Resumo de resultados


Observatorio transfronteirizo / Observatório transfronteiriço Galicia - Norte de Portugal


Introdución

O Observatorio transfronteirizo Galicia–Norte de Portugal é o resultado das relacións de traballo entre o Instituto Galego de Estatística e a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte, a través do seu Observatório das Dinâmicas Regionais, que conta coa colaboración do Instituto Nacional de Estatística de Portugal, no que se refire á sección de datos estatísticos e na preparación da metainformación asociada. Tendo en conta as diferenzas existentes entre os sistemas estatísticos dos respectivos países, tratouse de seleccionar as variables para as cales é posible asegurar a necesaria harmonización. Só a comparabilidade da información permite a lectura conxunta das dúas rexións e, en consecuencia, o afondamento no estudo das relacións transfronteirizas.

A Eurrorexión está formada pola Comunidade Autónoma de Galicia e a Rexión Norte de Portugal, que comprende as seguintes áreas: Alto Minho, Cávado, Ave, Área Metropolitana do Porto, Alto Tâmega, Tâmega e Sousa, Douro e Terras de Trás-os-Montes (NUTS-2013). Estas áreas da Rexión Norte e as catro provincias galegas (A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra) correspóndense coa desagregación territorial de NUTS III utilizada por EUROSTAT.

Poboación

No ano 2021 residían aproximadamente 6,3 millóns de habitantes nos 50.862,6 quilómetros cadrados que ocupa a Eurorrexión. Galicia presenta unha maior dispersión da poboación con 91,2 habitantes por quilómetro cadrado, mentres que na Rexión Norte a densidade de poboación é de 167,5 habitantes por quilómetro cadrado.

No último ano produciuse unha caída no número de habitantes do 0,18% en Galicia e unha caída do 0,25% na Rexión Norte.

Superficie, poboación e densidade. Ano 2021
Portugal Norte España Galicia
Poboación 10.298.252 3.566.374 47.385.107 2.696.876
Superficie (Km2) 92.225,6 21.285,9 505.968,4 29.576,7
Densidade (Hab./Km2) 111,7 167,5 93,7 91,2
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte



No que se refire á estrutura por idades, Galicia caracterízase polo alto grado de envellecemento da súa poboación. En 2021, o 25,7% da poboación residente en Galicia tiña 65 ou máis anos, fronte ao 21,4% da Rexión Norte de Portugal. Complementando a este indicador, o índice de envellecemento mostra que na Comunidade Autónoma de Galicia residen 222,6 persoas de 65 ou máis anos por cada 100 mozos menores de 15 anos. Para a Rexión Norte a relación é de 171,8 maiores de 65 ou máis anos por cada 100 menores de 15.

A pesar de que Galicia mostra un índice de envellecemento moi superior, a Rexión Norte presenta uns maiores incrementos no índice que, nesta rexión, sobe 39,6 puntos no período 2015 - 2021. En Galicia o índice pasa de 201,2 en 2015 a 222,6 en 2021.

No ano 2020 tanto Galicia como o Norte de Portugal rexistraron saldos vexetativos negativos, é dicir que nas dúas rexións o número de defuncións superou ao de nacementos. En Galicia o saldo vexetativo foi de -17.598 e no Norte de Portugal foi de -13.152.

No ano 2020 A taxa bruta de natalidade, calculada como o número de nacementos por cada mil habitantes, presenta valores máis elevados na Rexión Norte de Portugal: 7,50 fronte 5,82 en Galicia. A taxa bruta de mortalidade (número de defuncións por cada mil habitantes), é 0,4 puntos maior en Galicia que no Norte de Portugal.
Movemento natural da poboación 2020
Portugal Norte España Galicia
Nacementos 84.530 26.879 341.315 15.247
Defuncións 123.396 40.031 493.776 32.845
Taxa bruta de natalidade 8,20 7,50 7,19 5,82
Taxa bruta de mortalidade 12,00 11,20 10,40 11,57
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte

O mercado laboral

Aproximadamente 5,4 millóns de persoas constitúen, en 2022, a poboación en idade laboral da Eurorrexión, das cales aproximadamente 3,1 millóns están clasificadas como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 57,4%. Hai que ter en conta que a idade mínima legal para incorporarse ao mercado laboral é de 15 anos en Portugal e de 16 en España.

A taxa de actividade no Norte é maior que en Galicia: 58,1% fronte o 52,2%. O mesmo ocorre coa taxa de ocupación: 55,5% fronte o 48%. A taxa de paro acada en Galicia o 11,4% mentres que na Rexión Norte de Portugal é do 6%.
Poboación segundo a relación coa actividade económica 2022
Unidade: Miles de persoas
Portugal Norte España Galicia
Poboación de 16 ou máis anos / População com 15 ou mais anos 8.808,8 3.086,9 39.925,1 2.342,6
Activos 5.222,6 1.828,8 23.415,2 1.240,4
Ocupados / Empregados 4.908,7 1.721,4 20.390,6 1.103,7
Parados / Desempregados 313,9 107,4 3.024,6 136,7
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte


No tocante á poboación ocupada, tamén se observan diferenzas estruturais na clasificación segundo o sector de actividade económica.

O sector servizos é o que conta cun maior peso nas dúas rexións, pero en porcentaxes diferentes: o 72,1% dos ocupados galegos traballan neste sector, fronte o 65,4% dos traballadores da Rexión Norte. En contraposición, a industria ten unha maior importancia na Rexión Norte, cun 25,4% dos ocupados totais, mentres que en Galicia a porcentaxe de ocupados na industria é do 15,2%. Pola súa banda, o sector primario dá traballo ao 2,4% dos ocupados da Rexión Norte de Portugal e ao 6% de Galicia.

O comercio intracomunitario

No ano 2022, Galicia exportou con destino á UE-27 (excluíndo o resto de España) mercadorías por valor de 21.857,3 millóns de euros, mentres que o valor das mercadorías introducidas foi de 12.438,5 millóns. Como resultado, a balanza comercial coa UE-27 presenta un superávit de 9.418,8 millóns de euros. Francia e Portugal son os principais destinos das mercadorías expedidas por Galicia e os principais provedores.

Na Rexión Norte de Portugal, o valor das expedicións con destino á UE-27 (excluíndo o resto de Portugal) superou en 2.023,6 millóns de euros o valor das introducións. Os produtos exportados por esta rexión teñen como destino principal España e Francia mentres que no tocante as importacións, España e Alemaña son os principais fornecedores da Rexión Norte.

Comercio intracomunitario. Expedicións por destino e introdución por orixe. Ano 2022
Unidade: Millóns de euros
Norte
Galicia
Eurorrexión/Eurorregião
Expedicións / Expedições Introducións / Chegadas Expedicións / Expedições Introducións / Chegadas Expedicións / Expedições Introducións / Chegadas
Total 20.378,5 18.354,9 21.857,3 12.438,5 42.235,8 30.793,4
Alemaña / Alemanha 3.421,7 2.920,0 1.755,7 765,2 5.177,5 3.685,2
Austria / Áustria 235,0 180,5 124,1 97,8 359,1 278,3
Bélxica / Bélgica 624,3 789,3 1.242,4 379,7 1.866,7 1.168,9
Bulgaria / Bulgária 39,1 21,6 71,4 71,5 110,5 93,2
Chipre / Chipre 11,9 1,5 67,1 0,7 79,0 2,2
Croacia / Croacia 28,2 20,7 151,8 21,0 180,0 41,8
Dinamarca / Dinamarca 265,6 79,2 124,7 278,7 390,3 357,8
Eslovaquia / Eslováquia 295,7 46,6 151,3 192,2 446,9 238,8
Eslovenia / Eslovénia 35,5 36,0 73,9 23,4 109,4 59,4
España / Espanha 6.904,6 8.896,1 .. .. .. ..
Estonia / Estónia 26,5 12,6 48,1 11,6 74,6 24,2
Finlandia / Finlândia 90,2 77,4 84,7 87,0 174,9 164,4
Francia / França 4.446,5 1.568,6 5.389,1 5.100,9 9.835,5 6.669,6
Grecia / Grécia 73,0 50,4 673,1 24,0 746,0 74,4
Hungría / Hungria 118,1 61,4 117,0 10,0 235,2 71,5
Irlanda / Irlanda 182,9 130,7 332,3 66,0 515,2 196,7
Italia / Itália 1.204,3 1.591,9 2.807,5 918,1 4.011,8 2.510,0
Letonia / Letónia 11,0 5,4 23,6 17,7 34,6 23,0
Lituania / Lituânia 37,8 21,5 49,6 78,6 87,4 100,1
Luxemburgo / Luxemburgo 46,9 38,7 43,7 15,2 90,7 53,9
Malta / Malta 12,8 2,0 40,9 1,0 53,7 3,0
Países Baixos / Países Baixos 1.117,3 907,8 1.946,7 758,0 3.064,0 1.665,8
Polonia / Polónia 356,5 462,5 1.475,4 166,9 1.831,9 629,4
Portugal / Portugal .. .. 4.140,6 2.700,1 .. ..
República Checa / República Checa 212,2 141,7 161,5 61,7 373,8 203,4
Romanía / Roménia 164,7 81,1 295,2 79,7 459,9 160,8
Suecia / Suécia 413,9 209,7 240,0 347,4 653,8 557,1
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte

En Galicia os produtos máis exportados á UE-27, atendendo as seccións arancelarias da clasificación TARIC, son: material de transporte (30,6% do valor total das expedicións) e as materias téxtiles e as súas manufacturas (36,8%) e e os produtos máis importados son o material de transporte (52,4%) e os metais comúns e manofacturas deses metais (16,4%).

En 2022, o 18,2% do valor das mercadorías exportadas pola Rexión Norte e con destino a UE-27 eran materias téxtiles e as súas manufacturas. No que se refire ás introducións, o Norte de Portugal importa máquinas, aparellos e material eléctrico (20,8% do valor total das introducións) e metais comúns e as súas manufacturas (14,0%).

Contas rexionais

O produto interior bruto xerado pola economía galega no ano 2021 acadou os 63.247,50 millóns de euros, o que supón un PIB per cápita a prezos correntes de aproximadamente 23.510 euros. Neste ano o PIB aumentou en Galicia un 5,2% con respecto ao ano anterior en termos de índices de volume. Na Rexión Norte, o PIB para 2021 estímase en 64.708,55 millóns de euros e o PIB per cápita a prezos correntes en 18.170 euros. O PIB medido en índices de volume subiu, neste ano, un 5,4%.
Produto interior bruto a prezos de mercado. Ano 2021
Portugal Norte (NUTS-2013) España Galicia
PIBpm (millóns de euros) / PIB (milhões de euros) 214.470,70 64.708,55 1.206.842,00 63.247,50
PIBpm per cápita (miles de euros) / PIB per capita (milhares de euros) 20,85 18,17 25,50 23,51
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte


Desde a perspectiva da oferta, na estrutura do valor engadido bruto por sectores de actividade económica, a rama agraria e pesqueira ten un maior peso en Galicia que na Rexión Norte de Portugal (un 4,8% fronte a un 1,5%), mentres que a contribución da industria é maior na Rexión Norte (26,1% na Rexión Norte e 16,7% en Galicia). O sector da construción aporta o 6,7% do VEB galego e o 5,8% do da Rexión Norte.

Valor engadido bruto a prezos básicos por ramas de actividade CNAE09 2021
Unidade: Millons de euros
Norte Galicia
Total 56.023 57.494
Agricultura, gandaría, silvicultura e pesca / Agricultura, produção animal, caça, floresta e pesca 856 2.763
Industria / Indústrias extrativas; indústrias transformadoras; produção e distribuição de electricidade, gás, vapor e ar frio; captação, tratamento e distribuição de água; saneamento, gestão de resíduos e despoluição 14.607 9.603
Construción / Construção 3.270 3.831
Comercio, transporte e hostalería / Comércio por grosso e a retalho; reparação de veículos automóveis e motociclos; transportes e armazenagem; atividades de alojamento e restauração 10.589 12.660
Información e comunicacións / Informação e comunicação 1.917 1.847
Actividades financeiras e de seguros / Atividades financeiras e de seguros 2.006 2.095
Actividades inmobiliarias / Atividades imobiliarias 6.862 6.691
Actividades profesionais (actividades de consultoría, científicas, técnicas e similares; actividades administrativas e dos servizos de apoio)/ Atividades de consultoria, cientificas, técnicas e similares; actividades administrativas e dos serviços de apoio 4.047 4.057
Administración pública, sanidade e educación / Administração pública e defesa; segurança social obrigatória; educação, saúde humana e ação social 10.527 11.597
Actividades artísticas, recreativas e outros servizos / Atividades artísticas e de espetáculos; reparação de bens de uso doméstico e outros serviços 1.342 2.350
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte

O sector turístico

Un total de 3.152 establecementos (incluíndo establecementos hoteleiros, de turismo rural, campamentos e apartamentos turísticos) forman a oferta turística da Comunidade Autónoma de Galicia e poñen a disposición dos viaxeiros un total de 78.299 prazas. En 2021, un total de 3.742.643 viaxeiros aloxáronse nestes establecementos.

Na Rexión Norte de Portugal, a oferta turística está constituída por 1.688 establecementos, cunha capacidade de aloxamento de 71.402 prazas. O número de viaxeiros que en 2021 se aloxaron nalgún establecemento de turismo da Rexión Norte situouse en 3.348.702.

Número de establecementos de turismo e prazas. Ano 2021
Establecementos / Estabelecimentos
Prazas / Capacidade de alojamento
Norte Galicia Norte Galicia
Total 1.688 3.152 71.402 78.299
Estrelas de ouro / Hotéis 400 544 43.983 37.197
Estrelas de prata / Pensões 1248 716 24.580 14.059
Outros establecementos / Outros estabelecimentos 40 1.892 2.839 27.043
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte
Número de viaxeiros nos establecementos de turismo. Ano 2021
Norte Galicia
Total 3.348.702 3.742.643
Estrelas de ouro / Hotéis 2.464.596 2.509.585
Estrelas de prata / Pensões 763.146 641.490
Outros establecementos / Outros estabelecimentos 120.960 591.568
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte

Indicadores sociais

No que a saúde se refire, en 2021 a ratio de médicos por 1.000 habitantes foi similar: 5,63 no caso galego fronte a 5,70 na Rexión Norte. No ano 2021 había 79 establecementos sanitarios con réxime de internado na Rexión Norte cun total de 12.173 camas, fronte a 34 establecementos e 8.669 camas no caso galego.

A esperanza de vida, indicador que permite realizar comparacións sobre a mortalidade e as condicións de saúde en distintas poboacións, é superior en Galicia. A esperanza de vida para os residentes en Galicia é de 83,40 anos, fronte os 81,13 anos da rexión Norte de Portugal. É de salientar que o indicador é superior para as mulleres en ambas as dúas rexións. Para Galicia a diferenza entre a esperanza de vida masculina e feminina no momento do nacemento é de 5,9 anos (a favor das mulleres). Na Rexión Norte de Portugal os homes viven de media 5,7 anos menos que as mulleres.
Indicadores de saúde. Ano 2021
Portugal Norte España Galicia
Camas por 1.000 habitantes 3,50 3,40 2,96 3,29
Médicos por 1.000 habitantes 5,70 5,70 6,00 5,63
Taxa de mortalidade infantil (tanto por mil / Permilagem) .. .. 2,54 2,30
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte
Esperanza de vida. Ano 2021
Portugal Norte España Galicia
Total 80,72 81,13 83,07 83,40
Homes / Homens 77,67 78,15 80,27 80,44
Mulleres / Mulheres 83,37 83,81 85,83 86,30
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte

O abandono educativo temperán permite comparacións entre os niveis educativos a un lado e outro da fronteira galaico portuguesa. Este indicador defínese como a porcentaxe de mozos entre 18 e 24 anos (ambos inclusive) que non completou o nivel de educación secundaria segunda etapa, e tampouco segue ningún tipo de formación (regrada ou non regrada). En 2022 esta porcentaxe foi do 9,9% en Galicia e do 4,9% na Rexión Norte de Portugal.

Outro indicador utilizado para analizar o estado do sistema educativo en ambas as dúas rexións é a porcentaxe de persoas de 30 a 34 anos que alcanzaron a educación superior: en Galicia é do 54,4%, mentres que na Rexión Norte de Portugal sitúase no 43,8%.


Definicións e máis información

Definicións

Acceso ás táboas de datos:

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo