasificar as unidades estatísticas e entidades segundo a actividade económica exercida
Acceso á Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE 2009)

CNAE-93 Rev.1 (Clasificación Nacional de Actividades Económicas)

É a Clasificación Nacional de Actividades Económicas elaborada segundo as condicións recollidas no Regulamento de implantación da NACE Rev. 1.1. O obxectivo desta clasificación é establecer un conxunto xerarquizado de actividades económicas que poida ser empregado para:

  • Favorecer a implementación de estatísticas nacionais que poidan ser diferenciadas de acordo coas actividades establecidas
  • Clasificar as unidades estatísticas e entidades segundo a actividade económica exercida

Código da conta de cotización

Código ao cal figuran asociados os datos identificativos do empresario e ao que se vinculan os traballadores por conta allea. Cada empresa pode ter un ou varios códigos de conta de cotización pero só hai un principal, os demais (secundarios) están vinculados ao principal. Os empresarios deben dispoñer, polo menos, dun código de conta de cotización por cada provincia onde realicen unha actividade económica e por cada réxime. Os códigos de conta de cotización non identifican necesariamente aos centros de traballo.

Coidado a adultos dependentes

No módulo sobre conciliación entre vida laboral e familiar da Enquisa de poboación activa (EPA) considéranse coidados a adultos dependentes a seguintes actividades:

  • Coidado persoal (aseo, axuda para vestirse, axuda para comer, etc.)
  • Axuda física (por exemplo, para moverse ou camiñar).
  • Axuda en asuntos financeiros.
  • Axuda en tarefas domésticas (limpeza da casa, lavado de roupa, etc.)
  • Facer compaña, visitar, conversar.
Non se considera como coidado a adultos dependentes a axuda económica nin o voluntariado de calquera tipo.

Coidado a menores

No módulo sobre conciliación entre vida laboral e familiar da Enquisa de poboación activa (EPA) considéranse coidados a menores a seguintes actividades:

  • Coidado persoal (aseo, axuda para vestirse, axuda para comer, etc.)
  • Axuda na realización de tarefas escolares.
  • Xogos.
  • Lectura.
  • Vixilancia.
  • Paseos.
Non se considera como coidado a nenos a axuda económica nin o voluntariado de calquera tipo.

Colocacións

Son os postos de traballo cubertos por traballadores durante o período de referencia. Poden ser :

  • Colocacións xestionadas: son as realizadas durante o período de referencia mediante xestión da oficina de emprego, tanto no proceso de colocación coma nos procesos previos de preparación do traballador para a súa inserción laboral.
  • Colocacións comunicadas: son as realizadas durante o período de referencia sen xestión da oficina de emprego. Coñécense a través das comunicacións de contratación realizadas polos empregadores e por presentación dos contratos a rexistro se estes contratos non son consecuencia dunha colocación xestionada pola oficina de emprego.

Comidas a domicilio

É un servizo que ten como finalidade proporcionar a comida a persoas que non poden saír de casa para facer a súa compra ou que teñen dificultade en preparar a súa propia comida debido a que padecen algún tipo de enfermidade física ou mental, teñen algún tipo de minusvalidez ou porque a súa avanzada idade llo impide.

Complementos salariais

Conxunto de retribucións pagadas por encima das retribucións básicas (salario base e pagas extraordinarias) que o empregador abona habitualmente previo pacto en convenio colectivo. Destacan os complementos persoais, que valoran a antigüidade no posto de traballo, a cualificación individual mediante titulación académica ou profesional, os coñecementos de idiomas, informática, etc.; os complementos relacionados co posto de traballo, que se concretan nas específicas circunstancias nas que se desenvolve o traballo; os pluses de nocturnidade, os de traballo en días festivos, así como os pluses de perigosidade, penosidade ou toxicidade; ...

Conciliacións

É o intento obrigatorio de acordo entre os intereses en conflito dos traballadores e empresas, con participación da Administración e como procedemento previo á vida xudicial. Poden ser individuais ou colectivas. En ambos casos as conciliacións resolvénse:

  • Con avinza: cando se chega a acordo entre as partes.
  • Sen avinza: cando non se acada acordo entre as partes.
  • Intentadas sen efecto: cando non compareza a parte ou as partes demandadas.
  • Tidas por non presentadas: cando, debidamente citadas as partes, a promotora non comparece no acto.
  • Desistidas: cando compareza a parte promotora, para o único efecto de desistir do conflito producido.
  • Outros tipos: reclamación improcedente recibida por correo e debidamente rexistrada, etc.

Consulta externa dun hospital

Consultas realizadas no propio hospital para aqueles pacientes que necesiten medios diagnósticos, tratamento e/ou rehabilitación, e que non se poden proporcionar no nivel de atención primaria, incluíndo a realización de procedementos cirúrxicos menores. Non requiren ingreso no hospital, senón que se fan de forma ambulatoria.

Consulta médica

Calquer visita a un profesional médico titulado (persoal ou telefonicamente), para diagnóstico, exame, tratamento, seguimento, consello ou calquer outro trámite. Tamén se considera consulta médica as revisións e peticións de receitas. Non se considera consulta médica os exames médicos colectivos (laborais, escolares, etc.), a simple petición de hora ou cita, as consultas ao estomatólogo, dentista ou hixienista dental, a realización de calquer proba diagnóstica (radiografías, análises, etc.) o procedemento terapéutico indicado por un médico, nin os contactos con farmacéuticos ou ópticos para a adquisición de prescricións médicas.

Consultas a especialistas

Fai referencia ás consultas a médicos especialistas en consultas externas ou de urxencias, incluíndo o cirurxián maxilofacial e outros cirurxiáns, pero non dentistas xerais. Tamén se consideran as consultas médicas no lugar de traballo ou centro de estudos, ou a un especialista no estranxeiro. Non se inclúen as visitas realizadas no hospital como paciente ingresado ou atendido no hospital de día.

Consumo intensivo de alcohol

Consumo nunha mesma ocasión de 6 ou máis bebidas. Enténdese nunha mesma ocasión o consumo nunha mesma situación, por exemplo, un tempo continuado de ocio, unha comida, unha festa, etc.

Contrato de interinidade

Contrato de duración temporal para substituír a un traballador con dereito a reserva do posto, en xornada completa ou parcial.

Contrato de obra ou servizo

Son os contratos para a realización de obras ou servizos determinados, en xornada completa ou parcial, na actividade da empresa e que ten duración temporal.

Contrato de relevo

Contrato de duración indefinida ou ata o momento da xubilación do traballador ao que substitúe por xubilación parcial; con xornada parcial ou completa.

Contrato de substituciónpor xubilación aos 64 anos

Contrato para traballadores desempregados que substitúan a outros traballadores que anticipan a idade de xubilación nun ano.

Contrato en prácticas

Contratos destinados a completa a formación de traballadores con títulos universitarios ou de formación profesional. Son contratos de duración temporal, con xornada a tempo parcial ou completa, indistintamente.

Contrato eventual por circunstancias da produción

Contratos de duración temporal, en xornada completa ou parcial, para atender as esixencias circunstaciais do mercado.

Contrato indefinido fomento do emprego

Contrato de duración indefinida acollido ao Fomento da Contratación Indefinida e xornada completa, parcial ou fixo descontinuo, orientado a incentivar a contratación de traballadores desempregados.

Contrato indefinido ordinario

É o concertado sen establecer límites de tempo na prestación de servizos con xornada a tempo completo, parcial ou fixo descontinuo.

Contrato indefinido personas con discapacidade

Contrato de duración indefinida dirixido á integración laboral de persoas con discapacidade e que pode ser de xornada completa ou a tempo parcial.

Contrato para a formación

Contrato destinado aos mozos de 16 a 24 anos (Ata o 31 de decembro de 2013 pódese celebrar con traballadores de ata 30 anos), para a adquisición por parte do traballador da cualificación necesaria para o desempeño dun oficio ou posto de traballo concreto.

Contrato por xubilación parcial

Contrato de duración determinada e xornada parcial, complementario ao de relevo, que se firma co traballador que se xubila parcialmente.

Contrato temporal

Con carácter xeral, un emprego defínese como temporal cando a finalización do contrato ou relación laboral queda determinada por condicións obxectivas, coma a expiración dun prazo, a realización dunha tarefa determinada, a reincorporación dun empregado ao que se substituíra temporalmente, a realización dun período de prácticas, etc. En todo caso, neste tipo de contratos as condicións da súa finalización xeralmente aparecen recollidas no contrato.

Contrato temporal para persoas con discapacidade

Contrato temporal de doce meses a tres anos, con xornada completa ou parcial, para persoas con discapacidade.

Contratos convertidos en indefinidos

Baixo este concepto inclúense s contratos por tempo determinado que, ao amparo da normativa en vigor, son transformados en indefinidos. OS contratos susceptibles de ser convertidos en indefinidos son:

  • Contrato de obra ou servizo.
  • Contrato de eventuais por circunstancias da produción.
  • Contrato de interinidade.
  • Contrato temporal de persoas con discapacidade.
  • Contrato de substitución por xubilación aos 64 anos.
  • Contrato en prácticas.
  • Contrato de relevo.
  • Contrato de formación.
  • Outros contratos.

Convenio colectivo

É o acordo asinado polas comisións negociadoras e inscrito no rexistro de convenios colectivos da autoridade laboral competente. Para efectos estatísticos, recóllense tanto os convenios firmados, como as revisións de carácter anual que se realizan para aqueles convenios de vixencia de dos ou máis anos. Tamén se inclúen as adhesións, arbitraxes voluntarias, extensións de convenios e outros acordos rexistrados con eficacia xeral de convenio, así como os pactos de eficacia limitada ou convenios extraestatutarios na medida na que se ten coñecemento dos seus datos, posto que, aínda que formalmente non teñen recoñecida eficacia de convenio, a entidade económica que teñen algúns destes pactos así o aconsella. Segundo o ámbito do convenio pode ser:

  • Convenios de empresa: engloban tanto os convenios que afectan a todo o cadro de persoal dunha empresa como a parte dela. Identifícase cada convenio cunha empresa, non obstante, algunhas empresas teñen máis dun convenio polo que o número destas pode estar sobrevalorado.

  • Convenios doutro ámbito: refírense aos convenios de ámbito superior á empresa.
    Os convenios tanto de empresa como doutro ámbito, poden ser provinciais, cando afectan unha soa provincia; autonómicos, cando afectan a máis dunha provincia dunha mesma comunidade autónoma; ou interautonómicos, cando afectan a máis dunha provincia pertencente a máis dunha comunidade autónoma.

Correspondencia entre os sectores utilizados nas táboas da Axencia Tributaria e a CNAE-2009

Correspondencia entre os sectores utilizados nas táboas da Axencia Tributaria e a CNAE-2009

  • Agricultura, gandería, silvicultura e pesca: sección A da CNAE-2009
  • Industria extractiva, enerxía e auga: seccións B, D e E da CNAE-2009
  • Industria: sección C da CNAE-2009
  • Construción e actividades inmobiliarias: seccións F e L da CNAE-2009
  • Comercio, reparacións e transporte: seccións G e H da CNAE-2009
  • Información e comunicacións: sección J da CNAE-2009
  • Entidades financeiras e aseguradoras: sección K da CNAE-2009
  • Servizos ás empresas: seccións N e M da CNAE-2009
  • Servizos sociais: seccións P, Q e O da CNAE-2009
  • Outros servizos persoais e de ocio: seccións I, R e S da CNAE-2009
Para máis información consultar a Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE-2009).

Cotizacións obrigatorias á Seguridade Social

Son as achegas legalmente establecidas e que o empregador fai ao sistema da Seguridade Social en favor dos seus empregados, para cubrir as prestacións que o sistema establece, e que son as derivadas de situacións de enfermidade, maternidade, accidente laboral, invalidez, xubilación, familia, supervivencia, desemprego, formación profesional, garantía salarial , ou calquera outra continxencia cuberta polo sistema de Seguridade Social.

Cotizacións voluntarias

Recollen as achegas do empregador a circuítos privados de seguridade social ou outras entidades de seguros ao obxecto de cubrir, mellorar ou complementar as prestacións establecidas polo sistema de Seguridade Social. Tales cotizacións non teñen carácter obrigatorio senón que adóitanse establecer nos convenios colectivos de xeito negociado. Entre estas cotizacións destacan: plans e fondos de pensións, seguros de enfermidade, maternidade ou accidente, outros plans ou seguros.

COVID-19

Doenza respiratoria, altamente contaxiosa, causada polo coronavirus SARS-CoV-2, que ten como síntomas máis característicos febre, tose seca, dispnea, mialxia e cansazo, e que nalgúns casos graves pode producir pneumonía, síndrome de dificultade respiratoria aguda, sepse e choque séptico. Esta palabra é o acrónimo do inglés Coronavirus Disease 2019 'doenza por coronavirus 2019'

Crecemento migratorio

Para cada ámbito territorial, é a diferenza entre o número de inmigracións e o número de emigracións. Se é positivo indica que as entradas de poboación superan ás saídas e se é negativo o contrario.

Crecemento vexetativo

É a diferenza existente entre os nacementos e as defuncións ocorridas durante un período de tempo definido.

Custo laboral

Defínese o custo laboral como o custo no que incorre o empregador pola utilización do factor traballo. Inclúe:

  • o custo salarial
  • outros custos: percepcións non salariais e cotizacións obrigatorias á Seguridade Social.

Custo salarial

Comprende todas as percepcións económicas realizadas aos traballadores, en efectivo ou en especie, pola prestación profesional dos servizos laborais por conta allea, que retribúen o traballo en efectivo (calquera que sexa a forma de remuneración) ou os períodos de descanso computables como de traballo. As percepcións salariais comprenden: o salario base, os complementos salariais, pagos por horas extraordinarias e/ou complementarias, gratificacións extraordinarias e salario en especie.

Defunción

O concepto estatístico de defunción utilizado tradicionalmente en España comprendía a todos os falecidos con máis de 24 horas de vida. A partir de 1975 o concepto ampliouse coa incorporación dos nacidos con vida falecidos durante as primeiras 24 horas. Con este cambio adóptase o criterio recomendado polos organismos internacionais.

Defuncións teóricas (dx)

Número de mortes que ocorren entre as idades exactas x e x+n.

Demandantes de emprego non ocupados

O concepto de demandante de emprego non ocupado (DENO) intenta aproximar o concepto de paro baseado nos criterios internacionais da Organización Internacional do Traballo (OIT). A súa definición non está regulada por ningún precepto legal e calcúlase a partir da cifra de paro rexistrado á que se lle suman os seguintes cinco colectivos que, segundo os criterios da OIT, poderían cumprir as condicións para ser considerados parados: os estudantes, os demandantes de servizos previos ao emprego, os demandantes de emprego conxuntural, os demandantes de emprego de xornada reducida (inferior a 20 horas) e os traballadores eventuais agrarios subsidiados.

Demandas de emprego rexistradas

Son as solicitudes de postos de traballo rexistradas nas oficinas públicas de emprego realizadas polos traballadores en idade laboral que desexan traballar por conta allea. Inclúen as de traballadores que non teñen emprego, tanto daqueles que non traballaron anteriormente e buscan emprego por primeira vez como as dos que tiveron un emprego anterior, e as de traballadores ocupados que buscan emprego para substituír ou complementar o que teñen. 

Densidade de poboación

É o cociente entre a poboación dun territorio e a súa extensión superficial, é dicir, o número de habitantes por cada quilómetro cadrado de superficie.

Densidade media de cotización posible

Cociente entre o tempo total cotizado en situación de alta laboral e a vida laboral posible da persoa, considerando como data de inicio desta o momento no que se cumpren os 16 anos (idade mínima legar para traballar actualmente en España) e como data de fin o 31/12/2018.

Densidade media de cotización real

Cociente entre o tempo total cotizado en situación de alta laboral e a vida laboral real da persoa, considerando como data de inicio desta o momento no que se accede ao mercado de traballo e como data de fin o 31/12/2018.

Dependencia

Estado de carácter permanente no que se atopan as persoas que, por razóns derivadas da idade, enfermidade ou discapacidade, e ligadas á falta ou perda de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, precisan da atención doutras persoas ou axudas importantes para realizar actividades básicas da vida diaria ou, no caso das persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental, doutros apoios para a súa autonomía persoal.

Dependencia funcional

Déficit dunha persoa nalgún dos seguintes aspectos: - Actividades de coidado persoal: tomar as súas medicinas, comer, vestirse e denudarse, peitarse e afeitarse, cortar as uñas dos pes, lavar a cara e o corpo de cintura para arriba, ducharse ou bañarse e quedarse só durante a noite. - Labores domésticas: utilizar o teléfono, comprar comida ou roupa, preparar o almorzo ou comida, cortar pan, fregar a vaixela, facer a cama, cambiar as sábenas, lavar a roupa lixeira a man, lavar roupa a máquina, limpar a casa, limpar unha mancha do so e coser un botón. - Actividades de mobilidade: coller un transporte público, administrar os seus propios cartos, andar (con ou sen bastón), levantarse da cama e deitarse, andar unha hora seguida e subir dez chanzos

Desempregados

No Mercado de traballo e pensións nas fontes tributarias é o número de persoas que ao longo dun exercicio recibiron algunha prestación por desemprego. É o colectivo formado pola totalidade de persoas perceptoras de prestacións ou subsidios por desemprego, independentemente de cal sexa a súa forma de pago, incluíndo as percepcións declaradas na clave C do Modelo 190 da "Declaración anual de retencións sobre as rendas de traballo" (prestacións ou subsidios por desemprego) e na clave D (prestacións de desemprego abonadas na modalidade de pago único). Neste colectivo non se produce o fenómeno de pluralidade, ao seren únicas as prestacións por desemprego e pagadas sempre polo mesmo retedor.

Desfase relativo da renda baixa mediana

Distancia entre o limiar de risco de pobreza e a mediana dos ingresos equivalentes das persoas en risco de pobreza expresada como porcentaxe do limiar de risco de pobreza.

Diagnóstico principal

Afección que motivou o ingreso no hospital, segundo criterio do servizo clínico ou facultativo que atendeu ao enfermo, aínda que durante a súa estadía aparecesen complicacións importantes e incluso outras afeccións independentes

Dieta

Fai referencia aos alimentos (ou mestura de alimentos) que nunhas determinadas cantidades son inxeridos de forma habitual, xeralmente a diario, e representa o modelo ou patrón de alimentación que segue un individuo. Enténdese que unha persoa segue unha dieta ou réxime especial se modifica o seu hábito alimentario, por consello médico ou decisión propia, sexa cal sexa o motivo

Dietista, nutricionista

Especialista que desenvolve actividades orientadas á alimentación da persoa ou de grupos de persoas, axeitadas ás necesidades fisiolóxicas e, no seu caso, patolóxicas destas, e de acordo cos principios de prevención e saúde pública. Recomendando axudas específicas ou cambio nos hábitos alimenticios preveñen e tratan certos tipos de enfermidade.

Directiva INSPIRE

A Directiva INSPIRE (Infrastructure for Spatial Information in Europe) determina as regras xerais para o establecemento dunha Infraestrutura de Información Espacial na Unión Europea. Iníciase ante a necesidade de organizar e poñer en común a información espacial das diferentes Infraestruturas de datos Espaciais dos Estados Membros e co obxectivo de superar os problemas de dispoñibilidade, calidade, xestión, accesibilidade e posta en común de toda a xeo-información.

Discapacidade

Segundo a Clasificación Internacional do Funcionamento, da Discapacidade e da Saúde (CIF) da Organización Mundial da Saúde, enténdese por discapacidade a situación resultante da interacción entre a condición da saúde e os factores contextuais que restrinxe a participación da persoa.

Discriminación

Refírese a un tratamento despectivo cara a unha persoa debido ás súas características persoais ou á categoría de persoas á que pertence (raza, condición social, etc.).

Disfunción psicolóxica

Trátase dun indicador que mide o estado de saúde mental dunha persoa. Constrúese a partir de cinco preguntas:

  • Durante as últimas 4 semanas con que frecuencia estivo especialmente tenso?
  • Durante as últimas 4 semanas con que frecuencia se sentiu tan baixo de moral que nada podía animalo?
  • Durante as últimas 4 semanas con que frecuencia se sentiu calmado e tranquilo?
  • Durante as últimas 4 semanas con que frecuencia se sentiu desanimado e deprimido?
  • Durante as últimas 4 semanas con que frecuencia se sentiu feliz?
Os valores deste indicador oscilan entre 0 e 100 puntos. Unha puntuación de 100 representaría a saúde mental óptima.

Disolución matrimonial

O matrimonio disólvese, sexa cal fose a forma e o tempo da súa celebración, pola morte ou a declaración de falecemento duns dos cónxuxes ou polo divorcio.

Distribución da renda S80/S20

Indica, para cada ámbito xeográfico, o cociente entre o total do ingreso equivalente do quintil máis rico e o total do ingreso equivalente do quintil máis pobre da poboación dese ámbito.

Divorcio

Decretarase xudicialmente o divorcio, calquera que sexa a forma de celebración do matrimonio, a petición dun dó dos cónxuxes, de ambos ou dun co consentimento do outro, cando concorran os requisitos e circunstancias esixidos no artigo 81 do Código Civil: :

  1. A petición de ambos os cónxuxes ou dun co consentimento do outro, unha vez transcorridos tres meses desde a celebración do matrimonio.
  2. A petición dun só dos cónxuxes, unha vez transcorridos tres meses desde a celebración do matrimonio. Non será preciso o transcurso deste prazo para a interposición da demanda cando se acredite a existencia de risco para a vida, a integridade física, a liberdade, a integridade morar ou liberdade e indemnidade sexual do cónxuxe demandante ou dos fillos de ambos ou de calquera dos membros do matrimonio.
A acción do divorcio extínguese pola morte de calquera dos cónxuxes e pola súa reconciliación, que deberá ser expresada cando se produza despois de interposta a demanda.

A reconciliación posterior ao divorcio non produce efectos legais, pero os divorciados poderán contraer entre si novo matrimonio.

A disolución do matrimonio por divorcio só poderá ter lugar por sentencia que así o declare e producirá efectos a partir da súa firmeza.

Educación especial

É unha educación dirixida aos alumnos con necesidades educativas especiais, temporais ou permanentes, para que poidan acadar os obxectivos establecidos con carácter xeral para todos os alumnos. A escolarización en unidades ou centros de educación especial só se leva a cabo nos casos nos que as necesidades do alumno non poidan ser atendidas nun centro ordinario.

Educación infantil

Ensinanza de réxime xeral, de carácter voluntario. Comprende ata os seis anos de idade. Estrutúrase en dous ciclos: o primeiro ata os tres anos e o segundo desde os tres ata os seis anos de idade.

Educación primaria

Forma parte da ensinanza básica e ten carácter obrigatorio e gratuíto. Comprende seis cursos académicos que se cursarán ordinariamente entre os seis e doce anos de idade. Organízase en asignaturas e áreas que terán carácter global e integrador. Os alumnos e alumnas incorporaranse, con carácter xeral, ao primeiro curso no ano natural no que fagan os seis anos.

Educación regrada / Planes oficiais de estudo

Educación ou formación coas seguintes características:

  • O seu obxectivo e formato están predeterminados.
  • Están contemplados nos sistemas de educación de colexios, escolas, universidades e outras institucións de ensino.
  • Normalmente, constitúen una mellora na educación.
  • Estrutúranse en termos de obxectivos de aprendizaxe, tempo de aprendizaxe e soporte de aprendizaxe.
  • Normalmente, supoñen obter un título recoñecido polas autoridades nacionais que cualifica a quen o obtén para unha educación / programa específico.
  • Correspóndese cos programas recollidos polos cuestionario da UOE (UNESCO/OECD/Eurostat).

Educación secundaria obrigatoria

É unha etapa educativa obrigatoria e gratuíta que completa a educación básica. Consta de catro cursos académicos que se realizan ordinariamente entre os 12 e 16 anos de idade. Dende o curso 2015-2016 comprende dous ciclos: o primerio de tres cursos escolares e o segundo de un

Electricidade

Na Enquisa social 2008: fogares e medio ambiente, considérase que nunha vivenda dispoñen de electricidade cando esta procede dunha rede xeral de distribución e é conducida ao interior da vivenda por unha instalación fixa, ou é producida por un xerador propio do edificio.

Emigración

Para un ámbito xeográfico determinado é aquela migración que ten orixe nese ámbito e destino fóra do mesmo. Fálase de emigración interna cando o destino é outro concello de Galicia e emigración externa cando o destino é outro concello do resto de España ou o estranxeiro.

Emprego do tempo. Actividades principais

Defínese a actividade principal como a acción principal realizada pola persoa informante durante un momento dado matizada polas circunstancias ou o contexto que acompañen á acción. A actividade principal clasifícase nunha estrutura xerárquica de ata tres díxitos. Pódese consultar esta clasificación no seguinte enlace: actividades principais

Empresario ou profesional que emprega persoal

Considérase nesta categoría toda persoa que leva a súa propia empresa, industria, comercio, explotación agrícola ou exerce pola súa conta unha profesión liberal ou oficio e que con este motivo contrata a un ou máis empregados ou traballadores aos que remunera mediante un soldo, xornal, comisión, etc.
Polo tanto inclúense neste apartado os patróns, empresarios ou os profesionais que empregan persoal asalariado. Tamén se inclúen nesta rúbrica os empresarios de empresas en franquicia que a través do contrato de franquicia, adquiren o dereito a realizar actividades de produción ou venda de produtos ou servizos baixo a razón social e marca dun empresario (franquiciador). Os traballadores que teñen un emprego nunha empresa constituída en sociedade anónima (excepto sociedades anónimas laborais e cooperativas), sociedade limitada, etc., na que:

  • sós ou xunto con outros membros da familia ou un ou varios socios, teñen unha participación significativa na empresa e
  • teñen autoridade para actuar en nome da empresa no que se refire a firmar contratos con outras empresas ou organizacións e a contratar e despedir asalariados da empresa
consideraranse empregadores se a empresa ten asalariados, independentemente de que o empresario teña ademais un contrato como asalariado na súa propia empresa, e empresario sen asalariados se non os ten. A participación na empresa considerarase que é significativa cando o enquisado teña o seu posto de traballo en virtude da contía desta participación. Os integrantes dun consello de administración dunha empresa constituída en sociedade non se considerarán traballadores da empresa polo só feito de acudir ao consello de administración. Para ser considerados traballadores dela deberán ser empresarios, axudas familiares ou asalariados da mesma, codificándose a situación profesional que corresponda.

Enfermidade

Alteración máis ou menos grave da saúde

Enfermidade crónica ou de longa duración

Refírese a enfermidades ou problemas de saúde permanentes (cunha duración aproximada de polo menos 6 meses) e que poden necesitar un longo período de supervisión, observación ou coidado. Inclúense as enfermidades conxénitas, lesións debidas a accidentes e problemas estacionais ou intermitentes, como as alerxias.

Enfermidade laboral

Enfermidade laboral é toda aquela provocada ou empeorada por mor do seu traballo actual ou pasado.

Enfermidades de declaración obrigatoria (EDOs)

Son as enfermidades consideradas suficientemente importantes desde o punto de vista de saúde pública e que é obrigatorio comunicar a súa ocorrencia ás autoridades sanitarias. A súa notificación é obrigatoria regulamentariamente. Están obrigados a declarar todos os médicos en activo, tanto do sistema público como privado. A declaración destas enfermidades ao Sistema Xeral de Notificación Obrigatoria de Enfermidades, en xeral, faise baixo sospeita clínica

Enfermos dados de alta

Representa o número de enfermos que causaron alta durante o ano. Unicamente se consideran como altas as daqueles pacientes que produciron, polo menos, unha estadía. Non se contabilizan como altas os traslados entre servizos

Ensinanzas básicas de adultos. Nivel I

Están dirixidas a persoas adultas que non dominan as técnicas instrumentais elementais e que necesitan adquirir técnicas básicas de lectura, escritura e cálculo. Están organizadas para grupos reducidos, cunha metodoloxía individualizada e con materiais específicos, en horarios flexibles, cun mínimo de 12 períodos lectivos semanais.

Ensinanzas básicas de adultos. Nivel II

Están dirixidas a persoas sen ningunha titulación que desexen acceder á educación secundaria para persoas adultas, seguir con garantía de éxito cursos de cualificación profesional ou potenciar a súa participación activa na vida social, cultural, política e económica. Abrangue contidos relacionados coas necesidades e a realidade das persoas adultas, estruturados en tres ámbitos globalizados, en horarios flexibles, cun mínimo de 16 períodos lectivos semanais.

Ensinanzas de adultos

As ensinanzas de adultos poden ser regradas ou non regradas
As ensinanzas regradas son: ensinanzas básicas de niveis I, II, III; bacharelato para persoas adultas e ciclos formativos para persoas adultas.
As ensinanzas básicas de nivel III e o bacharelato poden cursarse nas modalidades presencial e a distancia.

Ensinanzas de réxime xeral

  • Ensinanzas ordinarias:
    • Educación infantil
    • Educación primaria
    • Educación secundaria obrigatoria (ESO)
    • Bacharelato
    • Ciclos formativos
    • Programas de cualificación profesional inicial
  • Ensinanzas de adultos:
    • Nivel I
    • Nivel II
    • ESO adultos
    • Bacharelato
    • Ciclos formativos

Episodio continuado de emprego

Período continuo durante o cal non se produce a interrupción do vínculo laboral da persoa coa Seguridade Social; durante este período, a persoa pode solapar contratos, cambiar de modalidade contractual dentro da empresa ou incluso cambiar de empresa, pero atópase en todo momento en situación de alta laboral (non pode pasar a situación de inactividade nin percibir unha prestación ou subsidio por desemprego). Deste xeito, diferéncianse os períodos nos que a persoa está traballando daqueles nos que non o está.

Escolas obradoiro e casas de oficios

Son programas públicos de emprego-formación que teñen como finalidade a inserción laboral dos mozos e mozas, desempregados e menores de vintecinco anos, mediante a súa cualificación en alternancia coa práctica profesional en ocupacións ou actividades de utilidade pública ou interese social.

ESO adultos

Constitúen a segunda etapa da formación básica para persoas adultas, que se organiza en dous niveis, I e II, organizados de forma modular en tres ámbitos: ámbito científico-tecnolóxico, ámbito de comunicación e ámbito social. A cada un dos ámbitos de coñecemento correspóndenlle catro módulos, que estarán distribuídos cuadrimestralmente e, a cada un dos niveis, corresponderanlles dous módulos. Na modalidade presencial, o total de períodos lectivos destas ensinanzas non poderá ser, en ningún caso, inferior a 1.250.

Espazos escénicos

Espazos que se caracterizan polo seu carácter estable, tivesen ou non actividade durante o ano de referencia e en boa parte polivalentes para representacións de teatro, música e danza.

Esperanza de vida (ex)

Promedio de anos que lle quedan por vivir a un individuo que chega con vida á idade x, no caso de que as condicións de mortalidade se mantivesen constantes.

Esperanza de vida ao nacer

É o número medio de anos vividos por unha xeración de nacidos baixo unhas condicións de mortalidade dadas.

Esperanza de vida aos 65 anos

Promedio de anos que lle queda por vivir a unha persoa que chega con vida aos 65 anos, no caso de que as condicións de mortalidade se mantivesen constantes.

Esperanza de vida aos 80 anos

Promedio de anos que lle queda por vivir a unha persoa que chega con vida aos 80 anos, no caso de que as condicións de mortalidade se mantivesen constantes.

Esperanza de vida sen limitación

Número de anos que pode esperar vivir sen limitación unha persoa no desenvolvemento das actividades cotiás

Establecemento hoteleiro

Son establecementos hoteleiros aqueles establecementos que prestan servizos de aloxamento colectivo mediante prezo con ou sen outros servizos complementarios (hotel, hotel-apartamento ou apartahotel, motel, hostal, pensión, etc.).

Establecemento sanitario con réxime de internado

É todo centro sanitario que, con independencia da súa denominación, e baixo unha mesma unidade de dirección, teña como finalidade principal a prestación de asistencia médica, cirúrxica ou médico-cirúrxica aos enfermos ingresados nel. Un establecemento sanitario con réxime de internado pode estar constituído por un único centro hospitalario ou por dous ou máis que se organizan e integran no chamado complexo hospitalario. Nestes casos é a unidade de dirección e xestión a que serve para a súa identificación. Desta forma, un complexo hospitalario pode estar constituído por dous ou máis centros hospitalarios, incluso distantes entre si e un ou varios centros de especialidades

Estadía nos establecementos sanitarios con réxime de internado

Conxunto de pernoitas e o tempo que correspondería ao subministro dunha comida principal (xantar e cea). Inclúense as estadías causadas durante o ano por todos os enfermos que permaneceron ingresados, incluíndo as causadas por pacientes ingresados antes do 1 de xaneiro do ano de referencia. A estadía media calcúlase como o cociente entre as estadías causadas e as altas

Estado de saúde

Esta característica trata de medir a percepción que ten a persoa sobre o seu estado de saúde.

Estimacións da poboación actual (ePOBa)

Aproximación estatística á poboación residente nun ámbito xeográfico. Toma como poboación de partida a poboación residente nunha determinada área xeográfica a comezos do ano en curso e estima a evolución nese ano dos tres fenómenos demográficos básicos (mortalidade, fecundidade e migración) para obter a poboación residente en dita área a 1 de xaneiro do ano seguinte.

Estudante

Considérase estudante toda persoa que ten como actividade única (ou principal) a adquisición dunha instrución sistemática de calquera nivel e tipo de estudo.

Execución hipotecaria

Refírese aos procedementos que, tramitados nos Xulgados de Primeira Instancia, permiten esixir o pagamento das débedas garantidas por garantía ou hipoteca ao acredor con escritura de hipoteca ao seu favor, debidamente inscrita no Rexistro da Propiedade.

Expediente de Regulación de Emprego (ERE)

É un procedemento administrativo-laboral que deben seguir as persoas empresarias para poder adoptar unha serie de medidas de regulación do emprego, xa sexan de redución de xornada, suspensión ou extinción dos contratos de traballo, cando concorran determinadas causas e garantindo os dereitos das persoas traballadoras

Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE)

É unha medida laboral pola que se suspende o contrato da persoa traballadora de forma temporal ou faise unha redución de xornada durante un período determinado por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción ou derivadas de forza maior

Expedientes de regulación de emprego

Son as fichas estatísticas que se cubren a partir dos expedientes administrativos presentados polas empresas ou polos representantes legais dos traballadores para solicitar a suspensión ou extinción das relacións do traballo ou a redución da xornada por causas económicas, técnicas, organizativas, de produción ou de forza maior, ou por extinción da personalidade xurídica do contratante.

Factores de separación (ax)

Promedio de anos vividos no derradeiro ano de vida polos individuos de sexo s, que falecen con idade cumprida x.

Familia

É o grupo de persoas que, residindo na mesma vivenda familiar (polo tanto formando parte dun fogar), comparten algúns gastos comúns e están vinculadas por lazos de parentesco, xa sexan de sangue ou políticos, e independentemente do seu grao. As diferenzas entre fogar e familia son que o fogar pode ser unipersoal e que os membros dun fogar multipersoal non teñen necesariamente que estar emparentados.
Nos Censos de Poboación de 2001 exclúese a condición de compartir algúns gastos en común.

Familia numerosa

Para o recoñecemento da condición de familia numerosa, a unidade familiar deberá estar formada por un ou dous ascendentes e necesítase:

  1. Ter tres ou máis fillos, sexan ou non comúns. Poderán ser só dous nos seguintes casos:
    • que un deles teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33% ou a condición de incapacitado para o traballo.
    • que os dous proxenitores teñan a condición de recoñecemento dun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% ou estean incapacitados para o traballo ou, polo menos, un deles teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
  2. Tamén terán a condición de familia numerosa as formadas por:
    • Tres ou máis irmáns orfos de pai e nai ou dous, se un deles é discapacitado, maiores de 18 anos que convivan e teñan unha dependencia económica entre eles.
    • Dous ou máis irmáns orfos de pai e nai sometidos a tutela, acollemento ou garda que convivan co titor, acolledor ou gardador pero non ás súas expensas.
  3. Os fillos deberán cumprir as seguintes condicións:
    • Ser solteiros.
    • Convivir co pai/nai.
    • Depender economicamente do pai/nai. Considerarase que existe dependencia económica cando os seus ingresos non superen o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) en cómputo anual.
    • Ser menor de 21 anos, excepto se é discapacitado. A idade poderá ampliarse ata os 25 anos se cursan estudos axeitados á súa idade e titulación ou encamiñados á obtención dun posto de traballo.
  4. Todos os membros da unidade familiar deberán ser españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea ou dos restantes estados parte no Acordo sobre Espazo Económico Europeo e ter a súa residencia en territorio español ou exercer unha actividade por conta propia ou allea en España, aínda que resida nalgún dos países aludidos anteriormente.

Familia numerosa. Categoría especial

As familias numerosas de categoría especial son:

  • As de cinco ou máis fillos.
  • As de catro, nos seguintes supostos:
    • Se polo menos tres dos fillos proceden de parto, adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo múltiples.
    • Se os seus ingresos anuais, divididos polo número de membros que as compoñen, non superan en cómputo anual o 75% do IPREM, incluídas as pagas extraordinarias.
No caso de que existan fillos discapacitados computarase cada un como dous para determinar a categoría na que se clasifica a unidade familiar da que se forma parte.

Familia numerosa. Categoría xeral

Familias numerosas non clasificadas dentro da categoría especial.

Fenda salarial

Representa a diferenza entre a ganancia media por hora dos homes e a ganancia media por hora das mulleres como porcentaxe da ganancia media por hora dos homes. Calcúlase só para aquelas empresas de 10 ou máis asalariados incluídas nalgunha das seccións B a S (excluída a O) da CNAE 2009. Para o cálculo da fenda, na ganancia media por hora non se teñen en conta os pagos extraordinarios.

Fisioterapeuta

Tratan problemas de ósos, músculos, problemas circulatorios ou do sistema nervioso. O fisioterapeuta aplica unha ou máis das seguintes terapias para recuperar ou mellorar as funcións motoras: terapia de movemento, masaxe terapéutica e terapia física en sentido estrito, é dicir, a aplicación de estímulos físicos, electroterapia, hidroterapia, balneoterapia, etc.

Fluxos de mobilidade xeográfica

Na poboación permanente, é dicir, aqueles asalariados que o son nos dous anos de cada bienio,defínense os fluxos de mobilidade xeográfica, entendendo estes como os cambios de domicilio fiscal dos asalariados que supoñen cambio de comunidade autónoma.
As permanencias no mercado de traballo clasifícanse atendendo á Comunidade Autónoma de residencia fiscal no exercicio de referencia e no anterior, e presenta tres situacións posibles.

  • Permanencias puras: que se corresponde coa situación na que o traballador reside na mesma comunidade autónoma nos dous anos consecutivos.
  • Fluxo de entrada: que analiza a mobilidade de asalariados desde a perspectiva da comunidade receptora
  • Fluxo de saída: que mostra a situación de partida ou perspectiva da comunidade emisora.
Fogar

É o conxunto de persoas que, residindo na mesma vivenda, comparten gastos comúns ocasionados pola utilización da vivenda e/ou gastos de alimentación.
Nos Censos de 2001 exclúese a condición de que compartan gastos comúns.

Fogar principal

Considérase fogar principal aquel no que un dos seus membros ten a titularidade da vivenda que ocupa, xa sexa en propiedade ou alugamento. No caso de que a vivenda estea cedida, o fogar principal será aquel no que estea a persoa a favor da que se fixo a cesión.

Fogar privado

Persoa ou conxunto de persoas que ocupan en común unha vivenda principal ou parte dela, e consomen e/ou comparten alimentos ou outros bens con cargo a un mesmo orzamento.

Folgas e peches patronais

Comprenden as folgas e peches patronais convocadas agás as seguintes:

  • As que non implican xornadas non traballadas, como as chamadas folgas de celo
  • As que non supoñen unha redución definitiva da xornada e, en concreto, as de duración inferior a unha hora.
  • As que se refiren a actividades convencionalmente 'non produtivas', como as folgas de estudantes, consumidores, etc.
  • As que afectan a colectividades sen dereito a folga, como é o caso dos funcionarios militares e das forzas de seguridade do Estado

Folleto

Publicación impresa non periódica que consta de 5 a 48 páxinas, sen contar as da cuberta, impresa e editada no país e posta a disposición do público.

Fondo de Garantía Salarial

É un organismo autónomo de carácter administrativo dependente do Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales que ten por finalidade a xestión das prestacións de garantía salarial contempladas no artigo 33 do Estatuto dos traballadores, segundo a redacción dada polo Real decreto lexislativo 1/1995 de 24 de marzo, destinadas a lles garantir aos traballadores a percepción de salarios debidos e indemnizacións pendentes de pago. Tal protección é cuberta polo citado organismo, que se financia con cotizacións empresariais específicas e cos ingresos provenientes da súa obrigatoria subrogación dos dereitos e accións dos traballadores fronte aos empresarios debedores.
As prestacións por insolvencia inclúen o importe das indemnizacións e dos salarios pendentes de pago motivados pola declaración de insolvencia das empresas, suspensión de pagos, quebra, concurso de acredores e forza maior, así como os salarios de tramitación acordados pola xurisdición competente.
As prestacións por regulación inclúen, unicamente, as indemnizacións correspondentes ao 40 por cento da indemnización legal que lles corresponda aos traballadores de empresas de menos de 25 traballadores nos casos de despedimento colectivo e despedimento por causas obxectivas derivadas da necesidade de amortizar postos de traballo fundada en causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción.

Ganancia por hora

É o cociente entre o salario bruto mensual e as horas traballadas (normais e extraordinarias) no mes de referencia (outubro).

Gasto en consumo final

Nas operacións do Sistema de contas económicas consiste no gasto realizado polas unidades institucionais residentes en bens e servizos que se utilizan para satisfacer directamente as necesidades individuais, ou as necesidades colectivas dos membros da comunidade. Este gasto pode realizarse no territorio económico ou no resto do mundo (SEC-2010, 3.94 e seguintes).

Na Conta Satélite de Produción Doméstica a función produtiva dos fogares amplíase, o que dá orixe a que parte do consumo final deste sector se reclasifique en consumo intermedio ou formación bruta de capital. Deste xeito, a partida incluída nesta operación como consumo final do sector fogares non se corresponde necesariamente coa incluídas nas restantes operacións do Sistema de contas de Galicia. Máis información na metodoloxía da operación.

Na Enquisa de orzamentos familiares, o gasto en consumo final dos fogares corresponde ao gasto efectuado polos fogares co fin de consumir bens e servizos. Comprende:

  • As compras efectuadas de xeito monetario.
  • O valor estimado de certos bens e servizos, tales como:
    • O valor dos produtos procedentes do autoconsumo (tanto se son consumidos polo fogar como se son regalados a outros fogares).
    • O valor de produtos procedentes da autosubministración (cando os consume o fogar).
    • As remuneracións en especie dos empregadores aos seus asalariados.
    • Os alugueiros imputados aos propietarios de vivendas ou aos que as utilizan de forma gratuíta ou semigratuíta.
    • Comidas ou ceas gratuítas ou bonificadas no lugar de traballo ou no establecemento de hostalaría propiedade do fogar.

Gastos "do seu propio peto"

Considérase o custo de calquera asistencia sanitaria que se recibise (médica, dental ou farmacéutica) e non fose reembolsado por algunha mutualidade pública, compañía de seguros ou empresa privada. Non se consideran como gastos "do seu propio peto" os pagamentos realizados ás compañías en concepto de primas de seguros.

Gastos de carácter social

Son un conxunto de gastos de moi diversa natureza que teñen como obxectivo a mellora da calidade de vida dos traballadores a través da acción social impulsada polos colectivos laborais. Destacan os gastos derivados do mantemento ou adecuación de comedores para uso dos traballadores, así como os pagamentos indirectos a estes traballadores en forma de cheques de comida, gastos de mantemento e reparación de edificios e instalacións destinados a gardarías, actividades deportivas, culturais e de lecer. Non se inclúen os custos do persoal encargado destes servizos cando este pertenza á empresa.

Gastos de transporte

Son os ocasionados á empresa polo transporte gratuíto ou a prezos reducidos dos traballadores, dende o seu domicilio ao lugar de traballo. Non se inclúen os custos do persoal de mantemento e condutores cando estes pertencen ao equipo da empresa, nin tampouco as cantidades pagadas directamente aos traballadores como compensación cando utilizan medios de transporte alleos á empresa.

Gastos en formación profesional

Son os ocasionados por proporcionar coñecementos e preparación en técnicas profesionais aos traballadores cos que existe vínculo laboral e que son de interese para a empresa. Non se consideran os gastos derivados de axudas aos traballadores que estean a seguir ensinanzas reguladas. Considéranse gastos en formación profesional aos gastos de mantemento, adecuación e equipamento de edificios e instalacións destinados á formación, a participación en cursos, os honorarios e axudas de formadores externos (nunca do persoal da empresa), o material didáctico e de ferramenta, e as cantidades pagadas a organismos de formación, pero sempre en termos brutos sen descontar as subvencións e axudas recibidas do INEM ou doutros organismos públicos formativos.

Grao de dependencia

Indicador construído para cada persoa en situación de dependencia en función do grao de apoio indicado nas oito actividades ABVD consideradas.

Para cada ABVD constrúese un grao de apoio de acordo coa seguinte escala:

  • 1: Non apoio: non necesita axuda para realizar esa actividade
  • 2: Supervisión/Preparación: só necesita que lle preparen os elementos necesarios para realizar a actividade e/ou lle fagan indicacións para realizala correctamente
  • 3: Apoio moderado: require que lle axuden fisicamente na realización da actividade.
  • 4: Apoio completo: require que o substitúan na realización física da actividade
  • 5: Apoio especial: presenta trastornos de comportamento que dificultan a prestación de apoio para a realización da actividade
Para construír o grao de dependencia tómase o correspondente grao de apoio indicado en cada unha das oito ABVD e calcúlase a súa suma, que variará entre:
  • 8 (1*8), a persoa non necesita apoio para ningunha das oito ABVD (aínda que si para algunha das AIVD)
  • 40 (5*8), a persoa necesita o máximo grao de apoio para cada unha das oito ABVD
A partires do anterior clasifícanse as persoas dependentes en:
  • dependencia moderada: cando 8 <= suma(ABVD) <=16
  • dependencia severa: cando 16 < suma(ABVD) <=24
  • gran dependencia: cando 24 < suma(ABVD) <=40

Grao de ocupación nos establecementos sanitarios con réxime de internado

Calcúlase como o cociente entre as estadías causadas multiplicadas por 100 e as camas en funcionamento multiplicadas por 365

Grao de ocupación por prazas

Relación, en porcentaxe, entre o total das noites e o produto das prazas, incluíndo as camas supletorias, polos días a que se refiren as noites. Enténdense por camas supletorias todas aquelas que non teñan carácter fixo e que non estean nas prazas declaradas oficialmente polo establecemento e que constan no directorio.

Gratificacións extraordinarias

Son aquelas retribucións que teñen unha periodicidade na súa percepción superior ao mes: paras extraordinarias, pagos por participación en beneficios, primas, obxectivos e calquera outro pagamento de carácter excepcional.

Herborista, fitoterapeuta

Especialista que utiliza plantas ou extractos de plantas para tratar unha enfermidade ou mellorar a saúde do paciente.

Homeópata

Especialista que proporciona pequenas doses de substancias, por motivos curativos, as cales dadas en proporcións maiores proporcionarían os mesmos síntomas da enfermidade a persoas completamente sas. Selecciona as doses das substancias segundo a persoa, non tendo soamente en conta a súa enfermidade, senón tamén o seu estilo de vida, estado emocional, mental e outros factores.

Hóspede (fogares)

Considérase hóspede toda persoa que, sen ter a consideración de membro do fogar, comparte alimentos con el e/ou habita na vivenda achegando ao fogar unha contraprestación monetaria previamente estipulada, perseguindo en consecuencia o fogar coa súa estancia fins lucrativos.

Hospital

Establecemento sanitario con réxime de internado que, con independencia da súa denominación, ten como finalidade principal a prestación de asistencia médica ou médico cirúrxica aos enfermos ingresados no mesmo. Non se inclúen as residencias de anciáns, orfanatos, garderías infantís, casa de beneficencia, etc.

Hospitalización

Todo ingreso nun hospital para recibir asistencia médica ou médico cirúrxica que supoña, ao menos, pasar unha noite no mesmo ou ter unha cama asignada. Non se considera hospitalización permanecer menos de 24 horas nun servizo de urxencias ou noutro servizo para a realización de probas diagnósticas ou terapéuticas. Tampouco se considera hospitalización a permanencia das persoas que acompañan ao enfermo aínda que ocupen unha cama e estean máis dun día, nin os recentemente nados sans que ocupen unha cama máis dun día.

Idade media á maternidade

Media aritmética das idades ás que as mulleres teñen fillos, en grupos quinquenais, ponderada polas taxas específicas de fecundidade de cada grupo de idade.

Idade media á maternidade

Media das idades ás que as mulleres teñen fillos ponderada polas taxas específicas de fecundidade por idade.

Idade media á migración

Media aritmética das idades ás que se producen as migracións

Idade media á paternidade

Media aritmética das idades ás que os homes teñen fillos, en grupos quinquenais, ponderada polas taxas específicas de fecundidade dos homes de cada grupo de idade.

Idade media ao primeiro matrimonio

Media aritmética das idades ás que os solteiros contraen matrimonio, en grupos quinquenais, ponderada polas taxas específicas de nupcialidade dos solteiros.

Idade media da nai ao nacemento do primeiro fillo

Media aritmética das idades ás que as mulleres teñen ao seu primeiro fillo, en grupos quinquenais, ponderada polas taxas específicas de fecundidade de cada grupo de idade das nais que teñen o seu primeiro fillo.

Idade media no 1 de xaneiro

Media aritmética das idades dos individuos que compoñen unha poboación.

Indemnizacións por despedimento

Inclúen o total dos pagos efectuados polo despido e extinción de contrato, así como os salarios deixados de percibir no transcurso da tramitación de despido que o empregador debe abonar nesta situación (salarios de tramitación). Considéranse tanto as indemnizacións por despedimentos individuais como as indemnizacións por despedimentos colectivos.

Indicador de Confianza do Consumidor (ICC)

É unha media simple dos resultados das preguntas relativas á situación económica futura do fogar e da Comunidade Autónoma, capacidade futura de aforro e evolución do número de parados. Presenta valores que oscilan entre -100 e +100, sendo os resultados máis optimistas tanto para o momento actual como para o futuro os que máis se acerquen ao punto máximo.
Os resultados das preguntas obtéñense mediante unha media, multiplicando a porcentaxe de respostas por un peso (os que responden NS/NC non computan). Os pesos serán os seguintes: mellora total +1, leve mellora +0,5, neutral 0, pequeno empeoramento -0,5, empeoramento -1.
Nas preguntas relativas aos prezos, dado que estes teñen unha tendencia natural á alza, o coeficiente 0 é o da porcentaxe de respostas que supoñen unha pequena subida de prezos e o +0,5 se os prezos se manteñen igual. Nas que atinxen ao desemprego asígnase a ponderación +1 ao descenso significativo deste, o +0,5 ao lixeiro descenso, o 0 se permanece estable e pesos negativos para as situacións de aumento do desemprego.

Indicador de Sentimento do Consumidor (ISC)

Calcúlase como unha media dos resultados das preguntas relativas á oportunidade de facer compras e á situación financeira persoal e de Galicia (tanto a evolución pasada como as perspectivas de evolución). Presenta valores que oscilan entre -100 e +100, sendo os resultados máis optimistas tanto para o momento actual como para o futuro os que máis se acerquen ao punto máximo.
Os resultados das preguntas obtéñense mediante unha media, multiplicando a porcentaxe de respostas por un peso (os que responden NS/NC non computan). Os pesos serán os seguintes: mellora total +1, leve mellora +0,5, neutral 0, pequeno empeoramento -0,5, empeoramento -1.
Nas preguntas relativas aos prezos, dado que estes teñen unha tendencia natural á alza, o coeficiente 0 é o da porcentaxe de respostas que supoñen unha pequena subida de prezos e o +0,5 se os prezos se manteñen igual. Nas que atinxen ao desemprego asígnase a ponderación +1 ao descenso significativo deste, o +0,5 ao lixeiro descenso, o 0 se permanece estable e pesos negativos para as situacións de aumento do desemprego.

Indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM)

Utilízase como indicador ou referencia do nivel de renda que sirve para determinar a contía de determinadas prestacións ou para acceder a determinados beneficios, prestacións ou servizos públicos, substituíndo ao salario mínimo interprofesional nesta función, de xeito obrigatorio para o caso das normas do Estado e forma potestativa para o caso das comunidades autónomas, das cidades de Ceuta e Melilla e das entidades que integran a administración local.

Índice de criminalidade

Cociente entre o número de delitos por cada mil habitantes

Índice de dependencia global

Relación entre os grupos de poboación potencialmente dependentes (poboación menor de 15 anos e poboación maior de 64 anos) e o grupo de poboación en idade potencialmente activa (poboación entre 15 e 64 anos).

Índice de dependencia senil

Relación entre a poboación maior (poboación maior de 64 anos) e a poboación en idade potencialmente activa (poboación entre 15 e 64 anos).

Índice de dependencia xuvenil

Relación entre a poboación nova (poboación menor de 15 anos) e a poboación en idade potencialmente activa (poboación entre 15 e 64 anos).

Índice de envellecemento

Relación entre a poboación maior de 64 anos e a poboación menor de 20 anos expresada en %, é dicir, o número de persoas de 65 ou máis anos por cada 100 menores de 20 anos.

Índice de envellecemento

Relación entre a poboación maior de 64 anos e a poboación menor de 16 anos.

Índice de estrutura da poboación en idade activa

Relación entre a poboación entre 40 e 64 anos e a poboación entre 15 e 39 anos.

Índice de feminidade

O cociente entre a poboación activa feminina e a poboación activa masculina sinala o número de mulleres activas por cada home activo.

Índice de Gini

É o índice máis utilizado para medir a concentración dunha distribución de rendas entre os membros dun colectivo. Para o seu cálculo utilízase o ingreso equivalente por persoa que é o ingreso equivalente do fogar ao que pertence.
Sexan X i ; i =1, ..., n os ingresos, ordenados de menor a maior, das n persoas da mostra e wi ; i=1, ..., n os correspondentes factores de elevación;
sexa Q=S i=1,n(Xi wi) o ingreso total estimado, de xeito que Qi= S j=1,i(Xj wj)/Q é a proporción de ingreso total acumulado polas persoas con ingreso equivalente menor ou igual a X i ; i =1, ..., n ; que nos dan as ordenadas da curva de Lorenz; por último N= S i=1,n(wi) representa o total poboacional de persoas. A fórmula empregada para o índice é:
IG=1- 1/N S i=1,n(Qi-1+Qi) wi; con Q0=0
que resulta de simplificar a fórmula: IG=1-2A, onde A é a área dentro do cadrado unidade baixo a curva de Lorenz que se estima por:
A=S i=1,n(Qi-1+Qi) wi/2N

Índice de incidencia de accidentes de traballo

Calcúlase como o cociente entre os accidentes en xornada de traballo con baixa e a media anual dos traballadores afiliados en situación de alta laboral nos réximes que teñen cuberta a continxencia de accidente de traballo.

Índice de Masa Corporal (IMC):

Defínese como a relación entre o peso do individuo (expresado en quilogramos) e o cadrado do talle (expresado en metros): IMC=kg/m2. A clasificación dos individuos en función do seu IMC en persoas con peso insuficiente, peso normal, sobrepeso e obeso realizouse atendendo aos estándares marcados pola Organización Mundial da Saúde (OMS).

Índice de masculinidade

Número de homes por cada 100 mulleres nun determinado grupo de individuos.

Índice de recambio da poboación en idade activa

Relación entre a poboación entre 60 e 64 anos e a poboación entre 15 e 19 anos. Mide a capacidade dunha poboación para substituír os individuos que van xubilando.

Índice de rotación (establecementos sanitarios)

Calcúlase como o cociente entre as altas e as camas en funcionamento

Índice de sobreenvellecemento

Relación entre a poboación maior de 84 anos e a poboación maior de 64 anos expresada en %, é dicir, o número de persoas de 85 ou máis anos por cada 100 de 65 ou máis anos.

Índice de xuventude

O índice de xuventude defínese como o cociente entre a poboación activa entre os 16 e 39 anos e a poboación activa entre os 40 e 64 anos.

Índice sintético de fecundidade ou número medio de fillos por muller

Representa o número esperado de fillos por muller ao longo da súa vida fértil (de 15 a 49 anos). Obtense como a suma das taxas específicas de fecundidade por idade.

Índice sintético de nupcialidade

Suma das taxas específicas de nupcialidade (de primeiras nupcias) e reflicte o número total de matrimonios nunha cohorte ficticia ao longo da súa vida

Ingreso equivalente do fogar

Este concepto corrixe o efecto do número de persoas no volume de ingresos do fogar, facendo comparables os ingresos de fogares con distinto número de membros. Para iso calcúlanse as unidades de consumo do fogar empregando a escala de equivalencia da OCDE modificada que ten a expresión:
[1+0,5*(a-1)+0,3*(b)]
onde
a é o número de persoas de 14 ou máis anos do fogar,
b é o número de persoas menores de 14 anos do fogar.
Defínese o ingreso equivalente do fogar como o ingreso medio mensual do fogar dividido pola expresión anterior.

Ingreso medio mensual do fogar

É a media mensual dos ingresos netos monetarios de todos os membros do fogar no ano natural anterior á realización da enquisa, sexan estes regulares ou non.

Inmigración

Para un ámbito xeográfico determinado é aquela migración con destino este ámbito e orixe fóra do mesmo. Fálase de inmigración interna cando a orixe é outro concello de Galicia e inmigración externa cando a orixe é outro concello de España ou o estranxeiro.

Inmigración de retorno a Galicia

Movemento migratorio con destino e lugar de nacemento Galicia. Inclúense tanto as inmigracións procedentes do estranxeiro como as procedentes de calquera concello de España.

Inmigración de retorno ao concello de nacemento

Movemento migratorio con destino o concello de nacemento. Inclúense tanto as inmigracións procedentes do estranxeiro como as procedentes de calquera concello de España.

Intensidade de ingresos de traballo do fogar

É a suma do número de días con ingresos de traballo que tiveron os adultos do fogar entre o número máximo de días con ingresos de traballo que poderían ter no ano natural anterior á realización da enquisa. A intensidade varía entre 0 e 1, 0 é cando ningún adulto do fogar tivo ingresos de traballo e 1 cando todos os adultos do fogar tiveron ingresos de traballo todo o ano.

Intensidade de ingresos regulares

É o número de días con ingresos procedentes de traballo, prestacións e subsidios por desemprego, prestacións contributivas e non contributivas, rendas de aluguer e transferencias por convenios de divorcio no ano natural anterior á realización da enquisa para as persoas de 18 ou máis anos.

Intensidade de ingresos regulares do fogar

É a suma do número de días con ingresos regulares que tiveron os adultos do fogar entre o número máximo de días con ingresos regulares que poderían ter no ano natural anterior á realización da enquisa. A intensidade varía entre 0 e 1, 0 é cando ningún adulto do fogar tivo ingresos regulares e 1 cando todos os adultos do fogar tiveron ingresos regulares todo o ano.

Intensidade de traballo remunerado

É o número de días con ingresos procedentes de traballo no ano natural anterior á realización da enquisa para as persoas de 18 a 64 anos.

Intervalo interxenésico

É o período de tempo que hai entre dous nacementos consecutivos. Este intervalo calcúlase tanto para os nacidos vivos dentro como fóra do matrimonio, sempre que haxa un nacido vivo anterior.

Intervalo protoxenésico

É o período de tempo comprendido entre a data do matrimonio e a data de nacemento do primeiro fillo nacido vivo.

Intoxicación

É unha alteración do estado de saúde dunha persoa producida por inxestión de drogas e/ou medicamentos (inclúe a intoxicación producida por alcohol), inxestión de produtos corrosivos, cáusticos, pinturas, vernices e outras sustancias tóxicas xa sexan sólidas,líquidas ou gasosas ou inxestión de outros produtos tóxicos.

ISFAS (Instituto Social de las Fuerzas Armadas)

Organismo público encargado de xestionar o Réxime Especial da Seguridade Social das Forzas Armadas e da Garda Civil.

Libro

Toda publicación impresa non periódica que consta como mínimo de 49 páxinas, sen contar as da cuberta, impresa e editada no país e posta a disposición do público.

Limiar de risco de pobreza

Correspóndese co 60% da mediana dos ingresos equivalentes de todas as persoas galegas. Como ingreso equivalente de cada persoa tómase o ingreso equivalente do fogar ao cal pertencen.

Limitación funcional física

Unha persoa ten unha limitación no funcionamento se manifesta algún problema ou grao de limitación para realizar algunha das seguintes actividades: desprazarse a pé, subir e baixar tramos de escaleira, axeonllarse ou dobrarse, levantar e levar obxectos, facer uso fino da man e dedos, morder e mastigar.

Limitación para as actividades da vida cotiá

Limitacións que unha persoa pode ter no desempeño das actividades no seu entorno real como consecuencia dun problema de saúde. O desempeño que se espera dunha actividade determinada é o que presentan as persoas da poboación xeral que non teñen unha condición específica de saúde. Unha actividade está limitada cando así o estima o propio entrevistado. Considéranse actividades da vida cotiá tanto aquelas relacionadas coa actividade principal (traballo, estudos, tarefas domésticas, etc.) como aquelas que se levan a cabo no tempo libre (relacións con amigos, práctica de deportes, asistencia a espectáculos, etc.).

Limitadores de descarga para cisterna

Son dispositivos que se colocan no tubo do sumidoiro ou sobre a válvula do descargador do inodoro. Este accesorio pechará automaticamente a válvula cando se descargasen dous litros.

Logopeda

Especialista que desenvolve actividades de prevención, avaliación e recuperación dos trastornos da audición, a fonación e da linguaxe. Traballa con persoas que non poden producir sons ou non poden producilos claramente, con persoas con problemas de fluidez (por exemplo, tartamudos), ademais de con xente con desordes de voz (por exemplo, graves e agudos inapropiados). Tamén traballa con persoas que desexan mellorar as súas habilidades de comunicación modificando o seu acento e con persoas con problemas de comunicación tales como atención, memoria, etc.

Mamografía

Radiografía ou imaxe de raios X das mamas que é usada para o diagnóstico de diversas lesións nas mamas.

Matrimonio

O concepto estatístico de matrimonio empregado é o do matrimonio inscrito no Rexistro Civil.

Mediana das ganancias medias por hora

Defínese como o valor tal que a metade da poboación nesa rexión/país gaña menos que ese valor e a outra metade gaña máis. Os datos son relativos a asalariados de empresas de 10 ou máis asalariados incluídas nalgunha das seccións B a S (excluída a O) da CNAE 2009.

Mediana de ingresos dos fogares

É o valor que, ordenando todos os fogares de menor a maior ingreso, deixa unha metade deles por debaixo do dito valor e a outra metade por enriba.

Medicamento

Toda sustancia medicinal e as súas asociacións ou combinacións destinadas á súa utilización nas persoas, que se presente dotada de propiedades para previr, diagnosticar, tratar, aliviar ou curar enfermidades ou doenzas, ou para afectar a funcións corporais ou ao estado mental. Só son medicamentos as especialidades farmacéuticas, as fórmulas maxistrais, os preparados ou fórmulas oficinais e os medicamentos prefabricados. Exclúense os produtos de hixiene persoal, vendas e outros apósitos, produtos de alimentación, cosmética, caramelos, etc.

Medicamento receitado

É aquel que un médico prescribiu ou recomendou. Se os recomendou un farmacéutico non se consideran receitados.

Medidas de fomento do emprego

Pretenden a contratación indefinida ou temporal, ou conversión de determinados contratos temporais en indefinidos, de diferentes colectivos de traballadores mediante a concesión de axudas económicas e incentivos fiscais e/ou bonificacións nas cotizacións á Seguridade Social.

Membro de cooperativa de traballo asociado que traballa na mesma

Son todos aqueles socios dunha cooperativa de produción (incluídos os socios das sociedades anónimas laborais) que traballan nela. Polo tanto, inclúense os socios traballadores das sociedades anónimas laborais, das cooperativas de traballo asociado, das cooperativas de explotación comunitaria da terra, etc. Non se inclúen os asalariados que traballen nas cooperativas.

Membro do fogar

Na Enquisa estrutural a fogares para establecer se unha persoa é membro ou non dun fogar, tense en conta se pernoita habitualmente catro ou máis noites á semana na vivenda (persoa presente) ou se non o fai (persoa ausente).
As persoas presentes son membros do fogar se levan tres ou máis meses presentes, tanto se ocupan outra vivenda permanentemente coma se non, e se levan menos de tres meses presentes e non ocupan outra vivenda permanentemente.
As persoas ausentes son membros do fogar se levan menos de tres meses ausentes e non ocupan outra vivenda permanentemente.
Existen as seguintes excepcións:

  • Persoal doméstico interno, que é membro do fogar salvo que teña outro fogar que considere como o seu fogar principal.
  • Persoas desprazadas temporalmente a outro lugar, que son membros do fogar no que está o seu núcleo familiar. Entre eles están:
    • Varóns que cumpren o servizo militar (ata o ano 2001)
    • Enfermos en sanatorios.
    • Persoas en viaxes de negocio ou ocio.
    • Pescadores no mar.
    • Persoal navegante de compañías aéreas ou marítimas, nacionais ou estranxeiras.
    • Persoal desprazado por coidado de familiares.
  • Estudantes e traballadores desprazados temporalmente, que se consideran membros do fogar se pensan volver reunirse co núcleo familiar cando finalice a causa pola que se desprazaron. No caso de descoñecer esta circunstancia, son membros do fogar se levan ausentes menos dun ano.

Migración

É o cambio de residencia dun concello a outro. Se o cambio de residencia se realiza entre os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia denomínase migración interior. Cando o movemento é cara ou dende o resto de España ou o estranxeiro fálase de migración exterior.

Migrante

Toda persoa que realizou unha migración.

Mobilidade alternativa

Categoría que inclúe as combinacións posibles de desprazamento a pé e/ou bicicleta.

Morte fetal tardía

A efectos estatísticos, considérase como morte fetal tardía o feto morto con seis ou máis meses de xestación.

MUFACE (Mutualidad General de Funcionarios Civiles del Estado)

Organismo público encargado de xestionar o Réxime Especial da Seguridade Social dos Funcionarios Civís do Estado.

MUGEJU (Mutualidad General Judicial)

Organismo público encargado de xestionar o Réxime Especial da Seguridade Social do persoal ao servicio da Administración de Xusticia.

Nacemento

No campo demográfico o concepto de nacemento identifícase co concepto biolóxico de nacido con vida.

Neno a cargo

Todas as persoas non consideradas adultos.

Nivel de estudos alcanzado (EEF)

Na Enquisa de condicións de vida das familias (ECV) utilízase a seguinte clasificación harmonizada coa Clasificación Nacional de Educación 2000 (CNED-2000):

  • Analfabetos: persoas que non saben ler e/ou escribir.
  • Estudos primarios ou equivalente
    • Estudos primarios incompletos ou equivalente: persoas que saben ler e escribir e foron menos de cinco anos á escola.
    • Estudos primarios completos ou equivalente: persoas que foron máis de cinco anos á escola sen acreditación correspondente, educación primaria LOXSE completa ou cinco cursos de EXB aprobados.
  • Educación secundaria ou equivalente
    • Educación secundaria de primeira etapa ou equivalente: persoas que estiveron escolarizadas todo o período de educación obrigatoria e non están en posesión do graduado escolar ou equivalente; persoas que teñen o certificado de escolaridade, graduado escolar, graduado en educación secundaria (ESO), bacharelato elemental (ou ter cursado cuarto curso sen superalo), ou certificado de estudos primarios (antes da Lei xeral de educación) ou equivalente a algún dos anteriores; persoas con programas para a formación e inserción laboral que non precisan dunha titulación de estudos secundarios de primeira etapa.
    • Educación secundaria de segunda etapa ou equivalente: persoas que teñen unha titulación de bacharelato (LOXSE), bacharelato (BUP), COU ou preuniversitario, FP I, ciclos formativos de formación profesional de grao medio ou equivalente a algún dos anteriores; persoas con programas para a formación e inserción laboral que precisan dunha titulación de estudos secundarios de primeira etapa.
  • Educación superior: comprende todos os titulados diplomados universitarios, licenciados universitarios, FP II, ciclos formativos de formación profesional de grao superior ou equivalente a algún dos anteriores.

Nivel de formación (CNED-2000)

  • Z Analfabetos
    • 80 Analfabetos
  • B Educación primaria
    • 11 Estudos primarios incompletos
    • 12 Estudos primarios completos
  • C Ensinanzas para a formación e inserción laboral que non precisan dunha titulación académica da primeira etapa de secundaria para a súa realización (máis de 300 horas)
    • 21 Ensinanzas para a formación e inserción laboral que non precisan dunha titulación académica da primeira etapa de secundaria para a súa realización (máis de 300 horas)
  • D Primeira etapa de educación secundaria
    • 22 Primeira etapa de educación secundaria sen título de graduado escolar ou equivalente
    • 23 Primeira etapa de educación secundaria con título de graduado escolar ou equivalente
  • E Ensinanzas para a formación e inserción laboral que precisan dunha titulación de estudios secundarios de primeira etapa para a súa realización (máis de 300 horas)
    • 31 Ensinanzas para a formación e inserción laboral que precisan dunha titulación de estudios secundarios de primeira etapa para a súa realización (máis de 300 horas)
  • F Segunda etapa de educación secundaria
    • 32 Ensinanzas de bacharelato
    • 33 Ensinanzas de grao medio de formación profesional específica, artes plásticas e deseño e deportivas
    • 34 Ensinanzas de grao medio de música e danza
  • G Ensinanzas para a formación e inserción laboral que precisan dunha titulación de estudos secundarios de segunda etapa para a súa realización (máis de 300 horas)
    • 41 Ensinanzas para a formación e inserción laboral que precisan dunha titulación de estudos secundarios de segunda etapa para a súa realización (máis de 300 horas)
  • H Ensinanzas de grao superior de formación profesional específica e equivalentes, artes plásticas e deseño e deportivas
    • 51 Ensinanzas de grao superior de formación profesional específica e equivalentes, artes plásticas e deseño e deportivas
  • I Outras ensinanzas de 2 e máis anos que precisan do título de Bacharelato
    • 52Títulos propios de universidades e outras ensinanzas que precisan do título de bacharelato (2 e máis anos)
    • 53Ensinanzas para la formación e inserción laboral que precisan dunha formación profesional de grao superior para a súa realización (máis de 300 horas)
  • J Ensinanza universitaria de primeiro ciclo e segundo ciclo
    • 54 Ensinanzas universitarias de primeiro ciclo e equivalentes ou persoas que aprobaron 3 cursos completos dunha licenciatura ou créditos equivalentes
    • 55 Ensinanzas universitarias de primeiro e segundo ciclo, de só segundo ciclo e equivalentes
  • K Estudos oficiais de especialización profesional
    • 56 Estudos oficiais de especialización profesional
  • L Ensinanza universitaria de terceiro ciclo
    • 61 Doutorado universitario

Nivel de satisfacción co traballo

Nos resultados referentes ao módulo de condición no traballo (2007) da Enquisa de Condicións de vida das familias, os ocupados clasifícanse segundo a súa puntuación en nivel de satisfacción co traballo en:

  • Pouco satisfeito: comprende as puntuacións 1, 2, 3 ou 4.
  • Satisfeito: comprende as puntuacións 5, 6 ou 7.
  • Moi satisfeito: comprende as puntuacións 8, 9 ou 10.

Noites ou prazas ocupadas

Enténdese por noite cada noite que un viaxeiro se aloxa no establecemento.

Núcleo familiar

O núcleo familiar expresa unha idea restrinxida da familia, limitada aos vínculos de parentesco máis estreitos. O núcleo familiar está composto por un pai ou unha nai con fillos, ou por unha parella con fillos ou sen fillos.
Para formar parte do núcleo familiar, os fillos non deben estar emparellados ou a parella non ser membro do fogar. Ademais, para a determinación dos núcleos familiares deben terse en conta os seguintes criterios:

  • A relación pai/nai-fillo ten sempre preferencia sobre a de fillo-pai/nai
  • A relación de parella ten sempre preferencia sobre a relación fillo-pai/nai

Nulidade matrimonial

É nulo calquera que sexa a forma da súa celebración:

  1. O matrimonio celebrado sen consentimento matrimonial.
  2. O matrimonio celebrado entre as persoas os artigos 46 (menores de idade non emancipados e os que estean ligados con vínculos matrimoniais) e 47 (parentes en liña directa por consanguinidade ou adopción, os colaterais por consanguinidade ata o terceiro grado e os condenados como autores ou cómplices da morta dolosa do cónxuxe de calquera deles) do Código Civil, excepto os casos de dispensa conforme o artigo 48.
  3. O que se contraia sen a intervención do xuíz, alcalde ou funcionario ante o que deba celebrarse, ou sen a das testemuñas.
  4. O celebrado por erro na identidade da persoa de outro contraínte ou en aquelas calidades persoais que, pola súa entidade, fosen determinantes da prestación do consentimento.
  5. O contraído por coacción ou medo grave.

Obradoiros de emprego

Son programas públicos de emprego-formación que teñen como finalidade a inserción laboral dos desempregados de vintecinco ou máis anos de idade, mediante a súa cualificación en alternancia coa práctica profesional en ocupacións ou actividades de utilidade pública ou interese social.

Orde da migración

Número de veces que a persoa fixo algún cambio de concello de residencia. Distínguese entre a primeira migración e as seguintes. Considérase primeira migración a que ten a súa orixe no concello de nacemento.

Orde de nacemento

É o lugar que ocupa un nacido vivo dentro da secuencia cronolóxica do total de fillos dunha muller.

Orquestras de cámara

Contémplanse as orquestras de cámara españolas tanto públicas como privadas, profesionais e afeccionadas, ademais das de novas orquestras e as especializadas en música antiga ou música contemporánea. As orquestras de cámara son agrupacións sinfónicas de menor tamaño, non hai establecido un número concreto de compoñentes.

Orquestras sinfónicas

Contémplanse as orquestras sinfónicas españolas tanto públicas como privadas tanto no ámbito profesional como afeccionado, ademais das novas orquestras.

Outros gastos

Inclúen os pagamentos compensatorios (quebranto de moeda, pequena ferramenta...), indemnizacións por fin de contrato, selección de persoal... Así mesmo, incluiranse os gastos non recollidos noutros apartados, tales como os producidos pola renovación de pezas e ferramentas de traballo.
As axudas e os gastos de viaxe non forman parte do custo laboral, posto que se realizan por necesidade do proceso produtivo constituíndo un consumo intermedio.

Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE)

É un rexistro administrativo onde constan as persoas que teñen a nacionalidade española e viven habitualmente fóra de España, independentemente que sexa ou non a súa única nacionalidade.
O PERE elabórase cos datos existentes no rexistro de matrícula de cada oficina consular de carreira ou sección consular das misións diplomáticas. No artigo 2 do Real Decreto 3425/2000, do 15 de decembro sobre inscrición dos españois nos rexistros de matrícula das oficinas consulares no estranxeiro, establécese que:

  1. Os españois que residan habitualmente no estranxeiro e aqueles que trasladen alí a súa residencia habitual deberán inscribirse no rexistro de matrícula da oficina consular ou da sección consular da misión diplomática que corresponda á circunscrición onde se atopen
  2. O pai ou a nai deberán solicitar a inscrición dos seus fillos menores de idade suxeitos a súa patria potestade se están na súa compañía. A mesma obriga incumbe aos titores respecto dos seus pupilos.

Padrón municipal de habitantes

É o rexistro administrativo onde constan os veciños do concello. Os seus datos constitúen proba de residencia no concello e do domicilio habitual nel.

Pagamentos extraordinarios

Inclúen o total de pagas extraordinarias, participación en beneficios, obxectivos, incentivos, bonus e outros pagamentos variables en periodicidade ou cantidade.

Pagamentos por horas extraordinarias

Corresponde aos pagamentos por horas extras tanto estruturais como non estruturais. Remuneran o maior esforzo que representa o traballo adicional realizado fora da xornada habitual.

Pagas extraordinarias

Fundamentalmente están formadas polas gratificacións extraordinarias ou pagas de Nadal e de verán (reguladas por lei) e as gratificacións por beneficios. As súas contías coñécense de antemán e non dependen dos resultados do traballador ou da empresa.

Pagos delegados

A prestación por pago delegado é aquela que, recoñecida antes pola unidade xestora competente, é pagada polo empresario e logo compensada ao practicar a liquidación das cotas da Seguridade Social, que deste xeito faise cargo dela.

Pagos por desemprego

Pagos efectuados pola empresa aos traballadores afectados por suspensión temporal ou redución de xornada en caso de regulación de emprego durante o mes de referencia. Inclúen os pagos delegados por desemprego parcial, así como as melloras voluntarias por desemprego parcial a cargo da empresa co obxecto de complementar a prestación do Servizo Público de Emprego Estatal.

Pagos por horas extraordinarias e/ou complementarias

Corresponden aos pagos por horas extras, tanto estruturais (por forza maior) como non estruturais (voluntarias) e aos pagos por horas complementarias no caso dos traballadores a tempo parcial.

Pagos por incapacidade temporal

Pagos que a empresa fai directamente aos traballadores en situación de incapacidade temporal. Inclúe os pagos delegados por incapacidade temporal, as prestacións por incapacidade temporal de exclusivo cargo da empresa (os quince primeiros días) e os complementos ou melloras voluntarias á prestación por incapacidade temporal.

Paro rexistrado

Este concepto, establecido na Orden ministerial do 11 de marzo de 1985, está constituído polo total de demandas en alta existentes a fin de mes, excluíndo, entre outras, as que correspondan ás seguintes situacións:

  • Pluriemprego: demandantes que solicitan outro emprego compatible co que exercen.
  • Mellor emprego: demandantes que, estando ocupados, solicitan un emprego para cambialo polo que teñen.
  • Colaboración social: demandantes perceptores de prestacións por desemprego que participan en traballos de colaboración social.
  • Xubilados: demandantes que son pensionistas de xubilación, pensionistas por grande invalidez ou invalidez absoluta e demandantes de idade igual ou superior a 65 anos.
  • Emprego conxuntural: demandantes que solicitan un emprego para un período inferior a 3 meses.
  • Xornada < 20 horas: demandantes que solicitan un traballo con xornada inferior a 20 horas semanais.
  • Estudantes: demandantes que están cursando estudos de ensinanza oficial regrada sempre que sexan menores de 25 anos ou que, superando esta idade, sexan demandantes de primeiro emprego ou ben demandantes asistentes a cursos de formación profesional e ocupacional, cando as súas horas lectivas superen as 20 á semana, teñan unha bolsa polo menos de manutención e sexan demandantes do primeiro emprego.
  • Demandas suspendidas: demandantes con demanda suspendida en canto permanezan nesta situación.
  • Compatibilidade prestacións: demandantes beneficiarios de prestacións por desemprego en situación de compatibilidade de emprego por realizar un traballo a tempo parcial.
  • Traballadores eventuais agrícolas subsidiados.
  • Rexeitamento de accións de inserción laboral: demandantes que rexeitan accións de inserción laboral axeitadas ás súas características segundo se establece no artigo 17, apartado 2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

A posta en marcha do novo Sistema de Información dos Servizos Públicos de Emprego (SISPE) en maio de 2005 produce unha ruptura da serie de paro rexistrado que se viña publicando ata o momento. A implantación deste novo sistema afecta a estimación do paro rexistrado, non porque cambie a definición, senón pola actualización e xestión automatizada da información e porque se corrixiron os erros que se viñan cometendo con certos colectivos.

Parto

Coincide co concepto médico-biolóxico, é dicir, expulsión ou extracción do claustro materno do produto da concepción viable; polo tanto queda excluído o aborto ou expulsión do feto non viable. O concepto de parto inclúe tanto os nacementos como as mortes fetais tardías.

Pensión (Módulo sobre a transición da vida laboral á xubilación)

No Módulo sobre a transición da vida laboral á xubilación da EPA téñense en conta todo tipo de pensións, é dicir, tanto as públicas como as privadas; as obrigatorias ou as voluntarias; as baseadas nos ingresos dos beneficiarios ou as pensións mínimas e, por último, tanto as contributivas (definidas en función dos anos de traballo, o salario percibido e as contribucións feitas para as pensións) como as non contributivas. En concreto, as pensións sobre as que se indaga no módulo son as seguintes:

  • Pensións de xubilación
  • Pensións de prexubilación
  • Pensións distintas das de xubilación e prexubilación
Dentro das pensións de xubilación inclúense as seguintes categorías:
  • Pensións do Sistema Público: as incluídas na categoría A:
    • Pensións contributivas de xubilación de calquera dos Réximes do Sistema da Seguridade Social (Réxime Xeral, Réxime Especial, Réxime Comunitario da Seguridade Social ou Convenios bilaterais coa Seguridade Social)
    • Pensión de vellez do Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez (SOVI)
    • Pensión de xubilación de Clases Pasivas
    • Pensión non contributiva de xubilación do Sistema da Seguridade Social
    • Pensión de xubilación derivada da Guerra Civil a Ex-combatentes e Forzas e Institutos Armados da República
    • Pensións de xubilación derivadas de Actos de Terrorismo
    • Pensións de xubilación anticipada de calquera dos Réximes do Sistema da Seguridade Social
    • Pensión de xubilación anticipada de Clases Pasivas
    • Pensión de xubilación parcial do Sistema da Seguridade Social
  • Pensións de Sistemas Ocupacionais: as incluídas na categoría B:
    • Pensión de xubilación de calquera das Mutualidades de Previsión Social
    • Pensión de xubilación procedente de Plans de Pensións de Emprego
  • Pensións de Sistemas Privados: as incluídas na categoría C, é dicir, pensións de xubilación procedentes de plans individuais de emprego
Tamén se considerarán pensións de xubilación as denominadas pensións de xubilación flexibles, que se caracterizan por ser pagos periódicos da parte proporcional da pensión total de xubilación aos traballadores maiores que compatibilizan a pensión de xubilación, unha vez causada, cun contrato a tempo parcial. Aplícase a todos os Réximes da Seguridade Social, excepto aos Réximes especiais de Funcionarios Civís do Estado, das Forzas Armadas e do persoal ao servizo da Administración de Xustiza.

No contexto do módulo considérase prexubilación á situación na que o traballador cumpre as tres condicións seguintes:
  • Cesou a súa actividade laboral por razóns do mercado laboral
  • Está percibindo unha asignación económica non considerada pensión de xubilación
  • Aínda non alcanzou a idade legal para acceder a unha pensión de xubilación
Nesta categoría inclúense as axudas previas á xubilación ordinaria a traballadores afectados por procesos de reestruturación de empresas (prexubilacións propiamente ditas ou expedientes de regulación de emprego).

Dentro das pensións distintas ás de xubilación inclúense os seguintes grupos:
  • Pensións por discapacidade ou invalidez: e dentro destas, e ao igual que no caso das pensións de xubilación, inclúense distintos tipos de pensións do Sistema Público, de Sistemas Ocupacionais e de Sistemas Privados
  • Pensións de supervivencia: e dentro destas, e ao igual que no caso das pensións de xubilación, inclúense distintos tipos de pensións do Sistema Público, de Sistemas Ocupacionais e de Sistemas Privados

Pensión contributiva segundo Regulamentos Comunitarios de Seguridade Social

Corresponden a pensións para persoas que están ou estiveron suxeitas á lexislación dun ou varios estados membros, e sexan nacionais ou refuxiadas nun estado do Espazo Económico Europeo, en Suíza ou ben, sexan apátridas ou nacionais de terceiros países con residencial legal nun estado membro da Unión Europea (excepto Dinamarca e Reino Unido).

Pensión de invalidez ou incapacidade (Enquisa aos demandantes de emprego)

Os beneficiarios son as persoas en situación de incapacidade permanente, entendida como a situación do traballador que, despois de rematada a baixa laboral, presenta reducións anatómicas ou funcionais graves que diminúan ou anulen a súa capacidade laboral.

Pensión de orfandade (Enquisa aos demandantes de emprego)

Os beneficiarios son os fillos do causante (traballador falecido), os fillos póstumos, os fillos adoptados e os fillos do cónxuxe supervivente.

Pensión de vellez do Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez (SOVI)

SOVI é un réxime residual que se aplica aos trabaladores, traballadoras e aos seus e ás súas derechohabientes que, ao reunir os requisitos esixidos pola lexislación deste réxime extinto, non teñan dereito a unha pensión do actual Sistema da Seguridade Social.

Pensión de viuvez (Enquisa aos demandantes de emprego)

Os beneficiarios desta pensión son o cónxuxe ou ex-cónxuxe do falecido

Pensión de xubilación

As pensións de xubilación teñen como obxectivo manter o nivel de vida da poboación que abandona o mercado laboral por razóns de idade, protexéndoa da pobreza. Inclúense os seguintes tipos de pensións:

  • Pensións de xubilación do sistema público
  • Pensións procedentes de plans de pensións de xubilación de empresa
  • Pensións procedentes de plans de xubilación persoais
Hai que ter en conta que, para os efectos do Módulo sobre pensións e participación no mercado laboral da EPA, unha vez que a persoa beneficiaria dunha pensión de invalidez ou dunha pensión de supervivencia acada a idade de xubilación legal/estándar, considérase que percibe unha pensión de xubilación.

Pensión de xubilación (Enquisa aos demandantes de emprego)

Son beneficiarios da pensión de xubilación os traballadores que cesan total ou parcialmente do seu traballo por causa da idade.

Pensión por emigración (Enquisa aos demandantes de emprego)

  • Pensión asistencial por ancianidade a favor dos emigrantes españois retornados: é unha prestación periódica que trata de garantir un mínimo de subsistencia aos emigrantes españois beneficiarios das pensións asistenciais de ancianidade que retornen a España.
  • Pensións a favor dos españois retornados que emigraron durante o período 1936-1942: os españois que emigraron de España durante o período 1936-1942 como consecuencia da guerra civil, terán dereito cando retornen a España, a ser beneficiarios de forma transitoria das pensións asistenciais por ancianidade establecidas a favor dos emigrantes españois, sempre que reúnan todos os requisitos, excepto o de residencia no estranxeiro, ata que acaden o dereito a unha pensión do sistema da Seguridade Social ou outra pensión pública.
  • Subsidio de desemprego para emigrantes retornados: é unha prestación de carácter periódico dirixida a protexer aos emigrantes retornados en situación de desemprego. Estas non se inclúen dentro de pensión por emigración, senón dentro do apartado de prestacións por desemprego.

Pensión prestacións e/ou subsidios doutros países (Enquisa aos demandantes de emprego)

Aquelas recibidas por persoas que estean residindo en España e que procedan das administracións doutros países polo motivo que sexa.

Pensionistas

É o número de persoas distintas que ao longo do exercicio recibiron unha contraprestación dineraria en concepto de pensión.
No Mercado de traballo e pensións nas fontes tributarias inclúe as persoas que recibiron ao longo do ano retribucións declaradas na clave B do Modelo 190 da "Declaración Anual de Retenciones sobre las Rentas del Trabajo" (pensionistas e perceptores de haberes pasivos).

Pensións contributivas da Seguridade Social

Son prestacións económicas e de duración indefinida, aínda que non sempre, nas que a concesión está xeralmente supeditada a unha previa relación xurídica coa Seguridade Social (acreditar un período mínimo de cotización en determinados casos, ...), sempre que se cumpran os demais requisitos esixidos. A súa contía determínase en función das achegas efectuadas polo traballador e o empresario, se se trata de traballadores por conta allea, durante o período considerado para os efectos da base reguladora da pensión de que se trate.
As clases de pensións son:

  • incapacidade permanente
  • xubilación
  • morte e supervivencia

Pensións contributivas: incapacidade permanente

É a pensión percibida polo traballador que, despois de estar sometido a tratamento prescrito e de ser dado de alta médicamente, presenta reducións anatómicas ou funcionais graves, susceptibles de determinación obxectiva e previsiblemente definitiva, que diminúan ou anulen a súa capacidade laboral.

Pensións contributivas: morte e supervivencia

Son as pensión que se outorgan no caso de morte do traballador, calquera que fora a causa e son as seguintes: pensións de viuvez, pensión de orfandade e pensión vitalicia ou subsidio temporal en favor de familiares.

Pensións contributivas: xubilación

Consiste na pensión vitalicia concedida aos traballadores nas condicións, importe e forma que regulamentariamente se determinan, cando alcanzada a idade establecida, cesen ou tivesen cesado no traballo

Pensións de xubilación do Sistema Público

Son as que cobren a provisión de protección social contra os riscos vinculados á vellez: perda de ingresos, ingresos inadecuados e falta de independencia na realización das tarefas cotiás, menor participación na vida social, etc. A atención médica das persoas anciás non se ten en conta, xa que os gastos de asistencia sanitaria consígnanse na partida dedicada a enfermidade e atención sanitaria.
O Sistema Público de Pensións recoñece dúas modalidades:

  • Contributiva: require dun período mínimo de cotización dos traballadores e das traballadoras á Seguridade Social; distínguense catro tipos:
    • Pensións do Réxime Xeral e dos Réximes Especiais da Seguridade Social
    • Pensión de vellez do Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez (SOVI)
    • Pensión contributiva segundo os Regulamentos Comunitarios de Seguridade Social
    • Pensión segundo convenios bilaterais doutros países coa Seguridade Social
    Non se inclúe dentro das pensións contributivas do Sistema Público de Pensións:
    • As compensacións mensuais dalgunha empresa, prestacións por desemprego e por pre-xubilación debido a razóns do mercado laboral, que son pagos periódicos a traballadores e traballadoras maiores que se xubilan antes de acadar a idade legal de xubilación, por atoparse en desemprego ou por redución dos postos de traballo como consecuencia de medidas económicas. Normalmente, estes pagos rematan cando a persoa adquire o dereito a percibir unha pensión de xubilación.
    • Prestación por redución da capacidade de traballo, é dicir, por discapacidade
  • Non contributiva: son prestacións económicas que se recoñecen ás persoas que, atopándose en situación de necesidade, carezan de recursos suficientes para a súa subsistencia nos termos legalmente establecidos, aínda que non cotizasen nunca ou non cotizasen o tempo suficiente para acadar unha prestación de nivel contributivo.

Pensións do Réxime Xeral e dos Réximes Especiais da Seguridade Social

Son as que cobren as seguintes casuísticas:

  • Xubilación ordinaria: xubilación á que poden acceder os traballadores e as traballadoras ao chegar á idade legal establecida para poder xubilarse sempre e cando cotizasen o número mínimo de anos requiridos pola Seguridade Social. Se a xubilación se produciu a partir da idade ordinaria e cunha porcentaxe aplicable á base reguladora do 100%, poderase pasar á situación de xubilación activa, que permite compatibilizar a pensión de xubilación cun traballo por conta propia ou allea, a xornada completa ou parcial. Nesta situación percíbese o 50% da pensión, excepto que a actividade que se realice sexa por conta propia e se acredite ter contratado polo menos a un traballador ou traballadora por conta allea (neste caso, a pensión acada o 100%).
  • Xubilación anticipada: cando se accede á xubilación antes da idade legal establecida e sempre que se teña o mínimo de anos cotizados establecidos en cada caso. A xubilación anticipada pode ser con ou sen redución da pensión normal.
  • Xubilación de clases pasivas (funcionarios e funcionarias en réxime especial): prodúcese ao cumprir os 65 anos, con algunhas excepcións (os corpos docentes universitarios, maxistratura, xuíces e xuízas, fiscais e letrados/as da Administración de Xustiza, así como os rexistradores e as rexistradoras da propiedade -estas últimas ingresadas antes do 1 de xaneiro de 2015- xubílanse forzosamente aos 70 anos).
  • Xubilación de clases pasivas por retiro voluntario aos 60 anos (funcionarios e funcionarias en réxime especial): prodúcese sempre que teñan recoñecidos 30 anos de servizo.
  • Xubilación parcial: permite ao traballador ou á traballadora, de común acordo coa empresa, reducir a xornada de traballo entre un 25% e un 50%, e pasa a percibir a pensión de xubilación na cantidade proporcional inversa á redución da xornada. No caso de que a persoa non teña cumprida a idade regulamentaria de xubilación, a empresa deberá concertar un contrato relevo con outro traballador ou traballadora.
  • Xubilación parcial da industria manufactureira: aplica a regulación para a modalidade de xubilación parcial con celebración de contrato de relevo, vixente con anterioridade á entrada en vigor da Lei 27/2011, a pensións causadas antes do 1 de xaneiro de 2023 e baixo certos requisitos.
  • Xubilación flexible: permite ás persoas perceptoras dunha pensión de xubilación iniciar un traballo a tempo parcial cunha redución de xornada comprendida entre o 25% e o 50% sobre a xornada habitual da actividade e compatibilizalo coa pensión que estaba cobrando, reducida proporcionalmente á porcentaxe de xornada traballada a tempo parcial. Pódese aplicar a todos os réximes da Seguridade Social, excepto aos réximes de funcionarios e funcionarias civís do Estado, das Forzas Armadas e ao persoal ao servizo da Administración de Xustiza.
  • Xubilación especial aos 64 anos: desaparece a partir do día 1 de xaneiro de 2013, aínda que se mantén para as persoas ás que lles sexa de aplicación a Lei 27/2011, isto é, a traballadores e traballadoras de empresas que, en virtude dun convenio ou pacto, están obrigadas a substituír simultaneamente á persoa que se xubila por outra que se atope inscrita como desempregada na oficina de emprego.

Pensións non contributivas da Seguridade Social

Son prestacións periódicas vitalicias ou de duración indeterminada a favor de persoas que non cotizaran nunca, ou ben non o fixeran o tempo suficiente para acadar prestacións de nivel contributivo pola realización de actividades profesionais. As clases de prestacións son invalidez e xubilación

Pensións por discapacidade ou invalidez

De acordo co manual do Sistema Europeo Integrado de Estatísticas de Protección Social (SEEPROS), as pensións de invalidez comprenden as prestacións que proporcionan un ingreso a persoas por debaixo da idade legal de xubilación establecida no réxime de referencia, cuxa capacidade para traballar estea impedida máis alá dun nivel mínimo establecido pola lexislación por unha discapacidade física ou mental.
Inclúense as pensións por discapacidade ou invalidez do sistema público así como os plans de pensións para persoas con discapacidade, tanto de empresa como individuais.
Unha vez que a persoa beneficiaria dunha pensión de invalidez acada ou supera a idade legal de xubilación, considérase que recibe unha pensión de vellez e rexístrase como percibindo unha pensión de xubilación.

Pensións por incapacidade ou invalidez do Sistema Público

As pensións por discapacidade ou invalidez do Sistema Público poden ser contributivas ou non contributivas e tense dereito a elas en función dos diferentes graos de incapacidade:

  • Incapacidade permanente parcial para a profesión habitual: a pesar de non acadar o grao total, ocasiona ao traballador ou á traballadora unha diminución igual ou superior ao 33% no seu rendemento normal para a profesión habitual, sen impedirlle realizar as tarefas fundamentais de dita profesión.
  • Incapacidade permanente total para a profesión habitual: inhabilita ao traballador ou á traballadora para poder realizar a totalidade ou as tarefas fundamentais da súa profesión, sempre e cando poida dedicarse a outra distinta.
  • Incapacidade permanente absoluta para todo traballo: inhabilita ao traballador ou á traballadora para calquera profesión ou oficio.
  • Gran invalidez: situación do traballador ou da traballadora cunha incapacidade permanente e que, debido ás perdas anatómicas ou funcionais, necesita de asistencia doutra persoa para os actos máis esenciais da vida, tales como vestirse, desprazarse, comer ou análogos.

Pensións procedentes de plans de pensións de xubilación de empresa (PPE)

Estes plans, tamén chamados plans de pensións de emprego, son contribucións que fan as entidades empregadoras, os e as empregados/as, ou ambas, en función dos ingresos, ou que fan as persoas que traballan por conta propia inscritas como autónomas. O obxectivo é complementar a pensión pública de xubilación da Seguridade Social. O máis común é que se establezan mediante contratos de traballo ou convenios sectoriais ou profesionais, negociados polos interlocutores sociais.

Pensións procedentes de plans de pensións persoais

Son plans privados voluntarios que fan persoas con calquera entidade financeira sen que teña que existir ningunha relación laboral entre elas. Teñen por obxectivo proporcionar aforro para o momento da xubilación e realízase con achegas de capital. Para os efectos do Módulo sobre pensións e participación no mercado laboral da EPA, non se teñen en conta neste grupo de pensións as que, unha vez chegada a idade de xubilación, se cobran nun único pago.

Percepcións non salariais

Son retribucións percibidas polo traballador non polo desenvolvemento da súa actividade laboral senón como compensación de gastos ocasionados pola execución do traballo ou para cubrir necesidades ou situacións de inactividade non imputables ao traballador.

  • Prestacións sociais directas: pagos que a empresa fai directamente, ao traballador, antigo traballador ou a súa familia para asistirlle en determinadas circunstancias como complemento de determinadas prestacións sociais, sen implicar á Seguridade Social nin a outras aseguradoras. A súa principal característica é que se trata de pagos en beneficios para o benestar. Distínguense: pagos por incapacidade temporal, os pagos por desemprego, pagos por outras prestacións directas (pagos por xubilación, pagos por morte e supervivencia, pagos por invalidez ou minusvalía, pagos por asistencia médica e pagos por asistencia familiar) e as indemnizacións por despido.
  • Outras percepcións non salariais: engloban o resto de pagos efectuados ao traballador: compensación polos gastos derivados da execución do seu traballo e indemnizacións pola finalización de contrato. Comprenden o quebranto de moeda, desgaste de utensilios ou ferramentas, adquisición de prendas de traballo, gastos de locomoción e dietas de viaxe, plus de distancia e transporte urbano, indemnizacións por traslados, finalización de contrato, produtos en especie concedidos voluntariamente pola empresa, entregas de produtos a prezos rebaixados que se realicen en cantinas ou comedores de empresa ou economatos de carácter social.

Perceptores de ingresos

Na Enquisa de poboación activa (EPA) considéranse perceptores de ingresos a todas aquelas persoas que, na semana de referencia, percibiron algún tipo de ingreso económico. O concepto de ingreso económico inclúe tanto o salario, como os diferentes tipos de pensións (xubilación, prexubilación, discapacidade, ...) ou prestacións por desemprego.
Na Enquisa estrutural a fogares (EEF) os perceptores de ingresos son as persoas de 16 ou máis anos que percibiron ingresos monetarios no ano natural anterior á realización da enquisa (ata a edición de 2007 nos doce meses anteriores ao mes do domingo da semana de referencia), independentemente de que a percepción tivera carácter regular ou non, e a fonte destes ingresos. Non se inclúen como perceptores as persoas que pertencen ao fogar e que reciben ingresos doutros membros do fogar se non hai unha relación formal de traballo entre eles (por exemplo, as asignacións semanais ou mensuais que perciben os fillos para os seus gastos persoais ou os cartos que percibe da súa familia un estudante para pagar a estancia na cidade na que estuda).

Perlizadores

Son dispositivos que mesturan aire con auga, mesmo cando hai baixa presión, saíndo as gotas de auga en forma de “perlas”.

Permanencias

Considérase que un asalariado é unha permanencia no ano t se forma parte da poboación asalariada no ano de referencia t e no inmediatamente anterior (t-1).

Persoa coidadora

Aquela persoa que, sen percibir remuneración a cambio, axuda a algunha outra persoa en situación de dependencia a realizar tarefas da vida cotiá. Ás persoas ás que coida poden residir tanto no mesmo fogar como noutro.
Non se consideran como remuneracións as posibles axudas da Lei de dependencia.

Persoa de referencia

Na Enquisa estrutural a fogares a persoa de referencia é aquela persoa de 16 ou máis anos que é considerada polos membros do fogar como o cabeza de familia. Se nun fogar non é posible determinar a persoa de referencia, establecerase que esta sexa a que proporciona a información sobre o resto das persoas do fogar.
En Emprego do tempo considérase persoa de referencia a aquel membro do fogar que sexa designado polo fogar como tal.
No censo de 2011 a persoa de referencia do fogar é a que ocupa o número 1 da lista que se inclúe nos cuestionarios de persoas da vivenda.

Persoa dependente

Aquela persoa que precisa axuda de alguén para realizar actividades cotiás da vida diaria (AVD) por razóns de discapacidade, vellez ou enfermidade. As AVD clasifícanse en actividades básicas (ABVD) e actividades instrumentais (AIVD):

  • Actividades básicas da vida diaria (ABVD): son as actividades imprescindibles para que unha persoa poida subsistir de forma independente. Entre elas inclúense as actividades de autocoidado, de funcionamento físico básico e de funcionamento mental básico.
    Na ECV pregúntase polas seguintes oito actividades básicas:
    • Asearse e lavarse
    • Vestirse
    • Controlar as necesidades e utilizar só o baño
    • Comer e beber
    • Cambiar as posicións do corpo
    • Levantarse, deitarse e permanecer de pé ou sentado
    • Desprazarse dentro do fogar
    • Manter relacións básicas e complexas con outras persoas

  • Actividades instrumentais da vida diaria (AIVD): son actividades máis complexas que as ABVD e para a súa realización requísese un maior nivel de autonomía persoal. Asócianse a tarefas que implican a capacidade de tomar decisións e implican interaccións máis difíciles co medio.
    Na ECV pregúntase polas seguintes dez actividades instrumentais:
    • Outros coidados persoais: cortar as uñas, lavar os dentes ou o pelo...
    • Desprazarse fóra do fogar
    • Usar o transporte público
    • Ocuparse das tarefas do fogar
    • Ocuparse das compras e controlar os subministros e servizos
    • Usar e xestionar os cartos
    • Administrar e controlar as súas medicinas
    • Evitar perigos dentro do fogar
    • Evitar perigos fóra do fogar
    • Pedir axuda ante unha urxencia

Persoa dependente

Considérase persoa dependente a persoa necesitada de axuda ou coidado por razóns de discapacidade, vellez ou enfermidade.

Persoa egresada universitaria

Persoa que completou todos os créditos docentes ou materias que conforman o plan de estudos universitario da titulación na que estaba matriculada.

Persoa principal

Na Enquisa estrutural a fogares o criterio para determinar a persoa principal do fogar é o seguinte:

  • A persoa principal do fogar é a persoa de referencia se no ano natural anterior á realización da enquisa tivo ingresos de traballo ao menos durante 6 meses.
  • No caso de que non cumpra o anterior, será o seu cónxuxe ou parella sempre que nese ano natural tivera ingresos de traballo ao menos durante 6 meses.
  • No caso de que non teña parella ou esta non cumpra o anterior, será o fillo de maior idade que nese ano natural tivera ingresos de traballo ao menos durante 6 meses.
  • No caso de non existir esa persoa, a persoa principal será o pai ou a nai da persoa de referencia se nese ano natural tivo ingresos de traballo ao menos durante 6 meses. Se ambos cumpren a condición, escollerase o de maior idade.
  • Se non se cumpre ningunha das condicións anteriores, a persoa principal é a primeira persoa con 16 ou máis anos indicada polo fogar.
Ata a edición de 2007 o criterio para determinar a persoa principal do fogar era o seguinte:
  • A persoa principal do fogar é a persoa de referencia se é ocupada.
  • No caso de que non sexa ocupada, será o seu cónxuxe ou parella sempre que sexa ocupado.
  • No caso de que non teña parella ou esta non sexa ocupada, será o fillo de maior idade que estea ocupado.
  • No caso de non existir esa persoa, a persoa principal será o pai ou a nai da persoa de referencia se é ocupada.
  • Se non se cumpre ningunha das condicións anteriores, a persoa principal é a persoa de referencia.

Persoal doméstico interno

É aquel que dorme habitualmente catro ou máis noites no fogar no que traballa. É membro do fogar no que traballa sempre que non teña outro fogar que considere como o seu fogar familiar principal.

Persoas afiliadas á Seguridade Social

A afiliación ao Sistema da Seguridade Social é obrigatoria para todas as persoas incluídas no campo de aplicación da Seguridade Social e única para toda a vida do traballador ou da traballadora e para todo o sistema, sen prexuízo das baixas, altas e demais variacións que con posterioridade á afiliación poidan producirse. É dicir, o traballador ou a traballadora afíliase cando comeza a súa vida laboral e se dá de alta nalgún dos rexímenes do Sistema da Seguridade Social. Esta situación denomínase alta inicial. Se cesa na súa actividade será dado ou dada de baixa pero seguirá afiliado ou afiliada en situación de baixa laboral. Se retoma a actividade producirase unha alta denominada alta sucesiva a efectos estatísticos, pero non terá que afiliarse novamente, dado que, como xa se indicou, a afiliación é única para toda a vida do traballador.

Persoas egresadas afiliadas

Persoas egresadas universitarias que están afiliadas á Seguridade Social en situación de alta laboral ou son mutualistas titulares activos da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (MUFACE) na data de referencia do período de seguimento.

Poboación activa

Son as persoas que, nun período de referencia dado, subministran man de obra para a produción de bens e servizos económicos ou que están dispoñibles e fan xestións para incorporarse a dita produción. Comprende a todas as persoas de 16 ou máis anos que cumpren as condicións necesarias para a súa inclusión entre as persoas ocupadas ou paradas.

Poboación contada a parte

Os homes que cumpren o servizo militar ou prestación social sustitutoria son considerados poboación contada a parte. Este concepto desapareceu en decembro de 2001.

Poboación estacionaria (Lx)

Número total de anos vividos polos individuos con idade cumprida x.

Poboación inactiva

Abrangue todas as persoas de 16 e máis anos non clasificadas como ocupadas ou paradas.
Os inactivos clasifícanse segundo a súa situación persoal nas seguintes categorías funcionais:

  • Persoas que se ocupan do seu fogar.
  • Estudantes.
  • Xubilados ou prexubilados.
  • Persoas que perciben unha pensión distinta á de xubilación ou prexubilación.
  • Persoas que realizan sen remuneración traballos sociais, actividades de tipo benéfico...
  • Incapacitados para traballar.
  • Outra situación. Persoas que, sen exercer ningunha actividade económica, reciben axuda pública ou privada e todas aquelas que non están incluidas en ningunha das categorías anteriores.

Poboación ocupada

Persoas de 16 anos ou máis que durante a semana de referencia tiveron un traballo por conta allea ou exerceron unha actividade por conta propia, nalgunha das seguintes situacións:

  • traballando polo menos unha hora por un soldo, salario ou beneficio empresarial ou ganancia familiar en metálico ou en especie
  • con emprego pero sen traballar por razóns de enfermidade ou accidente, vacacións, festas, mal tempo ou razóns análogas. Tamén se consideran dentro desta categoría as persoas que, estando suspendidas ou separadas do seu emprego como consecuencia dunha regulación de emprego, esperan reincorporarse a súa empresa.

Poboación parada

Persoas de 16 anos ou máis que durante a semana de referencia estiveron sen traballo, dispoñibles para traballar e buscando emprego. Son parados tamén os que atoparon un traballo e están esperando incorporarse, sempre que se verifiquen as dúas primeiras condicións.
Segundo o Regulamento 1897/2000 da Comisión Europea, os únicos métodos de busca de emprego considerados activos son:

  • Estar en contacto cunha oficina pública de emprego co fin de atopar traballo, calquera que sexa a parte que tomase a iniciativa (a renovación da inscrición por razóns puramente administrativas non constitúe unha postura activa).
  • Estar en contacto cunha oficina privada (oficina de emprego temporal, empresa especializada en contratación...) coa fin de atopar traballo.
  • Enviar unha candidatura directamente aos empregadores.
  • Indagar a través de relacións persoais, por mediación de sindicatos, ...
  • Anunciarse ou responder a anuncios de periódicos.
  • Estudar as ofertas de emprego.
  • Participar nunha proba, concurso ou entrevista, no marco dun procedemento de contratación.
  • Buscar terreos, locais ou material.
  • Realizar xestións para obter permisos, licenzas ou recursos financeiros.

Poboación parada de longa duración

Poboación parada con busca de emprego maior ou igual a 2 anos.

Porcentaxe de asalariados con salarios baixos

Porcentaxe de asalariados con salarios baixos sobre o total de asalariados. Considéranse asalariados con salarios baixos aqueles que gañan 2/3 ou menos da mediana das ganancias na rexión/país de referencia. Os datos son relativos a asalariados de empresas de 10 ou máis asalariados incluídas nalgunha das seccións B a S (excluída a O) da CNAE 2009.

Porcentaxe de poboación segundo ámbito xeográfico

Relación entre a poboación dun territorio e a do ámbito xeográfico superior, sendo os niveis considerados, de nivel superior a inferior, os seguintes: España, Galicia, provincias, comarcas e concellos.

Porcentaxes de poboación por grandes grupos de idade

Relación entre os grupos de poboación seguintes e o total de poboación: menores de 20 anos, de 20 a 64 anos e maiores de 64 anos.

Postos de traballo ofrecidos

Son os postos de traballo ofrecidos por empresas e organismos públicos ou privados rexistrados nas oficinas de emprego durante o período de referencia, para que a oficina xestione a súa cobertura cos demandantes idóneos.

Prestacións da LISMI

As prestacións da Lei de Integración Social dos Minusválidos son prestacións sociais e económicas non contributivas dirixidas a persoas afectadas por unha diminución previsiblemente permanente da que se derive unha minusvalía (ou estar afectadas por un proceso dexenerativo que puidera derivar en minusvalía, nas prestacións que así se estableza expresamente), que non estan comprendidas no campo de aplicación do sistema de Seguridade Social, que non son beneficiarias (nin teñen dereito, por idade ou por calquera outras circunstancias) de prestacións ou axudas de análoga natureza e finalidade e con recursos persoais inferiores en contía ao 70 por cento, en cómputo anual, do salario mínimo interprofesional vixente en cada ano. A acción protectora destas prestacións comprende: asistencia sanitaria e prestación farmacéutica, rehabilitación médico-funcional, recuperación profesional, medidas de integración social, subsidio de garantía de ingresos mínimos, subsidio por axuda de terceira persoa e subsidio de mobilidade e compensación por gastos de transporte

Prestacións do Fondo Nacional de Asistencia Social (FAS)

Son prestacións asistenciais económicas individualizadas de caracter periódico a anciáns, enfermos ou inválidos incapacitados para o traballo. Os beneficiarios destas axudas deberán reunir as seguintes condicións:

  • Carecer de medios económicos para a subsistencia. Considérase que carece de ditos medios quen percibe durante o ano natural uns ingresos inferiores ao importe mínimo anual destas pensións, xa sexa en concepto de rendas, de pensións ou de calquera outro tipo de retribucións.
  • Non ter familiares obrigados a atenderlles ou, téndoos, carecer estes da posibilidade material de facelo.
  • Non pertencer a ningunha Institución que estea obrigada a prestarlles asistencia.
  • Non ser propietarios ou usufrutuarios de bens e inmobles que indiquen a existencia de medios materiais suficientes para atender a súa subsistencia.
  • Ter cumpridos os 66 anos de idade nas axudas por vellez ou atoparse absolutamente incapacitado para toda clase de traballo nos casos de axuda por enfermidade ou invalidez.

Prestacións familiares por fillo a cargo

Son prestacións non contributivas, polo que non precisa cotización previa á Seguridade Social. Consiste nunha asignación económica que se recoñece por cada fillo ou menor acollido, menor de 18 años, a cargo do beneficiario, cando os ingresos familiares non superan a cuantía que anualmente se establece, ou ben por fillos maiores de 18 anos afectados por unha minusvalía igual ou superior ao 65%, sin que neste caso se esixa límite de ingresos.

Prestacións por desemprego

Son prestacións que protexen a situación por desemprego, poden ser de varios tipos:

  • Nivel contributivo. Prestación por desemprego: refírese a aquela situación de desemprego das persoas que, querendo e podendo traballar, perdan o seu traballo de forma temporal ou definitiva ou vexan reducida, temporalmente polo menos, nunha terceira parte a súa xornada laboral, por expediente de regulación de emprego, coa correspondente perda ou redución análoga de salarios, por algunhas das causas establecidas como situacións legais de desemprego.
  • Nivel asistencial. Subsidio por desemprego: poderán ser beneficiarios do subsidio por desemprego os parados que, figurando inscritos como demandantes de emprego, sen teren rexeitado oferta de emprego adecuada nin terse negado a participar, salvo causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesionais, e carecendo de rendas de calquera natureza superiores, en cómputo mensual, ao 75% do salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional das dúas pagas extraordinarias, se encontren nalgunha das situación contempladas para o dito subsidio.
  • Renda activa de inserción: o obxectivo do programa é incrementar as oportunidades de retorno ao mercado de traballo dos traballadores desempregados con especiais necesidades económicas e dificultades para atopar emprego.

Prestacións por desemprego de nivel contributivo

Protexen aquelas situacións de desemprego das persoas que, podendo e querendo traballar, perdan o seu emprego de forma temporal ou definitiva, ou se lles reduza temporalmente a súa xornada diaria por decisión empresarial, coa correspondente perda ou redución análoga de salarios, por algunha das causas establecidas como situacións legais de desemprego. Os requisitos para recibir esta prestación son os seguintes:

  • Estar afiliado ou afiliada á Seguridade Social en situación de alta ou asimilada á alta nalgún dos réximes que contemple a continxencia por desemprego.
  • Atoparse en situación legal de desemprego.
  • Acreditar estar dispoñible para buscar activamente emprego e para aceptar unha colocación adecuada e subscribir un compromiso de actividade.
  • Ter cotizado por desemprego un período mínimo de 360 días dentro dos seis anos anteriores á situación legal de desemprego.
  • Non ter cumprido a idade ordinaria que se esixe para a pensión de xubilación, excepto que non se tivera dereito a ela por falta de cotización ou se trate de situacións de suspensión da relación laboral ou de redución de xornada autorizados por expediente de regulación de emprego.
  • Non realizar unha actividade por conta propia ou traballo por conta allea a tempo completo, excepto:
    • As persoas que teñan contrato por tempo indefinido de apoio a emprendedores, que poderán compatibilizar o 25% da prestación con dito contrato.
    • Cando o determine algún programa de fomento de emprego.
  • Non estar incluído ou incluída nalgunha das causas de incompatibilidade.

Prestacións sociais directas

Son os pagamentos que a empresa fai directamente ao traballador ou á súa familia, ou tamén ao antigo traballador para asistilo en determinadas circunstancias e como complemento de determinadas prestacións sociais. Destacan: incapacidade temporal, desemprego, xubilación, morte e supervivencia, invalidez ou minusvalía, asistencia familiar, asistencia médica.

Primeiro grao (nivel de estudos)

Estudos primarios. Persoas que foron á escola 5 anos ou máis sen completar EXB, ESO ou bacharelato elemental

Proba diagnóstica non urxente

Toda proba solicitada por un/ha médico/a para completar o estudo dunha enfermidade, sempre e cando non se requira o seu resultado de maneira inmediata

Profesores universitarios asociados

Son profesores contratados con carácter temporal por un período de dous anos, sendo posible a súa continuidade de acordo coa normativa laboral de aplicación e nos termos establecidos polos estatutos das universidades, e con dedicación a tempo parcial, entre especialistas de recoñecida competencia que acrediten exercer a súa actividade profesional fóra da universidade.

Profesores universitarios axudantes

Os profesores axudantes contrátanse entre os que teñan superadas as materias de estudo ás que fai referencia o artigo 38 da Lei orgánica de universidades (estudos de doctorado) e coa finalidade principal de completar a súa formación investigadora. A contratación será con dedicación a tempo completo, por unha duración non superior a catro anos improrrogables. Os axudantes tamén poderán colaborar en tarefas docentes, nos termos que establezan os estatutos das universidades.

Programas de cualificación profesional inicial

Son programas dirixidos ao alumnado maior de dezaseis anos que non obtivo o título de graduado en educación secundaria obrigatoria. O seu obxectivo é que todos os alumnos alcancen competencias profesionais propias dunha cualificación de nivel un da estrutura do Catálogo Nacional de Cualificaciones Profesionales. O alumnado que supera os módulos obrigatorios obtén unha certificación académica con acreditación das competencias adquiridas.

Programas de cualificación profesional inicial

Son programas de carácter regrado. Están destinados a mozos entre dezaseis e dezanove anos cumpridos dentro do ano de inicio do programa, que non obtivesen o título de graduado en educación secundaria obrigatoria e non cursasen con anterioridade outro programa de cualificación profesional inicial. Teñen como finalidade previr o abandono escolar antes da finalización da escolaridade obrigatoria e abrirlles novas expectativas de formación e titulación a mozos e mozas en situación de desvantaxe sociolaboral e educativa. Teñen unha marcada vocación profesional, permiten a relación co mercado de traballo e facilitan a inserción laboral nunha actividade profesional de xeito cualificado.

Programas de garantía social

Estes programas están destinados ao alumnado que sobrepasa o límite de idade da ensinanza obrigatoria e abandona a educación secundaria sen alcanzar os obxectivos e o título correspondente.

Prórrogas

Algúns contratos de duración temporal, unha vez finalizada a súa duración inicial, poden prorrogarse. O número de prórrogas que admite un contrato depende da súa tipoloxía. Son os seguintes:

  • Contrato de obra ou servizo.
  • Contrato de eventuais por circunstancias da produción.
  • Contrato de interinidade.
  • Contrato temporal de persoas con discapacidade.
  • Contrato de relevo.
  • Contrato de substitución por xubilación aos 64 anos.
  • Xubilación parcial.
  • Contrato en prácticas
  • Contrato de formación.
  • Outros contratos.

Quiropráctico

Profesional que trata anomalías do corpo que son causadas por interferencias co sistema nervioso. O tratamento xeralmente inclúe a manipulación da columna vertebral. A quiropráctica baséase na premisa de que a boa saúde depende dun sistema nervioso que funcione correctamente.

Rama de ensinanza

Clasificación académica resultante da agrupación das titulacións oficiais en cinco categorías ou áreas de ensinanza (Artes e Humanidades; Ciencias; Ciencias Sociais e Xurídicas; Ciencias da Saúde; Enxeñaría e Arquitectura).

Ratio de persoas activas por cada persoa inactiva

A ratio de persoas activas por cada persoa inactiva defínese como o cociente entre a poboación activa e a poboación inactiva (nenos, estudantes, incapacitados permanentes, xubilados...).

Ratio de persoas activas por cada persoa inactiva de 65 ou máis anos

O cociente entre a poboación activa e a poboación inactiva de 65 ou máis anos representa o número de potenciais traballadores por cada xubilado, entendendo o termo xubilado nun sentido amplo como toda persoa inactiva de 65 ou máis anos.

Receitas médicas oficiais

Son as receitas médicas dispensadas en atención primaria; exclúense as dispensadas en hospitais

Redutores de caudal

Son dispositivos que reducen o caudal da auga en función da presión.

Relación de masculinidade ao nacemento

Cociente entre o número de nenos e de nenas nacidos durante un ano.

Renda de integración social de Galicia. RISGA

É unha prestación económica asistencial que trata de garantir un mínimo de subsistencia persoal a cidadáns entre 25 e 65 anos, que aínda que teñan idade laboral e non teñan causa legal de incapacidade física ou psíquica, non teñen os recursos mínimos necesarios para cubrir as necesidades máis urxentes. Pretende a reinserción social e laboral das persoas

Residente

Considérase residente a toda persoa física que ten a súa residencia habitual nun dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia

Restrición da actividade habitual

Actividades habituais son as realizadas tanto no ámbito laboral, como no traballo doméstico ou na asistencia a centros de ensinanza ou formación e actividades desenvolvidas no tempo libre e que normalmente comprenden relacións con amigos e familiares, práctica de deportes, asistencia a espectáculos, etc. Considérase que hai restrición cando a limitación da actividade é ao menos da metade dun día

Réxime especial agrario

Están incluídos no réxime especial agrario todos os traballadores, calquera que sexa o seu sexo e estado civil, que de xeito habitual e como medio fundamental de vida realicen labores agrarias, sexan propiamente agrícolas, forestais ou pecuarias, dentro do territorio nacional, sempre que estean incluídos como traballadores por conta allea, ou como traballadores por conta propia.

A partir do mes de xaneiro de 2008 desaparece o réxime especial agrario por conta propia e os seus afiliados intégranse no réxime especial de autónomos. É dicir, a partir de xaneiro de 2008, o réxime especial agrario fórmano os traballadores maiores de 16 anos que realicen labores agrarias con carácter retribuído por conta allea, dentro do ámbito de organización e dirección doutra persoa física ou xurídica.

Con efecto o día 1 de xaneiro de 2012 os traballadores do réxime especial agrario (conta allea) inclúense dentro do réxime xeral da Seguridade Social, mediante a creación do sistema especial agrario.

Réxime especial da minería do carbón

Están incluídos no réxime especial da minería do carbón os traballadores por conta allea que prestan os seus servizos a empresas que realicen as seguintes actividades relativas á minería do carbón:

  • Extracción de carbón nas minas subterráneas.
  • Explotación de carbón a ceo aberto.
  • Investigacións e recoñecementos
  • Aproveitamento de carbóns e augas residuais con materias carbonosas.
  • Escollido de carbón en vertedoiros de cascallo
  • Fabricación de aglomerados de carbón mineral
  • Fornos de produción de cok (con exclusión dos pertencentes á industria siderometalúrxica).
  • Transportes fluviais de carbón
  • Actividades secundarias ou complementarias das anteriores

Réxime Especial de Autónomos e Autónomas

Enténdese como traballador e traballadora por conta propia ou autónomo/a, aquela persoa que realiza de xeito habitual, persoal e directa unha actividade económica a título lucrativo, sen suxeición por ela a un contrato de traballo e aínda que utilice o servizo remunerado doutras persoas, sexa ou non titular dunha empresa individual ou familiar. Presuporase, salvo proba do contrario, que a persoa afiliada é un traballador ou traballadora por conta propia ou autónomo/a se ostenta a titularidade dun establecemento aberto ao público como propietaria, arrendataria, usufrutuaria ou outro concepto análogo. Estarán incluídos neste réxime especial, entre outras, as seguintes categorías de traballadores e traballadoras:

  • Traballadores e traballadoras maiores de 18 anos que, de forma habitual, persoal e directa, realizan unha actividade económica a título lucrativo, sen suxeición a contrato de traballo.
  • O cónxuxe e familiares ata o 2º grao inclusive por consanguinidade, afinidade ou adopción que colaboren co traballador ou coa traballadora autónoma de forma persoal, habitual e directa e non teñan a condición de asalariados/as.
  • Os escritores e as escritoras de libros
  • Profesionais que exerzan unha actividade por conta propia, que a incorporación a un Colexio Profesional cuxo colectivo se integrara no Réxime Especial de Traballadores/as Autónomos/as.
  • Os socios e as sociais de sociedades regulares colectivas e de sociedades comanditarias.
  • Os socios e as socias traballadoras das Cooperativas de Traballo Asociado, cando estas opten por este réxime nos seus estatutos.
  • Comuneiros/as ou socios/as de comunidades de bens e sociedades civís irregulares.
  • Quen exerza funcións de dirección e xerencia que implique o desempeño do cargo de conselleiro/a ou administrador/a, ou preste outros servizos para unha sociedade mercantil capitalista, a título lucrativo e de forma habitual, persoal e directa, sempre que posúa o control efectivo, directo e indirecto, daquela.
  • Os socios e socias traballadoras das sociedades laborais, cando a súa participación no capital social (xunto co do seu cónxuxe e parentes, cos que conviva) acade ao menos o 50%.

En xaneiro de 2008 desapareceu o Réxime Especial Agrario por Conta Propia e os seus afiliados e afiliadas integráronse no Réxime Especial de Autónomos/as.

Réxime especial empregados do fogar

Os traballadores comprendidos dentro do campo de aplicación do réxime especial de empregados de fogar son os que se dediquen a servizos exclusivamente domésticos para un ou varios cabezas de familia, sempre que estes servizos sexan prestados na casa que habite o cabeza de familia e que perciban un soldo ou remuneración de calquera clase. Están incluídos os traballos de gardería, xardinería, condución de vehículos e outros análogos nos supostos nos que se desenvolvan formando parte do conxunto de tarefas domésticas.
O encadramento dentro deste réxime, efectuarase dependendo do número de horas traballadas e se se trata dun solo empregador ou varios, de acordo co seguinte:

  • Os empregados de fogar fixos: son os que prestan servizos para un só cabeza de familia durante un tempo igual ou superior a 80 horas de traballo efectivo ao mes
  • Os empregados de fogar descontinuos: son os que prestan os seus servizos para un ou varios cabezas de familia, con carácter parcial ou descontinuo, durante un mínimo de 72 horas de traballo efectivo ao mes, que teñen que realizarse, polo menos, durante 12 días en dito mes
Desde o día 1 de xaneiro de 2012 os traballadores incluídos no réxime especial de empregados do fogar quedan integrados dentro do réxime xeral, mediante a creación do sistema especial para empregados do fogar. Esta integración afecta tanto aos traballadores que prestan servizos con carácter fixo para un titular do fogar familiar, como aos denominados "descontinuos", cuxa actividade realízase para varios titulares de fogares familiares.
Establécese un período transitorio que comprende do 01-01-2012 ao 30-06-2012, para que os empregadores e as persoas empregadas procedentes do réxime especial da Seguridade Social de empregados do fogar, comuniquen á Tesorería General de la Seguridad Social o cumprimento das condicións esixidas para a súa inclusión no sistema especial para empregados do fogar.

Réxime especial traballadores do mar

No réxime especial do mar están incluídos:

  • Traballadores por conta allea, retribuídos a salario ou á parte, empregados en calquera das actividades seguintes:
    • Mariña mercante
    • Pesca marítima en calquera das súas modalidades.
    • Extracción doutros produtos do mar.
    • Tráfico interior de portos e embarcacións deportivas e de recreo.
    • Traballos de carácter administrativo, técnico e subalterno das empresas dedicadas ás actividades anteriores.
    • Traballo de estibadores portuarios.
    • Servizo auxiliar sanitario e de fonda e cociña prestado aos emigrantes españois a bordo das embarcacións que os transportan.
    • Persoal ao servizo das confrarías de pescadores e as súas federacións e das cooperativas do mar.
    • Calquera outra actividade marítimo-pesqueira que a súa inclusión neste réxime sexa determinada polo Ministerio de Trabajo e Inmigración.
  • Os armadores de embarcacións que sexan de máis de 10 toneladas ou leven enrolados máis de cinco tripulantes, se figuran no rol e perciben como retribución polo seu traballo unha participación no "Monte Menor" ou un salario como tripulante, quedan asimilados a traballadores por conta allea, salvo para os efectos de desemprego.
  • Traballadores por conta propia que realizan de xeito habitual, persoal e directa, algunha das actividades que a continuación se enumeran, sempre que a mesma constitúa o seu medio fundamental de vida:
    • Armadores de embarcacións que non excedan as 10 toneladas de rexistro bruto, non leven máis de cinco persoas enroladas incluído o armador, e nas que este vaia enrolado como técnico ou tripulante.
    • Os que se dediquen á extracción de produtos do mar.
    • Os redeiros que non realicen as súas faenas por conta dunha empresa pesqueira determinada.
  • Tamén se poden incluír o cónxuxe e os familiares, hasta o segundo grado de consanguinidade, afinidade ou adopción do traballador autónomo, se traballan, conviven e dependen economicamente de el, salvo proba de que son traballadores por conta allea

Réxime Xeral

É o réxime que conta con maior número de persoas afiliadas dentro da estrutura do Sistema da Seguridade Social. Estarán incluídos no Réxime Xeral, entre outras, as seguintes categorías de traballadores e traballadoras:

  • Os traballadores e as traballadoras españolas por conta allea da industria e dos servizos e asimilados a estes, que exerzan normalmente a súa actividade no territorio nacional.
  • Os socios e socias traballadoras de sociedades laborais e de sociedades mercantís capitalistas.
  • Os traballadores e as traballadoras españolas non residentes en territorio nacional ao servizo da Administración española no exterior.
  • Os estranxeiros e as estranxeiras con permiso de residencia e de traballo en España que traballen por conta allea na industria ou nos servizos e exerzan a súa actividade en territorio nacional.
  • Persoal (funcionario ou laboral) da Administración Local.
  • Laicos ou segrares que presten servizos retribuídos en institucións eclesiásticas.
  • As persoas que presten servizos retribuídos en entidades ou institucións de carácter benéfico social.
  • Funcionarios e funcionarias en prácticas que aspiren a incorporarse a corpos ou escalas que non estean suxeitos ao réxime de clases pasivas, así como os altos cargos das administracións públicas que non sexan funcionarios; tamén, os funcionarios e as funcionarias de novo ingreso das Comunidades Autónomas.
  • Funcionarios e funcionarias transferidas ás Comunidades Autónomas, que ingresen voluntariamente en corpos ou escalas propios da Comunidade Autónoma de destino; tamén se inclúe o persoal interino ao servizo da Administración de Xustiza.
  • Os seguintes Rexímenes Especiais integrados:
    • Representantes de comercio.
    • Artistas.
    • Profesionais taurinos.
  • Os seguintes Sistemas Especiais:
    • Traballadores e traballadoras fixas descontinuas de empresas de estudos de mercado e opinión pública.
    • Traballadores e traballadoras fixas descontinuas de cines, salas de baile e de festa e discotecas.
    • Manipulado e empaquetado de tomate fresco, realizado por colleiteiros/as exportadores/as.
    • Servizos extraordinarios de hostalería.
    • Industria da resina.
    • Froitas, hortalizas e industria de conservas vexetais.
    • Agrario: con efecto o día 1 de xaneiro de 2012 os traballadores e as traballadoras do Réxime Especial Agrario (conta allea) inclúense dentro do Réxime Xeral da Seguridade Social, mediante a creación do Sistema Especial Agrario.
    • Empregados e empregadas do fogar: desde o día 1 de xaneiro de 2012 os traballadores e as traballadoras incluídas no Réxime Especial de Empregados/as do Fogar quedan integradas dentro do Réxime Xeral, mediante a creación do Sistema Especial para Empregados/as do Fogar.

Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais

O rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais recolle a información referida ás entidades que desenvolven programas ou son titulares ou xestoras de centros ou programas de servizos sociais, nos seguintes ámbitos: maiores, discapacidade, igualdade, infancia, menores, familia, inclusión e servizos comunitarios.

Risco de morte (qx)

Probabilidade, dun individuo que alcanzou a idade exacta x, de falecer antes de alcanzar a idade x+n.

Sala de cine

Cada un dos locais ou espazos ao aire libre nos que se leva a cabo unha proxección

Salario

Para a determinación dos salarios dos empregados por conta allea, na Mostra continua de vidas laborais utilízanse as percepcións declaradas na clave A do modelo 190 "Resumo anual de retencións e ingresos a conta do IRPF sobre rendementos do traballo, de determinadas actividades económicas, premios e determinadas imputacións de renda" da Axencia Tributaria. Esta clave inclúe todas as percepcións, monetarias ou en especie, satisfeitas pola persoa ou entidade declarante en concepto de rendementos do traballo. Estas retribucións incluirán, así mesmo, as dietas satisfeitas por desprazamentos e os gastos de viaxe por motivos de traballo exceptuados de gravame. É preciso aclarar, ademais, que se refire a percepcións salariais brutas, isto é, antes do pago de impostos e que estas inclúen, así mesmo, os importes correspondentes ás percepcións en especie.

Na "Enquisa de poboación activa. Decil de salarios do emprego principal" o concepto de salario utilizado é (segundo Regulamento CE núm. 377/2008) da Comisión o de "salario mensual asociado ao emprego principal", sendo este último o que desenvolve a persoa na semana de referencia na que é entrevistada. En caso de ter varios traballos, o principal é o que proporciona os ingresos máis significativos. En particular, se é un traballo eventual de duración inferior a un mes, o salario será unha estimación do que se obtería para unha duración de todo o mes por un traballo similar. En cambio, se é un traballo a tempo parcial, non se transforma no equivalente a tempo completo.

As pagas extras e outros complementos anuais considéranse na definición, dividindo a súa cantidade por 12. Tamén se inclúen os pagos por horas extras regulares, propinas e comisións, referidos neste caso ao mes natural anterior á semana de referencia.

Salario anual ordinario

É o resultante de eliminar do salario bruto anual os pagos extraordinarios e a valoración en especie.

Salario base

É a parte fundamental e fixa do salario e que se define como o mínimo de retribución acordado nos convenios colectivos. Cando non hai convenio colectivo nin outro acordo entre empregador e empregado enténdese que este é o Salario Mínimo Interprofesional.

Salario bruto anual

Inclúe o total das percepcións salariais en diñeiro efectivo (retribucións dinerarias pagadas pola empresa ao traballador no ano) e as retribucións en especie. Compútanse os devengos brutos, é dicir, antes de practicar as deducións das achegas á Seguridade Social por conta do traballador ou as retencións a conta do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF).

Salario bruto mensual

Inclúe o total das percepcións salariais en diñeiro efectivo (salario base, pagas extraordinarias, pagamentos por horas extraordinarias e complementos salariais). Compútanse os devengos brutos, é dicir, antes de practicar as deducións das achegas á Seguridade Social por conta do traballador ou as retencións a conta do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF).

Salario en especie

O salario en especie comprende a parte dos bens e servizos subministrados gratuitamente ou a prezo reducido a algún dos membros do fogar a título de remuneración en especie, e que é consumida ou regalada polo fogar.

Salario mensual ordinario

É o resultante de eliminar do salario bruto os pagamentos extraordinarios. Determínase como a suma do salario base, os complementos salariais e os pagamentos por horas extraordinarias.

Salario Mínimo Interprofesional (SMI)

Contía retributiva mínima que percibirá o traballador referida á xornada legal de traballo en calquera actividade da agricultura, industria ou servizos, sen distinción do sexo ou idade dos traballadores, sexan fixos, eventuais ou temporais, ou sexan persoal ao servizo do fogar familiar. O salario mínimo interprofesional fíxase anualmente polo Goberno mediante un real decreto. A contía fíxase en salario/día e salario/mes e no caso de empregados do fogar fíxase tamén en salario/hora.

Salas de concerto

Inclúense todas as salas, tanto de titularidade pública como privada, susceptibles de albergar actividades musicais, excepto ao aire libre, de toda España.

Saldo migratorio

Para cada ámbito territorial, é a diferenza entre o número de inmigracións e o número de emigracións. Se é positivo indica que as entradas de poboación superan as saídas e se é negativo o contrario.

Saldo migratorio externo/exterior

É a diferenza entre a inmigración externa e a emigración externa. Aparecen dous tipos de saldo migratorio externo: co resto de España (diferenza entre as altas procedentes das outras comunidades autónomas e as baixas con destino nas mesmas), e co estranxeiro (diferenza entre as altas procedentes do estranxeiro e as baixas con ese mesmo destino).

Saldo migratorio interno/interior

É a diferenza entre a inmigración interna e a emigración interna. Para cada concello aparecen dous tipos de saldo migratorio interno: o intraprovincial e o do resto de Galicia. O primeiro correspóndese coa diferenza entre as altas no concello procedentes do resto da provincia e as baixas con destino na mesma, e o segundo é a diferenza entre as altas no concello procedentes das restantes provincias de Galicia e as baixas con destino nesas mesmas provincias.

Saldo vexetativo

É a diferenza existente entre os nacementos e as defuncións ocorridas durante un período de tempo definido.

Saúde mental positiva

Trátase dun indicador que mide o estado de saúde mental dunha persoa. Constrúese a partir de catro preguntas:

  • Durante as últimas 4 semanas con que frecuencia se sentiu cheo de vitalidade?
  • Durante as últimas 4 semanas con que frecuencia tivo moita enerxía?
  • Durante as últimas 4 semanas con que frecuencia se sentiu esgotado?
  • Durante as últimas 4 semanas con que frecuencia se sentiu canso?
Os valores deste indicador oscilan entre 0 e 100 puntos. Unha puntuación de 100 representaría a saúde mental óptima.

Segundo grao (nivel de estudos)

Estudos secundarios. Considérase que unha persoa ten estudos de segundo grao cando terminaron ESO, EXB, bacharelato elemental, bacharelato superior, BUP, bacharelato LOGSE, COU, PREU, FP de grao medio, FPI, oficialía industrial ou equivalente, FP de grao superior, FPII, mestría industrial ou equivalente. No censo de 2001 as persoas que alcanzaron o nivel de formación profesional superior inclúense neste epígrafe e non no de “Terceiro grao” para facilitar á comparación cos censos anteriores.

Sen estudos

Persoas que saben ler e escribir pero foron menos de 5 anos á escola.

Separación matrimonial

Decretarase xudicialmente a separación, calquera que sexa a forma de celebración do matrimonio:

  1. A petición de ambos os cónxuxes ou dun co consentimento do outro, unha vez transcorridos tres meses desde a celebración do matrimonio. Xunto coa demanda acompañarase unha proposta do convenio regulador redactada conforme o artigo 90 do Código Civil.
  2. A petición dun só dos cónxuxes, unha vez transcorridos tres meses desde a celebración do matrimonio. Non será preciso o transcurso deste prazo para a interposición da demanda cando se acredite a existencia de risco para a vida, a integridade física, a liberdade, a integridade morar ou liberdade e indemnidade sexual do cónxuxe demandante ou dos fillos de ambos ou de calquera dos membros do matrimonio.
Xunto coa demanda acompañarase unha proposta fundada das medidas que teñan que regular os efectos derivados da separación.

A sentencia de separación produce a suspensión da vida común dos casados, e cesa a posibilidade de vincular bens do outro cónxuxe no exercicio da potestade doméstica.

A reconciliación pon fin ao procedemento de separación e deixa sen efecto ulterior o resolto nel, pero ambos cónxuxes separadamente deberán poñelo en coñecemento do xuíz que entendo ou teña entendido no litixio.

Servizo de urxencias

  • Servizo de urxencias dun ambulatorio: servizo constituído no ambulatorio que conta con profesionais para prestar asistencia urxente fóra do horario habitual.
  • Servizo de urxencias dun hospital: servizo constituído no hospital, entendendo como tal o servizo que conta cun equipo de profesionais organizado, que presta asistencia urxente durante as 24 horas do día.

Servizos de atención para os nenos

No módulo sobre conciliación entre vida laboral e familiar da Enquisa de poboación activa (EPA) considéranse servizos de atención para os nenos, tanto se son de iniciativa pública como privada, os seguintes:

  • Garderías.
  • Centros de coidado de día.
  • Coidado familiar organizado (neneiras contratadas por centros de coidado de nenos que se desprazan ao domicilio).
  • Centros de actividades en horario extraescolar (exclúense os clubs deportivos onde van a practicar deporte ou centros onde se imparten cursos de idiomas).
  • Neneiras particulares ou persoal especializado.
Non se consideran servizos de atención a nenos:
  • A escolarización obrigatoria.
  • O coidado do neno por parte de familiares ou amigos, os cales non reciben contraprestación económica algunha, con independencia si residen ou non no mesmo fogar que o neno.
  • O coidado por parte de irmáns de máis de 14 anos que coidan do seu irmán ou irmá de 14 anos ou menos.

Servizos especiais de transporte a domicilio

Trátase de servizos que permiten desprazarse ás persoas que están confinados nas súas casas debido a algún tipo de minusvalía ou debido á súa avanzada idade. Os desprazamentos poden ser por distintos motivos, por exemplo, visitas ao médico, ir á compra, actividades de ocio, etc.

Síntoma

Calquera tipo de manifestación dunha enfermidade que afecte a unha persoa

Sistema da Seguridade Social

É un conxunto de réximes a través dos cales o Estado garante ás persoas comprendidas no seu campo de aplicación, por realizar unha actividade profesional ou por cumprir os requisitos esixidos na modalidade non contributiva, así como aos familiares ou asimilados que tivesen ao seu cargo, a protección adecuada nas continxencias e situacións que a lei define.

Sistema de referencia espacial

Un sistema de referencia espacial permite asignar coordenadas a puntos sobre a superficie terrestre. Son utilizados en xeodesia, navegación, cartografía e sistemas globais de navegación por satélite para a correcta xeorreferenciación de elementos na superficie terrestre. Estes sistemas son necesarios dado que a Terra non é unha esfera perfecta.

Sistema de referencia ETRS89-LAEA

Sistema de referencia espacial que a Directiva INSPIRE recomenda para a xeración dunha capa vectorial de celas uniformes de 1km de lado que sexa homoxénea para toda Europa. Usa o sistema de coordenadas Lambert Azimutal Equal Area (LAEA).

Sistema especial agrario

Están incluídos no sistema especial agrario os traballadores por conta allea que realicen labores agrarias, forestais ou pecuarias que ou sexan complementarias ou auxiliares das mesmas, en explotacións agrarias, así como os empresarias aos que presten os seus servizos.

Sistema especial empregados do fogar

Estarán incluídos neste sistema especial, como empregados do fogar todos os traballadores, calquera que sexa o seu sexo e estado civil, e que reúnan os seguintes requisitos:

  • Ser maior de 16 anos.
  • Que presten servizos exclusivamente domésticos para un ou varios titulares do fogar familiar, ou a un grupo de persoas, que sen constituír unha familia, convivan no mesmo fogar con tal carácter familiar.
  • Que eses servizos sexan prestados na casa que habite o titular do fogar familiar e demais persoas que compoñen o fogar.
  • Que perciba por este servizo un soldo ou remuneración de calquera clase que sexa.

Situación de afiliación en alta laboral

A afiliación en alta laboral ao Sistema da Seguridade Social é obrigatoria para todas as persoas incluídas no campo de aplicación deste cando se atopen traballando, ben por conta allea, ben por conta propia, e única (no sentido de que o seu número de afiliación non varía) para toda a vida laboral, sen prexuízo das baixas, altas e variacións que se poidan producir con posterioridade á primeira afiliación. É dicir, o traballador ou a traballadora afíliase cando comeza a súa vida laboral e a empresa (ou o/a propio/a traballador/traballadora, no caso do emprego por conta propia) o/a dá de alta nalgún dos réximes do Sistema da Seguridade Social. Esta situación denomínase alta inicial. Se cesa na súa actividade consígnase unha baixa no Sistema, pero o seu número de afiliación segue activo, en situación de baixa laboral. Se retoma a súa actividade, producirase unha alta, denominada alta sucesiva, pero a persoa non terá que afiliarse de novo; simplemente procederase a consignar unha nova alta do seu número de afiliación.

Subsidio por desemprego

É unha prestación asistencial que ten como obxectivo complementar a protección da prestación de carácter contributivo das situacións de desemprego. Consta dunha prestación económica e, no seu caso, do abono á Seguridade Social da continxencia de xubilación. A duración e contía determínanse en función da modalidade de subsidio ao que se teña dereito:

  • Traballadores e traballadoras que esgotaron a prestación contributiva por desemprego e teñen responsabilidades familiares.
  • Traballadores e traballadoras que esgotaron a prestación contributiva por desemprego maiores de 45 anos e que non teñen responsabilidades familiares.
  • Traballadores e traballadoras emigrantes retornados/as.
  • Traballadores e traballadoras que, cando se produce a situación legal de desemprego, non teñen cuberto o período mínimo de cotización para acceder a unha prestación contributiva.
  • Liberados/as de prisión.
  • Traballadores e traballadoras declaradas plenamente capaces ou que perdesen a condición de pensionista de incapacidade por melloría dunha situación de grande invalidez, incapacidade permanente absoluta ou total para a profesión habitual.
  • Subsidio por desemprego para traballadores e traballadoras maiores de 55 anos.
Para acceder ao subsidio por desemprego débense cumprir, con carácter xeral, os seguintes requisitos:
  • Estar desempregado ou desempregada e inscrito/a como demandante de emprego e subscribir o compromiso de actividade.
  • Non ter dereito a percibir unha prestación por desemprego de nivel contributivo.
  • Carecer de rendas, de calquera natureza, en cómputo mensual superior ao 75% do salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional das dúas pagas extraordinarias.

Subvencións (custos laborais)

Reducións, bonificacións e subvencións que os empregadores aplican nas liquidacións das cotizacións á Seguridade Social, motivadas pola contratación de determinados colectivos de traballadores ou por axudas recoñecidas polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) a cargo dos seus orzamentos.

Superviventes (lx)

Número de individuos que superaron con éxito o risco de falecer antes da idade x.

Sustentador principal

É a persoa membro do fogar que tivo os maiores ingresos no ano natural anterior á realización da enquisa (ata a edición de 2007 nos doce meses anteriores ao mes do domingo da semana de referencia).
No caso de ser varias as que tiveran o mesmo ingreso máximo aplícase o seguinte criterio:

  • Se algunha das persoas con ingresos similares máximos é a persoa de referencia, esta será o sustentador principal.
  • De non estar a persoa de referencia entre as que teñen o mesmo ingreso máximo, o sustentador principal será aquela que teña a menor idade delas.

Taxa bruta de divorcios

Número de divorcios por cada 1.000 habitantes

Taxa bruta de emigración

Emigracións por cada 1.000 habitantes

Taxa bruta de inmigración

Inmigracións por cada 1.000 habitantes

Taxa bruta de mortalidade

Número de defuncións por cada 1.000 habitantes.

Taxa bruta de natalidade

Número de nacementos por cada 1.000 habitantes.

Taxa bruta de nupcialidade

Número de matrimonios por cada 1.000 habitantes.

Taxa bruta de poboación que se gradúa

As taxas brutas de poboación que se gradúa en cada ensino/titulación calcúlanse como a relación entre o alumnado que remata os estudios que se citan, independentemente da súa idade, coa poboación total da idade teórica de comezo do último curso do ensino.

Taxa bruta de reprodución

Número medio de fillas que tería unha muller en ausencia de mortalidade ao longo da súa vida.

Taxa de actividade

Porcentaxe do número total de activos sobre a poboación total (poboación de 16 ou máis anos).

Taxa de analfabetismo

Porcentaxe de poboación de 16 e máis anos que non sabe ler nin escribir sobre o total da poboación de 16 e máis anos.

Taxa de asalariados

Porcentaxe do número medio de asalariados fronte ao número medio de ocupados totais ao longo do período considerado.

Taxa de carga poboacional

Para cada un dos conceptos de carga de poboación, defínese como a porcentaxe que representa a carga de poboación respecto á poboacion residente

Taxa de crecemento composto continuo da poboación

Incremento da poboación baseado nun modelo de crecemento exponencial continuo.

Taxa de crecemento natural da poboación

Relación entre o saldo vexetativo (diferenza entre nacementos e defuncións) e a poboación do período considerado.

Taxa de enfermidades profesionais

Número de enfermidades profesionais con e sen baixa repecto ao total de afiliados á Seguridade Social.

Taxa de idoneidade (educación)

Relación entre os alumnos que se atopan matriculados no curso teórico adecuado para a súa idade e os alumnos matriculados no dito curso

Taxa de inserción laboral

Representa o número de persoas egresadas afiliadas (en alta laboral segundo Seguridade Social ou MUFACE) na data de referencia de cada período de seguimento por cada cen persoas egresadas. Por outra banda, non se pode interpretar a taxa de inserción laboral como unha taxa específica de emprego de egresados universitarios (Persoas egresados ocupadas/Total de persoas egresadas) xa que, como se indicou, non se acada a exhaustividade no reconto da ocupación deste colectivo, ao descoñecerse a súa actividade laboral fóra de Galicia ou a súa situación de afiliación a mutualidades de previsión social á marxe de MUFACE

Taxa de mortalidade (mx)

Cociente entre o número de defuncións de individuos con idade entre x e x+n e a poboación do mesmo grupo de idade.

Taxa de mortalidade infantil

Defuncións de menores dun ano por cada mil nacidos vivos.

Taxa de mortalidade neonatal

Defuncións de nenos de menos de 28 días por cada mil nacidos vivos.

Taxa de mortalidade perinatal

Defuncións de nenos de menos de 28 días (incluíndo as mortes fetais tardías) por cada mil nacementos (nacidos vivos máis mortes fetais tardías).

Taxa de mortalidade posneonatal

Defuncións de nenos de entre 28 e 365 días por cada mil nacidos vivos.

Taxa de ocupación

Porcentaxe de ocupados sobre a poboación de 16 ou máis anos

Taxa de parcialidade dos asalariados

Porcentaxe dos asalariados con xornada parcial sobre o total de asalariados.

Taxa de paro

Porcentaxe de parados sobre o total de activos.

Taxa de precaridade no emprego

Porcentaxe de asalariados con contrato temporal con respecto ao total de asalariados.

Taxa de repetición (educación)

Relación entre os alumnos repetidores e os alumnos matriculados

Taxa de risco de pobreza

Porcentaxe de persoas cun ingreso equivalente inferior ao limiar do risco de pobreza.

Taxa de risco de pobreza antes de transferencias sociais

Porcentaxe de persoas cun ingreso equivalente (antes de transferencias) inferior ao limiar de risco de pobreza (antes de transferencias). Para o seu cálculo non se contabilizan dentro dos ingresos dos fogares as transferencias sociais (prestacións contributivas e non contributivas, prestacións e subsidios por desemprego) e, posteriormente, recalcúlanse os ingresos equivalentes, a mediana e o limiar de risco de pobreza antes de transferencias (60% da mediana).

Taxa de risco de pobreza despois de aforro en alimentos

Porcentaxe de persoas cun ingreso equivalente (despois de aforro en alimentos) inferior ao limiar de risco de pobreza (despois de aforro en alimentos). Para o seu cálculo contabilízase dentro dos ingresos dos fogares o aforro causado ao fogar por non ter que comprar algúns alimentos producidos polo propio fogar ou ben regalados por algún familiar ou amigo e, posteriormente, recalcúlanse os ingresos equivalentes, a mediana e o limiar de risco de pobreza despois de aforro en alimentos (60% da mediana).

Taxa de risco de pobreza despois de aluguer imputado

Porcentaxe de persoas cun ingreso equivalente (despois de aluguer imputado) inferior ao limiar de risco de pobreza (despois de aluguer imputado). Para o seu cálculo contabilízase dentro dos ingresos dos fogares o aluguer imputado. O aluguer imputado é o equivalente ao aluguer que se pagaría a prezo de mercado por unha vivenda de características similares á vivenda na que reside o fogar menos o aluguer que realmente se paga. Aplícase, polo tanto, aos fogares que non pagan un aluguer por ser propietarios e a aqueles que ocupan unha vivenda alugada a un prezo inferior ao de mercado. Posteriormente recalcúlanse os ingresos equivalentes, a mediana e o limiar de risco de pobreza despois de aluguer imputado (60% da mediana).

Taxa de risco de pobreza ou exclusión social (estratexia Europa 2020)

A poboación en risco de pobreza ou exclusión social é aquela que está nalgunha das seguintes situacións:

  • En risco de pobreza: o ingreso por unidade de consumo está por debaixo do 60% da mediana dos ingresos por unidade de consumo
  • En carencia material severa
  • Persoas de 0 a 59 anos que viven en fogares sen ingresos de traballo ou con baixa intensidade de ingresos de traballo, é dicir, onde o número de días que os adultos de 18 a 59 anos dese fogar tiveron ingresos por traballo supón ata o 20% do número total de días que poderían telos durante o ano natural anterior á realización da enquisa

Taxa de risco de pobreza ou exclusión social (estratexia Europa 2030)

A poboación en risco de pobreza ou exclusión social é aquela que está nalgunha das seguintes situacións:

  • En risco de pobreza: o ingreso por unidade de consumo está por debaixo do 60% da mediana dos ingresos por unidade de consumo.
  • En carencia material e social severa.
  • Persoas de 0 a 64 anos que viven en fogares con baixa intensidade laboral.

Taxa de ruptura matrimonial

Relación entre o total de separados e divorciados con respecto do total de casados, separados e divorciados

Taxa de salarización

Porcentaxe dos asalariados sobre o total de ocupados.

Taxa de supervivencia do emprego autónomo

É a proporción de afiliacións no Réxime Especial de Autónomos e Autónomas que seguen en alta laboral a último día hábil do período considerado (1 ano despois, 2 anos despois, etc.) en relación a todas as afiliacións que se deran de alta neste réxime no ano de referencia.

Taxa de temporalidade

Porcentaxe dos asalariados con contrato de duración temporal sobre o total de asalariados.

Taxa xeral de actividade

Relación entre a poboación activa e o total de poboación

Taxa xeral de fecundidade

Número de nacementos por cada mil mulleres en idade fértil (de 15 a 49 anos).

Taxa xeral de nupcialidade

Número de matrimonios por cada mil individuos de 15 ou máis anos.

Taxas específicas de fecundidade

Cociente entre o número de nacementos dunha determinada cohorte de nais e o total de mulleres nese grupo de idade.

Taxas específicas de mortalidade

Cociente entre o número de defuncións de persoas dun determinado grupo de idade e a poboación total nese grupo de idade.

Taxas específicas de nupcialidade

Cociente entre o número de matrimonios dun determinado grupo de idade e a poboación dese grupo de idade.

Teatro

Agrupa as representacións de teatro clásico, cómico, dramático e outras manifestacións teatrais heteroxéneas (lecturas dramatizadas, mimo, marionetas, monicreques, etc.)

Tempo vivido (Tx)

Número total de anos vividos polos superviventes lx desde o aniversario x ata a extinción da xeración.

Terapeuta manual

Fisioterapeuta especialista en intervencións de terapia manual e técnicas para tratar problemas de movementos que xeran dor. Trata problemas de costas, colo, tensión muscular, problemas de cadeira e xeonllo e dores de ombro. A terapia manual defínese como a especialidade médica á que concirne o diagnóstico, avaliación, prevención e tratamento da incapacidade encamiñados a facilitar, manter ou devolver o maior grao de capacidade funcional e independencia posibles.

Terapeuta ocupacional

Especialista que aplica técnicas e realiza actividades de carácter ocupacional que tenden potenciar ou suplir funcións físicas ou psíquicas diminuídas ou perdidas, e orientar e estimular o desenvolvemento de tales funcións. Traballan con individuos que teñen algún tipo de minusvalía mental, física, de desenvolvemento ou emocional. Axudan a desenvolver, recuperar ou manter as actividades diarias e habilidades no traballo.

Terceiro grado (nivel de estudos)

Estudos superiores. Considérase que unha persoa ten estudos de terceiro grado cando terminou unha diplomatura, arquitectura ou enxeñería técnicas, tres cursos dunha licenciatura, enxeñería o arquitectura, unha licenciatura, unha enxeñería ou o doutorado.

Tipos de accidentes segundo a Enquisa europea de saúde 2009

  • Accidentes de tráfico: todos os accidentes acontecidos na vía pública, aparcadoiros públicos ou privados sempre que o accidente non aconteza no curso de traballo. O accidente pode ser como condutor, pasaxeiro ou peón
  • Accidentes no traballo: todos os accidentes acontecidos no período de xornada laboral, mesmo se estes non aconteceron realizando o traballo habitual ou no lugar onde normalmente realiza a súa actividade. Inclúe, entre outros, os accidentes acontecidos durante o período de comida ou calquera outro descanso, sempre que sexa no establecemento da empresa; accidentes de tráfico no transcurso do traballo; accidentes en medios de transporte usados no curso do traballo; e accidentes acontecidos na casa se o traballo se realiza directamente dende alí
  • Accidentes no colexio ou centro de estudos: todos os accidentes acontecidos nas instalacións do centro, incluídos aqueles que puidesen suceder durante a clase de educación física
  • Accidentes na casa ou en tempo de ocio: todos os accidentes acontecidos no fogar ou nas dependencias externas propiedade do inmoble (escaleiras, portal, xardín, garaxe, etc.). Pode referirse á propia casa do entrevistado ou á doutra persoa. Tamén inclúe os accidentes acontecidos nun lugar público ou privado mentres se realizan actividades de ocio (ximnasio, pista de fútbol, piscina, rocódromo, etc.)

Tiraxe

Se Número total de exemplares impresos dunha publicación

Título

Termo utilizado para designar unha publicación impresa que constitúe un todo único, tanto si consta dun como de varios volumes.

Toma da tensión arterial

É a medición da tensión arterial sistólica e diastólica realizada por un profesional sanitario. Considérase tamén a toma da tensión efectuada por farmacéuticos na propia farmacia.

Traballadores afiliados por conta allea

Na edición 2011 da explotación da Mostra continua de vidas laborais considéranse traballadores por conta allea todos os afiliados en alta laboral incluídos nalgún dos seguintes réximes de afiliación: réxime xeral, réxime especial de minería do carbón, réxime especial do mar por conta allea, réxime especial agrario por conta allea e réxime especial de empregados do fogar fixos.

Traballadores afiliados por conta propia

Na edición 2011 da explotación da Mostra continua de vidas laborais considéranse traballadores por conta propia todos os afiliados en alta laboral incluídos nalgún dos seguintes réximes de afiliación: réxime especial de traballadores autónomos, réxime especial do mar por conta propia e réxime especial de empregados do fogar descontinuos. Hai que ten en conta que a partir de xaneiro de 2008 desaparece o réxime especial agrario por conta propia, e as súas afiliacións intégranse no réxime especial de autónomos.

TRADE

Son as siglas de traballador ou traballadora autónoma economicamente dependente. A súa definición exacta ven fixada na Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo. A grandes trazos, son aquelas persoas que realizan unha actividade económica ou profesional por conta propia, a título lucrativo e de forma habitual, persoal, directa e predominantemente para outra persoa física ou xurídica, da que dependen economicamente por percibir desta, ao menos, o 75% dos seus ingresos por rendementos do traballo e de actividades económicas ou profesionais.

Trato violento

Fai referencia ao uso de forza física cara a outra persoa ou grupo de persoas que teña como consecuencia dano físico, sexual ou psicolóxico. Considéranse tanto as situacións reais coma a sensación de medo ante estas accións. No caso de violencia no ámbito do fogar, considérase a que pode ser causada por persoas tanto fóra coma dentro do fogar. A violencia no traballo non soamente pode provir dun compañeiro, superior ou subordinado, senón doutra persoa coa que se relacione o informante no seu lugar de traballo, como por exemplo un cliente ou provedor.

Turismo, segundas vivendas, estudos, traballo e saúde

Representan os saldos medios de persoas equivalentes a tempo completo entre os non residentes presentes e os residentes ausentes por motivos de turismo, estancias en segundas vivendas, estudos, traballo e problemas de saúde

Vacina contra a gripe

Considérase a vacina antigripal estacional. Non se considera a vacina contra a variante H1N1.

Valoración en especie

Valoración de todas as percepcións salariais que se entregan ao traballador empregando calquera medio distinto do diñeiro, como bens, dereitos, beneficios ou servizos como a contraprestación dos servizos laborais.

Vehículo motorizado combinando público e privado

Categoría que inclúe as combinacións posibles de por unha parte, coche, furgoneta ou moto, e por outra parte, autobús, metro ou tren.

Vehículo motorizado privado

Categoría que inclúe as combinacións posibles de coche, furgoneta ou moto como condutor ou pasaxeiro.

Vehículo motorizado público

Categoría que inclúe as combinacións posibles de autobús, metro ou tren.

Viaxeiros entrados

Todas aquelas persoas que realizan unha ou máis noites seguidas no mesmo aloxamento.

Vivenda

É o recinto estruturalmente separado e independente que, pola forma en que foi construído, reconstruído, transformado ou adaptado, está concibido para ser habitado por persoas e está dotado de acceso desde a vía pública ou desde recintos comúns privados. Hai dous tipos de vivendas: vivendas colectivas e vivendas familiares.
No Censo de poboación e vivendas considéranse tamén vivendas aqueles recintos que aínda que non estivesen concibidos para ser habitados por persoas constitúen a residencia habitual de alguén no momento censual. Non se consideran vivendas os recintos que, a pesar de estar concibidos inicialmente para a habitación humana, no momento censual están dedicados totalmente a outros fins.

Vivenda colectiva

É a vivenda destinada a ser habitada por un colectivo, é dicir, por un grupo de persoas sometidas a unha autoridade ou réxime común non baseados en lazos familiares nin de convivencia, como por exemplo: residencias de persoas maiores, cuarteis, conventos, institucións para persoas con discapacidade, cárceres, etc. Pode ocupar só parcialmente un edificio, ou máis frecuentemente, a totalidade do mesmo.

Vivenda familiar

É a vivenda destinada a ser habitada por unha ou varias persoas, xeral pero non necesariamente unidas por parentesco, e que non constitúen un colectivo. A pesar de non cumprir estritamente a definición, tamén se consideran vivendas familiares os aloxamentos.

As vivendas familiares inclúense no Censo de Vivendas, con independencia de que estean ocupadas ou non no momento censual.

Vivenda familiar principal

Vivenda familiar que se utiliza toda ou a maior parte do ano como residencia habitual dunha ou máis persoas.

Votantes

Son aqueles individuos incluídos no censo electoral que o día da votación fixeron efectivo o seu dereito a sufraxio.

Votos a candidaturas

Total de votos obtidos por cada unha das candidaturas que se presentan ás eleccións.

Votos en branco

Considérase como voto en branco, pero válido, o sobre que non conteña papeleta.

Votos nulos

É nulo o voto emitido en sobre ou papeleta diferente do modelo oficial, así como o emitido en papeleta sen sobre ou en sobre que conteña máis dunha papeleta de distinta candidatura. No suposto de conter máis dunha papeleta da mesma candidatura, computarase como un só voto válido.

Xornada continua

Cando se inicia e finaliza a xornada cunha soa interrupción de quince a trinta minutos para descansar ou tomar algún alimento.

Xornada partida

Cando á metade da xornada hai unha interrupción do traballo de polo menos unha hora de duración

Xornadas non traballadas por folga

Nos conflitos de días completos e con participación constante, obtense multiplicando o número de traballadores participantes polo número de días laborais de duración do conflito. Noutros casos, nos que a participación non é constante e/ou a interrupción do traballo non afecta a xornada completa, entendendo por xornada completa a xornada laboral normal que realiza un traballador sen ter en conta as horas extraordinarias, o cálculo das xornadas non traballadas en cada folga obtense multiplicando o número efectivo de participantes en cada un dos días pola parte da xornada non traballada de cada día e sumando este resultado para todos os días de duración.

Xubilación anticipada

A xubilación anticipada prodúcese cando o traballador se retira do seu emprego remunerado antes de cumprir os 65 anos, recibindo a cambio un pago periódico que intenta manter os seus ingresos. Isto pode ou non levar consigo unha redución da pensión normal. A xubilación anticipada pode solicitarse atendendo a varios motivos:

  • Por razón do grupo profesional: a idade ordinaria de xubilación pode ser rebaixada ou anticipada naqueles grupos ou actividades profesionais cuxos traballos sexan de natureza excepcionalmente penosa, perigosa, tóxica ou insalubre e teñan elevados índices de morbilidade ou mortalidade; é o caso dos traballadores incluídos no Estatuto Mineiro, o persoal de voo de traballos aéreos, os traballadores ferroviarios, entre outros.
  • Por discapacidade: a idade ordinaria de xubilación pode verse reducida no caso de traballadores con discapacidade igual ou superior ao 65%, ou tamén cunha discapacidade igual ou superior ao 45% sempre que, neste último caso, se trate de discapacidades regulamentariamente determinadas que poden determinar unha redución apreciable da esperanza de vida desas persoas.
  • Por ter a condición de mutualista: poderán ter dereito á pensión contributiva de xubilación a partir dos 60 anos (ou a unha parte dela) os traballadores afiliados en alta ou en situación asimilada á alta que reúnan os requisitos xerais esixidos (período mínimo de cotización e feito causante) e se atopen nun dos seguintes grupos:
    • Os traballadores que cotizasen nalgunha das Mutualidades Laborais de traballadores por conta allea con anterioridade ao 1/01/1967.
    • Os traballadores ingresados na Rede Nacional de Ferrocarrís Españois (RENFE), con anterioridade ao 14/07/1967.
    • Os traballadores pertencentes a Ferrocarrís Españois de Vía Estreita (FEVE), ás Compañías Concesionarias de Ferrocarrís de uso público e á empresa Ferrocarriles Vascos, Sociedad Anónima (SA), con anterioridade ao 19/12/1969.
    • Quen estivera comprendido no campo de aplicación do Réxime Especial da Minería do Carbón o día 1/04/1969 e fose cotizante dalgunha das Mutualidades Laborais do Carbón o 31/01/1969 ou con anterioridade.
    • Os traballadores comprendidos no campo de aplicación do Réxime Especial dos Traballadores do Mar o día 1/08/1970.
  • Sen ter a condición de mutualista, sempre e cando reúnan os seguintes requisitos:
    • Ter 61 anos de idade.
    • Acreditar un período mínimo de cotización efectiva de 30 anos; ademais, do período total de cotización, ao menos 2 anos deberán estar comprendidos dentro dos 15 inmediatamente anteriores ao momento de causar o dereito.
  • Xubilacións anticipadas dende o 1/01/2004 por expediente de regulación de emprego: todas as xubilacións causadas dende o 1/01/2014, motivadas por cese na relación laboral en virtude de expedientes de regulación de emprego, e sempre que a persoa cumprira os 61 anos ou gozase da condición de mutualista, serán consideradas xubilacións anticipadas.
Tamén se considerará que están cobrando unha xubilación anticipada os traballadores con xubilación a tempo parcial (persoas que continúan traballando pero reducen as súas horas de traballo mediante un contrato parcial e, á vez, reciben un pago periódico por unha parte da pensión total de xubilación).

 

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies