A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida ás
vivendas familiares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza desde 1964. En xullo
de 2008 firmouse un convenio de colaboración entre o INE e o Instituto Galego de Estatística
(IGE) para duplicar a mostra da EPA no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de
Galicia.
A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo ao seu compoñente
humano. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co
mercado de traballo (poboación ocupada, parada, activa e inactiva) e a obter clasificacións de estas
categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais
homoxéneas de resultados.
A partir da Enquisa de Poboación Activa (IGE-INE), neste apartado descríbese a poboación asalariada en Galicia segundo o sexo, idade, tipo de xornada, tipo de contrato, rama de actividade, nivel de estudos e a ocupación.