Resumo de resultados


 Produto interior bruto


ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada


Información para Galicia segundo o grao de urbanización

Distribución do Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia segundo o grao de urbanización.

No ano 2020 o 44,7% do PIB de Galicia xérase na zona máis poboada, con 26.243 millóns de euros, mentres que a zona que menos contribúe ao total do PIB é a ZPP. Con respecto ao 2018 diminuíu o peso das zonas ZIP e ZPP na distribución do PIB de Galicia e incrementouse a ZDP. En todo caso, con respecto a 2018, estes cambios non superan as nove décimas.

 

PIB segundo o grao de urbanización
Unidade: miles de euros e porcentaxe (%)
Total
ZDP
ZIP
ZPP
Ano PIB % PIB % PIB % PIB %
2010 56.891.514 100 25.700.257 45,2 18.347.789 32,3 12.843.468 22,6
2012 53.434.959 100 24.110.187 45,1 17.445.149 32,6 11.879.623 22,2
2014 53.803.931 100 23.533.092 43,7 17.779.550 33,0 12.491.289 23,2
2016 57.556.152 100 25.077.856 43,6 19.475.027 33,8 13.003.269 22,6
2018 62.133.839 100 27.256.593 43,9 21.032.878 33,9 13.844.368 22,3
2020 58.705.921 100 26.243.449 44,7 19.629.408 33,4 12.833.064 21,9

Distribución do Produto Interior Bruto (PIB) segundo o sector de actividade por grao de urbanización.

Ao considerar a distribución do PIB por sectores de actividade nas distintas zonas de urbanización obsérvase que o peso do sector servizos diminúe co grao de urbanización e, pola contra, o peso do sector primario aumenta de forma notable a medida que decrece o grao de urbanización. No que respecta aos sectores da industria e a construción, tamén neste caso semella existir unha relación inversa entre o peso destes no PIB e o grao de urbanización, sendo, de novo, a zona pouco poboada onde a industria e a construción achegan máis valor engadido en termos relativos á economía da rexión.

Baixo o epígrafe de Impostos netos inclúense fundamentalmente impostos ao consumo como o IVE e os impostos especiais. Estes representan unha maior proporción do PIB nas ZPP debido a que nestas zonas hai unha menor actividade económica por habitante, e unha porcentaxe de poboación inactiva máis elevada. A estrutura produtiva da ZIP é máis similar á estrutura produtiva de Galicia que o das outras zonas.

Distribución do PIB por sectores de actividade. Ano 2020
Unidade: miles de euros, porcentaxe (%)
Primario
Industria
Construción
Servizos
Impostos netos
Grao de urbanización Miles de € % Miles de € % Miles de € % Miles de € % Miles de € %
Total 2.744.774 4,7 8.621.240 14,7 3.852.693 6,6 38.458.439 65,5 5.028.775 8,6
ZDP 170.005 0,6 2.497.359 9,5 1.578.678 6,0 19.893.277 75,8 2.104.130 8,0
ZIP 688.839 3,5 3.433.593 17,5 1.400.478 7,1 12.356.513 62,9 1.749.985 8,9
ZPP 1.885.930 14,7 2.690.288 21,0 873.537 6,8 6.208.649 48,4 1.174.660 9,2


Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización

Distribución do Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia segundo o subgrao de urbanización.

Non existe unha relación directa entre o subgrao de urbanización e a contribución ao PIB. As subzonas que menos contribúen á xeración de valor en Galicia no ano 2.020 son a ZPP intermedia, a ZPP alta e a ZIP baixa (no caso da ZPP intermedia non chega ao 4%). A ZIP alta achega un 26,5% do PIB, e constitúe o segundo subgrupo por volume de actividade económica. Cómpre destacar que nos concellos da ZPP baixa xérase o 12,9% do PIB galego.

PIB segundo subgrao de urbanización
Unidade: miles de euros e porcentaxe (%)
Total
ZDP
ZIP alta
ZIP baixa
ZPP alta
ZPP intermedia
ZPP baixa
Ano PIB % PIB % PIB % PIB % PIB % PIB % PIB %
2010 56.891.514 100 25.700.257 45,2 13.968.224 24,6 4.379.565 7,7 3.218.101 5,7 2.130.532 3,7 7.494.835 13,2
2012 53.434.959 100 24.110.187 45,1 13.173.011 24,7 4.272.138 8,0 3.008.974 5,6 1.901.594 3,6 6.969.055 13,0
2014 53.803.931 100 23.533.092 43,7 13.601.461 25,3 4.178.089 7,8 3.016.053 5,6 2.107.627 3,9 7.367.609 13,7
2016 57.556.152 100 25.077.856 43,6 15.104.368 26,2 4.370.659 7,6 3.228.787 5,6 2.140.936 3,7 7.633.546 13,3
2018 62.133.839 100 27.256.593 43,9 16.160.189 26,0 4.872.689 7,8 3.484.345 5,6 2.360.290 3,8 7.999.733 12,9
2020 58.705.921 100 26.243.449 44,7 15.552.667 26,5 4.076.741 6,9 3.261.412 5,6 1.984.725 3,4 7.586.927 12,9

Distribución do Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia segundo rama de actividade por subgrao de urbanización.

Ao considerar a estrutura produtiva segundo subzonas de urbanización repítese a relación inversa entre achega do sector primario e subgrao de urbanización. Outro factor relevante, ao analizar a estrutura produtiva a doce ramas de actividade, é a descomposición do sector servizos. Neste sector, a rama de actividade das administracións públicas e a educación e sanidade (de mercado e non mercado) é o factor diferencial que fai que a achega dos servizos sexa tan elevada nestas zonas máis urbanizadas (ZDP). Tamén contribúe unha maior presenza de servizos relacionados coa actividade empresarial (Actividades de información, financeiros, inmobiliarios e empresariais).

A achega da industria é sobranceira nas ZIP baixa, ZPP intermedia e ZPP baixa. Nas tres zonas destaca o elevado peso no PIB da rama “Enerxía, suministro de auga e xestión de residuos”. Outro trazo significativo das estruturas produtivas por subgrao é que a achega ao PIB da Industria Agroalimentaria é máis elevada nas ZIP e na ZPP alta que nas que presentan menor subgrao de urbanización, a pesar da elevada achega das actividades do sector primario. Nas ZPP baixa destacamos tamén a rama de actividade das “Industrias extractivas e fabricación de outros produtos minerais non metálicos” que, ao igual que ocorre co sector primario, dependen do aproveitamento de recursos naturais.

Distribución do PIB por ramas de actividade segundo o subgrao de urbanización. Ano 2020
Unidade: porcentaxe (%)
ZIP
ZPP
Rama de actividade Galicia ZDP alta baixa alta intermedia baixa
Impostos netos 8,6 8,0 8,7 9,8 10,0 10,3 8,5
Primario 4,7 0,6 3,0 5,5 6,6 11,8 18,9
Industria 14,7 9,5 17,1 18,8 14,5 17,5 24,7
    • Industria agroalimentaria 2,9 2,4 3,6 4,0 3,8 1,9 2,5
    • Madeira, papel e mobles 0,9 0,5 0,9 0,6 1,9 0,6 2,2
    • Industrias extractivas e fabricación de outros produtos minerais non metálicos 0,7 0,1 0,6 0,8 1,0 0,9 2,8
    • Metalurxia e produtos metálicos, electrónicos, eléctricos e maquinaria 2,3 1,0 4,2 3,9 2,6 3,9 1,7
    • Fabricación de material de transporte e grandes reparacións industriais 3,0 4,0 2,6 1,6 1,0 1,9 2,3
    • Resto da industria 1,4 0,2 2,9 2,3 2,1 1,1 1,5
    • Enerxía, suministro de auga e xestión de residuos 3,4 1,3 2,4 5,6 2,1 7,1 11,7
Construción 6,6 6,0 7,4 6,1 8,2 6,8 6,2
Servizos 65,5 75,8 63,8 59,7 60,7 53,6 41,7
    • Comercio, transporte e hostalería 18,4 17,4 23,0 19,3 20,1 13,7 12,6
    • Actividades de información, financeiros, inmobiliarios e profesionais 24,4 27,8 24,0 21,3 24,0 20,7 16,4
    • AAPP, Educación, Sanidade e outros servizos 22,7 30,6 16,8 19,2 16,6 19,2 12,8

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Valor engadido bruto (VEB)

Para cada unidade dedicada a unha actividade produtiva, é a diferenza entre a produción e os consumos intermedios. A suma dos valores engadidos brutos, máis os impostos netos de subvencións sobre os produtos, dan como resultado o Produto Interior Bruto polo lado da oferta.

Descarga de datos:

Fontes de información:

IGE. Elaboración propia a partir de: IGE.Produto interior bruto municipal. Revisión estatística 2019.

Os datos do ano 2020 son provisionais.

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo